jueves, 29 de enero de 2015

Foxy Freire

Os Foxy Freire están de volta. Tra-lo retraso na saída do seu LP, e un parón obrigado, Virxilio da Silva, Paco Charlín e compañía xa están apurando a data de lanzamento, e dende esta semana nos van amosando pouco a pouco os novos temas, polo momento temos 'Dark Days' e 'Keepin' On'. Pintaza!!
Xa dispoñibles no seu soundcloud e no bandcamp.



miércoles, 28 de enero de 2015

6 feb: Jamaican Roots!

A próxima semana vos presentaremos todo o programa de febreiro, pero xa vos imos adiantando a do próximo venres: outra entrega de Jamaican Roots. Ska, Rocksteady, Funk e Dub, e moito Don Drummond estades avisados! Pure Dynamite!!


web de Xandre Otero


Xa sabedes que Xandre Otero Paz é un dos nosos artistas favoritos, ademáis de un enchufado do Rif-Rock. Onte mesmo estreou a súa nova web, así que vos recomendamos a todos que a visitedes: http://xandreotero.com/


martes, 27 de enero de 2015

Singles2014, repásao todo!


Coa lista da semana pasada, damos por rematado todo o material de Singles2014, que podedes consultar seguindo a etiqueta
O repaso máis completo a todo o ano anterior no Rif-Rock: tódo-los posters do 2014, tóda-las sesións do ano con enlaces, os mellores momentos, e as nosas listas cos mellores álbumes do ano, o GZ Canibal, o Black Grooves, as seleccións de Kurco e Michi Calambres, video clips, e dous volumes da sesión con todo o mellor do ano. Repasade!! 

domingo, 25 de enero de 2015

descarga Black Grooves!!

Aqui tedes unha selección da sesión do venres das Black Grooves!! Saltámonos a número#27 por cuestións obvias, así que aquí vai a primeira entrega deste 2015, 21 temas de funk, soul & rhythm'n'blues, metédelle volume!!

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 23 xaneiro 2015)



jueves, 22 de enero de 2015

5 discos do Black Grooves 2014






E aínda nos quedaba unha lista máis do noso repaso do 2014.
Uns cantos nos pediron durante o NadalSoul que fixeramos unha selección de música negra do pasado 2014, en plan o mellor do ano para as Black Grooves. De primeiras nos fixemos os remolóns, pero finalmente fumos pensando en discos e discos e decidimos deixalo en 5.
Aínda que claro, había moitos máis, sobre todo jazz, pero nos teríamos perdido en reedicións e reedicións, así que desta vez pasamos do jazz.
Aquí tedes o noso top5 do universo Black Grooves 2014:


5
TONY ALLEN
"Film of Life"
(Jazz Village, 2014)

O incansable baterista de Fela Kuti segue a producir a un ritmo frenético. Neste último "Film of Life" fai algo así como unha adaptación do afrobeat ós novos tempos, influenciado polas súas últimas colaboracións, e moitos deles participan neste álbum. Abre con dous temas que canta el mesmo, en 'Movin On' por debaixo dos coros, contando a súa vida e dando gracias por todos etos anos, os cambios funk de 'Ewa', pero sobre todo me quedo con 'African Man' un estándar de afrobeat hipnótico. Xa lle gustaría a moitos facer discos así con mási de 70 anos.



4
LEE FIELDS
"Emma Jean"
(Truth and Soul Records, 20104)

Outro desos mitos na súa segunda xuventude. Dende o seu debut a finais dos 60's nunca parou, pero a súa carreira nunca estivo moi reoñecida. Artista incansable lanzando incontables 7'', estivo dende 1979 ata 1995 sen conseguir publicar ningún álbum, pero dende entón xa non parou, sobre todo na última década xunto con The Expressións, na que está a publicar os seus mellores traballos, desta vez sí, có recoñecemento de público e crítica. Este "Emma Jean" é un auténtico tobogán de sentimentos, dende a intensidade e o dramatismo do inicio ata as cotas máis funk, de ritmo e ata blues, que suben e baixan nuna secuencia perfecta. Discazo!!



