jueves, 25 de septiembre de 2014

Kim Fowley "Outrageous"

E outro álbum que vos recomendamos esta semana, pero desta vez un clasico da nosa lista de favoritos. 
Noutras ocasións xa vos temos recomendado traballos de Kim Fowley, un deses personaxes imprescindibles da historia da música, en tódolos apartados posibles como músico, productor ou compositor en infinidade de bandas, proxectos e álbumes imposibles de enumerar. 
O outro día nos pedían un álbum de Fowley polo que comezar, e sen dúbida saiu o "Outrageous" de 1968. Primeiro por que contén algúns dos seus temas máis coñecidos como 'Animal Man', 'Bubblegum' ou 'Nightrider', pero tamén é un álbum axitador de conciencias, e disparatado coma poucos nas súas letras. Ademáis é todo un atrevimento no musical, garage, blues psychodélico, proto-punk, pioneiro do glam, e incursións na rítmica funk, todo cheo de berros, eruptos e tramos recitados sen melodia algunha. Cara o final, a suit delirante coas tres pezas de 'Up - Caught in the Middle - Down' que non ten desperdicio. 
Ten outros álbumes que me gustan máis, pero este é unha provocación brillante que sigue sonando xenial. Un imprescindible!

KIM FOWLEY "Outrageous"
(Imperial Records, 1968)



continúa o Outono Códax Festival

Este fin de semana continúa o Outono Códax Festival en Compostela. 
O Sábado 27 segunda noite con The Absenters, e a gran Irma Thomas!!
Toda a info en OutonoRock.com



miércoles, 24 de septiembre de 2014

White Fence "For the Recently Found Innocent"

Debo recoñecer que sigo máis a White Fence (alter ego de Tim Presley) dende que publicou xunto con Ty Segall aquel "Hair" no 2012 (Drag City), e a súa carreira enterior con bandas, ou en solitario, me decía ben pouco. Dende entón lle presto máis atención pero segue a parecerme demasiado irregular, coma se o formato lp se lle fixera demasiado longo, aínda que sempre ten temas que enganchan. Con este "For the Recently Found Innocent" semella que cambia algo o rumbo, continúa co tipo de melodias que lle gustan pero cambia moito a producción, moito máis limpia, con son moito máis sesentero, máis folk que garage, menos electrico e cecais moito máis rico en matices. Dende o single 'Like That', ata case o final con 'Raven on White Cadillac' me parece o máis aproveitable dos seus discos, aínda que lle teremos que dar unhas cantas escoitas máis, pero xa aviso que bastante distinto...

White Fence "For the Recently Found Innocent"
(Drag City, 2014)




Les Big Byrd "They Worshipped Cats"

Esta semana tamén vos recomendamos un par de novidades. De primeiro o álbum de debut de Les Big Byrd, unha banda sueca de rock psychodélico, que tra-la boa acollido do seu primeiro ep, foron producidos por Anton Newcombe (The Brian Jonestown Massacre) para o seu selo A Records, e que ademáis colaborou na composición de dous temas coa banda, e nos que tamén intervén na gravación. 
Este "They Worshipped Cats" contén 9 temas de space-rock, pysch, e moita base kraut, con sintetizadores, que alternan o protagonismo cos riffs das guitarras. Aínda que algún tema sobra para o meu gusto, solo con 'Tinnitus Ætérnum', '1,2,3,4 Morte' e 'They Worshipped Cats' xa paga a pena a recomendación.
O da portada xa é para darlle de comer a parte...

Les Big Byrd "They Worshipped Cats"
(A Records, 2014)



martes, 23 de septiembre de 2014

15º Aniversario. Repásao todo!!


Despois de varias semanas na que algúns nos seguen a pedir discos do 15º Aniversario do Rif-Rock, non está de máis repetirvos que están esgotadísimos dende a fin de semana que os sacamos, pero dende hai un par de semanas xa o tedes dispoñible para descarga directa como calqueira das nosas sesións. Pero xa que estamos aproveitamos para recomendarvos que repasedes todo o material do noso 15º Aniversario, concertos e demáis. 

