martes, 14 de abril de 2015

curtametraxe "A Maldición de F"

Novo proxecto de Artefacto Salnés: a curtametraxe "A Maldición de F" dos alumnos de primaria e secundaria de Cambados, realizado mediante a técnica do teatro de sombras, nunha adaptación do Frankenstein de Mary W Shelley. Todo dirixido por Fernando Arenaz e coa colaboración de Isi Vaamonde na banda sonora. 
Adicado a Teresa Plasencia.


lunes, 13 de abril de 2015

Un repaso de 'Où Sont Les Femmes?'

Coa sesión que subimos onte damos por rematado co material da programación especial de marzo Où Sont Les Femmes? na que convidamos a cinco das nosas mellores amigas para que se fixeran cargo da selección musical do Rif-Rock durante todo o mes. Podedes ir repasando todo o material, posters, fotos e as tres sesións que nos enviaron seguindo a etiqueta Où Sont Les Femmes?.
Se queredes ir directamente ás sesións:  aquí tedes a de ChisPum! (do día 14), a de Marinocha Über Alles (Sáb.21) e a Pau Pau a GoGó! (do Sáb.28).
Repetiremos seguro!!


sesión de Pau Pau a GoGó! (OSLF?)

Aquí tedes outra sesión máis das que estaban pendentes de subir da programación especial 'Où Sont Les Femmes?' do mes pasado
Está é da última entrega do día 28: Pau Pau a GoGó!! Metédelle volume!!

PAU PAU A GOGÓ "Où Sont Les Femmes?"
(sesión Rif-Rock 28marzo2015)
faite coa sesión de Pau Pau a GoGo aquí.



domingo, 12 de abril de 2015

DEAD WOOD!

Breo Gun, Mr.Bam Bam & Sheriff Lorre: auténtico espectáculo os DEAD WOOD, menuda banda residente que fichamos!! enorme debut, en xuño máis. Gracias a todos por vir, esperamos que vos gustaran tanto como a nós!. Gracias cracks!!


viernes, 10 de abril de 2015

este sábado DEAD WOOD en concerto!

Mañán sábado volve a música en directo ó Rif-Rock...
Os protagonistas serán DEAD WOOD, que nos escollen para estrearse en directo co seu show de dark folk, country & blues. 
DEAD WOOD é o novo proxecto do Sheriff Lorre (xa nin vos soltamos o seu cirrúculo) acompañado por Breo Gun, xuntos forman un novo dúo acústico e multi-instrumentista que viaxa polos vellos westerns de serie B, entre pantasmas de bandidos e buscadores de ouro. Pero ademáis nesta ocasión contarán cun terceiro compoñente: Mr. Bam Bam nas percusións. O mellor underground do Salnés!! 
Sábado 11 de abril dende as 23:45h., e coma sempre con entrada libre. 
Por suposto 100% recomendado. Non vo-lo perdades!!


Los Hijos Bastardos de Peter Lorre: 5 anos do seu 7''

En abril do 2010 saía un dos nosos discos preferidos, aos que lle temos máis cariño, e dos que máis veces bailamos, antes e despois. Nestas datas se cumpren cinco anos do lanzamento do 7'' de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre da man de Freeky Dicky Records, e no que tiven oportunidade de participar co deseño (errata incluída!). Catro temazos que marcaron unha época nas nosas vidas, e que sempre nos deixaron gañas de máis... pero iso xa é outra historia. 
Se algún despistado aínda quere facerse cunha das últimas copias, lembrade que quedan unhas poucas á venda no Rif-Rock. Este fin de semana tedes unha boa oportunidade, e ademáis de levalos asinados.




jueves, 9 de abril de 2015

Them "Angry Young Them!"

E outro repaso por álbumes que cumpren 50 anos. Esta semana o debut dos Them!. A banda de Irlanda do Norte liderada nos seus comezos por Van Morrison. Despois de varios singles de notable éxito entre finais do 1964 ("Don't Start Crying Now/One Two Brown Eyes") e comezos dos 65 ("Baby, Please Don't Go/Gloria") en abril de 1965 lanzaban o single máis relaxado de 'Here Comes the Night' con 'All for myself' na cara b que se colocou directamente no número 2 das listas británicas só por detras dos Beatles, como adianto inminente do seu debut en lp, este "Angry Young Them" que saiu en xuño. Case a metade dos temas estaban compostos por Van Morrison, e un puñado de covers. Ahí estaban 'Gloria', 'Little Girl' ou 'You Just can't Win', e tres versións por riba dos resto 'Don't Look Back' de John Lee Hocker, 'Route 66' de Bobby Troup, e a tremenda 'Bright Lights, Big City' de Jimmy Reed. Un debut espectacular.

