jueves, 26 de mayo de 2016

The James Brown Revue "Live at the Apollo Vol. IV"

As entregas en directo de James Brown no teatro Apollo de Harlem están entre os álbumes máis importas da historia da música. Entre  1963 e 1971 lanzou tres entregas, a primeira por suposto a máis importante polo efecto revolucionario, grabado en 1962. A segunda lanzouse en 1968 e a terceira no 1971. Pero houbo máis, e inexplicablemente nunca ante saíran á luz.
Quedaba pendente unha cuarta entrega, grabada en setembro de 1972, e tras moitas décadas gardadas no baúl de Polydor, este ano foi un dos grandes lanzamentos estrela polo Record Store Day: The Fabulous James Brown and His Revue: Live at The Apollo Volume IV recolle as grabacións de dúas noites de James Brown xunto cos seus JB's, con bastantes instrumentais, cede moito protagonismo a Lyn Collins e Bobby Byrd cos seus propios temas, e tamén a Fred Wesley e Danny Ray. Pura Dinamita!!!

THE JAMES BROWN REVUE "Live at The Apollo, Vol.IV (Sept.1972)"
(Get On Down/Polydor, 2016)




Gregory Porter "Take me to the Alley"

Uns cantos álbumes máis, pensando xa na sesión de Black Grooves de mañan.
De primeiro o novo traballo de Gregory Porter. Aínda que sexa jazz creo que sobran as presentacións. "Take me to the Alley" é o seu cuarto álbum de estudio con 12 temas que seguen a mesturar jazz e soul como ninguén nestes últimos anos. Esta entrega é un pouco máis pausada que o anterior "Liquid Spirt", pero seguirá a poñervos en pé coas tremendas 'Don't Lose your Steam', 'Fan in Flames' ou a final 'French African Queen'. Recomendadísimo!!

GREGORY PORTER "Take me to the Alley"
(Blue Note, 2016)



miércoles, 25 de mayo de 2016

VENTO MAREIRO. Música e Poesía de Cabanillas

Xa vos comentamos que a do sábado pasado foi, sen dúbida, a noite máis emocionante que fixemos nunca no Rif-Rock. 

Foi o noso especial polas Letras Galegas, unha noite de música e poesía a redor do Vento Mareiro de Ramón Cabanillas.

Kevi Aragunde presentounos os temas sobre os que leva moitos anos traballando, acompañado de Karlos Abal, e cunhas cantas colaboracións moi especiais: a de Suso Gómez coa súa lectura de 'Dous Raposos', e no descanso tomaron o relevo Xoán Silva e Blas, xunto con Anxo Xesteira, para facer os tres temas do seu repertorio sobre pezas de Cabanillas: A Fouce Esquecida, Terra e o himno de Acción Galega.

Tres xeracións de talento puro xuntas na mesma noite. E por suposto, un show que Kevi adicou a Luis Rei dende o comezo.


Este foi o repertorio de toda a noite:

‐ "¡Como sueño con vosotros…! (Inéditos 1910 ‐ ¿?)
‐ Mariñeira (Vento Mareiro 1921)
‐ A man segreda (Vento Mareiro 1915)
‐ "Pomba ferida # IV" (Vento Mareiro 1915)

Xoán Silva, Blas e Anxo Xesteira:
‐ A fouce esquecida (Vento Mareiro 1915)
‐ ¡ Terra ! (Vento Mareiro 1921)
‐ Acción Gallega . Hino (Vento Mareiro 1915)

‐ Dous raposos (Vento Mareiro 1915) con Suso Gómez
‐ Ás miñas costas, calada (Rimas, No desterro 1913)
‐ A un cacique (Vento Mareiro 1915)
‐ Lume no pazo (Vento Mareiro 1915)
‐ Meus irmáns (Vento Mareiro 1915)
‐ Fala unha laberca (Da Terra asoballada 1926)
‐ "¡Ay , taberna de Aniseto… ! “ (Inéditos 1910 ‐ ¿?)
‐ Camiño longo (L.E. Batallán / Kevi . Vento Mareiro 1915)

Gracias a todos por vir e participar!! 
Kevi, eres moi grande!!! e a Karlos polo traballo extra!!

Na seguinte lista de reproducción tedes os dous temas de Kevi que editou Karlos Abal, e as tres pezas de Xoán, Blas e Anxo. Para ver o resto teredes que agardar un pouco máis, que están preparando algo especial. 
Polo momento aquí tedes esta pequena parte. A desfrutar!!



