miércoles, 28 de diciembre de 2016
martes, 27 de diciembre de 2016
Dead Wood & Family Folks
Unha foto de José Estévez do sábado. Cos Family Folks participando da festa dos Dead Wood na sesión matinal de presentación do seu primeiro single...
Mañán xa teredes o concerto completo.
lunes, 26 de diciembre de 2016
Little Juice no Nadal Soul
O pasado venres comezamos coas datas importantes desta edición do Nadal Soul!!. Os encargados de poñer a música en directo foron LITTLE JUICE, e xa tiñamos gañas de que volveran ao Rif-Rock.
Levaban ano e medio sen visitarnos e vaia se valeu a pena esperar. Encantáronnos, ademáis de moitas versións, quédome cos seus propios temas: 'Fear the World', 'Orc Blues', 'Trust', 'Trapped Soul', 'Skin over Skin (Black Clouds)' e 'I was that girl'. Precioso por momentos e intenso cando facía falla. O show perfecto para o primeiro día, e volveran seguro!!
Logo foi o turno do Professeu B.B. na cabina, funk e rhythm'n'blues para comezar brasa da boa ata o peche, para unha noite estupenda!!
E este próximo fin de semana maís, cos Black Ice Twice en directo no Continental, e a sesión do Chief Bromden ao remate; e ademáis o enorme Michi Calambres na cabina do Rif-Rock. Non vo-lo perdades!!
Xa tedes todo subido na nosa canle de youtube e nas entradas anteriores (e con moito barullo de fondo): pt1 - pt2 - pt3 - pt4, ou todo seguido en lista de reprodución:E este próximo fin de semana maís, cos Black Ice Twice en directo no Continental, e a sesión do Chief Bromden ao remate; e ademáis o enorme Michi Calambres na cabina do Rif-Rock. Non vo-lo perdades!!
FIN DE ANO 2016: Jaleo & Cuatro Fotos!!
E esta semana despediremos o ano por todo o alto.
Festa de FIN DE ANO: JALEO & CUATRO FOTOS!!.
Non atoparedes un plan mellor.
Festa de FIN DE ANO: JALEO & CUATRO FOTOS!!.
Non atoparedes un plan mellor.
domingo, 25 de diciembre de 2016
Fin de semana de Nadal...
Impresionante fin de semana de Nadal!!
O venres co directo dos LITTLE JUICE e a sesión de Bruno Professeur B.B. no Nadal Soul, e o sábado de sesión vermú con Ulomanía Coop. e os DEAD WOOD presentando en directo o seu novo single, e coa participación sorpresa dos Family Folks nos bises.
Dúas historias que non serían posibles sen todo-los colaboradores: Toño e Beni de Cobesa patrocinando o Nadal Soul en todas e cada unha das edicións; e o sábado coa colaboración estelar de Real Conservera Española, Albariño 12 Cuncas e o proxecto Enoturismo Rías Baixas.
Moitas gracias Iñigo e Marcos por apuntarvos a esto en tan pouco tempo, a Isi por todas esas horas de traballo extra, e a Xaco por poñelo en marcha e coordina-lo todo (o vermú era o de menos!! eso xa queda para a historia do local...)
E gracias a todos por reventar o Rif-Rock nestes días, e aos que fixéchedes triplete moito máis!!
*fotos de Javi, Miguel e Jose Estévez
sábado, 24 de diciembre de 2016
Noiteboa: Sesión Vermú con DEAD WOOD
Hoxe, día de Noiteboa, faremos a primeira SESIÓN VERMÚ do Rif-Rock.
A ocasión ben o merece, con Ulomanía Coop. e os DEAD WOOD presentando en directo o seu flamante single "Spirit Away b/w CBA Blues".
Música en directo, pinchos & vinilos dende as 12:30h do mediodía.
E todo coa colaboración especial da Real Conservera Española, Albariño 12 Cuncas, e o proxecto Enoturismo Rías Baixas.
Se estades levantados, non vo-lo perdades!!!
*E pola note xa estaremos de novo de volta despois dunha boa cea...
A ocasión ben o merece, con Ulomanía Coop. e os DEAD WOOD presentando en directo o seu flamante single "Spirit Away b/w CBA Blues".
Música en directo, pinchos & vinilos dende as 12:30h do mediodía.
E todo coa colaboración especial da Real Conservera Española, Albariño 12 Cuncas, e o proxecto Enoturismo Rías Baixas.
Se estades levantados, non vo-lo perdades!!!
*E pola note xa estaremos de novo de volta despois dunha boa cea...
viernes, 23 de diciembre de 2016
Nadal Soul: LITTLE JUICE en directo + Professeur BB
Esta noite comeza o importante no Nadal Soul!
