jueves, 11 de septiembre de 2014

The Revillos "Bongo Brain"

Algún leva un par de semanas preguntando se o cartel da sesión de mañán da serie Trash Trash Trash! ten a Henry Rollins como protagonista, o certo é que se parece moito, pero para o cartel empregamos a portada do single "Bongo Brain" dos escoceses The Revillos, unha das bandas fundamentais na transición dos 70 ós 80, e tamén unha das maís divertidas. Este 7'' é de 1982, coa propia 'Bongo Brain' e 'Hip City / You Were Meant For Me' na cara b. 
E así xa vos estamos a dar moitas pistas sobre por donde irá a sesión... 

THE REVILLOS "Bongo Brain"
(Superville Recs, 1982)



Richard Kiel

Richard Kiel
(1939-2014)



miércoles, 10 de septiembre de 2014

descarga a sesión do 15º Aniversario do Rif-Rock!

Aquí tedes a sesión máis agardada de cada ano...
15º Aniversario do Rif-Rock!!


descarga o recopilatorio do 15º Aniversario do Rif-Rock aquí!!
*[o rar inclúe a sesión nunha pista de 58 mins a 320 Kbps + galleta do disco e portada]



martes, 9 de septiembre de 2014

Mystic Braves "Desert Island"

Unha das marabillas que nos deixou Marinocha na sesión do sábado...
Non coñecía de nada ós Mystic Braves e dende a primeira escoita xa tiven que preguntar quénes eran. Son de California e este "Desert Island" é o segundo álbum autoeditado pola propia banda. Garage, pop, psych e toques surf con melodías impecables. Directamente recomendado.

MYSTIC BRAVES "Desert Island"
(Mystic Braves, 2014)



lunes, 8 de septiembre de 2014

"No Seattle"

Novo lanzamento do selo Soul Jazz Records. Desta vez en lugar de facer un exercicio de arqueoloxía musical en lugares exóticos, nos presentan este "No Seattle" que seguro que moita xente estivo tentado a facer, pero non tiveron ocasión, ou alomenos aquí non chegou. Coa perspectiva que da o tempo poñen a súa mirada no noroeste dos USA, entre mediados das décadas dos 80 e os 90, en plena explosión grunge e recopilan ata 28 temas que bandas que non tiveron oportunidades coma outros dos seus veciños, ou sinxelamente que a prensa e o público esqueceu, baixo o subtítulo "Forgotten Sounds of the North-West Grunge Era 1986-97". Trátase dunha recopilación de bandas que só lanzaron un single, ou un par deles, ou un album sen apenas repercusión, incluso algunha que segue activa a día de hoxe sen trascender máis aló da súa zona. Así de entrada solo conocemos a Thrillhammer e Soylent Green, así que a esto imos sacarlle moito rendimento. 
Podedes botarlle unha escoita a todo e demáis info na web de Soul Jazz Records.

V.A. "No Seattle. Forgotten Sounds of the North-West Grunge Era 1986-97"
(Soul Jazz Records, 2014)



The Even Flow Experience!!

carteles listos... heavy gramage!!!


jueves, 4 de septiembre de 2014

The Cramps "A Date with Elvis"

Pero para ir entonándonos de certo cara a fin de semana imos con algo máis vello e con moito máis ritmo. O outro día nos dixeron no local que deberíamos recomendar moitas máis cousas de The Cramps, e tiña toda a razón, así que ahí vai...
"A Date with Elvis" foi o seu terceiro LP de estudio, desta vez xa sen a guitarra de Kid Congo Powers, convertidos en power trio coas voces de Lux Interior, Poison Ivy a cargo da gravación de guitarra e baixo, e tamén das voces en 'Kizmiak', e co baterista Nick Knox. A diferencia dos anteriores traballos, son case todo temas propios, so inclúen os arranxos da tradicional 'Chicken', e remata co clásico country 'It's just that song' de Charlie Feathers. En edicións posteriores se completa con 4 ou 6 (segundo o ano) covers sacadas dos 7'' da época. Imposible sacarse da cabeza ese ritmo psychobilly, a medio camiño entre o surf e o garage tan característico que apartires de aquí comezaron a pulir, e as letras descacharrantes coma en 'Can your pussy do the dog?', 'What's inside a girl?', 'Aloha from Hell'. 
Como anécdotas, en 'People ain't no good' aparece o coro infantil do McMartin Preschool (inquietante historia, buscádea!), e o álbum está adicado a Ricky Nelson, por iso o de A Date with Elvis, pero iso xa é outra historia máis longa...

