miércoles, 22 de octubre de 2014
martes, 21 de octubre de 2014
descarga tRash Tra$h trAsH #11
Aquí tedes un pouco da sesión do pasado venres de Trash Trash Trash, basura mesturada de Munstaphá con 25 temas do rock psychodélico que máis nos gusta destes últimos anos.
Psych.Munstaphà "tRash Tra$h trAsH #11"
(sesión Rif-Rock 17 out.2014)
faite con trash#11 aquí.
lunes, 20 de octubre de 2014
Sáb. 22 nov: THE EVEN FLOW EXPERIENCE en concerto!!
Si pensabades que o retorno de The Even Flow Experience ía ser cousa de un día, estabades errados, por que aínda lles quedou moito material novo que amosarnos, e corda para rato, así que xa vos adiantamos que serán o noso prato forte do mes de novembro:
THE EVEN FLOW EXPERIENCE en directo!!
Aínda falta un mes pero apuntade a data: Sábado 22 Novembro, dende as 23:30h.
domingo, 19 de octubre de 2014
Sáb.25: Chief Bromden!
O próximo sábado (25 de outubro) teremos a entrega deste mes das Black Grooves,
co CHIEF BROMDEN dirixindo todo o asunto dende a nosa cabina, non vo-lo perdades!!
co CHIEF BROMDEN dirixindo todo o asunto dende a nosa cabina, non vo-lo perdades!!
viernes, 17 de octubre de 2014
The Amazing Colossal Man
Últimamente xa só recuperamos a sección Mondo RifPOP através dos posters das entregas da serie Trash Trash Trash, e esta vai a ser outra desas ocasións. Para a sesión de mañan empregamos o cartel de War of the Colossal Beast (La Guerra de la Bestia Gigante) un deses filmes da serie B dos anos 50 que nos volve tolos, e que xa era a continuación de The Amazing Colossal Man do ano anterior, así que imos coas dúas.
A idea é básica é moi habitual no cine de terror e ciencia ficción da época, o terror atómico que tiña terribles consecuencias e mutacións en humanos, animais e plantas. A primeira entrega é de 1957, The Amazing Colossal Man (traducida como El Asombroso Hombre Creciente) comeza nunha base militar na que están facendo provas de exposición de soldados fronte a radiación, no momento da explosión da bomba algo falla xusto no momento que unha pequena avioneta se estrela no área da proba, e o coronel Manning (interpretado por Glenn Langan) sae en auxilio do piloto antes de que o experimento continúe... Vos podedes imaxinar que a explosión nuclear os colle en medio da operación, por que senón o resto da película xa non tería sentido. A radiación causa estragos no corpo de Manning pero para sorpresa dos médicos o seu corpo se rexenera a unha velocidade de vértigo, toda a súa pel se recupera de un día para outro, e a continuación comeza a crecer e crecer... ata os 60 pes de altura (case 20 metros) pero os seus órganos nos se desenrolan ó mesmo ritmo e comeza a ter problemas co seu corazón e o seu cerebro, vólvese tolo e escapa da base militar atacando a todo o que o rodea. Ademáis sumádelle á moza do coronel (Cathy Downs) que non deixa de seguilo para recuperalo.
Toda esta historia foi dirixida por Bert I. Gordon en 1957, para a solvente American International, e basada na novela de Homer Eon Flint de 1928 The Nth Man. Gordon foi todo un especialista neste tipo de filmes sobre monstruos e de sacarlle rendabilidade a presupostos mínimos. Como exemplo no mesmo ano estreouse a moito máis famosa The Incredible Shrinking Man (El increíble Hombre Menguante) de Jack Arnold para Universal, se ben esta se baseaba na novela do mesmo nome do ano anterior e con moitísimo más presuposto, e evidentemente con moito mellor resultado.
The Amazing Colossal Man (El Asombroso Hombre Creciente).
USA, 1957 American International Pictures
dir: Bert I. Gordon
Aínda que a primeira non foi un gran éxito, sí foi rentable para a productora, así que encargaron a Gordon unha continuación, e a cousa foi bastante rápida: en 1958 estreouse a secuela War of the Colossal Beast, traducida aquí como La Guerra de la Bestia Gigante ou La Guerra del Monstruo Gigante, según a edición. Nesta ocasión se traslada a México, donde se suceden roubos de camións de comida, e inmediatamente as autoridades militares sospeitan que o coronel Manning segue con vida, e por suposto, a súa moza segue convencida en recuperalo.
Nesta ocasión o presuposto foi tamén moi axustado, pero a Gordon iso dáballe exactamente igual. O reparto foi distinto, o especialista en monstruos cutres Dean Parkin foi o encargado de recrear ó xigante Manning, e Sally Fraser interpretou á súa moza, e incluso Gordon engadiu acertadamente os estragos do final anterior na cara do xigante, e como curiosidade, aínda que as dúas películas son en branco e negro, o final desta segunda entrega foi rodada en cor para dar máis fidelidade á escena da electrocución... pero xa son moitas pistas.