3
WILLIAM ONYEABOR
"Box Set"
(Luaka Bop 2014)

Volvemos a Africa. William Onyeabor é un dos grandes mitos da música nixeriana, pola súa misteriosa historia, e polo adiantado da súa proposta musical, pero eso xa vo-lo contaremos outro día. Nestes últimos anos estase a recuperar a súa obra, coma o mini documental "Fantastic Man. A Film about William Onyeabor", dirixido por Jake Sumner para Noisey (ver documental aquí) ou recopilatorio "Who is William Onyeabor" (tamén de Luaka Bop, 2014 producido por David Byrne). Este "Box Set" reúne tódo-los seus álbumes que autoeditou entre 1977 e 1985, momento no que se convertíu ó cristianismo e abandonou a vida pública. Horas e horas de música, como diría un que eu me sei, menuda animalada!!!



2
THE BUTTSHAKERS
"Night Shift"
(Copasetic Disques, 2014)

Dos grandes triunfadores do ano nas nosas sesións das Black Grooves foron sen dúbida os franceses The Buttshakers. Despois do xa lonxano "Headaches and Heartaches" do 2010, e do ep do 2013 "Wicked Woman", a comezos do 2014 lanzaron o seu esperado segundo LP "Night Shift". 12 temazos de raw soul, rhythm'n'blues e funk de factura impecable, descaro groove e a potente voz de Ciara Thompson. Un imprescindible.



1
NAOMI SHELTON & The Gospel Queens 
"Cold World"
(Daptone Records, 2014)

Cando falamos de Daptone Records, a maioría pensa inmediatamente en Charles Bradley e Sharon Jones, e esta última sería a candidata de moitos ó número#1 nunha lista coma esta, pero non! ese disco non nos parece para tanto, e non é por leva-la contraria, senón por que este "Cold World" nos parece infinitamente superior. Naomi Shelton é outra desas figuras veteranas recuperadas por Daptone na última década, media vida como Naomi Davis, non publicou ata a súa fichaxe con Daptone, xunto con The Gospel Queens, e tras media ducia de 7'' e o seu debut en longo no 2009, en 2014 chegou o seu segundo lp "Cold World" de alto compromiso social e maior fondo espiritual, dende a inicial 'Sinner' ata o final con 'Thank You, Lord' e 'Everybody Knows'. Un camiño dende o pecado ata a redención. Brillante!!



miércoles, 21 de enero de 2015

Back from the Grave Volume 9

Unha das gratas sorpresas que nos deixou o 2014 foi a continuación da mítica serie de recopilatorios "Back from the Grave" de Crypt Records, co seu volume 9. Supoño que non haberá ninguén que non os ceñeza, pero por si acaso...
"Back from the Grave" foi unha serie de recopilatorios que recollía o garage-punk máis crú da década dos 60s, creados e seleccionados por Tim Warren para o seu selo Crypt Records. Entre 1983 e 1992 publicaron 8 volumes desta serie, (sendo o 7º e 8º xa dobres vinilos) e dende 1994 comezaron coa reedición de todo o material en cd, aínda que reunindo os sete primeiros volumes en 4 cds, e deixando fora algúns temas deliberadamente. En todos estos anos se convertiron nunha desas series de recopilatorios de referencia, e agora máis de 20 anos despois, e cando xa ninguén o agardaba, retoman o traballo donde o deixaron, e publicaron o "Back from the Grave volume 9". Nesta ocasión recuperan 15 temas dos High Spirits, The Raevins, Lord Charles & The Prophets, Knoll Allen, The Emeralds, The Why-Nots... Fantástico!! e o mellor de todo é que para o próximo mes xa está anunciado a seguinte entrega...

V.A. "Back from the Grave. Volume 9"
(Crypt Records, 2014)



martes, 20 de enero de 2015

Apocalypso!! "Apocalypso EP"

Hoxe imos cunha banda que nos levamos perdendo varios anos. Por un ou outro motivo nunca os vimos en directo a pesares da recomendacións, e nas pasadas semans nos fixemos co vinilo do seu primeiro ep. Surf instrumental e toques de garage en 6 temas gravados en varias sesións entre o 2012 e o 2013, a última delas por Zippo dos SraSrSra. A comezos do 2014 ó fin o lanzaron en forma de ep en vinilo de 10''. Se non o atopades pasade polo seu bandcampRecomendado!

