miércoles, 21 de diciembre de 2016

Enoturismo Rías Baixas na Sesión Vermú

Presentámovos aos colaboradores na Sesión Vermú deste sábado:
O máis importante de todos, o proxecto Enoturismo Rías Baixas
Os que máis están a traballar nestes días previos...
Moi pronto o atoparedes na rede.

Little Juice no 2015

Este fin de semana comezan as datas interesantes do Nadal Soul 2016.
No Rif-Rock teremos aos LITTLE JUICE, que volven en directo logo dun parón obrigado. A súa anterior visita foi en xullo do 2015, durante a programación especial polo noso 16º Aniversario. Escollían o noso local para debutar en directo... e vaia se triunfaron! Pezas de blues e soul, de antes e de agora, pero sobre todo encantaronnos os seus temas propios (daquela presentáronnos 'Fear the World', 'Orc Blues', 'Trust' e 'Trapped Soul'). Agora volven con moito máis material e moito máis rodados co seu freak soul.

Será este Venres 23 de decembro dende as 23:45h.
Non vo-lo perdades!!

Mentres podedes repasa-lo seu concerto do ano pasado.


martes, 20 de diciembre de 2016

programación decembro2016 (2ª parte)

ACTUALIZAMOS A PROGRAMACIÓN. 
Aquí tedes todo o que aínda queda neste mes no Rif-Rock para a recta final do ano, concertos, sesión vermú, sesións, fotomatón... Non se pode pedir máis!

· Venres 23 dec: 
LITTLE JUICE en directo 23:50h.
+ sesión do Professeur B.B. 
(#NadalSoul)

· Sábado 24 dec: 
DEAD WOOD en directo 12:30h. Sesión Vermú.
presentando o seu novo single "Spirit Away" (Ulomanía Coop.)

· Venres 30 dec: 
Michi Calambres
*ao remate do concerto no Continental
(#NadalSoul)

· Sábado 31 dec: 
Festaza de FIN DE ANO: 
JALEO & CUATRO FOTOS!!
*(apertura 00:30h. Sesión e fotos dende 02:30h.)

Dúas semanas ben completas.
Non vo-lo perdades!!


Dead Wood "Spirit Away b/w CBA Blues"

Aquí tedes a primeira referencia de Ulomanía Coop.!

*reproducimos comunicado oficial:
Aquí tedes a primeira referencia de Ulomanía Coop.!
O 7'' de debut dos Dead Wood "Spirit Away b/w C.B.A. Blues". 
Nunha edición limitada de 250 copias.
Gravado nos estudios KSF da Illa de Arousa coa produción de Victor Karallada, e ilustración e deseños de Rubén Suárez. Fantástico por dentro e por fora!!
A saída oficial será en xaneiro do 2017, pero nestas semanas de festas non podíamos deixar a oportunidade de presentalo como se merece, e que moitos de vós xa o poñades a xirar nas vosas casas!! Atentos as datas nos próximos días...


E por suposto, os AGRADECEMENTOS:
En primeiro lugar a toda a familia Dead Wood / Los Wavy Gravies por confiar en Ulomanía Coop. para lanzar o seu debut e deixalo todo nas nosas máns; a Victor Karallada polo duro traballo cos temas e poñer orde en todo aquelo; a Rubén Suárez Sousa por ese currazo de portada e a súa paciencia infinita; a Paco Charlín e a Free Code por darnos o pulo definitivo; á Imprenta Fidalgo polo seu acabado perfecto; a Javi Rivas polo traballo exterior, a Juan Moldes polos consellos no inicio... e a tódo-los que colaboraron nestes meses en cada paso desta historia, opinando, apoiando, levando e traendo materiais, ata o empaquetado final... Antia, Michí, Javi, H. (o dono da 'U').. Gracias a todos. Agora, que xire!!! 
U.Coop.

Sáb.24: Dead Wood en sesión vermú

ÚLTIMA HORA: Este sábado 24, día de Noiteboa, teremos a primeira sesión vermú da historia do Rif Rock!! 
A ocasión ben o merece, con Ulomanía Coop e os Dead Wood presentando en directo o seu flamante single "Spirit Away b/w CBA Blues". 
Música en directo, pinchos & vinilos dende as 12:30h do mediodía. 
E todo coa colaboración especial da Real Conservera Española e do proxecto Enoturismo Rías Baixas. Se estades levantados, non vo-lo perdades!!!


lunes, 19 de diciembre de 2016

esta semana Nadal Soul!!

Esta semana comeza o importante no Nadal Soul!
O Venres 23, LITTLE JUICE en directo no Rif-Rock! e despois do concerto, sesión do Professeur B.B. Todo dende as 23:45h e coa colaboración de Cobesa, con promocións especiais de Super Bock e Gin Summum
Non vo-lo perdades!

domingo, 18 de diciembre de 2016

viernes, 16 de diciembre de 2016

Comeza o Nadal Soul no Rif-Rock!