THEM "Angry Young Them!"
(Decca, 1965)



Wire "Wire"

Antes de rematar a semana imos a recomendarvos un par de álbumes.
De primeiro o retorno dos míticos Wire, cun álbum homónimo que fai, se non nos fallan as contas, o 14º de estudio da súa carreira. Por suposto nada que ver con outras épocas lonxanas nas que con cada un dos seus lanzamentos cambiaban o rumbo da música, fora art punk, indie, industrial... esta nova entrega é sinxelamente pop, non busquedes transgresións nen inventos, so pop sen complicacións, pero de Newman e compañia sempre se aprende algo. 
A primeira parte do álbum está centrada nas melodías 'Shifting' ou 'In Manchester', e vai gañando intensidade a partir da ceremonial 'Sleep-Walking', cunha segunda parte moito máis enérxica coa rítmica habitual post-punk de hai anos en 'Joust & Jostle', 'Spit your ends' ou 'Octopus', e co final de 'Harpooned' no se desquitan coas guitarras en 8 minutos de tormenta. Sempre hai que telos enconta.

WIRE "Wire"
(Pink Flag Records, 2015)



Pintao de Rock, a final

O certame Pintao de Rock promovido polo IES Ramón Cabanillas para bandas de estudantes de secundaria da comarca chega ó seu fin. O premio: a gravación dun ep de 4 temas e actuar en directo durante as festas do Albariño. Este venres (10 de abril) no Salon José Peña dende as 20:30h decídese todo en público. Os finalistas do certame son: Cabina 402, Killing Floor, Sofá Ambulante e Cuarta Cejilla, ademáis remate de festa co directo de Booty Sweat (banda viguesa do cambadés Jorge Arenaz). 
+ info no blog do proxecto Pintao de Rock.

sesión de Marinocha (OSLF?)

Aínda temos máis material por compartir da programación especial do mes pasado de 'Où Sont Les Femmes?'. Aquí vai a sesión que nos deixou Marinocha o sábado 21.

MARINOCHA ÜBER ALLES "Sesión Où Sont Les Femmes?"
(sesión Rif-Rock 21-03-2015) 
faite coa sesión de Marinocha aquí.



miércoles, 8 de abril de 2015

sesión tRash Tra$h trAsH #12

Aquí tedes un pouco da sesión do pasado venres de Trash Trash Trash, basura mesturada de Munstaphá con material case todo bastante recente.

Psych.Munstaphà "tRash Tra$h trAsH #12"
(sesión Rif-Rock 3 abril2015)
faite con trash#12 aquí.


Kings of the Beach "Badass EP"

Ahí vai unha maqueta que nos está gustando bastante.
Kings of the Beach son unha banda moi xove de Vigo, e este é o seu primeiro EP "Badass" en plan demo que lanzaron en xaneiro. Catro temas de punk-rock urxente pero cheo revival garagero máis clásico en 'LSD1' e moito máis noventero en 'Wasted/Young' e 'Wild', e sobre todo 'Surfin' que aínda que por ahí lle atopan moito cos Libertines, a nós xa nos lembran máis ó primeiro pelotazo dos Orwells. 
Escoitádeos no seu bandcamp, e a seguilos con atención.

KINGS OF THE BEACH "Badass EP"
(demo, 2015)



martes, 7 de abril de 2015

Calle del Ruído 'Dime'

Botádelle un ollo a este videoclip que nos envían Calle del Ruído, dende Meis. Chámase 'Dime', xa ten un ano, pero aínda o coñecimos hoxe, metal comprometido contra a violencia de xénero. 
+ info no seu facebook.


"Lemmy, La Autobiografia"

Se pensamos nas figuras máis contundentes do rock do último medio século, de entre os que seguen en activo, sen dúbida un dos que todos citaríamos sería a Lemmy Kilmister de Motörhead. Un dos personaxes máis esaxerados da música, e que sobre todo, que estivo en todas partes e en tódo-los momentos. Dende aquel documental do 2010, xa tocaba unha boa biografía escrita, e para que ninguén se interpoña el mesmo se puxo máns á obra, asinado co seu nome real (Ian Kilmister) e coa axuda do xornalista Janiss Garza repasa toda a súa historia, dende as súas primeiras bandas ata a súa incorporación a Hawkind, como roadie de Hendrix, a formación de Motörhead e tóda-las colaboracións dende entón, sen pelos na lingua, falando de todo, do que se lembra e do que non. Auténtica historia vivinte.

