miércoles, 13 de mayo de 2015
martes, 12 de mayo de 2015
The Lovely Eggs "This is Our Nowhere"
O dúo The Lovely Eggs volven á carga con este "This is our nowhere". Xa vos recomendaramos o single de adianto hai uns meses, e agora chegan co cuarto lp da súa carreira, sen ningún tipo de ataduras, pop naïf con letras absurdas, e continuos cambios de escándalo. Aínda que os seus 10 temas son máis homoxéneos que en entregas anteriores seguen a manter ese puntazo que non sabes por donde vai sair cada tema, dende a brasa inicial de 'Ordinary People Unite', ás melodías de 'Goofin' Around', e a fantástica 'Magic Onion'. Cos anos perden ese toque de sorpresa con cada disco, pero seguen a ser do máis divertido dos últimos anos. Auténtico DIY sen complexos.
THE LOVELY EGGS "This is Our Nowhere"
(Norman Records, 2015)
Jacco Gardner "Hypnophobia"
Nas últimas semanas o sr Calambres estivo a enviarnos moitas novidades discografícas. Xa vo-las iremos recomendando pouco a pouco, pero unha das que non deixamos de escoitar nestes días é o novo traballo do holandése Jacco Gardner. "Hypnophobia" é o seu segundo álbum, coa mirada sempre posta en The Byrds, Left Banke, Syd Barrett ou Soft Machine, sempre entre o folk e a psychodelia dos 60s. Unha continuidade perfecta do anterior "Cabinet of Curiosities", limpo, luminoso e brillante, no que unha vez máis Gardner se encarga de tódo-los instrumentos (creo que todo menos a percusión) ademáis da producción, e os deseños de Julian House, estupendos.
JACCO GARDNER "Hypnophobia"
(Polyvinyl / Full Time Hobby, 2015)
lunes, 11 de mayo de 2015
Artefacto Salnés 2015
O venres inaugurouse no Pazo de Torrado unha nova entrega da exposición Arfacto Salnés, do IES Ramón Cabanillas, que coma sempre amosa pezas de artistas da comarca coas de alumnos do instituto.
Sempre recomendable. Tedes ata xuño para visitala.
Sempre recomendable. Tedes ata xuño para visitala.
este sábado NORTHERN LIGHTS + GZ Canibal
Este sábado volve a música en directo ó Rif-Rock.
Os protagonistas serán NORTHERN LIGHTS, que despois de debutar en directo nos concertos do noso 15º Aniversario, escollennos unha vez máis para amosar ao público os seus novos temas.
E como esa noite comeza o Día das Letras, despois do concerto, sesión GZ Canibal a cargo de Marinocha & Munstaphà dende a cabina.
Un plan ben completo. Non vo-lo perdades!!
viernes, 8 de mayo de 2015
jueves, 7 de mayo de 2015
descarga Monkey Session!
Xa había moito tempo que non vos deixabamos arquivo dunha Monkey Sessión.
Pois aquí tedes a do xoves da semana pasada. Kill All Monkeys!!
Pois aquí tedes a do xoves da semana pasada. Kill All Monkeys!!
Psych.M "Monkey Session"
(sesión Rif-Rock 30 abr.2015)
faite coa MonkeySess aquí.
Sonic Youth "NYC Ghosts & Flowers"
O mes pasado vos recomendamos (como se fixera algunha falta) o "Bad Moon Rising" dos Sonic Youth polo seu 30 anviersario, e a próxima semana se cumplirán tamén 15 anos do lanzamento do "NYC Ghosts & Flowers", a miúdo considerado como un álbum menor na súa discografía, e non teño moi claro que sexa deses traballos que gañan co paso dos anos, pero eu téñolle un cariño especial porque foi o álbum que presentaban cando os vin en directo por primeira vez, naquel SantiRock espectacular do ano 2000.
