martes, 19 de abril de 2016

a nosa cabina por Jose Estévez

A cámara indiscreta de Jose Estévez sempre saca algo chulo cada vez que se pasa polo Rif-Rock. Esta da nosa cabina é da súa última visita a semana pasada.


PJ Harvey "The Hope Six Demolition Project"

O venres pasado publicouse o novo álbum de PJ Harvey, un dos que agardábamos con máis gañas nos últimos meses.
Leva por título "The Hope Six Demolition Project", e continúa directamente a estela do Let England Shake. Trátase novamente dun álbum moi comprometido socialmente, pero tamén continúa a súa estela no musical. 
No seu conxunto está inspirado en viaxes por Afganistán, Kosovo e tamén polos USA acompañando ó fotografo irlandés Seamus Murphy (habitual do Washington Post, e que xa se encargara da parte visual do "Let England Shake"), e as letras máis punzantes se adican a Washington DC, tras visitas nun dos seus distritos máis desfavorecidos.
Ademáis dos temas que xa se adiantaran, 'The Wheel' e recentemente 'The Community of Hope', o álbum continúa con ese pop intenso dos seus últimos traballos, moi folk, con toques de psychodelia e bases de jazz, no que os coros e as voces dobradas teñen un protagonismo especial.
Levo todo o fin de semana sen poder deixar de escoitar estes once temas dende a inicial 'The Community of Hope', 'The Ministry of Defence', 'Near the Memorials to Vietnam and Lincoln', e todo o set final da cara b con 'Medicinals', 'The Ministry of Social Affairs', 'The Wheel' e 'Dollar, Dollar'. Pero sobre todo é un álbum para escoitar de tirón unha e outra vez, e darlle voltas e máis voltas.
Recomendadísimo!!

PJ HARVEY "The Hope Six Demolition Project"
(Island Records, 2016)



The Rolling Stones "Aftermath"

O pasado venres cumpríanse 50 anos do lanzamento do "Aftermath" dos Rolling Stones, o cuarto de estudio da súa carreira, aínda que xa sabedes que ata o 67 se conta unha discografía paralela entre os lanzamentos para UK e os dos USA. 
"Aftermath" presentaba moitas novidades, é o primeiro grabado por enteiro nos USA, nos estudios RCA de Hollywood, e no que tódo-los temas están compostos por Jagger e Richards, sen que Brian Jones (en teoría) se metera nesas tarefas, aínda que Jones ten un protagonismo especial como multi-instrumentista no álbum, encargado de guitarras, harmónica, teclados, sitar, marimba e ata un dulcémele dos Apalaches.

Un álbum enorme cunha colección de temas para a historia: Mother's Little Helper, Stupid Girl, Lady Jane, Under My Thumb, Doncha Bother Me, Goin' Home, Flight 505, High and Dry, Out of Time, It's Not Easy, I Am Waiting, Take It or Leave It, Think e What to Do. 

"Aftermath" está considerado como o primeiro gran álbum da banda, ademáis de ser un super éxito comercial, desaparecían as versións dos seus heroes do blues, e presentaban por primeira vez un traballo 100% propio e no que se vai consolidando o seu son característico. Pouco máis adiante quedáronse só co són e desapareceron as cancións, pero eso xa é outra historia, aínda lles quedaban varios álbumes marabillosos por escribir... 50 anos de Aftermath , un dos meu favoritos!!

THE ROLLING STONES "Aftermath"
(Decca Records, 1966)



lunes, 18 de abril de 2016

Sáb.30: DEAD WOOD en directo!

E o seguinte sábado, remataremos abril por todo o alto:
Cinco meses despois volverán o noso trío favorito: DEAD WOOD!! recén saídos do estudio de gravación de preparar o seu primeiro traballo, e para anunciarnos unhas cantas novidades. O Sheriff Lorre (esta vez sí en directo!), Breo Gun e Mr. Bam Bam (alias Rufus el Guarro) co seu espectáculo habitual, encomendados de novo ó espiritu do chief comanche Tosh-a-wah, nunha noite que será moi especial.
O Sábado 30 de abril, dende as 23:45h. Non vo-los perdades!!


Sáb.23: PauPau a Go-Gó!