War of the Colossal Beast (La Guerra de la Bestia Gigante).
USA, 1958 American International Pictures
dir: Bert I. Gordon
Mellor que lles botedes unha ollada nestas tardes de chuvia.
jueves, 16 de octubre de 2014
programación outubro-novembro 2014
Aquí tedes a nosa programación para Outubro e Novembro 2014:
· Venres 17 out: Trash Trash Trash!
· Sábado 25 out: CHIEF BROMDEN (Fuck'U whiteys... Black Grooves)
· Sábado 1 nov: COMOMEPOS (unga-bunga horror show!)
· Sábado 8 nov: Psycho (60's freakbeat & garage)
· Sábado 22 nov: THE EVEN FLOW EXPERIENCE en concerto
· Venres 28 nov: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!
· Sábado 29 nov: MARINOCHA ÜBER ALLES
Sun Ra "In the Orbit of Ra"
Se nos seguides dende hai tempo xa sabedes pola nosa devoción por Sun Ra, extravagante e visionario como poucos, con un pe no antigo Exipto e con outro nunha galaxia moi lexana, puro espectáculo visual e toda unha provocación dende comezos da década de 1950.
Para Sun Ra e as súas formacións o jazz erá só un instrumento, non a finalidade, ademáis de un revolucionario de xénero introducindo todo tipo de instrumentos electrónicos na súa música. Sun Ra naceu como Herman Sonny Bount en maio de 1914, e precisamente este ano se está a celebrar o seu centenario (finou en 1993 pero coma se nunca se tivera ido) e dende Strut Records están a lanzar numerosas reedicións de moitos do seu cento de álbumes publicados, entre os máis populares e os máis difíciles de atopar hoxe en dia.
Pero ademáis a próxima semana lanzarán este recopilatorio "In the Orbit of Ra" con 20 temas seleccionados por Marshall Allen, un dos seus máis fieis colaboradores, que permaneceu na súa Arkestra dende 1958 ata os últimos días en 1993. Todo un luxo para conmemorar os primeiros 100 anos de Sun Ra!!
SUN RA and His Arkestra "In the Orbit of Ra"
(Strut Records, 2014)
O video promocional de Strut Records é case unha curta documental con entrevistas a varios membros da Sun Ra Arkestra como Marshall Allen, Danny Ray Thompson, Michael Ray and Knoel Scott, sobre a vida influencia posterior de Sun Ra, moi interesante:
miércoles, 15 de octubre de 2014
[Revival Rif-Rock] The Even Flow Experience na prensa, 8 dec 2006
Hoxe imos con outra entrega do Revival Rif-Rock, e de novo con THE EVEN FLOW EXPERIENCE. Aquí tedes o recorte de prensa do seu primeiro concerto, en decembro do 2006.
Foi no suplemento Los Viernes de Arousa que hai anos publicaba El Faro de Vigo cada fin de semana na súa edición local, con toda a programación cultural da semana, e aquí presentaban o concerto desa mesma noite, e do que logo sería a banda residente do Rif-Rock por unha boa tempada. Nacían The Even Flow Experience!! Era o 8 de decembro de 2006.
Para velo máis ampliado picade aquí.
Para velo máis ampliado picade aquí.
Repasa máis entradas de Rif-Rock Revival
seguindo a etiqueta.
martes, 14 de octubre de 2014
"Valle-Inclán y el insólito caso del hombre con rayos X en los ojos"
Hoxe rompemos coa liña de libros que vos recomendamos habitualmente, pero ante o combate intelectual entre Valle-Inclán e o gran Houdini non nos puidemos resistir. Trátase de "Valle-Inclán y el insólito caso del hombre con rayos X en los ojos", que aínda que puidera ser un novo filme de Roger Corman inspirado na xeración do 98, está basado nunha desas historias nas que a realidade supera á ficción.
Trátase da historia de Joaquín María de Argamasilla de la Cerda y Elio, Marqués de Santa Clara, destacado carlista e tamén coñecido coma o español con raios X nos ollos, polos seus supostos poderes, xerando sesudos debates entre ciencia e pseudociencia, neurólogos, psiquiatras, físicos, ocultistas e espiritistas discutían acerca do fenómeno, sobre o que incluso se interesou a raiña María Cristina. En medio de todo o barullo Valle-Inclán acudiu en defensa do seu amigo marqués, no momento en que este cruzaba o charco para ofrecer o seu espectáculo nunha xira polos USA, donde se convertiu en centro das críticas do mesmísimo Houdini. E con eso arranca esta obra, iniciada por Ramón Mayrata e coordinada polo editor de La Felguera Servando Rocha, através dun compendio de textos actuais e contemporaneos ós feitos, de Ramón Mayrata, Grace Morales, Gonzalo Lafora, Harry Houdini, declaracións de Valle-Inclán e numerosa prensa da época. Dende logo, entretido vai a ser un rato.