Máis videos de VENTO MAREIRO

Aquí tedes dous vídeos que nos manda Karlos Abal do sábado pasado. Do noso especial polas Letras Galegas no que Kevi Aragunde nos presentou xunto con Karlos Abal, os seus temas sobre o VENTO MAREIRO de Ramón Cabanillas,  e algunha peza máis de outras obras.
Aquí tedes dous temas de dúas obras distintas: 'Dous Raposos', do Vento Mareiro de 1915, coa colaboración de Suso Gómez e a súa tremenda lectura do poema, e 'Ás miñas costas, caldada' (No Desterro, 1913).

Por suposto grabados e editados por Karlos Abal. 
Gracias de novo!!


Novo espisodio de CTKast

O pasado fin de semana, os de CTK lanzaron á rede unha nova entrega do seu CTKast conducido por Óscar e Carlos, xa cunha hora de duración, e moita música surf!.
Este novo eposido leva por título "Aquí non hai praia" e reflexionan sobre o estado do turismo na nosa vila, a necesidade, ou non, dunha praia en Cambados e outras potencialidades a explotar. Interveñen un propietario hoteleiro, unha representante de Guimatur e o concelleiro de enoturismo.
Ademáis na sección de Cambadeses no exterior entrevistan a Blas Charlin, adestrador en Angola.

Podedes seguilos coma sempre na súa web cambados.tk, ou directamente na súa conta de ivoox.


11xuño: LOST SONGS Bruno Barreiro e Isi Vaamonde

A próxima cita coa música en directo será o 11 de xuño. 
Os protagonistas, LOST SONGS, o novo proxecto formado por Bruno Barreiro e Isi Vaamonde, co que recuperan vellas cancións e descartes de outras épocas cun formato sinxelo, voces, teclados e guitarra. 
Ademáis a colaboración de Cobesa e Super Bock.
Sábado 11 de xuño, 23:45h.
Seguiremos informando...


martes, 24 de mayo de 2016

Slack Bird & Tim Holehouse "split"

O primeiro álbum que vos recomendamos esta semana é o último traballo publicado por Tim Holehouse, un split compartido co finés Slack Bird.
Como explican no insert, a idea nace uns días antes do Nadal do 2014, cando Slack Bird e Tim Holehouse coinciden de copas nun bar dun punto indeterminado en Finlandia... rapidamente deciden tocar xuntos, e tras unha boa chea de concertos deciden lanzar un split conxunto. A condición que un tema sexa propio e outra versión dunha banda de hardcore. 
Na cara A o turno de Slack Bird, co seu tema 'Jouni' e unha versión do 'Bikeage' dos Decendents. Na cara B, Tim Holehouse inclúe o seu tema 'Bold', e un cover do 'New Noise' dos Refused. Slack Bird grabando os seus temas en Luakaa e Holehouse en Rayleigh con John Hannon. O resultado este precioso split vermello transparente a 33 rpm, que non podo deixar de escoitar!!

SLACK BIRD & TIM HOLEHOUSE "split"
(Slack Bird & Tim Holehouse, 2015)




material de Tim Holehouse

Unha chea de material que nos deixou Tim Holehouse a semana pasada.


Gipsy Rufina no Encontro

Mañán mércores, no Encontro de Barrantes terán en directo a GIPSY RUFINA, un trobador italiano de western blues que contactamos a través do amigo Tim Holehouse hai un par de semanas. Unha oportunidade única de velo.
Mércores 25 maio, as 21:00h. Non vo-lo perdades!!
Recomendado por Ulomanía Coop.



Xoán Silva, Blas e Anxo Xesteira

A noite do sábado dou para moito. Unha das maiores sorpresas foi cando Kevi e Karlos tomaron un descanso para dar a paso a Xoán Silva, Blas e Anxo Xesteira, que nunca noite adicada a Cabanillas, non quixeron perder a ocasión de face-los seus clasicazos do poeta: A Fouce Esquecida, Terra e o himno de Acción Galega.
Todo un luxo. Fantástico! Moitísimas gracias ós tres!!


lunes, 23 de mayo de 2016

Xaco Domin aos mandos...

Outra das sorpresas do sábado: unha década despois, tivemos un par de horas de sesión de Xaco Domin dende a cabina.
A última vez que se encargou da cabina fora en decembro do 2006.
Un revival tremendo!! Gracias compañeiro!!