O próximo sábado (23 de abril) volverá PAU PAU A GO-GÓ! na nosa cabina.
A sesión do mes pasado no ciclo Où Sont les Femmes? a golpe de venres non lle chegou a nada, e xa se pideu un sábado completo para desquitarse... 
Non vo-lo perdades!!


domingo, 17 de abril de 2016

Sheriff Lorre!

Tremenda sesión onte do Sheriff Lorre!! gracias crack!!
E dentro de 15 días o teremos de novo en directo cos Dead Wood...


viernes, 15 de abril de 2016

programación Abril 2016

Este fin de semana arrancamos coa programación de abril, catro datas ben interesantes, e todo concentrado na segunda metade do mes:

_abril2016_
· Sábado 16: SHERIFF LORRE
· Sábado 23: PAU PAU A GO-GÓ!
· Venres 29: Fuck'U whiteys... Black Grooves!
· Sábado 30: DEAD WOOD en directo 23:45h.

Non vo-lo perdades!!


jueves, 14 de abril de 2016

The Fire Scape "Psychotic Reaction"

E un álbum máis antes da fin de semana...
Este "Psychotic Reaction" de The Fire Scape, é un deses álbumes míticos da garage californiano dos 60s que non debería faltar na vosa colección. Sen embargo The Fire Scape non foron unha banda real.
En realidade The Fire Scape foron un proxecto realizado en 1967 por Kim Fowley e Michael Lloyd (West Coast Pop Art Experimental Band e Smoke) como experimento comercial para o selo de San Francisco GNP Crescendo, xuntando a músicos de estudio para facer versións de éxitos recentes de garage psychodélico. Entre os músicos sábese que participaron Sky Saxon dos Seeds (que tamén participaba do selo GNP naquel momento) e Mars Bonfire dos Steppenwolf, pero non atoparedes nada disto nos créditos orixinais do álbum. Publicaron dous singles e este álbum tremendo "Psychotic Reaction", todo en 1967, con dez temas, todas versións do que Fowley e Lloyd creían que era o mellor do momento no xénero. Ahí están 'Psychotic Reaction' dos efímeros Cont Five, 'Talk Talk' dos Music Machine, 'Love Special Delivery' dos Midniters, a tremenda 'The Trip' do Kim Fowley, o 'Trip Maker' de The Seeds, Question Mark and the Mysterians... Un clasicazo!!

THE FIRE SCAPE "Psychotic Reaction"
(GNP Crescendo, 1967)



The Mindreaders "Ban the Mindreader!"

Hoxe imos cunha desas maravillas que da gusto atopar rebuscando vinilos. 
The Mindreader$! foi unha banda efímera do universo stuckista de Billy Childish. Estaban formados por Russell Wilkins e Sexton Ming nas guitarras e voces, e Rocking Richard na batería, entre os tres aparecen en The Masonics, The Milkshakes, Medway Poets, Galileo 7, e un longo etcétera, e con Sexton Ming a cargo da producción.
"Ban the Mindreader!" foi o seu único álbum´, con dez temas, tres temas propios 'Anna', 'Girl I Kill You' e 'The Savaloy Girl', e sete versións tremendas, dúas de Lou Reed "We're gonna have (a real cool time together)' e 'Fever in my Pocket', dúas tamén de Richard Hell 'Love Comes In Spurts' e 'Hurt Me', o 'Are You Experienced' de Hendrix, 'I don't Care' dos Ramones e 'She Cracked' de Jonathan Richman. E por suposto, todo cun son terrible de auténtica baixa fidelidade, sobre todo nos tres temas que inclúen en directo. Un auténtica xoia.

THE MINDREADER$ "Ban the Mindreader!"
(Empire Records, 1987)



miércoles, 13 de abril de 2016

The Heavy "Hurt and The Merciless"

Nos meses anteriores, estivémos recomendándovos os anteriores traballos dos británicos The Heavy, e aquí está o seu novo álbum: "Hurt & Merciless", recén saído a principios de mes. 
Son 12 temas coa mesma fórmula de sempre, funk, soul, rock e electrónica todo mesturado, aínda que ás veces se lles vai a man... en realidade van directamente a polos pelotazos dos temas, que vaia se funcionan. 'Since You Been Gone', 'What Happened to the Love?', e 'Turn Up' son os tres singles que xa lanzaron, e apuntade uns cantos máis coma 'Last Confession' ou 'Slave to your love', ou os da vertente máis soul coma 'Miss California' ou 'Goodbye Baby', pero estos xa para outro momento.

