jueves, 11 de diciembre de 2014

Isi Vaamonde no Continental

Unha recomendación para este sábado (13 dec.) 
Isi Vaamonde volve ó Café Continental, para presentar en directo algúns dos seus novos temas. Acompañado por Nacho Pérez á guitarra. 
A partir da medianoite.


descarga sesión de Marinocha

Aquí tedes a última sesión de Marinocha. Unha pequena parte da súa sesión do 29 de novembro, 10 temas sen concesións, metédelle volume. Über Alles!

Marinocha Über Alles
(sesión Rif-Rock 29 nov.2014)
faite coa sesión Marinocha Über Alles aquí.



miércoles, 10 de diciembre de 2014

NADAL SOUL!! o programa completo

Aquí tedes o programa completo do NADAL SOUL que organizamos entre o Café CONTINENTAL e o RIF-ROCK neste Nadal en Cambados.
Unha programación conxunta entre os días 20 e 27 de decembro, con un par de concertos e unhas cantas sesións adicadas á música negra, repartido en tres días. 
Por suposto con entrada libre. e coa colaboración de SUPER BOCK
Aquí tedes as datas:

  Sábado 20 dec. no RIF-ROCK:  
en concerto dende a media noite
THE SHARKNADOOS 
e despois sesión a cargo de MICHI CALAMBRES!!

  Venres 26 dec. (sesións)  
Café Continental: sesión de EL GRAN ÍÑIGO (soul-funk-R'n'B)
Rif-Rock: sesión BLACK GROOVES adicada a Curtis Mayfield

  Sábado 27 dec. no CONTINENTAL:  
en concerto dende as 00:30h.
NACHO PÉREZ Y LOS CHACHALES 

Non vo-lo perdades!!


martes, 9 de diciembre de 2014

Graham Day & The Gaolers "Triple Distilled"

E sen alonxarnos moito do universo de Billy Childish, imos con outro discazo polo que nos preguntaron a noite do venres mentres soaba.
O "Triple Distilled" de Graham Day & The Gaolers, un discazo dun deses grandes do revival garagero británico das últimas décadas. Fundador e vocalista dos míticos The Prisoners, logo colaborador de Billy Childish en Thee Mighty Caesars e The Buff Medways, e logo nos Prime Movers, The Solarflares, e máis recentemente como Graham Day xunto con The Forefathers ou con The Gaolers, un currículo ó alcance de moi poucos. Un dos seus últimos lps é este "Triple Distilled" do 2008, xunto con The Gaolers. 13 temazos de factura impecable marca da casa, garage pych potente, e saber facer doutras eras mod... 'Begging You' e 'Wanna Smoke' imprescindibles!!

GRAHAM DAY & THE GAOLERS "Triple Distilled"
(Damaged Goods, 2008)



Wild Billy Childish & CTMF "Acorn Man"

Non podía rematar o ano sen novos traballo do gurú Billy Childish. Ademáis por partida doble. Nas próximas semanas co lanzamento do se último lp xunto con The Spartan Dreggs, e a semana pasada con este fantástico "Acorn Man" xunto cos catro de Chatham The C.T.M.F., ademáis de un bo puñado de 7'' que acompañan a cada un dos lps. Polo momento vos recomendamos este "Acorn Man" que o devolve ó seu són do 77, tribal, primitivo i espontáneo, stuckismo puro!!

WILD BILLY CHILDISH & THE C.T.M.F. "Acorn Man"
(Squoodge Records/Damage Goods, 2014)



Nadal Soul & Super Bock

O mércores publicaremos todo o cartel do Nadal Soul, entre o Continental e o Rif-Rock. Polo momento, como adianto, a colaboración de Super Bock!


domingo, 7 de diciembre de 2014

día de descanso

 AVISO!! 


Logo de pensalo dende onte, finalmente decidimos que era mellor coller esta noite libre, así que non abriremos, e vos quedades sen a Monkey Sessión que tiñamos preparada, pero queda para outra ocasión, que tiña boa pinta eh?
Disculpen as molestias.
Xa faremos esta sesión outro día calquera.


sábado, 6 de diciembre de 2014

o domingo... Monkey Session!!


programación decembro 2014

Aquí tedes ordenado todo o que temos para este mes de decembro:
· Domingo 8 dec: Monkey Session
· Sábado 13 dec: KURCO SoundSystem
· Sábado 20 dec: THE SHARKNADOOS en concerto [Nadal Soul]
                          + sesión de Michi CALAMBRES!!
· Venres 26 dec: Fuck'U whiteys... Black Grooves! 
                          Sesión especial de homenaxe a Curtis Mayfield [Nadal Soul]
· Mércores 31 dec: Festa de Fin de Ano: dj JALEO + CUATRO FOTOS!!

e xa no 2015...
· Sábado 3 xan: MARINOCHA Über Alles
· Sábado 10 xan: SINGLE2014 (Kurco VS Munstpha repasando o 2014)



viernes, 5 de diciembre de 2014

Nadal Soul!

