viernes, 19 de diciembre de 2014

Nadal Soul: The Sharknadoos!

Imos quentando motores para o Nadal Soul que comeza este sábado.
Non vos perdades a The Sharknadoos no Rif-Rock, este sábado a eso da medianoite. Aquí tedes uns temas do seu último concerto no mes de xuño:


jueves, 18 de diciembre de 2014

Nadal Soul & Super Bock

Este sábado arrancamos co NADAL SOUL!! 
Rif-Rock & Continental coa colaboración de Super Bock.


Tony Allen "Film of Life"

E agora xa con outro disco actual. Sobre Tony Allen xa temos escrito moito neste blog, sobre todo en artigos sobre Fela Kuti, e introducindo sesións de afrobeat e música africana, pero pouco vos temos recomendado dos seus últimos traballos. Tony Allen é un dos máis grandes e recoñecidos bateristas de tódo-los tempos, e con máis de 70 anos segue producindo a un ritmo envexable, tanto como frontman, como acompañando nos últimos anos a Charlotte Gaingsbourg, Jimi Tenor e sobre todo a Damon Albarn.
Neste último "Film of Life" fai algo así como unha adaptación do afrobeat ós novos tempos, influenciado polas súas últimas colaboracións, e moitos deles participan neste álbum. Abre con dous temas que canta el mesmo, en 'Movin On' por debaixo dos coros, contando a súa vida e dando gracias por todos etos anos, os cambios funk de 'Ewa', pero sobre todo me quedo con 'African Man' un estándar de afrobeat hipnótico. Xa lle gustaría a moitos facer discos así despois dos 70.

TONY ALLEN "Film of Life"
(Jazz Village, 2014)



Demon's Claws "The Defrosting of the..."

E si o martes vos recomendabamos algo de hai un par de anos, xa vos podemos adiantar que atopamos outra caixa parecida á que deu lugar ás sesións da Vinganza de Charles Bronson, aínda non nos decidimos polo nome, pero xa caerán no 2015, así que preparádevos... xunto co anterior dos Mighty Gordinis xa tedes un par de pistas. 
De primeiro, os canadianos Demons' Claws, que non sabemos se siguen en activo ou non, pero este foi o último dos seus álbumes que conseguimos e segue e se-la súa última referencia. Compañeiros habituais de King Khan e BBQ, todos veciños de Montreal, pero tamén dos Black Lips, aínda que o seu lo-fi garagero se achega máis á liña de Thee Oh Sees para que vos fagades unha idea. Este "The Desfosting of..." non é que sexa mellor que os anteriores, pero é o que máis se axusta ó anterior.

DEMON'S CLAWS "The Defrosting of the Demon's Claws"
(In the Red Recordings, 2010)



The Mighty Gordinis "The Future Looks like Yesterday"

Os habituais do local seguro que xa vos sonan moitos destes temas que levamos varias semanas pinchando cada noite. Son os belgas The Mighty Gordinis, tanto co "For Bosomaniacs only" (2002) como este "The Future Looks like yesterday" do 2007. Destas maravillas que aparecen cando se nos da por abrir unha caixa desas que levan esquecidas dende a última mudanza, así que na seguinte entrada xa vos damos máis pistas.
Se nos seus primeiros álbumes tiñan moito máis marcada a base surf, nos últimos traballos coma este caso xa abordan máis descaradamente o garage máis potente con moita base de riffs contundentes dos 70. Doce trallazos, un tras doutro par aque vos movades un pouco...

THE MIGHTY GORDINIS "The Future Looks Like Yesterday"
(Shake My Iguana Records, 2007)



miércoles, 17 de diciembre de 2014

The Simpsons! 25 anos

Sinxelamente, uns dos culpables da nosa boa educación. Dende que comezara en La2 de TVE, ata o día de hoxe, que os Simpsons cumpren 25 anos.
Costou bastante escoller algo para compartir, pero sen dúbida nos quedamos con dúas cabeceiras: a que fixo Banksy en 2010, e a do ano pasado de Guillermo del Toro para o "Treehouse of Horror XXIV", pero seguro que vós tedes outras...

Nadal Soul. Faltan 3 días



descarga sesión de Kurco

E aquí tedes sobre tres cuartos de hora que nos deixou Kurco SoundSystem da súa sesión deste sábado pasado, preparados para desfilar? metédelle volume...

KURCO "darth" SoundSystem
(sesión Rif-Rock 13 dec.2014)



martes, 16 de diciembre de 2014

Hellshovel "Hated by the sun"

Mentres nos seguen a chegar máis novidades, xa imos dedicando cada vez máis os ratos libres máis a revisar os discos do 2014 para ir escollendo a nosa lista dos mellores do ano. Pero nesta últimas semanas sempre se nos cola polo medio un álbum do 2012 que non podemos deixar de escoitar, seguramente polas gañas que temos de que veña a seguinte entrega. É o lp de debut de Hellshovel "Hated by the Sun" e caímos na conta que aínda non vo-lo recomendaramos no blog. Puro freakbeat do s.XXI, garage, lo-fi, de melodías case perfectas e producción impecable, e con Bloodshot Bill na batería. Unha marabilla.

HELLSHOVEL "Hated by the Sun"
(Slovenly, 2012)




Robert Wyatt "Different Every Time"

Esta semana xubílase un dos grandes, e o fai pola porta grande, aínda que con esta xente nunca se sabe se acaban de irse algunha vez ou volveran nun refritos de sí mesmos máis adiante. Pero oficialmente Robert Wyatt anuncia que o deixa ós seus 69 anos. E para celebralo se despide por todo o alto, con un bó recopilatorio e coa súa primeira biografía autorizada das que se teñen publicado sobre este excéntrico personaxe.