Pero ademáis tamén garda relación con aquel "Bad Moon Rising" do 85, xa que 15 anos despois recuperaban a preparación das guitarras na gravación, e pedaleras de efectos rectificadas, sobre todo na despedida de 'Lightnin' que meten un manillar de bicicleta entre o mástil e as cordas.
Co de cumprirse 15 anos dos seu lanzamento, e con iso de non ter material novo da banda, tampouco ven nada mal meterlle un repaso.
SONIC YOUTH "NYC Ghosts & Floowers"
(Geffen Records, 2000)
miércoles, 6 de mayo de 2015
N.H.U. reeditados
Este mes reeditouse en vinilo un dos discos máis míticos do rock galego.
O único álbum que publicaron os coruñeses N.H.U. en 1978. Unha banda de rock sinfónico e progresivo, que cantaba en galego aínda que os seus temas eran, por suposto, básicamente instrumentais. Eran seis pezas organizadas como unha sinfonía: os dez minutos da enorme 'Na terra do Verde Chan', 'A Titiritada', 'Friki & Alexo', 'Doente', a máis experimental de todas 'Hay un Tren' e 'A trancas e Barrancas'. Pura psychodelia con influencia do rock céltico, e sempre atoparedes citados a The Mahavisnu Orchestra, King Crimson e Frank Zappa entre as súas principais influencias. Xa foi reeditado en cd no ano 2000 por RCA, e agora da man de Polyrock recuperado en vinilo de 180gr cos deseños orixinais de Ventura Cores.
Apurade que a tirada é limitada.
N.H.U. "N.H.U."
(Abrente-Novola-Zafiro, 1978 / Polyrock, 2015)
martes, 5 de mayo de 2015
10 anos do Despregable!!
Neste 2015 se cumpren 10 anos dunha das cousas máis bonitas que fixemos na vida. Hai dez anos que a Embaixada Prusiana comezou a publicar o fanzine Despregable. Xa se nos pasaba a data, pero para recuperar estas cousas sempre se chega a tempo! Co empeño de Cris Juan e Mon, e ducias de colaboradores que nos axudaron durante case seis anos a sacalo adiante, publicamos 24 números, dende aquela folla Despregable orixinal ata o fanzine de máis de 50 páxinas que saia cada poucos meses, ademáis de uns cantos especiais, cos seus cds, dvds con curtas e cunha morea de actividades culturais que acompañaron a cada número.
Agora, coa distancia do tempo dende o último número, só podemos botar un sorriso por tódo-los amigos que fixemos, por toda a xente que puxemos en contacto, e sobre todo ó ver todo o material que deixamos ahí feito... A ver quen o supera!!
Noraboa a tódo-los Prusianos!!
lunes, 4 de mayo de 2015
programación Maio2015
Aquí vai o que xa temos listo para este Maio 2015 no Rif-Rock:
· Sábado 9 maio: KURCO SoundSystem.
· Sábado 9 maio: KURCO SoundSystem.
· Venres 15 maio: 35 anos sen Ian Curtis.
[Sesión intermitente Joy Division]
· Sábado 16 maio: NORTHERN LIGHTS [en CONCERTO dende as 23:45].
+ sesión GZ Canibal [Marinocha&Munstaphá]
· Sábado 23 maio: CHIEF BROMDEN (Screamin'Funk!)
· Sábado 29 maio: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!.
domingo, 3 de mayo de 2015
Sáb.16: NORTHERN LIGHTS + GZ Canibal
O prato forte do mes será a cita coa música en directo no Rif-Rock.
Os protagonistas serán NORTHERN LIGHTS, que despois de debutar en directo nos concertos do noso 15º Aniversario, escollennos unha vez máis para amosar ao público os seus novos temas.
E como esa noite comeza o Día das Letras, despois do concerto, sesión GZ Canibal a cargo de Marinocha & Munstaphà dende a cabina.
Un plan ben completo. Non vo-lo perdades!!
sábado, 2 de mayo de 2015
viernes, 1 de mayo de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

%2BThis%2BIs%2BOur%2BNowhere%2Bfront.jpg)