THE CRAMPS "A Date with Elvis"
(Big Beat, 1985) 



Robyn Hitchcock "The Man Upstairs"

E antes da fin de semana imos cun par de álbumes. 
Primeiro imos con algo ben relaxante. Trátase do novo traballo do veterano Robyn Hitchcock, desta vez xa sen os Venus 3, nen The Egyptians, nen coa esperada volta dos Soft Boys. "The Man Upstairs" é un álbum acústico a pau seco, voz e guitarra de Hitchcock só acompañado de Anne Lise Frøkedal (do grupo noruego I Was a King) tamén con guitarra e voces, e inclúe 10 temas, 5 versións dos Psychedelic Furs, The Doors, Grant-Lee Philips, Roxy Music e dos propios I Was a King, intercaladas cos 5 novos temas de Hitchcock. Un resultado de indie folk-pop no que predominan as melodias por riba de todo, perfecto para tomarse 40 minutos de descanso...

ROBYN HITCHCOCK "The Man Upstairs"
(Yep Roc 2014)




The Limboos 'Big Chef'

Non sabedes as ganas que temos de que chege o primeiro Lp de The Limboos!! "Space Mambo" sairá o próximo 1 de outubro, pero mentres agardamos xa temos outro 7'' de adianto, 'Big Chef' ('Limbootic' na cara b), que xa está dispoñible na web de Penniman Records
O seu videoclip estreouse onte na web de TVE, nas R3comendacións de Radio3


miércoles, 3 de septiembre de 2014

WOS Inc

Recomendación para a próxima fin de semana en Compostela. A xente de Work On Sunday nos presenta a primeira edición do WOS Inc. 
Un festival multidiscipliinar que se reparte ó longo de tres días (12-14 setembro) por sedes repartidas por toda a cidade. 
Toda a info na súa web wosinc.workonsunday.es


programación setembro 2014

E aquí tedes todo o programa de setembro 2014 ben ordenado...

Sáb.6: MARINOCHA Über Alles!
Ven.12: Trash Trash Trash
Ven.19: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!
Sáb.27: THE EVEN FLOW EXPERIENCE en concerto!!
+ sesión de KURCO SoundSystem


martes, 2 de septiembre de 2014

Sáb.27 The EVEN FLOW Experience en directo!!

E para pecha-lo mes por todo o alto non podía falta-la música ao vivo. 
E ademáis vai a ser un deses shows que nos encanta anunciar:
THE EVEN FLOW EXPERIENCE!!
Sábado 27 de setembro, dende as 23:30h. 

Victor Karallada e Manolo Serantes, que durante moito tempo formaron a banda residente do noso local, e volven 5 anos depois do seu último concerto retomando o seu proxecto acústico no Rif-Rock. Qué ganas de volver a velos!!
E para continua-la noite, seguirá KURCO SoundSystem dende a cabina. 
Un plan perfecto para remata-lo mes!!


Ven.19: Black Grooves!!


Ven.12: trash trash trash


Sáb.6: Marinocha Über Alles

E con setembro retomamos a actividade, e para comezar nada mellor que meter a Marinocha na nosa cabina!! Über Alles!! O da peluca é opcional...


lunes, 1 de septiembre de 2014

nova tempada...

Xa temos todo listo!! 
Así que mañan xa vos ensinaremos toda a programación de setembro...


"A Psych tribute to The Doors"

Hai uns meses que saiu este tributo a The Doors da man de Cleopatra Records e non lle fixemos moito caso ata este fin de semana, e máis polas bandas que aparecen que polos temas que fan. Atoparedes a bandas como Elephant Stone, The Black Angels, Psychic Ills, Dark Horses, Camera, Dead Meadow, e Raveonettes entre outros, tampouco é para alucinar pero hai un par de temas ben curiosos.

V.A. "A Psych tribute to The Doors"
(Cleopatra Recs., 2014)