O venres 11 de xullo comezamos coa nosa programación especial, co debut en directo dos NORTHERN LIGHTS. Podedes repasar todo o seu concerto acústico nesta entrada.

O Sábado 12 de xullo, chegaba o prato forte, era o turno dos BREAKIN' BONES que volvían ó Rif-Rock co seu espectacular show de psychobilly. Podedes voltar a ver todo o seu directo nesta entrada.

E por último vos queda o recopilatorio do noso 15º Aniversario, podedes descargalo aquí.

Podedes repasa-lo todo en calqueira momento seguindo a etiqueta 15º Aniversario deste blog e xa sabedes, o próximo ano máis...

descarga sesión de Marinocha

E outra sesión máis que subimos esta semana. 
Con un pouco de retraso aquí vai o que nos deixou Marinocha da súa sesión de principios de mes... menudos cañonazos todos seguidos!! Über Alles!!

Marinocha Über Alles
(sesión Rif-Rock 6 set.2014)
faite coa sesión Marinocha Über Alles aquí.


lunes, 22 de septiembre de 2014

descarga Black Grooves!

Aqui tedes unha sesión un pouco máis longa do habitual da sesión do venres das Black Grooves!! 25 temas de funk, soul & Rhythm'n'blues!! Metédelle volume!!

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 19 setembro 2014)


domingo, 21 de septiembre de 2014

na prensa seria... Revista YES.

Onte Loreto Silvoso nos citaba no seu artigo sobre garitos para a Revista YES dos fins de semana de La Voz de Galicia, entre os locales nos q a música é o máis importante. E a foto enviouna OscarTK. 
Para velo a un bo tamaño e poder leelo, picade aquí.


o próximo sábado... THE EVEN FLOW EXPERIENCE!

Xa solo falta unha semana. o próximo sábado (27 de setembro), volve a música en directo ó Rif-Rock!! THE EVEN FLOW EXPERIENCE en concerto. 
E despois, sesión de Kurco SoundSystem!! Non vo-lo perdades.


jueves, 18 de septiembre de 2014

James Brown "Live at The Apollo"

A recomendación para quentar cara a sesión de mañan vai a ser un auténtico clasicazo. Tódalas veces que vos recomendamos álbumes de James Brown sempre foron bandas sonoras de filmes blaxploitation, así que xa tocaba recomendarvos un dos seus grandes clásicos. "Live at the Apollo" é sen dúbida un dos mellores álbumes en directo da historia. Foi gravado no Apollo Theatre de Harlem en outubro de 1962, con James Brown acompañado polos Famous Flames (conxunto co que comezou o propio Brown nos anos 50s). Tra-la intro arranca co 'I'll Go Crazy', 'Think', idas e voltas cos medleys de 'Lost Someone' e 'Please please please', para rematar co 'Night Train'. Puro ritmo explosivo!! un imprescindible nas vosas coleccións.

JAMES BROWN & THE FAMOUS FLAMES "Live at the Apollo"
(King Records, 1963)



Mud Morganfield "The Blues Is In My Blood"

Este é un disco que levo meses querendo compartir con vós. É do ano pasado, pero coma se fora un clasicazo de toda a vida. O nome de Mud Morganfield seguro que non vos di nada, pero é o fillo máis vello do mítico Muddy Waters, así a cousa cambia, pero non pensedes que leva toda a vida tocando coma unha estrela, de feito comezou a tocar en público nos anos 80 despois da morte do seu pai, e non publicou o seu primeiro álbum ata o 2008 con máis de 50 anos, chamábase "Fall Waters Fall" e vaia se triunfou. Naquel mesmo ano gravou este directo, na Royal Yacht Hotel, na illa de Yersey (UK), e de aquí sae este "The Blues is in my Blood" que son 10 temas do seu pai, 10 clasicazos de Muddy Waters, interpretados ó estilo máis purista. Recomendado!!