As principais citas deste NADAL SOUL serán os venres 23 e o 30 cos concertos de Little Juice e Black Ice Twice, pero no Rif-Rock xa comezamos esta fin de semana cun par de sesións para ir quentando:
O venres unha nova entrega da serie Fuck'U Whiteys Black Grooves!, e o sábado non vos perdades a primeira sesión do CHIEF BROMDEN nesta edición.


jueves, 15 de diciembre de 2016

Sorie Kondi "The Freetown Tapes 2006-2016"

Sorie Kondi é un músico cego de Freetown (Serra Leoa). Abandonou o seu país natal cara os USA a finais dos 90s, e ali coincidiu co dj e productor Chief Boima (tamén orixinario de SL), xuntos publicaron cinco álbumes baixo o nome de The Kondi Band. Coa base da música tradicional do seu país, pero habitualmente con instrumentos electrificados e engadindo elementos de blues, r'n'b ou funk. Este ano lanzaron o EP "Belle Wahallah", e a comezos do ano próximo lanzan o seu seguinte traballo, e como presentación a un público máis amplo, dende Strut Records lanzan esta sesión mesturada por Chief Boima, titulada "The Freetown Tapes 2006-2016" sobre unha selección de 16 temas dos seus traballos anteriores. Máis que interesante.
Podedes descargala de balde no seu bandcamp.

SORIE KONDI "The Freetown Tapes 2006-2016"
(Strut Records, 2016)



Bonfire Nights "Entopica Phenomica"

Un dos grandes discos deste últimos meses é o debut dos Bonfire Nights.
Son unha banda australiana asentada en Londres, e neste "Entopica Phenomica" entregan nove temas de rock psychodélico, ácido, denso, con tódo-los clichés dos xénero ensamblados á perfección. Showgaze, kraut, melodías impecables e ritmos machacóns que se repiten duns temas a outros, dende a presentación con 'Easy Touch', os toques orientais de 'Low', a explosión de 'Ego death', ou o rhythm'n'blues álucinado de 'Bo Diddley did me'. Recomendado.

BONFIRE NIGHTS "Entopica Phenomica"
(Holy Beatnik Records, 2016)



miércoles, 14 de diciembre de 2016

FIN DE ANO 2016: Jaleo & Cuatro Fotos!!

Aínda queda moita celebración por diante, pero xa podemos anunciarvos a festaza que vos temos preparada para FIN DE ANO: JALEO & CUATRO FOTOS!! 
Un pack irresistible, Non atoparedes un plan mellor!


lunes, 12 de diciembre de 2016

domingo, 11 de diciembre de 2016

viernes, 9 de diciembre de 2016

NADAL SOUL 2016! O programa completo

Aquí tedes o programa completo desta terceira edición do NADAL SOUL que organizamos entre o Café CONTINENTAL e o RIF-ROCK neste Nadal 2016.
Unha programación conxunta nos dous locais entre os días 16 e 30 de decembro, este ano con só dous concertos a causa das datas dispoñibles, con LITTLE JUICE e os BLACK ICE TWICE, e cinco sesións adicadas á música negra a cargo do Professeur B.B., Chief Bromden, Munstaphà e Michi Calambres. Todo repartido en tres semanas. 
Ademáis, igual que nas pasadas edicións, coa participación de COBESA a quenes agradecemos de novo a súa colaboración, a través das marcas SUPER BOCK e GIN SUMMUM, con precios especiais dos seus productos durante as noites de concerto. 
E todo con entrada de balde. Non vo-lo perdades!!


Aquí tedes todo ordenado por días. 
*Os horarios dos concertos son en torno á media noite como se indica no cartel, e as sesións nos dous locais comezarán sempre despois dos concertos:

Venres 16 dec.
RIF-ROCK: sesión Fuck'U Whiteys... Black Grooves (Munstaphà).
Sábado 17 dec.
RIF-ROCK: sesión Chief Bromden.
Venres 23 dec.
RIF-ROCK: LITTLE JUICE en directo + sesión Professeur B.B.
Venres 30 dec.
CONTINENTAL: BLACK ICE TWICE en directo + sesión Chief Bromden.
RIF-ROCK: sesión Michi Calambres.

---> as bandas:
LITTLE JUICE.
Xa os coñeceredes pola súa presentación no Rif-Rock no noso aniversario do 2015. Tras un parón obrigado volven con máis gañas, e para quedarse. Son un quinteto formado por Irene Ríos (voz), Javier Feijoo (guitarra), Julio Abal (teclados), Sandra López (batería) e o habitual do noso escenario Isidro Dozo ó baixo. Amantes do blues, soul e rock clásico, foron derivando estilísticamente e integrando ritmos e melodías pop, mesturando temas propios e versións con un formato soft, que se adaptado á perfección ás características do local. 
Seguídeos no seu facebook.

BLACK ICE TWICE.
The Manchester/Galicia connection!
Black Ice Twice son Adam Twice e Paul Black. Preséntanse coma un proxecto de dúas persoas non moi equilibradas, que se creen músicos, e queren difundi-los seus "tiki-takus" co resto do mundo, e de paso con algunha civilización extraterrestre cercana. Disco, Pop e Funk. Teredes que pasarvos polo Continental para velos en acción.
Seguídeos no seu facebook.