THE HEAVY "Hurt and The Merciless"
(Bad Son Recordings/Counter, 2016)



Miles Ahead Soundtrack + Everything's Beautiful

E ademáis do filme Miles Ahead que comentamos na entrada anterior, xa podemos desfrutar da banda sonora. Inclúe pezas de Miles Davis que van dende os anos 50s ata os primeiros 80s, catro composicións de Robert Glasper, o último ('Gone 2015') co rapeiro Pharoahe Monch, dúas pezas máis de Chick Corea e Herbie Hancock, e algúns diálogos do filme. 
Pero a auténtica sopresa chegará en maio, xusto polo 90 aniversario de Miles Davis, cando se publicará un álbum no que Robert Glasper reinterpreta once temas de Miles Davis, leva por título "Everything's Beautiful" e recupera outtakes e masters orixinais de Davis, coa súa trompeta e incluso coa súa propia voz, ademáis de contar coa colaboración de Stevie Wonder, e vocalistas coma Laura Mvula ou Erykah Badu... pero para eso teremos que agardar aínda un mes máis.


Miles Ahead

Poucas veces vos recomendamos cine actual, pero esta é unha desas ocasións obrigadas. A próxima semana estréase de xeito comercial o filme Miles Ahead, un biopic sobre a figura de Miles Davis, posiblemente a figura máis importante da historia da música de todo o século XX.
O proxecto é un empeño persoal de Don Cheadle, que coincide co que sería o 90 cumpreanos do jazzman que ademáis de ser co-productor e co-guionista do filme, é o director e actor protagonista, como Miles Davis, xunto con Ewan McGregor que interpreta ó xornalista Dave Brill.
Ademáis das pezas de Miles Davis, a música está arranxada e dirixida por Robert Glasper. Foi estreada de xeito oficial no New York Film Festival no pasado outubro, e agora chega ás salas comerciais. O asunto agora é saber canto temos que agardar para vela por aquí, pero seguro que non aguantaremos tanto.



martes, 12 de abril de 2016

Serie PUNK 45 de Soul Jazz Records

A semana pasada nos fixemos coa última entrega da serie PUNK 45 de Soul Jazz Records, adicado á cidade de Los Angeles. Leva por título "PUNK 45 : Chaos In The City Of Angels and Devils (Hollywood From X To Zero & Hardcore On The Beaches : Punk In Los Angeles 1977-81)", e ahí aparecen os X, The Weirdos, The Zeros, The Randoms, The Bags, The Adolescents, Deadbeats... e así ata 22 temas de bandas seminais e underground que durante moitos anos permaneceron ó marxe da industria. Moitos deles xa rescatados con anterioridade gracias a compilacións de selos orixinais coma Dangerhouse ou Slash Records. E coma sempre unha xoia de edición a cargo de SJR.
De paso caímos na conta que aínda non vos recomendáramos ningunha das anteriores entregas, así que aproveitamos a entrada para recomendarvos a colección PUNK 45 completa, que orixinalmente comezou coma libro que repasaba tóda-las portadas, deseños e estética do xénero. Logo continuou cos recopilatorios dos temas, polo momento con seis entregas dende o 2013 ata o mes pasado, as primeiras de forma xenérica sobre punk made in USA, británico e protopunk, e logo recopilando as escenas máis significativas xeográficamente, ata agora sobre as cidades de Akron, Cleveland e Los Angeles.  

Toda a info na web de SoulJazzRecords.


A colección polo momento conta con seis títulos:

· PUNK 45: Kill The Hippies! Kill Yourself! The American Nation Destroys Its Young: Underground Punk in the USA Vol.1.
· PUNK 45: There Is No Such Thing As Society - Get A Job, Get A Car, Get A Bed, Get Drunk! Underground Punk and Post-Punk in the UK 1977-81, Vol.2.
· PUNK 45: Sick On You! One Way Spit! After The Love And Before The Revolution Vol.3: Proto-Punk 1969-76.
· PUNK 45: Burn, Rubber City, Burn - Akron, Ohio: Punk And The Decline Of The Mid-West 1975-80.
· PUNK 45: Extermination Nights In The Sixth City - Cleveland, Ohio: Punk And The Decline Of The Mid-West 1975-80.
· PUNK 45: Chaos In The City Of Angels And Devils - Hollywood From X To Zero & Hardcore On The Beaches: Punk In Los Angeles 1977-81.