Mud Morganfield "The Blues Is In My Blood"
(Blue Filth Records, 2013)



miércoles, 17 de septiembre de 2014

Shellac "Dude Incredible"

De entre os lanzamentos que nos foron chegando esta semana, hoxe vos recomendamos o novo álbum de Shellac. Sete anos despois, tra-lo "Excelent Italian Greyhound" (2007) e logo de varios anos de silencio ata que hai un par de anos comezaron a xirar conmemorando o seu 20 aniversario. 
E así sen querelo o trio de Steve Albini, Bob Weston e Todd Trainer, entregan este novo "Dude Indredible" que foron gravando esporádicamente ó longo dos últimos anos. Son 9 temas nesta nova entrega da súa fórmula, math rock, post hardcore, como queirades, pero sonan coma nunca. Potente, hipnótico, con rítmica contundente e coa importancia que sempre lle dan ós silencios. Discazo de retorno.

SHELLAC "Dude Incredible"
(Touch and Go, 2014)



Muerte por Pixel!!

Continuamos coa campaña de spam do novo enxendro de Comomepós Produccións. Chámase MUERTE POR PIXEL!! próximamente en concerto no Rif-Rock!! 
xa vos seguiremos informando...


martes, 16 de septiembre de 2014

descarga tRash Tra$h trAsH #10

Dende febreiro sen sesións da serie tRash Tra$h trAsH, e ó fin nos desquitamos o pasado venres. Aquí tedes unha hora de basura punk e new wave mesturada. 

Psych.Munstaphà "tRash Tra$h trAsH #10"
(sesión Rif-Rock 12 set.2014)
faite con trash#10 aquí.


arranca o Outono Códax Festival

Esta semana comeza unha nova edición do Outono Códax Festival en Compostela. O sábado (20 set) será a primeira entrega de música en directo con The Lákazans, TT Syndicate e Sonny Knight & The Lakers. 
Pero esta mesma tarde arranca todo o programa coa inauguración da exposición de Fausto Isorna, cos seus traballos para o Rock Parrulo na Sala Nasa a mediados dos anos 90, e os seus máis recentes POPtraits. 
Na Fundación Granell dende as 20:00h, e tamén con música en directo...
Toda a info en OutonoRock.com

lunes, 15 de septiembre de 2014

Sáb.27: THE EVEN FLOW EXPERIENCE!!

E a próxima semana rematamos o mes por todo o alto con música ao vivo. 
E ademáis vai a ser un deses shows que nos encanta anunciar:
THE EVEN FLOW EXPERIENCE!!
Sábado 27 de setembro, dende as 23:30h. 

Victor Karallada e Manolo Serantes, que durante moito tempo formaron a banda residente do noso local, e volven 5 anos depois do seu último concerto retomando o seu proxecto acústico no Rif-Rock. Qué ganas de volver a velos!!
E para continua-la noite, seguirá KURCO SoundSystem dende a cabina. 
Un plan perfecto para un sábado noite!!


Ven.19: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!


o que queda de setembro...

Aínda nos quedan un par de cousas neste mes de setembro:
Este venres 19, outra entrega da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves!
E o sábado 27, o prato forte do mes, volve a música en directo ó Rif-Rock, desta vez co regreso 5 anos despois do dúo THE EVEN FLOW EXPERIENCE e a sesión de Kurco SoundSystem! non vo-lo perdades!


domingo, 14 de septiembre de 2014

The Limboos "Big Chef"

A semana pasada compartiamos a saida do novo single de The Limboos "Big Chief" e a estrea do seu videoclip en exclusiva na web de rtve.es. Pois xa o tedes en youtube por si o queredes ver máis cómodamente, compartir e demáis...
E lembrade, o álbum sae o 1 de outubro!!