Ian Kilmister & Janiss Garza: "Lemmy, La Autobiografía"
(Es Pop Ediciones, 2015)


Así o presentan na web de Es POP:

«Si piensas que eres demasiado viejo para el rock ‘n’ roll, es que lo eres». Así habla Ian «Lemmy» Kilmister, legendario líder de Motörhead y uno de los rockeros más incombustibles del planeta. Si hay que dar por buena la opinión de los médicos, a estas alturas Lemmy debería de estar muerto. Cinco décadas dedicadas en cuerpo y alma a la música, ganándose a pulso la fama de ser el tipo más bebedor, espídico y salidorro que haya pisado jamás un escenario, han convertido su sangre en un mejunje capaz de matar a cualquier otro ser humano.
Su historia es la historia de la música rock desde sus inicios y hasta nuestros días. Lemmy abandonó su hogar en Gales para vivir en primera fila el estallido de la beatlemanía y tocar en conjuntos de merseybeat, soul y rhythm & blues, fue roadie de Jimi Hendrix y miembro de grupos tan singulares como The Rocking Vicars y Sam Gopal, antes de saltar a la fama como bajista de Hawkwind, el célebre conjunto de rock cósmico y espacial inspirado por Michael Moorcock, junto a los que interpretó himnos incontestables de la época como “Urban Guerrilla” y “Silver Machine”.
En 1975 fundó Motörhead, tan herederos de Chuck Berry como de MC5; decanos del heavy, primos bastardos del punk y precursores del speed metal. Las formaciones de Motörhead han sufrido numerosos cambios en sus más de treinta años de historia, pero Lemmy siempre ha permanecido firmemente al timón, tanto en sus épocas de mayor éxito como en los momentos más amargos.
Lemmy: la autobiografía ofrece un viaje hilarante, desenfrenado y siempre sorprendente en compañía del líder de la «banda más ruidosa del mundo». Su historia y sus opiniones, narradas en primera persona, sin prejuicios y sin pelos en la lengua. El propio Lemmy lo advierte: «Si te ofendes con poca cosa, ¿qué haces leyendo este libro?».

lunes, 6 de abril de 2015

Sáb.11: DEAD WOOD en directo!!

Este sábado volverá a música en directo ó Rif-Rock.
Os protagonistas serán DEAD WOOD, que nos escollen para estrearse en directo co seu show de dark folk, country & blues. 
DEAD WOOD é o novo proxecto do Sheriff Lorre (xa nin vos soltamos o seu cirrúculo) acompañado por Breo Gun, xuntos forman un novo dúo acústico e multi-instrumentista que viaxa polos vellos westerns de serie B, entre pantasmas de bandidos e buscadores de ouro. Pero ademáis nesta ocasión contarán cun terceiro compoñente: Mr. Bam Bam nas percusións. O mellor underground do Salnés!! 
Sábado 11 de abril dende as 23:45h., e coma sempre con entrada libre. 
Por suposto 100% recomendado. Non vo-lo perdades!!


sábado, 4 de abril de 2015

Mujeres "Aquellos Ojos EP"

Esto de que a xira de Mujeres nos caíra ben preto nesta semana de vacacións fixo que moitos nos repartíramos entre os seus bolos, e por suposto nos fixemos co seu EP de adianto do seu terceiro álbum "Marathon", o EP "Aquellos Ojos", con catro temas en castelán: 'Aquellos Ojos', 'Sueña', 'Eterno y Normal' e 'Aquella Luz', lamentos ye-yés e garage lo-fi repartidos en cada cara. Imprescindibles neste momento!!!

