jueves, 23 de octubre de 2014

BLACK FIRE! New Spirits!

Unha marabilla que nos chega estas semanas da man de Soul Jazz Records, e por partida dobre. A edición Black Fire! New Spirits! unha compilación de do jazz máis radical e revolucionario surxido nos USA entorno á década de 1960. 

Dende a súa división de libros lanzan un volume a todo luxo: "Black Fire! New Spirits! Images of a revolution. Radical Jazz USA 1960-75" (Soul Jazz Books, 2014) que recolle centos de fotografías impresionantes que capturan o radicalismo e a determinación dos artistas da vangarda do jazz na década de 1960 e comezos de 1970, dende a exploración musical de John Coltrane, ó compromiso social do Art Ensemble of Chicago ata a ciencia ficción de Sun Ra, todo plasmado en centos de imaxes e con ensaios que o contextualizan cos cambios sociais e políticos da década, ademáis de biografías de moitos dos protagonistas.
[< portada do libro]

E por suposto acompañan esta edición cun dos seus fantásticos recopilatorios con Archie Shepp, Creative Arts Ensemble, The Last Poets ou Yusef Lateef entre outros, ata 14 pezas que abarcan desta vez o período ampliado dende 1957 ata 1982. En dobre cd ou triple LP.

V.A. "BLACK FIRE! New Spirits! Radical revolutionary jazz in the USA 1957-82"
(Soul Jazz Records, 2014)


Undertown "Shelter"

A banda Undertown puxo fin ó seu percorrido hai case un ano, no momento no que nos estaban a adiantar temas do que sería o seu novo álbum "Shelter". Pero seguiron traballando no proxecto ata o final, e agora no-lo ofrecen coma despedida despois de tantos anos de traballo. Dende esta semana xa os podedes escoitar e mercar dende o seu bandcamp.

UNDERTOWN "Shelter"
(KSF, 2013)



miércoles, 22 de octubre de 2014

Thurston Moore "The Best Day"

Dende o parón dos Sonic Youth, seguimos coma tolos calquer lanzamento dos seus membros coma se necesitasemos encher un oco das nosas vidas. O que máis se aproxima ás veces é por suposto Thurston Moore, aínda que entre álbumes e eps de experimentos, desvaríos e exercicios de método, de vez en cando nos deixa un álbum coma este, no que retoma a liña do "Trees Outside the Academy" do 2007, con cancións e con tódo-los elementos que recoñecíamos do sonido dos Sonic Youth.
Onte viu a luz este "The Best Day" con diferentes portadas segundo a edición, aínda temos que darlle moitas escoitas, pero con temas como 'Speak to the Wild', 'The Best Day' ou 'Germs Burn' xa punta bastante alto.


THURSTON MOORE "The Best Day"
(Matador Records, 2014)



WOMEX 14 Santiago



IV Festival Kerouak


martes, 21 de octubre de 2014

descarga tRash Tra$h trAsH #11

Aquí tedes un pouco da sesión do pasado venres de Trash Trash Trash, basura mesturada de Munstaphá con 25 temas do rock psychodélico que máis nos gusta destes últimos anos.

Psych.Munstaphà "tRash Tra$h trAsH #11"
(sesión Rif-Rock 17 out.2014)
faite con trash#11 aquí.




domingo, 19 de octubre de 2014

Sáb.25: Chief Bromden!

O próximo sábado (25 de outubro) teremos a entrega deste mes das Black Grooves
co CHIEF BROMDEN dirixindo todo o asunto dende a nosa cabina, non vo-lo perdades!!


viernes, 17 de octubre de 2014

esta noite: tRash Tra$h trAsH


The Amazing Colossal Man

Últimamente xa só recuperamos a sección Mondo RifPOP através dos posters das entregas da serie Trash Trash Trash, e esta vai a ser outra desas ocasións. Para a sesión de mañan empregamos o cartel de War of the Colossal Beast (La Guerra de la Bestia Gigante) un deses filmes da serie B dos anos 50 que nos volve tolos, e que xa era a continuación de The Amazing Colossal Man do ano anterior, así que imos coas dúas.



A idea é básica é moi habitual no cine de terror e ciencia ficción da época, o terror atómico que tiña terribles consecuencias e mutacións en humanos, animais e plantas. A primeira entrega é de 1957, The Amazing Colossal Man (traducida como El Asombroso Hombre Creciente) comeza nunha base militar na que están facendo provas de exposición de soldados fronte a radiación, no momento da explosión da bomba algo falla xusto no momento que unha pequena avioneta se estrela no área da proba, e o coronel Manning (interpretado por Glenn Langan) sae en auxilio do piloto antes de que o experimento continúe... Vos podedes imaxinar que a explosión nuclear os colle en medio da operación, por que senón o resto da película xa non tería sentido. A radiación causa estragos no corpo de Manning pero para sorpresa dos médicos o seu corpo se rexenera a unha velocidade de vértigo, toda a súa pel se recupera de un día para outro, e a continuación comeza a crecer e crecer... ata os 60 pes de altura (case 20 metros) pero os seus órganos nos se desenrolan ó mesmo ritmo e comeza a ter problemas co seu corazón e o seu cerebro, vólvese tolo e escapa da base militar atacando a todo o que o rodea. Ademáis sumádelle á moza do coronel (Cathy Downs) que non deixa de seguilo para recuperalo.