A comezos de semana vos desvelaremos todo o programa!!
Seguide a etiquta NadalSoul.


Fin de Ano 2014: dj JALEO + CUATRO FOTOS!!

Levamos varias semanas escaqueándonos ante tanta pregunta de qué imos facer para Fin de Ano. Tra-lo éxito do ano pasado de JALEO + CUATRO FOTOS, tentamos facernos os interesantes desviando as cuestións, que si era moi cedo, que aínda non sabiamos, que habería sorpresa... 
Pero se todos queredes repetir... Nós tamén!! estades avisados!!


26 dec: Black Grooves! Curtis Mayfield

O 26 de xaneiro de 1999 falecía o enorme Curtis Mayfield, aquel nadal fixemos no Rif-Rock a nosa primeira sesión adicada á música negra centrados na carreira de Curtis. 15 anos despois lle adicaremos outra sesión intermitente, noutra entrega da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves dentro do noso programa do Nadal Soul.


jueves, 4 de diciembre de 2014

King Khan & The Gris Gris "Murder Burgers"

E outro máis de King Khan!!, onte mesmo publicouse un dos álbumes ós que máis ganas lle tiñamos. O xenial King Khan deixa aparcados momentaneamente ós seus Sensational Shrines para trasladarse a California e grava-lo seu novo álbum xunto cos psychodélicos Gris Gris. Os avances que escoitáramos nos fixeron a boca auga, e onte mesmo lanzaron este "Murder Burgers", 10 temas dos anteriores álbumes, 7'' e splits reinterpretados xunto cos Gris Gris, no que os temas acelerados se volven pausados, e os medios tempos en auténticos cañonazos!! e moitos deles estarán soando moito tempo na nosa cabina, aínda temos que darlle moitas voltas máis, pero xa con 'Born in 77', os cambios de 'Run Doggy Run' ou a perfecta 'It's a lie' xa estamos máis que contentos. Discazo!!

KING KHAN & THE GRIS GRIS "Murder Burgers"
(Khannibalism, 2014)



King Khan Experience "Turkey Ride"

Hai semana e media saía unha desas marabillas para completistas ás que nos acostuma o King Khan, chámase "Turkey Ride" e reúne 13 temas dos últimos anos, perdidos por 7'', splits compartidos e aparicións e recopilatorios varios, a maioría gravados en sesións de estudio en Francia e Alemania. Solo pola versión de 'La Resposable' de Jacques Dutronc con sitar paga a pena facerse con el, pero ademáis atopamos pezas con diferentes mesturas das publicadas en álbumes anteriores.

THE KING KHAN EXPERIENCE "Turkey Ride"
(Khannibalism, 2014)



documental dos Fleshtones: "Pardon us for living but the graveyard is full"


Perdón por seguir vivos, pero o cemiterio está cheo, ese é o título do documental que repasa a vida e obra da banda The Fleshtones. Hay un par de semanas que a lanzaron online, pero nós aínda nos enteramos hoxe. 
Dirixido e realizado por Geoffray Barbier repasa os 30 anos de vida dunha das mellores bandas de rock de tódo-los tempos. 
Foi estreada xa no 2009 pero non se comercializou ata agora. 
Dispoñible para mercar ou alugar online dende vimeo [ver web]
Aquí tedes o trailer:


Puma Pumku "Is it in you?"

Xa había tempo que non vos recomendábamos ningún álbum desta nosa GZ Canibal. Pois xa tocaba. A semana pasada estreouse o lp de debut dos compostelanos Puma Pumku, primero a través da web da revista Rockdelux, e agora xa o tedes dispoñible no seu bandcamp para botarlle unha escoita.
Chámase "Is it in you?" e ven sendo unha continuidade perfecta do seu ep do ano pasado, do que inclúen tres dos seus catro temas neste Lp (deixan fora 'Outer Space is in us all') e engaden o tema '...In Time' no vinilo, que non atoparedes na edición dixital. Só con que lle metades unha escoita ó seis minutos de 'Twilight on the Mind' xa queredes facervos con el. Veña que voan... [ver na web de Matapadre].

PUMA PUMKU "Is it in you?"
(Matapadre, 2014)



unhas pistas...

Xa temos case toda a programación de decembro lista, e algunha cousas xa para xaneiro do 2015. Algunhas xa volas adiantamos onte, pero ata telo todo pechado teredes que esperar un par de dias: máis sesións, o Nadal Soul en colaboración entre o Rif-Rock e o Café Continental, e ata xa temos lista a festa de fin de ano, ahí vai unha pequena pista...