MUJERES "Aquellos Ojos EP"
(Canada Editorial, 2015)


Manoel de Oliveira

Manoel de Oliveira
(1908 - 2015)



jueves, 2 de abril de 2015

Curtis Knight and The Squires "You Can't Use My Name, The RSVP-PPX Sessions (feat. Jimi Hendrix)"

Este sí que é un dos álbumes que levabamos agardando moito tempo. 
Xa vos recomendamos máis veces álbumes de Curtis Knight, un dos grandes mentores de Hendrix dende que o incorporou á súa banda, The Squires, aínda que pouco a pouco a súa presencia foi convertindo en algo máis intermitente, xusto antes de dar o paso de mudarse ó swinging London para forma-la Jimi Hendrix Experience. 
Este "You Can't Use my Name" recolle as últimas sesións grabadas con Hendrix entre o 65 e comezos do 67, e o seu título ven dunha conversa, que está grabada e incluída neste álbum, no que Hendrix advirte ó productor Ed Chalpin que xa non pode emprega-los seu nome na edición dese material posto que xa había problemas legais entre ambos. De feito Chalpin vendeu todo ese material modificado a disqueiras menores que durante anos as publicaron como álbumes inéditos de Hendrix saturando as guitarras e con pésima calidade, cando en realidade eran temas de Curtis Knight (o primeiro deles xa en 1967, titulado "Get that Feeling" e lanzado como de Jimi Hendrix & Curtis Knight no que saía Hendrix na portada, nunha foto do festival de Monterrey dese ano xa coa súa nova banda, e nin rastro de Knight). Durante décadas todo esto estivo de pleito en pleito coa familia de Hendrix, ata que ó fin se fixeron cos dereitos. O material orixinal estaba moi dañado, pero ahí entra o mítico productor Eddie Kramer para recuperalo no posible. E aquí están estas sesións, 13 temas ademáis da advertencia de Hendrix: 'How do you feel', 'Gotta Have a New Dress', 'No Such Animal'... puro espectáculo con esa mestura de rhynthm'n'blues psychodelico, que adiantaba a bestialidade dos álbumes posteriores de Curtis Knight, e o son característico de Hendrix. Unha auténtica xoia!!

CURTIS KNIGHT & THE SQUIRES
"You Can't Use My Name, The RSVP-PPX Sessions (feat. Hendrix)"
(Legacy Recordings, 2015)



miércoles, 1 de abril de 2015

The Sonics "This is the Sonics"

Esto de que The Sonics publiquen novo álbum non nos gusta nada, pero aquí está, case 50 anos despois do seu último traballo coa formación orixinal. 
O legado dos Sonics xa foi bastante maltratada no seu momento cando Jerden Records exprimeu a marca sen os seus compoñentes, e agora, despois de varios anos de xira de reunión, volveron ó estudio para grabar novos temas e lanzar novo álbum. No 2011 xa publicaran o Ep titulado "8", totalmente innecesario, e que por sorte pasou bastante desapercibido, e o ano pasado lanzaron o split compartido cos Mudhoney no que aportaban o tema 'Bad Betty' que era o adianto deste próximo "This is The Sonics", aínda que a versión que inclúen agora xa é outra. En realidade todo o álbum sona como aquel tributo que montaron The New Strychnines no 2004, un supergrupo con membros de Mundhoney, Monkeywrench e os Young Fresh Fellows e que foron os principais promotores da reunión da banda orixinal. Agora neste "This is the Sonics" participan tres dos membros orixinais, Jerry Roslie, Larry Papyra e Rob Lind, xunto co xa habitual Freddie Dennis no baixo, e Dusty Watson na batería.
O resultado alomenos é bastante digno, e moi divertido, pero non podemos abstraernos da súa historia. A maioría dos temas son versións de standards de rhythm'n'blues coma o 'I don't need no doctor' de Ray Charles, o 'You can't judge a book by the cover' de Bo Diddley, o clásicazo da Motown 'Leaving Here' de Eddie Holland, as versións macarras do 'The Hard Way' dos Kinks e do 'Sugaree' de Marty Robbins, ou máis recentes coma o 'Be a Woman' dos Persian Rugs. Logo as orixinais xa teñen moita menos chispa: 'Bad Betty', 'Save the Planet', e a versión de si mesmos 'Livin' in Chaos'. 
Grabado en mono coa producción de Jim Diamond, o sonido nin me convence nin lle fai xustiza á súa lenda (semella máis inspirados nos New Strychnines que nos propios Sonics), pero é o que hai. Divertido un rato, pero seguro que nos olvidamos del bastante rápido. Eso sí, o mérito destes mitos vivintes non se pode negar, enerxía e gañas de sobra!!! Pero xa me diredes que vos parece...

THE SONICS "This is the Sonics"
(ReVox, 2015)