APOCALYPSO!! "Apocalypso!! EP"
(autoeditado, 2014)



lunes, 19 de enero de 2015

Mick Collins & Danny Kroha "Winter Blues & Greens: Epitaphs & Elegies by Kim Vincent Fowley"

Coa morte do enorme Kim Fowley, estivemos repasando na fin de semana os seus álbumes, e pensando en recomendarvos algún máis no blog. Pero ó marxe dos que xa vos temos recomendado aquí, e coa indecisión de escoller entre os demáis, atopamos pola web este traballo que descoñecíamos, así que matamos dous paxaros de un tiro. 
Imos con outro grande: Mick Collins, un dos nosos favoritos, que o ano pasado lanzou xunto co seu compañeiro en The Gories, Dan Kroha este homenaxe a Kim Fowley. E gustoume por que non é un tibuto ó uso de versións dos seus mellores temas, senón que converten en cancións sete poemas de Fowley que apareceron no segundo volume dos textos autobiográficos publicados por Kicks Books, "Planet Pain" do 2014 (o primeiro foi "Lord of Garbage"), que presentan nun doble EP. Precioso!!

MICK COLLINS & DANNY KROHA 
"Winter Blues & Greens: Epitaphs & Elegies by Kim Vincent Fowley"
(Norton Records, 2013)


viernes, 16 de enero de 2015

Moon Duo "Shadow of the Sun"

E seguimos con novos lanzamentos. "Shadow of the Sun" é o terceiro lp dos Moon Duo, ademáis de EP, directos, remixes... destas bandas paralelas de divertimento que rematan por superar ó proxecto orixinal, neste caso ós Wooden Shjips. Moon Duo son Repley Johnson e Sanae Yamada, e seguen na mesma onda do seu space rock de anterior entregas, psychodélico, hipnótico, repetitivo... o que queirades, pero a min xa me engancharon unha vez máis. 
Esta semana lanzaron o single de adianto 'Animal', para o resto do lp teremos que agardar ata marzo, aínda que xa o podedes atopar por varios sitios. Recomendado!!

MOON DUO "Shadow of the Sun"
(Sacred Bones Records, 2015)



jueves, 15 de enero de 2015

Ty Segall "Mr. Face EP" + "Live in San Francisco"

Despois de tanto repaso do ano anterior, imos volvendo á normalidade do blog, así que xa toca ir recomendando un par de álbumes.
De primeiro ós novos lanzamentos de Ty Segall, mentras aínda seguimos atopando novos detalles e matices no "Manipulator", arranca o 2015 cun directo e novo EP. 
O directo da Ty Segall Band leva por título sinxelanmente "Live in San Francisco" (Castle Face, 2015) da serie do mesmo nome promovida por John Dwyer dos Thee Oh Sees para o seu selo. Son 10 temas, a maioría pertencentes ó "Slaughterhouse", moito máis rápidos e pesados que nas versións de estudio, e un par delas do recente "Manipulator" aínda non nas súas versións definitivas.
E de material novo nos presenta este "Mr. Face EP". Son catro temas presentados en dous 7'' en vinilos coloreados trasparentes que funcionan como lentes 3D en caso de que teñades interés en contempla-la portada. E do contido que? pois catro temas, os dous primeiros 'Mr. Face' e 'Circles' que parecen sacados do "Melted", e no segundo 7'' con 'Drug Mugger' que parece unha demo do 'Tall man, Skinny Lady' e a acústica 'The Picture'. Isto quere decir que xa falta menos para o seguinte álbum...

TY SEGALL "Mr. Face EP"
(Famous Class, 2015)



miércoles, 14 de enero de 2015

23 xan: Black Grooves


descarga Marinocha Vs Jomitallas

E aquí tedes unha pequena parte da primeira sesión do ano que estaba pendente dende a semana anterior: Marinocha Vs Jomitallas, todo un clasicazo dende a nosa cabina para arrancar cada ano!!