Venres 23, LITTLE JUICE en directo no Rif-Rock! e despois do concerto, sesión do Professeur B.B. Todo dende as 23:45h e coa colaboración de Cobesa, con promocións especiais de Super Bock e Gin Summum
Non vo-lo perdades!
E a próxima semana máis, consulta o programa completo aquí.
Bó Nadal RifRocKerZ!!
Bo Nadal a todos!!!
Que pasedes unhas boas festas na mellor compañía!
E ademáis, se queredes e vos deixan, no Rif-Rock temos un fin de semana ben completo de actividades:
Esta noite (Venres 23) teremos a LITTLE JUICE en directo, dende as 23:45h., e despois do concerto sesión do Professeur B.B., noutra cita do Nadal Soul.
O sábado 24, día de Noiteboa, abrimos pola mañán, as 12:30h. en sesión vermú, cos DEAD WOOD en directo, presentando o seu primeiro single, coa xente de Ulomanía Coop. e moitos colaboradores máis.
E xa pola noite, coma sempre, estaremos de volta despois dunha boa cea.
Un fin de semana tremendo!!
jueves, 22 de diciembre de 2016
Rolling Stones "Five by Five EP"
Imos cunha xoia de outra época. "Five by Five" foi o segundo EP dos Rolling Stones, lanzado en agosto do 64, despois do lanzamento da versión estadounidense do seu primeiro álbum.
Coma o seu nome indica son cinco temas feitos por cinco músicos.
No 7'' inclúense tres versións de rhythm'n'blues: 'If You Need Me' de Wilson Pickett, 'Confessin' the Blues' de Walter Brown, e 'Around and Around' de Chuck Berry, ademáis de dous temas propios, 'Empty Heart' e '2120 South Michigan Avenue', firmadas por Nanker Phelge, que era o pseudónimo que empregaban Jagger e Richards para os temas que compoñían conxuntamente.
O mes pasado atopeime cunha copia da reedición que fixeron polo Record Store Day do 2013. Un menos que me falta na colección.
THE ROLLING STONES "Five by Five"
(Decca, 1964)
Melange "Melange"
O máis seguro é que este ano tampouco fagamos lista de álbumes estatais, así que non podíamos remata-lo ano sen recomendarvos un dos que máis me gustaron deste 2016.
Melange son unha banda de Madrid, formadas por exmembros dos fantásticos Lüger e Los Imposibles. Deixáronme alucinado no WOS en setembro, e o seu álbum de debut outro tanto do mesmo.
Son 15 temas, un traballo moi ambicioso, no que atopamos de todo, rock psychodélico, folk, space-rock, elementos de progresivo, o mellor do sixtie anglosaxón e ata ye-yé ao máis puro estilo ibérico...
Lanzaron "Melange" nun lp dobre autoproducido, cunha tirada de só 500 copias, por suposto, esgotadísimo, pero podedes pasarvos polo seu bandcamp.
Poñédeo enteiro e deixádevos ir. Discazo!!
MELANGE "Melange"
(Discos Tere / Melange, 2016)
miércoles, 21 de diciembre de 2016
Sáb.24: DEAD WOOD en Sesión Vermú por Noiteboa!
ACTUALIZADO:
Aquí tedes o cartel definitivo da sesión vermú deste sábado!!
Sábado 24 de decembro, día de Noiteboa, faremos a primeira SESIÓN VERMÚ da historia do Rif-Rock.
A ocasión ben o merece, con Ulomanía Coop. e os DEAD WOOD presentando en directo o seu flamante single "Spirit Away b/w CBA Blues".
Música en directo, pinchos & vinilos dende as 12:30h do mediodía.
E todo coa colaboración especial da Real Conservera Española, Albariño 12 Cuncas, e o proxecto Enoturismo Rías Baixas.
Se estades levantados, non vo-lo perdades!!!
Real Conservera Española na Sesión Vermú
Os de Real Conservera Española, foron os primeiros en apuntarse, case sen pensalo, en colaborar coa sesión vermú deste sábado.
Gracias Íñigo!!
Se queredes coñecer máis, podedes atopalos na rede:
Toda a info na súa web realconservera.com.
E tamén podedes seguilos no seu facebook.
Albariño 12 Cuncas na Sesión Vermú
Os de Albariño 12 CUNCAS non queren perderse a nosa Sesión Vermú deste sábado 24, e colaborarán dun xeito especial coa organización.
Moitas gracias Marcos!!
Se queredes coñecer máis, podedes atopalos na rede:
Visitade a súa web 12Cuncas.com
E tamén podedes seguilos no seu facebook.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














