Engadimos máis datas para arrancar a nova tempada.
Este sábado volve o CHIEF BROMDEN á cabina!! Be Water!!
lunes, 22 de agosto de 2016
viernes, 19 de agosto de 2016
2 set: Black Grooves!!
E a seguinte semana volvemos coa serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves, aínda que non sexa fin de mes, xa temos ganas doutra entrega de música negra.
Ven.26: Marinocha Über Alles
A próxima comezamos nova tempada e retomamos a nosa programación.
Para comezar un clasicazo da nosa cabina: Marinocha Über Alles!!
jueves, 18 de agosto de 2016
The Mystery Lights "The Mystery Lights"
E máis álbumes antes da fin de semana.
Hai pouco máis de un mes que os The Mystery Lights lanzaron o seu álbum de debut, e xa se convertiron nunha das sensacións da tempada. Son un quinteto de New York, e lanzan este álbum a través de Wick Records, subselo de Daptone. A súa única referencia anterior é un 7'' de finais do ano pasado con 'Too Many Girls' e 'Too tought to Bear', que se inclúen agora no álbum, e sirven á perfección de referencia. Garage psychodélico, moi melódico, moi lo-fi, e moi cheo de matices por todas partes. Desta vez con 'Follow me Home' como single de presentación, atacan por case tódo-los paus, con 'Without Me', 'Melt' ou '21 and Counting' ata pechar coa fantástica 'What Happens When You Turn The Devil Down'. Recomendadísimo!!
THE MYSTERY LIGHTS "The Mystery Lights"
(Wick Records / Daptone, 2016)
miércoles, 17 de agosto de 2016
Jimi Hendrix, Band of Gypsys "Machine Gun"
Máis material de Hendrix que sae á luz.
Band of Gypsys foi o power trio montado por Hendrix a finais de 1969 tra-la disolución da Hendrix Experience. No baixo Billy Cox, e na batería o xigante Buddy Miles.
O seu mítíco álbum en directo publicado en 1970 recolle unha selección dos seus concertos nos festexos de fin de ano do Fillmore East de New York entre o 31 de decembro do 69 e o 1 de xaneiro do 70, con dous pases por día.
No álbum definitivo somente se incluíron temas dos pases do segundo día, e aínda que en sucesivas compilacións de material inédito de Hendrix se incluíron algúns temas do primeiro día, aqueles concertos permanecían inéditos.
O próximo mes publicarase "Machine Gun: Jimi Hendrix The Fillmore East first show 12/31/1969", que recolle por enteiro o primeiro dos pases do 31 de decembro.
Aquí tedes o tracklist:
1 Power of Soul
2 Lover Man
3 Hear My Train A Comin'
4 Changes
5 Izabella
6 Machine Gun
7 Stop
8 Ezy Ryder
9 Bleeding Heart
10 Earth Blues
11 Burning Desire
Jimi Hendrix with Band Of Gypsys
"Machine Gun: Jimi Hendrix The Fillmore East first show 12/31/1969"
(Legacy Recordings, 2016)
martes, 16 de agosto de 2016
viernes, 12 de agosto de 2016
The Monarchs "Make yer own Fun"
E imos cunha das xoias da nosa colección: o único álbum dos australianos The Monarchs!!. Foron unha banda efímera, outro dos moitos proxectos paralelos surxidos ao redor dos Hoodoo Gurus, seguramente o máis destacado xunto cos Persian Rugs. Neste caso, The Monarchs, estaban reunidos entorno a Brad Shepherd, xunto co seu irmán Murray (dos Screaming Tribesmen) ademáis de Andy Kelly e Greg Hitchcock (membros dos You Am I, New Christs ou The Kryptonics entre outros). Somentes lanzaron un single no ano 2000, o 7 pulgadas "2001" (do que só hai dúas edicións, a orixinal australiana, e a lanzada polos barceloneses Penniman Records), e este único álbum no ano 2001.
"Make Yer Own Fun" son 13 temas sen pausa, garage, hard rock, power pop e algun toque beat. '2001', '69 Monaro', 'Loud', 'Give it Up for the Band'... un temazo detrás de outro para un dos mellores álbumes do seu xénero. Un imprescindible!!
THE MONARCHS "Make Yer Own Fun"
(Shock Records / Sony / ATV Music, 2001)
jueves, 11 de agosto de 2016
Thee Oh Sees "A Weird Exits"
Antes da fin de semana un par de álbumes...
Un dos álbumes que máis agardábamos nestes meses era o novo traballo dos Thee Oh Sees, primeiro chegou o aperitivo do "Live in San Francisco", e agora aquí está "A Weird Exits". Este novo álbum son oito novos temas do seu peculiar psych rock. Dende o arranque con 'Dead Man's Gun', 'Ticklish Warrior' ou 'Plastic Plant', cada vez máis centrado nesa rítmica explosiva marca da casa, e cada vez menos interesado nas melodías garage-psych de antes, e pouco a pouco metendo elementos do proxecto persoal de John Dwyer, Damaged Bug, nas pistas de TOS (incluído o detalle viscoso da portada), reducindo revolucións e integrando novos elementos.
O resultado, un álbum bipolar total, con momentos brillantes, e outros ós que teremos que darlle máis tempo para ver como encaixan.
Sae á venta mañán mesmo, pero xa o podedes escoitar a través das plataformas habituais de Castle Face Records.
E o próximo mes, estarán en directo en Santiago no WOS Inc.!!
THEE OH SEES "A Weird Exits"
(Castle Face Records, 2016)
miércoles, 10 de agosto de 2016
THE SILK TONES o concerto
E despois desta semana de festas imos recuperando o ritmo tamén no blog, así que imos con máis material que tiñamos pendente de compartir.