Toda esta historia foi dirixida por Bert I. Gordon en 1957, para a solvente American International, e basada na novela de Homer Eon Flint de 1928 The Nth Man. Gordon foi todo un especialista neste tipo de filmes sobre monstruos e de sacarlle rendabilidade a presupostos mínimos. Como exemplo no mesmo ano estreouse a moito máis famosa The Incredible Shrinking Man (El increíble Hombre Menguante) de Jack Arnold para Universal, se ben esta se baseaba na novela do mesmo nome do ano anterior e con moitísimo más presuposto, e evidentemente con moito mellor resultado.

The Amazing Colossal Man (El Asombroso Hombre Creciente).
USA, 1957 American International Pictures
dir: Bert I. Gordon




Aínda que a primeira non foi un gran éxito, sí foi rentable para a productora, así que encargaron a Gordon unha continuación, e a cousa foi bastante rápida: en 1958 estreouse a secuela War of the Colossal Beast, traducida aquí como La Guerra de la Bestia Gigante ou La Guerra del Monstruo Gigante, según a edición. Nesta ocasión se traslada a México, donde se suceden roubos de camións de comida, e inmediatamente as autoridades militares sospeitan que o coronel Manning segue con vida, e por suposto, a súa moza segue convencida en recuperalo.
Nesta ocasión o presuposto foi tamén moi axustado, pero a Gordon iso dáballe exactamente igual. O reparto foi distinto, o especialista en monstruos cutres Dean Parkin foi o encargado de recrear ó xigante Manning, e Sally Fraser interpretou á súa moza, e incluso Gordon engadiu acertadamente os estragos do final anterior na cara do xigante, e como curiosidade, aínda que as dúas películas son en branco e negro, o final desta segunda entrega foi rodada en cor para dar máis fidelidade á escena da electrocución... pero xa son moitas pistas. 

War of the Colossal Beast (La Guerra de la Bestia Gigante).
USA, 1958 American International Pictures
dir: Bert I. Gordon


Mellor que lles botedes unha ollada nestas tardes de chuvia.


jueves, 16 de octubre de 2014

programación outubro-novembro 2014

Aquí tedes a nosa programación para Outubro e Novembro 2014:

· Venres 17 out: Trash Trash Trash!
· Sábado 25 out: CHIEF BROMDEN (Fuck'U whiteys... Black Grooves)
· Sábado 1 nov: COMOMEPOS (unga-bunga horror show!)
· Sábado 8 nov: Psycho (60's freakbeat & garage)
· Sábado 22 nov: THE EVEN FLOW EXPERIENCE en concerto
· Venres 28 nov: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!
· Sábado 29 nov: MARINOCHA ÜBER ALLES


Sun Ra "In the Orbit of Ra"

Se nos seguides dende hai tempo xa sabedes pola nosa devoción por Sun Ra, extravagante e visionario como poucos, con un pe no antigo Exipto e con outro nunha galaxia moi lexana, puro espectáculo visual e toda unha provocación dende comezos da década de 1950. 
Para Sun Ra e as súas formacións o jazz erá só un instrumento, non a finalidade, ademáis de un revolucionario de xénero introducindo todo tipo de instrumentos electrónicos na súa música. Sun Ra naceu como Herman Sonny Bount en maio de 1914, e precisamente este ano se está a celebrar o seu centenario (finou en 1993 pero coma se nunca se tivera ido) e dende Strut Records están a lanzar numerosas reedicións de moitos do seu cento de álbumes publicados, entre os máis populares e os máis difíciles de atopar hoxe en dia. 
Pero ademáis a próxima semana lanzarán este recopilatorio "In the Orbit of Ra" con 20 temas seleccionados por Marshall Allen, un dos seus máis fieis colaboradores, que permaneceu na súa Arkestra dende 1958 ata os últimos días en 1993. Todo un luxo para conmemorar os primeiros 100 anos de Sun Ra!!

SUN RA and His Arkestra "In the Orbit of Ra"
(Strut Records, 2014)


O video promocional de Strut Records é case unha curta documental con entrevistas a varios membros da Sun Ra Arkestra como Marshall Allen, Danny Ray Thompson, Michael Ray and Knoel Scott, sobre a vida  influencia posterior de Sun Ra,  moi interesante:


miércoles, 15 de octubre de 2014

[Revival Rif-Rock] The Even Flow Experience na prensa, 8 dec 2006


Hoxe imos con outra entrega do Revival Rif-Rock, e de novo con THE EVEN FLOW EXPERIENCE. Aquí tedes o recorte de prensa do seu primeiro concerto, en decembro do 2006.

Foi no suplemento Los Viernes de Arousa que hai anos publicaba El Faro de Vigo cada fin de semana na súa edición local, con toda a programación cultural da semana, e aquí presentaban o concerto desa mesma noite, e do que logo sería a banda residente do Rif-Rock por unha boa tempada. Nacían The Even Flow Experience!! Era o 8 de decembro de 2006. 
Para velo máis ampliado picade aquí.



Repasa máis entradas de Rif-Rock Revival
seguindo a etiqueta.