Servando Rocha (ed.)
"Valle-Inclán y el insólito caso del hombre con rayos X en los ojos"
(La Felguera editores, 2014)
VALLE-INCLÁN Y EL INSÓLITO CASO DEL HOMBRE CON RAYOS X EN LOS OJOS from La Felguera Editores on Vimeo.
Toda a info na web de La Felguera:
En 1923, una noticia despertó una gran polémica entre intelectuales, periodistas y científicos. Argamasilla, un joven descendiente de una familia de aristócratas, aseguraba poseer visión de rayos x que le permitía ver a través de los cuerpos opacos. La polémica, que dividió a medió país entre defensores y detractores del extraño caso, llegó hasta los círculos más elevados. En abril, por iniciativa de la Reina María Cristina, se constituyó una comisión para estudiar el caso, presidida por Ramón y Cajal y formada por oculistas, neurólogos, psiquiatras y físicos. Robert Richet, un prestigioso médico francés, quedó completamente convencido de la lucidez del joven Argamasilla. Sus poderes le parecían maravillosos, creyendo ver en ellos un nuevo horizonte para la ciencia, pues abrían la posibilidad de descubrir nuevos rayos. «Estamos en días de descubrir nuevos rayos. Nos encontramos en presencia de uno de los mayores descubrimientos de nuestros días», afirmó.
Valle-Inclán, que siempre estuvo interesado en el mundo esotérico y el psiquismo, terció a favor de Argamasilla, en una histórica declaración en la que aseguraba que no todo lo que es real puede ser demostrado científicamente. Argamasilla, apoyado por el escritor, se convirtió en algo inaudito cuya fama comenzaba a extenderse por el mundo entero, hasta que llegó a oídos del gran ilusionista y enemigo del mundo sobrenatural Harry Houdini, quién lo retó a una demostración personal de sus supuestas habilidades. Al año siguiente, Argamasilla, presentado por la prensa española como un heraldo de la hispanidad, viajó hasta Estados Unidos, donde realizó una gira en la que fue presentado como «el hombre con rayos x en los ojos». Todo fue bien hasta que se encontró frente a frente con el poderoso Houdini, quien estaba decidido a desenmascarar sus prodigios.
lunes, 13 de octubre de 2014
"Algo Salvaje. Untamed 60s Beat and Garage Nuggets from Spain Vol.1" de Munster
Un dos recopilatorios máis agardados de momento dende que foi anunciado é este "Algo Salvaje" algo así como o compromiso dende Munster Records de crear un Nuggets español, logo de moitas e fantásticas compilacións do underground ibérico nos 60's e 70's, xa tocaba unha boa edición adicada ó garage. E aquí está: "Algo Salvaje (Untamed 60's Beat and Garage Nuggets from Spain Vol.1)", así que case o mellor está no subtítulo, por que termos máis entregas!! en cd e 2xLP, con Micky, Los Huracanes, Los Brincos, Los Botines, Els Trons, Los Cheyenes, e así ata 28 a un precio estupendo.
V.A. "Algo Salvaje. Untamed 60's Beat and Garage Nuggets from Spain Vol.1"
(Munster Records, 2014)
Acuñado internacionalmente como nuggets (a partir del primigenio recopilatorio del mismo nombre urdido por Jac Holzman y Lenny Kaye en 1972 para el sello Elektra), el más usual término de garage rock ha servido para situar y explicar uno de los capítulos más fértiles de la historia del rock & roll en sus años de máxima creatividad. Una historia subterránea felizmente al descubierto, protagonizada globalmente en cualquier rincón del planeta por músicos anónimos, sellos independientes de nombres imposibles y tiradas irrisorias a menudo sin sobrepasar unos cientos de ejemplares.
