domingo, 10 de julio de 2016

THE BOLTONS!!

Menudo fin de semana para pechar o noso 17º Aniversario!!
O show dos Boltons de onte tremendo!! Nin que levaran toda a vida tocando xuntos, jejejee... Rubén, David e Jesus moitísimas gracias por apuntarvos sempre a todo esto!! e a Carlos e Chan (por fin!!!) por encargarse da cabina durante todo o fin de semana. E por suposto, a todos por vir! Así da gusto seguir cumprindo anos!


viernes, 8 de julio de 2016

17 anos do RIF-ROCK: The Boltons + sesións

Continuamos coas celebracións do noso 17º Aniversario!!
Este fin de semana rematamos a programación especial con entrega dobre: 

Venres 8 de Xullo 2016:
Sesión de PTOOFF!!, un clásico da nosa cabina que se reinventa unha e outra vez. A noite completa para el só. Non vos perdades a estrea do seu novo álter-ego. 

Sábado 9 de Xullo 2016:
THE BOLTONS en directo dende as 23:45h.
Moitas voltas deron The Boltons ata chegar aquí. Moitos cambios en pouco tempo para terminar co formato máis directo posible: un power trio de blues, groove e psychodelia, unha jam que crece con convidados de luxo, e un repertorio que non decidirán ata que comece o show.
E despois do concerto, sesión de dj CHAN (aka A.C.M.E.), todo un referente das cabinas do país (sobre todo no Carpintería e no Tupperware), e que por fin se achega ó Rif-Rock cargado de discos, cos clásicos eternos da música alternativa e os hits máis recentes, para poñer o fin de festa perfecto ó noso aniversario.

Non vo-lo perdades!!


as chapas do 17º Aniversario!!

As chapas que como cada ano nos monta ATDP!!! 
Este ano con pouco colorín, e tiramos polo rollo corporativo total, que xa lle tocaba. Quedan moi poucas para este fin de semana, así que xa sabedes!!.


jueves, 7 de julio de 2016

Ebbot Lundberg & The Indigo Children "For The Ages To Come"

Por fin nos fixemos cun dos álbumes que levábamos máis tempo agardando, e cos que máis nos insistía o señor Michi Calambres!!.
O novo de Ebbot Lundberg o mítico vocalista dos Union Carbide Productions e dos Soundtrack of Our Lives, aínda que xa é o terceiro álbum en solitario dende a disolución dos TSOUL, ademáis de outro que publicou con demos e descartes. 
Desta vez está acompañado por The Indigo Children, e con este "For the Ages to Come" devólvenos a primeira época daqueles. Un álbum de rock psychodélico, lento e intenso, con moito coidado nas melodías e nas letras, e con esos in crecendo suaves e continuos que non sempre acaban de estoupar, pero cando o fan se convirten e temas realmente fantásticos, como en 'For the ages to come', pero tamén coa rítmica de 'Backdrop People' ou a potencia de 'Don't Blow your Mind'.
Recomendado!!

EBBOT LUNDBERG & THE INDIGO CHILDREN "For The Ages To Come"
(Akashik Records, 2016)




Nave Nodriza "Apesta"

Imos con algo do GZ Canibal que xa toca...
Dende A Coruña chegan os Nave Nodriza, con membros de Los Aspiradoras e dos SraSrSra. Despois de un par de 7'' nos últimos meses, un flexidisc e un split cos SraSrSra, debutan con este LP da man de Grabaciones de Impacto. 
"Apesta" son 13 temas de garage punkarra a toda hostia, que non chegan ós 25 minutos, crudos, salvaxes e divertidos, con melodías moito máis coidadas do que parece, e todo coa producción de Mike Mariconda. 'Teletubbies', 'Alf', 'Mátalo', a xa coñecida 'Bicicletas', 'La Modernidad' que xa presentaron en videoclip, ou 'Fui yo', dificil escoller a miña favorita. Aquí tedes un dos pelotazos do garage punk deste ano.
NAVE NODRIZA "Apesta"
(Grabaciones de Impacto, 2016)



Betty Davis "The Columbia Years 1968-69"