domingo, 22 de mayo de 2016

Kevi Aragunde e Karlos Abal

O de onte foi con toda seguridade a cousa máis bonita e emocionante que fixemos nunca no Rif-Rock. Sábado noite, e recital de poesía, cos grandes Kevi Aragunde e Karlos Abal. Ó fin vimos en directo os temas de Kevi sobre pezas do 'Vento Mareiro' de Cabanillas, tamén algún de 'No Desterro', e 'Da Terra Asoballada', que leva moitos anos dándolle forma e facéndoos medrar ata o que vimos onte, e por suposto con adicatoria moi especial a Luis Rei. 
Gracias Kevi por compartilos con nós, a Karlos Abal por apuntarse sempre a todo no Rif-Rock, e darlle ese pequeno empurrón que precisaba; a colaboración de Suso Gómez con esa lectura tremenda de Dous Raposos; e no descanso o auténtico luxo de ter a Juan Silva e Blas facendo os seus clasicazos de Cabanillas xunto con Anxo Xesteira. Tres xeracións de talento puro xuntas!! 
E despois da música en directo, a sesión sorpresa de Xaco Domin dende a cabina!! Noite máis completa imposible!!
Gracias a todos por vir e participar!! 
Kevi, eres moi grande!!!


viernes, 20 de mayo de 2016

Este sábado VENTO MAREIRO en directo

Este sábado teremos o noso especial das Letras Galegas. 
Será unha noite para repasar o VENTO MAREIRO de Ramón Cabanillas, un proxecto de poesía e música, no que KEVI ARAGUNDE leva moito tempo traballando con moito coidado e agarimo, e interpretará xunto con Karlos Abal por primeira vez en público, ademáis de algún convidado sorpresa máis.
Para o poster empregamos a ilustración que realizou Castelao para a segunda edición de Vento Mareiro de 1921.
Apuntade: Sábado 21 de maio, dende as 23:45h.
Non vo-lo perdades!!


o concerto completo de Tim Holehouse

Aquí tedes o concerto completo de TIM HOLEHOUSE do domingo 15 de maio no Continental, na presentación ó mundo de Ulomanía Coop.
Unha hora e media de show, na que Tim se meteu no peto a todo o público que abarrotaba o local. Unha noite espectacular. 
Xa o podedes repasar na canle de youtube de Ulomanía Coop.:



jueves, 19 de mayo de 2016

Jim Jarmusch "Gimme Danger. Story of The Stooges"

Este fin de semana estréase "Gimme Danger. Story of the Stooges", un documental dirixido por Jim Jarmusch. 
A ver cando o temos por aquí, pero vai a ser obrigatorio velo...



The Karovas Milkshake "In the Shade of Purple Sun"

Outro álbum que vos recomendamos hoxe.
Imos ata Rusia, máis alá dos Urales, en Ekaterinburgo atopamos a esta banda fantástica: The Karovas Milkshake. 
Despois de un par de referencias no 2013, un 7'' e un EP, o ano pasado publicaron o seu debut en LP: "The Shade of Purple Sun" son 12 temas que te levan ó freakbeat máis divertidos dos 60s, ás banda de pop psychodélico británicas, ó Swinging London, como 'Easy for you', a divertida 'Apple Pie', ou a descomunal 'Purple sun of Glastonbury', pero tamén ó primeiro Jacques Dutronc, con uns cantos temas en francés, como 'Cryptique' e 'Zombie Walk'; ou o power blues de 'Hangman'. 
Os coñecimos gracias a El Sótano de Radio 3, e por fin a semana pasada nos fixemos co seu álbum. Recomendadísimo!!

THE KAROVAS MILKSHAKE "In the Shade of Purple Sun"
(Soyuz Music, 2015)



Miles Davis & Robert Glasper "Everything's Beautiful"

O mes pasado xa vos comentamos algo deste álbum, cando vos recomendamos o filme sobre Miles Davis Miles Ahead. Ademáis da banda sonora, Robert Glasper, propúxose lanzar un novo álbum para conmemorar o 90 aniversario de Davis. 
Este "Everything's Beautiful", é a reinterpretación de 11 temas de Miles Davis, empregando algúns masters orixinais editados de xeito diferente, e algún descarte. E para elo conta ademáis coas colaboracións de Erykah Badu, Stevie Wonder, KING, Laura Mvula, Phonte, Illa J. ou Georgia Anne Muldrow.
Dispoñible dende a próxima semana.

MILS DAVIS & ROBERT GLASPER "Everything's Beautiful"
(Columbia/Legacy, 2016)




miércoles, 18 de mayo de 2016

camisetas Need Some Fari to Love!!

Esta apunta a mellor camiseta do ano!!
Por suposto, están esgotadísimas.


Trash#14

Case un ano depois recuperamos a nosa serie de Trash Trash Trash!! 
O venres pasado tentamos continua-la onde o deixamos, e aquí tedes algo máis de unha hora da nosa basura preferida ben mesturada.

Psych.Munstaphà "tRash Tra$h trAsH #14"
(sesión Rif-Rock 13 maio2016)
faite con trash#14 aquí.



Sun Ra + JazzRe:Freshed!!

Material ben frescco que nos chegou dende Londres a semana pasada. Todo tipo de jazz de momentos distintos, libro, vinilos, cds, flyers... así da gusto!!