Pioneiro do rock progresivo, primeiro como baterista e cantante dos Soft Machine, xunto con Kevin Ayers, logo xunto cos Matching Mole, e ata hoxe en solitario como cantante e teclista, pero sempre rodeado de grandes colaboradores.

Para a súa despedida lanza "Different Every Time" libro e disco, por separado. O libro é a primeira biografía autorizada sobre a súa figura, obra do xornalista Marcus O'Dair, no que repasa a fondo toda a súa vida e carreira, dende as súas peripecias xunto cos Pink Floyd, as xiras con Hendrix, o seu primeiro proxecto con Ayers (os seminais The Wylde Flowers), o accidente que lle impediu volver a toca-la batería e como se reinventou como compositor, de como outros músicos sempre se preocuparon en resucitalo, das súas estancias en Mallorca, das súas ausencias durante anos, da súa militancia no Partido Comunista, e da súa outra gran paixón, a pintura.

E o álbum "Differente Every Time" é un amplo recopilatorio, divididos en dúas partes. A primeira leva por título "Ex-Machina" é un recopilatorio ó uso, con 13 das súas grandes composicións, curisoamente só unha cos Soft Machine (a xigantesca 'Moon in June' cos seus 20 minutazos), dúas cos Matching Mole, e o resto da súa época posterior. A segunda chámase "Bening Dictatorships" e reúne 17 temas perdidos por caras b, rarezas, covers e sobre todo en forma de colaboracións, xunto con Björk, John Cage, Hot Chip, Phil Manzanera ou Epic Soundtracks entre outros.
Podedes atopar un repaso de todo na súa web.

ROBERT WYATT "Different Every Time"
(Domino, 2014)



domingo, 14 de diciembre de 2014

Nadal Soul!

O próximo sábado arrancamos có Nadal Soul!!
Non vo-lo perdades!!


expo "Paisaxes Eléctricas" de Fernando Arenaz

O pasado venres inaugurouse a exposición "Paisaxes Eléctricas" de Fernando Arenaz, no Pazo de Torrado. Tedes ata finais de xaneiro para pasarvos. Recomendada.
Tedes unha boa introducción nesta nova de La Voz de Galicia do venres.


viernes, 12 de diciembre de 2014

este sábado KURCO SoundSystem


Hüsker Dü "Amusement"

Estamos que botamos por fora de contentos por que nos fixemos cunha copia do estupendo EP dos Hüsker Dü "Amusement" que editaron para o Record Store Day 2013. Un dobre 7'' que inclúe os dous temas do seu primeiro 7'' 'Statues', co mesmo tema e 'Amusement', e completan o paquete con dous temas gravados na mesma época 'Writer's Cramp' e 'Let's Go Die' no segundo 7'', pero que foron publicados como material extra en reedicións posteriores dos seus álbumes. Todo remasterizado nesta edición estupenda de Numero Records.

HÜSKER DÜ "Amusement"
(Numero Records, 2013)



The Len Price 3 "Nobody Knows"

E aínda vos recomendamos un par de álbumes máis esta semana. Mentres imos facendo repaso dos álbumes do 2014 volvemos a prestarlle atanción a algúns que deixamos ahí esquecidos. 
Este "Nobody Knows" dos británicos The Len Price 3 saiu xa en febreiro, e no medio da avalancha de lanzamentos de comezos de ano e repaso de outros do ano anterior, ahí se nos quedou nun caixón. Tampouco é que sexa un imprescindible que vos vaia a mudar a vida, pero estes tipos fan un power pop de factura impecable, moi beat, pezas de garage, e de revival da segunda era mod, na liña dos Jam, ou dos posteriores The Prisoners. Nada novo, pero o escoitaredes dunha tirada, e seguro que quedades con gañas de máis.

THE LEN PRICE 3 "Nobody Knows"
(JLM Recordings, 2014)



jueves, 11 de diciembre de 2014

"Lúas de Outubro e Agosto" de Guadi Galego á venda

Dende mañá mesmo atoparedes exemplares do novo álbum de Guadi Galego á venda no Rif-Rock "Lúas de outubro e agosto". Veña que voan!!!



Isi Vaamonde no Continental

Unha recomendación para este sábado (13 dec.) 
Isi Vaamonde volve ó Café Continental, para presentar en directo algúns dos seus novos temas. Acompañado por Nacho Pérez á guitarra. 
A partir da medianoite.


descarga sesión de Marinocha

Aquí tedes a última sesión de Marinocha. Unha pequena parte da súa sesión do 29 de novembro, 10 temas sen concesións, metédelle volume. Über Alles!

Marinocha Über Alles
(sesión Rif-Rock 29 nov.2014)
faite coa sesión Marinocha Über Alles aquí.



miércoles, 10 de diciembre de 2014

NADAL SOUL!! o programa completo

Aquí tedes o programa completo do NADAL SOUL que organizamos entre o Café CONTINENTAL e o RIF-ROCK neste Nadal en Cambados.
Unha programación conxunta entre os días 20 e 27 de decembro, con un par de concertos e unhas cantas sesións adicadas á música negra, repartido en tres días. 
Por suposto con entrada libre. e coa colaboración de SUPER BOCK
Aquí tedes as datas:

  Sábado 20 dec. no RIF-ROCK:  
en concerto dende a media noite
THE SHARKNADOOS 
e despois sesión a cargo de MICHI CALAMBRES!!

  Venres 26 dec. (sesións)  
Café Continental: sesión de EL GRAN ÍÑIGO (soul-funk-R'n'B)
Rif-Rock: sesión BLACK GROOVES adicada a Curtis Mayfield

  Sábado 27 dec. no CONTINENTAL:  
en concerto dende as 00:30h.
NACHO PÉREZ Y LOS CHACHALES 

Non vo-lo perdades!!