Nos últimos anos tivemos a sorte de que Light in the Attic reeditara tódo-los álbum de Betty Davis, a gran musa do funk, e de moito máis.
Reeditáronse os seus tres álbumes que publicou na primeira metade dos 70s: "Betty Davis" do 73, "They Say I'm different" do 74, e "Nasty Gal" do 75, ademáis de grabacións posteriores que non viran a luz, recopilatorios e demáis.
Pero Betty Davis publicou singles dende 1964, ademáis de participar como vocalista en moitos dos álbumes máis importantes da época. Pero foi especialmente productiva durante o seu fugaz matrimonio con Miles Davis.
Agora recupéranse algunhas das sesións grabadas nos Estudios 52nd Street propiedade de Columbia Records en maio do 69 en Manhattan, con temas compostos entre Betty e Miles Davis, e nos que interveñen figuras do tamaño de Wayne Shorter, Herbie Hancock, John McLaughlin e Mitch Mitchell, e coa producción do propio Miles Davis. 
Ademáis complétase con temas totalmente inéditos dunhas sesións previas en Los Angeles en 1968, acompañada nesta ocasión por Hugh Masekela e membros dos Crusaders. Unha pinta tremenda!!
Toda a info na web de Light in the Attic, e un adianto de tódo-lo temas.

O tracklist:
01 Hangin’ Out
02 Politician Man
03 Down Home Girl (Take 4)
04 Born on the Bayou
05 I’m Ready, Willing & Able (Take 1)
06 I’m Ready, Willing & Able (Take 9)
07 It’s My Life (Take 8)
08 Live, Love, Learn (Take 12)
09 My Soul Is Tired (Take 9)

BETTY DAVIS "The Columbia Years 1968-1969"
(Light in the Attic, 2016)




miércoles, 6 de julio de 2016

7 agosto: 8ª Festa do Bigote!!!

Aquí tedes o poster de outra festa de referencia no noso calendario.
Domingo 7 de agosto, Domingo do Albariño, despois da medianoite... 
RIF-ROCK & CTK convócanvos á enorme FESTA DO BIGOTE!!
Nesta 8ª edición oficial, o padriño será de novo PC Barbería!! Estaba claro que tiña repetir!. ¿¿Preparados?? Falta un mes.
Nas próximas semanas as bases e máis.


Sáb.23: Bimba Pop!

E o 23 de xullo volverá BIMBA POP! á nosa cabina.
Despois de estrearse en marzo con Chis Pum para pechar o ciclo OSLF, xa lle tocaba repetir, e coa noite enteira para ela soa!! Non vo-lo perdades!!


Sáb.16: The HAWK Sessions

E despois das celebracións do 17º Aniversario, retomamos a actividade habitual.
O Sábado 16 teremos un estreno na nosa cabina: THE HAWK SESSIONS
Un habitual dos concertos do Rif-Rock que deixa aparcada a guitarra e os pedais por un día, e tomará os mandos da nosa cabina durante toda a noite. 
Non vo-lo perdades!!


lunes, 4 de julio de 2016

a banda sorpresa do sábado...

Algúns chegaron tan tarde o sábado que se perderon á banda sorpresa da noite... 
Les RifRocKettes! Girl Power!!


domingo, 3 de julio de 2016

RUFUS & LOS GUARROS!

Así da gusto seguir cumprindo anos!.
Tremendo show de RUFUS & LOS GUARROS: Jorge, Martin, Miguel e Oscar (que case non se lle ve ahí detrás), gracias por ser tan grandes e apuntarvos sempre a todo!!
E por suposto, a todos por vir nunha noite tan estupenda!!
A próxima semana máis...


viernes, 1 de julio de 2016

17 anos do RIF-ROCK: Rufus & Los Guarros!

Mañán o RIF-ROCK cumpre 17 anos!!. Dezasete!!
E comezamos co programa especial que montamos para celebralo con todos.

Sábado 2 de Xullo 2016:
RUFUS Y LOS GUARROS en directo dende as 23:45h.
Rufus The Guarro é un vagabundo namorado da música de raíces. Nunhas das súas viaxes polo noroeste, tropezouse con dous mugrentos músicos ós que convidou a unirse á súa aventura. Así naceu o proxecto Rufus & Los Guarros, no que dan renda solta ó seu amor pola música tradicional norteamericana. Ás súas costas, membros de Los Wavy Gravies, Dead Wood, The Allnight Workers, Los Hijos Bastardos de Peter Lorre e un longo etc...
Non vos perdades a súa estrea no día do noso aniversario!!
E despois do concerto, o SHERIFF LORRE tomará os mandos dende a cabina para outra espectacular sesión entre o seu r'n'b troglodita e o revival máis elegante.

E a próxima semana máis, co directo de THE BOLTONS e as sesións de Ptooff! e dj Chan (aka ACME), consulta o programa completo aquí
Non vo-lo perdades!!