miércoles, 11 de diciembre de 2013

Jamaican Roots para o 17 de xaneiro

A semana pasada vos anunciábamos gran parte da programación deste mes de decembro2013, incluíndo para o venres 20 a sesión Jamaican Roots, pero coa saturación de cousas que temos este mes (ademáis xa vos podo adiantar que aínda queda algunha cousa máis por anunciar) e como xa estamos adiantando cousas para comezar o ano, deixamos esa sesión xa para o 2014... será o venres 17 de xaneiro, Pure Dynamite!.


martes, 10 de diciembre de 2013

este sábado... todo Billy Childish (Thee Headcouteiros)

Este sábado outra proposta da nosa cacharrería cultural favorita, Comomepos Produccións presenta a Thee Headcouteiros! unha noite adicada ó noso mestre e gurú Billy Childish!! con Comomepós, Cacatone e Munstaphá na cabina, e xa sabedes moito lo-fi...


lunes, 9 de diciembre de 2013

descarga sesión de Marinocha "Über Alles"

E aquí tedes outra máis recente, do 19 de outubro: Marnocha über Alles!!

MARINOCHA "Über Alles"
(sesión Rif-Rock 19 outubro 2013)
descarga ÜberAlles aquí.



descarga sesión de Marinocha "Gas Mask"

E antes de remata-lo ano ahí van un par de sesións de Marinocha que tiñamos pendentes de subir. Esta primeira do 20 xullo, aínda no programa do noso 14º Aniversario, con máscara de gas incluída...

MARINOCHA "Gas Mask"
(sesión Rif-Rock 20 xullo 2013)
descarga GasMask aquí.



domingo, 8 de diciembre de 2013

Lino Silva "La Mosca"

Mentres Lino Silva se recupera do seu accidente, apareceu o xoves en Cambados nunha visita relámpago á inauguración de súa exposición o xoves en ExpoSalnés. Por suposto moi recomendable, pero ademáis serviu de presentación do seu novo libro "La Mosca" un poemario renovado e cheo de ilustracións e pinturas. Apurade a facervos con un, que voan...

viernes, 6 de diciembre de 2013

Revista Luzes

Unha das boas novas deste mes é a saída a rúa dun novo proxecto que xa se viña xestando dende hai algún tempo. A Revista Luzes, dirixida por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro. Dende esta semana xa podedes atopa-los exemplares en numerosos puntos de distribución. 


Toda a info da publicación na web (
revistaluzes.com) e tamén podes seguila no seu facebook.

Se vos sirve, este é o seu manifesto:

<<Estamos un tanto ás escuras. Cada sociedade, en cada momento, ten a súa visión do mundo, que se concreta nunha literatura, nunha música, nuns medios de comunicación. Un periódico, a prensa, dicía Arthur Miller, é unha nación mirándose a si mesma. Nós pensamos que o que vemos non nos gusta, ou nos nos recoñecemos niso. Quitado a quen lle interese a capacidade dalgunha xente de chegar ás máis altas cotas da miseria con tal de expoñela ante centos de milleiros de persoas. Ou a quen lle preste a habilidade das clases dirixentes de contrarrestar as propias carencias poñendo en evidencia as dos rivais.
Pretendemos unha publicación que recolla a mellor tradición do xornalismo. Aquel que estabelece que as historias hai que contalas tal como foron e co alento que se precise, non como conveña ou onde caiban. Que os temas que hai que tratar non son os que interesan aos editores nin aos periodistas, senón aos lectores, que son os verdadeiros donos dun medio de comunicación. Pero tamén sabemos que nós somos como somos, e o que pretendemos non é satisfacer a demanda do que xa se quere, senón incrementar a oferta do que non hai. Prendamos as Luzes do xornalismo>>.


jueves, 5 de diciembre de 2013

miércoles, 4 de diciembre de 2013

Sáb 21: DAVID FALCÓN en concerto!!

E para o final deixamos a dose de música en directo deste mes. 
Será o sábado 21 de decembro, con David Falcón como protagonista e algunha sorpresa máis que xa está preparando. 
Sábado 21 dende as 23:30h. e con entrada libre coma sempre...


Ven.27: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!


martes, 3 de diciembre de 2013

Ven.20: Jamaican Roots

Xa facía moito tempo que non facíamos unha sesión adicada ós vellos son xamaicanos, será o venres 20, Jamaican Roots, pure Dynamite!: ska, rocksteady, dunk, dub... e moito Laurel Aitken...


Sáb.14: Thee Headcouteiros, todo Billy Childish!

E seguimos adiantándovos a programación deste mes...
O Sábado 14 teremos unha nova proposta da man de Comomepós Produccións: Thee Headcouteiros! toda unha noite adicada ó xenio Billy Childish, con Comomepós, Cacatone e Munstphá, no que promete vai se-la primeira entrega dunha serie...


domingo, 1 de diciembre de 2013

XXV Purple Weekend

Se aínda estades facendo plans para unha escapada na ponte de decembro, eu vos recomendaria como tódo-los anos o Purple Weekend de León, e máis este ano que chegan á súa XXV edición, cos Black Angels e The Attention, pero sobre todo por Lala Brooks acompañada dos Allnight Workers!!


sábado, 30 de noviembre de 2013

pastas movember...

un bo postre para rematar Movember co bandullo ben cheo... 
do mestre reposteiro H(punto), menudo crack!!.


jueves, 28 de noviembre de 2013

Wooden Shjips "Back to Land"

Xa hai uns cantos días que vos quería recomendar o novo álbum dos Wooden Shjips. Un discazo que se titula "Back to Land", con todo o que agardamos deles pero moito máis centrados que en anteriores traballos e tirando máis polos 60's. Psychodelia e space-rock, ritmos hipnóticos e riffs machacóns, lentos e alucinados que impiden que deixes de escoitalos, senón probade con 'Ghouls'. Das mellores bandas do seu xénero, e dos máis en forma do momento. Para alucinar...

WOODEN SHJIPS "Back to Land"
(Thrill Jockey, 2013)


podedes atopalo en MúsicaCuántica.


xoves 5 dec: Monkey Session!!

Xa estamos preparando tóda-las datas da programación de decembro, pero polo momento xa vos podemos ir adiantando unha Monkey Session para o xoves 5, véspera de festivo claro...



miércoles, 27 de noviembre de 2013

Psychotic Acid Freek

Se seguides a Los Thyssen, The Boas, ou os proxectos en solitario de Mack Paramo, aquí tedes unha nova banda, o dúo Psychotic Acid Freek. Para que vós fagades unha idea metédelle unha escoita no seu bandcamp, pero por se acaso eles o contan así:
"Psychotic acid freek nace durante el verano de 2013, Mack Paramo (guitarra y voz) y Dr.Motocross o muerte (bateria) decidieron dar rienda suela a sus mas salvajes y primigenios instintos haciendo lo que les gusta, ruido y chatarrada refinada. Queriamos crear algo diferente a lo que soliamos hacer, mezclar el peligro de raw power con el primario e hipnotico ritmo de la Velvet Underground, pasar todo esto por un filtro de blues del delta y añadirle algo de misticismo extraruidista".