---> os picadiscos:
Ademáis dos concertos, unha boa selección de música para tódo-los días, con sesións especiais. O primeiro fin de semana no Rif-Rock coa entrega mensual do da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves! con Munstaphá na cabina; o sábado 17 tamén no Rif-Rock será o turno do Chief Bromden, que fará dobrete tamén no Continental o venres 30 coas súas sesións criollas de funk,soul e blues; o venres 23, despois do concerto do Rif-Rock será o turno do Professeur B.B. co seu maletín chego de soul, funk e moito ye-yé francés, e por último Michi Calambres, será o encargado de poñer o fin de festa no Rif-Rock o sábado 30. 

Un programa ben completo, non atoparedes un plan mellor para este mes!!
Xa vo-lo iremos lembrando cada semana!

programación decembro2016

Aquí tedes a programación completa do Rif-Rock para este mes de decembro, incluíndo as actividades do Nadal Soul:

· Sábado 10 dec: BIMBA POP!
· Venres 16 dec: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!
· Sábado 17 dec: CHIEF BROMDEN
· Venres 23 dec: LITTLE JUICE en directo 23:50h.
                        + sesión do PROFESSEUR B.B.
· Venres 30 dec: MICHI CALAMBRES
· Sábado 31 dec: Festaza de FIN DE ANO: JALEO & CUATRO FOTOS!!

Un programa ben completo.
Non vo-lo perdades!!


jueves, 8 de diciembre de 2016

Neil Young "Peace Trail"

Novo disco de Neil Young! 
Despois de varios lanzamentos xunto cos Promise of the Real como banda de acompañamento (tanto no estudio coma nos últimos directos que lanzou este ano), agora volve cun formato moito máis sinxelo.
"Peace Trail" foi gravado en só catro días coa producción de Rick Rubin, xunto cos músicos de sesión Jim Keltner á batería e Paul Bushnell no baixo, Young por suposto na guitarra e voz. Son dez temas acústicos, en pequeno formato, que soan a auténtica gloria, de feito algunha desas pezas podería ser un tema moitísimo maís grande con outro plantexamento, pero así é Neil Young, lanza os que seguramente sexan os seus mellores temas nos últimos anos e o fai deixándoos literalmente a medias, ou esa é a sensación. O álbum segue co tono de denuncia habitual dos últimos anos: 'Indian Givers', 'Show Me', 'Texas Rangers', 'Terrorist Suicide Hang Gliders', 'Glass Accident', ou 'My New Robot', ademáis os temas do propio Sendeiro de Paz, ou a fantástica 'Can't Stop Working'. 
Blues e rock acústico delicioso. Mañan sae en todo o mundo.

NEIL YOUNG "Peace Trail"
(Reprise Records, 2016)



Chris Joss "Escape Unlikely"

O francés Chris Joss está a convertirse nos últimos anos nun dos maiores referentes do acid jazz europeo a pesar da súa xuventude. Habitual en bandas sonoras de cine e series de tv da última década, e nos últimos tempos con maior frecuencia. Este "Escape Unlikely" é o seu noveno traballo en lp, ademáis de unha ducia de singles e infinidade de remixes para outros artistas.
Son 12 temas de acid-jazz, con algunha pausa de downtempo, pero na súa maioría con tendencia ao funk máis rítmico. Para escoitar de tirón e imaxinarse unha peli de acción.

CHRIS JOSS "Escape Unlikely"
(Teraphonic Records, 2016)




miércoles, 7 de diciembre de 2016

Sun Ra "Singles. The Definitive 45s collection Vol.1: 1952-61"

Nova recopilación do extraterrestre SUN RA, que nos chega dende Strut Records, que parecen empeñados en que non quede nada sen reeditar da súa desproporcionada carreira de jazz intergaláctico.
Preséntase en varios formatos diferentes ao gusto de todo tipo de coleccionistas. O 25 de novembro lanzáronse dúas edicións diferentes en vinilo, que reúnen os seus singles entre 1952 e 1961: "Singles. The definitive 45s collection Vol.1: 1952-61". A primeira e máis exclusiva é un box set con 10x7'' a 45rpm, réplicas dos singles orixinais, auténticas rarezas con 20 cortes en total, do que só se lanzaron 500 unidades e parece que xa está esgotado. Ademáis un triple vinilo con 35 temas en total. Ahí atoparedes os seus delirios espaciais con tóda-las formacións da época: Sun Ra, Le Sun Ra & His Arkistra, The Qualities, Yochanan, The Space Age, The Cosmic Rays e Sun Ra & His Astro Infinity Arkestra. O volumen 2 destas edición sairán xa en marzo do 2017 comprendendo o período 1962-1991.
Pero se non queredes agardar, xa lanzaron a edición completa en tres cds, un volumen único que comprende dende 1952 ata 1991.
En tódo-lo formatos, e a gusto de todos!.

SUN RA "Singles. The definitive 45s collection Vol.1: 1952-61"
(Strut Records, 2016)