Marinocha Vs. Jomitallas "A primeira sesión do 2015"
(sesión Rif-Rock 3 xaneiro 2015)


martes, 13 de enero de 2015

descarga SINGLES2014 [Kurco Vs Munstaphà]

Aquí tedes a nosa selección do 2014 saída da sesión do sábado, toda unha noite pelexando coas nosas listas, e todo mesturado conxuntamente por Kurco e Munstaphá. E xa vos avisamos que este ano non hai especial GZ Canibal.
Así que aquí tedes dous volumes con 46 temas en total. A ver se vos gustan...

KURCO VS. MUNSTAPHA "Singles2014"
[sesión Rif-Rock 10 xaneiro 2015]
faite con Singles2014: Volumen#1 e Volumen#2.


viernes, 9 de enero de 2015

este sábado SINGLES2014


The Even Flow Experience, mellor momento Rif-Rock 2014

Despois dunha semana de escasas votacións, pero case por unanimidade podemos proclamar o retorno dos The Even Flow Experience como o mellor momento do 2014 no Rif-Rock.

The Even Flow Experience volvían cinco anos despois, e foi sen dúbida foi un dos titulares do 2014 no Rif-Rock. E ademáis os tivemos por partida dobre.
A primeira entrega o 27 de setembro [ver concerto], cando recuperaron moito do seu repertorio de anos atrás. 
A segunda foi o 22 de novembro [ver concerto], xa cun repertorio bastante renovado. Dous concertos para o recordo que nos levaron varios atrás, coma se o tempo non tivera pasado. No 2015 volverán.
Premio máis que merecido...


jueves, 8 de enero de 2015

5 discos do GZ Canibal 2014






Aquí están os nosos 5 favoritos do GZ Canibal do 2014:

5
TERBUTALINA
"A Muerte"
(Terbutalina, 2014)

E con esta xa van seis entregas dos Terbutalina.
"A Muerte" é outra colección de trallazos sen un segundo de concesión, con 10 temas en 15 minutos nos que non deixan títere con cabeza, nin a eles mesmos, sempre cumprindo co de hostias para todos. Compostela un auténtico himno deste ano (que bonita está...). 



4
PUMA PUMKU
"Is It in You?"
(Matapadre, 2014)

A finais de ano estreouse o lp de debut dos compostelanos Puma Pumku. "Is it in you?" ven sendo a continuidade perfecta do seu ep do ano pasado, do que inclúen tres dos seus catro temas neste Lp (deixan fora 'Outer Space is in us all'). Só con que lle metades unha escoita ó seis minutos de 'Twilight on the Mind' xa queredes facervos con el. 



3
NOVEDADES CARMINHA
"Juventud Infinita"
(Ernie, 2014)

Fíxose esperar varios meses pero en marzo ó fin chegou o novo álbum dos Novedades Carminha. Divertidos coma sempre e con moitos cambios no seu sonido, pero que con varias escoitas caes na conta de que no importante seguen soando coma sempre. Finalmente "Juventud Infinita" colouse entre os nosos favoritos do ano.



2
GUERRERA 
"Mauna Loa"
(Matapadre, 2014)

Segundo traballo de Guerrera despois da descarga do interesante "Under a Gypsy Sun" do ano pasado. Este ano presentáronnos "Mauna Loa", aínda máis centrado e con só dous temas de 18 minutos cada un, cara A e cara B. Son 'Montaña y Fuego' e 'Magma y Trueno'. Blues, stoner e psycodelia. Pura liserxia volcánica!!



1
THE LIMBOOS 
"Space Mambo"
(Penniman Records, 2014)

Un dos álbumes que máis agardábamos no ano pasado e superou con creces as nosas espectativas. Se pensabades que The Limboos eran un divertimento pasaxeiro, co lanzamento de "Space Mambo" xa teredes que tomalos moi en serio. Son 12 temas do seu rhythm'n'blues exótico, con aires a New Orleans pero sen deixar atrás guitarras crúas e algún momento máis garaxeiro.  Puro ritmo e factura impecable. Imposible deixar de bailar!!.