O último vernes de xullo tivemos a estrea de THE SILK TONES, que unha semana despois tocarían en Fefiñáns o venres do Albariño antes dos Inmaculate Fools.
The Silk Tones son Rubén Iglesias, David Falcón, Miguel Moldes, Jesús Caramés e Deva Sanmartín. No seu concerto ofrecéronnos 15 covers cos que se meteron a todo o público no peto dende o primeiro momento, como ensaio xeral do que sería a súa actuación da semana seguinte.
Moitas gracias ós cinco, unha noite estupenda!
E moita sorte con todo o que veña...
Xa tedes os concertos subidos na nosa canle de youtube e nas entradas anteriores (pt1 - pt2 - pt3) ou todo seguido en lista de reproducción:
martes, 9 de agosto de 2016
8ª Festa do Bigote! o resumo...
Aquí vai o resumo da 8ª FESTA DO BIGOTE!!
Festaza espectacular coma sempre, risas aseguradas!! Moitas gracias a todos por participar un ano máis, sabendo que o domingo do Albariño sempre se fai moi longo, despois de toda a semana de carallada, e aínda máis co día abafante que tivemos, tamén pola noite.
Coma tódo-los anos insistimos nos poucos aspirantes serios a mellor bigote, pero desta vez, podemos asegurar que as tres categorías tiveron un nivel estupendo!! co enorme postizo feito a man de Olalla, o disfraz insuperable de Domin, e o enorme mostacho ganador de Juan.
Os premiados de onte na 8ª FESTA DO BIGOTE!!
- Bigote Postizo: OLALLA NOVAS
- Mellor Disfraz: ALBERTO DOMINGUEZ
- Mellor Bigote: JUAN ARTILES
Noraboa de novo ós premiados!! aplausos!!
Tódo-los nosos agradecementos a Edu Charlín de PC BARBERÍA, o mellor padriño posible desta festa, pola súa implicación, e polos seus espectaculares lotes de productos. A Jacobo Aragunde Soutullo por facer de novo de mestre de cerimonias, e a Marina Martínez por poñer un pouco de orden en todo esto... por suposto e a todos por vir a rematar a semana de Albariño con tanto humor e tantas gañas de seguir pansándoo ben!!
Atoparedes un amplo álbum no noso facebook, e seguro que iremos engadindo máis fotos nos próximos días.
Por último, aquí tedes o video coa entrega de premios completa.
O próximo ano máis, e lembrade... xa falta menos para a 9ª edición...
O próximo ano máis, e lembrade... xa falta menos para a 9ª edición...
lunes, 8 de agosto de 2016
8ª Festa do Bigote: os premiados!
Os premiados de onte na 8ª FESTA DO BIGOTE!!
- Bigote Postizo: Olalla Novas Padin.
- Mellor Disfraz: Alberto Dominguez Pedreira.
- Mellor Bigote: Juan Miguel Artiles Gil.
Noraboa ós premiados!! E aplausos de novo!!
E moitas gracias a Edu de PC Barbería, o mellor padriño posible desta festa e os seus espectaculares lotes de productos, a Jacobo Aragunde Soutullo por facer de novo de mestre de cerimonias, e a Marina Martínez por poñer un pouco de orden en todo esto... e por suposto, a todos por vir!!
Nos próximos días xa iremos subindo moito máis material, as fotos, a entrega de premios e demáis...
jueves, 4 de agosto de 2016
8ª FESTA DO BIGOTE!!
Domingo 7 de agosto, Domingo do Albariño, despois da medianoite...
O RIF-ROCK & CTK convócanvos á enorme FESTA DO BIGOTE!!.
Nesta 8ª edición oficial, o padriño será de novo PC Barbería!!
Consultade as bases do concurso aquí.
Non faltedes!!
O RIF-ROCK & CTK convócanvos á enorme FESTA DO BIGOTE!!.
Nesta 8ª edición oficial, o padriño será de novo PC Barbería!!
Consultade as bases do concurso aquí.
Non faltedes!!
miércoles, 3 de agosto de 2016
PC BARBERÍA, o padriño da 8ª Festa do Bigote
Este ano non tivemos que escoller padriño para a Festa do Bigote, nesta 8ª edición, directamente repetimos con Edu de PC Barbería. Estaba claro non??
Podedes seguilo no seu facebook, pero será moito mellor que vos pasedes por ali en persoa, na Praza de Compostela, de Cambados.
Podedes seguilo no seu facebook, pero será moito mellor que vos pasedes por ali en persoa, na Praza de Compostela, de Cambados.
martes, 2 de agosto de 2016
Esta noite comezamos co Albariño 2016...
Nós xa arrancamos esta noite o Albariño 2016!!
Como cada ano, comezamos un día antes, xa nos arrepentiremos cando chegue o fin de semana, pero as tradicións son as tradicións...
Coma sempre, teremos corte de cinta oficioso, e seguramente sesión sorpresa.
Unha noite para @s máis valentes! Non faltedes!!
Como cada ano, comezamos un día antes, xa nos arrepentiremos cando chegue o fin de semana, pero as tradicións son as tradicións...
Coma sempre, teremos corte de cinta oficioso, e seguramente sesión sorpresa.
Unha noite para @s máis valentes! Non faltedes!!
lunes, 1 de agosto de 2016
The Silk Tones 'Riptide'
Aquí tedes un momento do show que nos ofreceron The Silk Tones o venres pasado. O tema 'Riptide', para o resto teredes que agardar uns cantos días...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