Hoy, la mayoría de ellos, brutal pasto de coleccionistas. El detonante del fenómeno, sin duda, fue la concluyente invasión del beat británico en Estados Unidos a partir de 1964: ese deslumbramiento juvenil colectivo de asistir a un fenómeno musical insólito en el que unos ingleses orquestan y regeneran música americana a su verdadero antojo.Todas esas bandas consiguieron abrir una enorme brecha en el acomodado status del rock de los primeros 60 por la que el garage rock, en un insólito juego de fascinación y rabia, comenzó a fluir libremente.A caballo del beat, el rhythm & blues y los novísimos apuntes psicodélicos que ya sobrevolaban la escena rock, emergió gloriosa una música tosca. Question Mark?,The 13th Floor Elevators,The Remains,The Chocolate Watchband, Electric Prunes,The Seeds,The Standells, Kenny & The Casuals,The Sonics, Music Machine… y mil conjuntos más. Ellos lideraron esa respuesta americana a los ingleses y todos alcanzaron cotas puntuales realmente fantásticas. Deslumbrados por esa luz cegadora, miles de grupos airados aparecieron por todo el orbe, España incluida, of course. Pocas de las obligadas trabas derivadas de la situación política y social que la España franquista imponía parecieron importar demasiado a nuestros chicos.A su ritmo, a su aire, y casi en las mismas fechas que todo esto sucedía al otro lado del Atlántico, los nuggets españoles comenzaron a funcionar sin mayor miramiento y pasaron de la banda de música del pueblo al conjunto ye-yé. El adolescente más espabilado se percató de que algo nuevo andaba por el aire, de que esa música embriagadora le permitía vehicular actitudes y palabras sin otra salida posible en aquella sociedad anómala.
El caldo de cultivo se coció usualmente en pequeños sellos discográficos y a veces, las menos, arriesgadas propuestas de alguno grande. En ambos casos los temas en clave nugget siempre venían alojados en la cara B de los singles o EPs, puerta de servicio de un teatro cuya entrada principal les estaba vetada. Especial mención al insólito caso Brincos y su beatlesque y estruendoso debut con 'Dance The Pulga', visionaria pieza que inaugura con todos los honores el género en 1964, y cuyo segundo 7", 'Flamenco', presentará otra de las específicas aportaciones del garage español: ruidosas aproximaciones o versiones de viejos temas de copla y flamenco. Obligado y honroso ajuste de cuentas con músicas atadas a un pasado y a un modelo de familia autoritaria cuyos cimientos comenzaban a resquebrajarse.Y aunque el mapa punteado de las zonas más prolíficas apunta a los enclaves turísticos de la costa mediterránea, lo cierto es que hablamos de un fenómeno global que aparece en cualquier lugar hispano por recóndito que éste sea. Procedentes en su mayoría de aquella clase media que empezaba a consolidarse, el adolescente español de los años 60 usó aproximadamente los mismos modelos musicales que sus colegas foráneos, pero su aportación no solo acabó siendo en muchos casos modélica, sino que prácticamente en su totalidad hubo de resultar específicamente genuina. Estos Spanish Nuggets, eterna asignatura pendiente a reeditar de nuestro patrimonio musical por fin llevada a cabo, son los que aquí festejamos con este primer volumen de "Algo salvaje".
viernes, 10 de octubre de 2014
The Budos Band "Burnt Offering"
Outro discazo que vos recomendamos esta semana. O novo traballo dos neoiorquinos The Budos Band, que non publicaban nada novo dende o "Budos Band III" do 2010. Desta vez o título do álbum xa non vai numerado, e dende logo a estética das portadas non ten nada que ver con todo o anterior, pero seguen a ser un grupazo intrumental coa súa potente mestura afrobeat, funk, soul e rock no que cabe de todo, dende Fela Kuti, ata Black Sabbath, e este "Burnt Offering" é unha boa mostra, se cadra aínda máis contundente da súa proposta. Recomendado!!
THE BUDOS BAND "Burnt Offering"
(Daptone Records, 2014)
jueves, 9 de octubre de 2014
último día do Outono Códax Festival
Este fin de semana remata o Outono Códax Festival en Compostela.
O Sábado 11 terceira e última noite desta edición con Mad Martin Trio, Ray Gelato and the Giants, e Hannah Williams and the Tastemakers.
Toda a info en OutonoRock.com
O Sábado 11 terceira e última noite desta edición con Mad Martin Trio, Ray Gelato and the Giants, e Hannah Williams and the Tastemakers.
Toda a info en OutonoRock.com
miércoles, 8 de octubre de 2014
Sáb.1 nov: Comomepos!
O sábado 1 de novembro volverá á nosa cabina un dos habituais do Rif-Rock que temos exiliados polo mundo adiante: Comomepós!! con outra das súas sesións de Unga-Bunga en plan Horror Show!
Sáb.25 out: CHIEF BROMDEN!!
O sábado 25 de outubro teremos de novo ó CHIEF BROMDEN dirixindo a nosa cabina, que se encargará da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves deste mes.
Ven.17 out.: tRash Tra$h trAsH
Xa vos imos adiantando pouco a pouco a programación deste mes de outubro e nos próximos días tamén vos adiantaremos xa case todo novembro...
De primeiro outra de tRash Tra$h trAsH para o venres 17 de outubro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














w.jpg)



%2BBurnt%2BOffering%2Bfront1.jpg)