E ademáis o libro Punk 45: The Singles Cover Art of Punk 1976-80, un repaso en 400 páxinas polas portadas máis significativas do período, seleccionado por Jon Savage e Stuart Baker, un volume do 2013 que deu paso á colección de recopilatorios, e que xa está reeditado novamente.


concurso para esta semana...

Despois do fiasco do último concurso que montamos (a aplicación xa retirara o filtro de Bowie para o RifRocKerZ from Mars!), algúns levan reclamandonos outro dende hai varias semanas, así que aquí vai...

CONCURSO PARA ESTA SEMANA:
Na sesión do noso 16º Aniversario aparecen dous temas de bandas italianas, o primeiro que nos diga o título do álbum orixinal no que aparece calquera dos dous temas terá premio este sábado durante a sesión do Sheriff Lorre.
Respostas válidas nos comentarios desta entrada, ou no post da nosa páxina de facebook. Veña apurando...


lunes, 11 de abril de 2016

Record Store Day 2016

Este sábado celébrase o Record Store Day, o día das tendas de discos, un dos máis bonitos do ano!! 
Participan en Galicia dos actos oficiais as tendas Discos Fans e Discoprecio en Santiago; Discos Elepé e Honky Tonk en Vigo; e Peggy Records en Ourense.
Pero ademáis seguro que atoparedes moitas máis actividades e descontos noutras moitas tendas fora deste programa ofical. Nós xa estivemos aforrando para encargar algunha edición especial das que se lanzan para este día!!
Achegádevos á vosa tenda de discos habitual, e a mercar música!! 
E se é para regalar mellor aínda!!


Sáb.16: Sheriff Lorre!


sábado, 9 de abril de 2016

Mike Evans "Vinyl. The Art of making Records"

Esta semana lanzouse a edición en castelán do último libro de Mike Evans, xornalista e crítico musical, que nos últimos anos se adica ós aspectos formais das edicións. Nos últimos anos encargaouse de numerosos ensaios e publicacións sobre a estética e o deseño, non só na música, pero descaban as súas obras The Art of the Beatles e The Art of British Rock
"Vinilos. Historia ilustrada del disco" fai un repaso pola historia do formato, dende as orixes a finais do século XIX co fonoautógrafo de Martinville, e o fonógrafo de Edison e o gramófono definitivo de Berliner, e a evolución dos materiais: a pizarra, a laca e finalmente o vinilo, e as posibilidades dos microsurcos, os motivos dos tamaños, e o cambio de 7, 10 e 12'' segundo as necesidades que a música ía esixindo en cada momento. Tamén a a nivel comercial, coa crise do formato dende os anos 80s e a súa recuperación na última década. E por suposto, un intenso repaso polo deseño, cómo se foi envolvendo a música, as portadas e as cubertas que fixeron historia.
O orixinal é de finais do ano pasado, "Vinyl. The Art of making Records" que non é o mesmo que Historia ilustrada del disco, o titulo perde bastante sentido coa traducción, pero é o que hai. 
Un volume ben interesante. Editado por Lundwerg.

MIKE EVANS "Vinilos. Historia ilustrada del disco"
(Lunwerg, 2016)


viernes, 8 de abril de 2016

'Où Sont Les Femmes?' repásao todo!

Coa sesión que subimos esta mañá damos por rematado co material desta edición de Où Sont Les Femmes? na que participaron oito das nosas mellores amigas facéndose cargo da selección musical do Rif-Rock durante todo o mes de marzo. 
Podedes ir repasando todo o material, posters, fotos e as catro sesións que nos enviaron seguindo a etiqueta Où Sont Les Femmes?.
Se queredes ir directamente ás sesións, aquí tedes a de Pau Pau a GoGó! do venres 11, a de Marinocha Über Alles do sábado 12, a de Nani Gonzáles do sábado 19, e a de ChispumVsBimbaPOP do venres 25.
Todo un pracer organizar programácións coma esta! O próximo ano máis...