miércoles, 18 de enero de 2017

The Doors "The Doors"

O 4 de xaneiro cumpríanse 50 anos dun dos álbumes máis importantes da historia. The Doors lanzaban o seu debut en 1967, logo da insistencia de Arthur Lee cos xefazos de Elektra para que os fichasen. O álbum foi un éxito inmediato, entre o escándalo, a censura e a desbordante figura de Morrison, situouse entre os máis vendidos durante moitos meses (só por detras do "Sgt.Peppers" dos Beatles), e o single 'Light my Fire' foi directamente ao número un das listas de ventas. 
Un repertorio para a historia desenrolando toda a parafernalia sacada de William Blake arredas das portas da percepción, con 'Break On Through', 'Soul Kitchen', 'The Crystal Ship', 'Twentieth Century Fox', 'Alabama Song' (sobre os textos de Bertolt Brecht e Kurt Weill)Light My Fire, a versión do 'Back Door Man' de Willie Dixon, 'I Looked at You', 'End of the Night', 'Take It as It Comes', e o final antolóxico con 'The End', para un dos mellores álbumes de sempre.

THE DOORS "The Doors"
(Elektra, 1967)



martes, 17 de enero de 2017

Ven.27: Black Grooves!


[Revival Rif-Rock] Kurco na prensa... de 2007!

Unha de Revival Rif-Rock.
Aquí tedes un recorte de prensa de hai 10 anos.
Breve entrevista con Kurco, publicada no Faro de Vigo, era o 5 de xaneiro de 2007, de cando a prensa aínda era seria, aínda que daquela tamén lles costaba escribir Rif-Rock correctamente.
Para ver o recorte ben ampliado e ler a entrevista picade aquí.


lunes, 16 de enero de 2017

The Fleshtones!

The Fleshtones de novo en Galicia!
Logo de cancelar a súa xira do ano pasado, xa están de volta, e con novo álbum debaixo do brazo, "The Band Drinks for Free" (Yep Roc, 2016). 
Comezaron a semana pasada o seu Spain Tour 2017, con case 20 datas por toda a península, e os temos esta mesma noite de luns na Coruña (Mardi Grass), e mañán martes 17 na Sala Son de Cangas. 
Se os tedes a tiro, non vo-los perdades, espectáculo garantizado!



Singles2016: repásao todo!


Coa sesión da fin de semana, rematamos con todo o material de Singles2016, que podedes consultar seguindo a etiqueta.
O repaso máis completo a todo o ano anterior no Rif-Rock: tódo-los posters do 2016, tóda-las sesións do ano que deixaron enlaces, os mellores momentos, os premiados, e moito máis, camisetas, portadas... Ademáis as nosas listas cos mellores álbumes do ano: as seleccións de Munstaphà, de Michi Calambres, de Kurco, de Ptooff! e de Marinocha, os 5 do GZ Canibal, os do Black Grooves, videoclips, e os dous volumes da sesión co mellor do ano. 
Repasádeo todo!!


domingo, 15 de enero de 2017

Singles2016 [Kurco&Munstaphá]

Aquí tedes a nosa selección de Singles2016 saída da sesión de onte, logo de toda a noite pelexando coas nosas listas, e todo seleccionado e mesturado conxuntamente por Kurco e Munstaphá. O resultado son estes dous volumes con case 40 temas e dúas horas en total. A ver que vos parecen.

KURCO & MUNSTAPHÁ "Singles2016"
(sesión Rif-Rock 14 xaneiro 2017)


jueves, 12 de enero de 2017

DobleM, premio especial Rif-Rock 2016

E aínda temos un galardón máis do 2016. 
Que vai directamente para Miguel Moldes a.k.a. Doble M. 
O máis xoven de todos, e o que máis veces tocou no Rif-Rock durante o ano pasado: o 30 de abril cos Dead Wood; no noso 17º Aniversario apareceu con Rufus & Los Guarros (2 de xullo). O 29 de xullo volvía con The Silk Tones. En outubro, transformado en Sr Momia con The Spooky Gravies. E por último en noiteboa, na sesión vermú de presentación do single de Dead Wood. 
Afortunados de telo con nós. Moitas gracias por todo o espectáculo Miguel!!




DEAD WOOD: mellor momento Rif-Rock 2016.

Logo de case dúas semanas de votación, xa temos gañador do Mellor Momento do Rif-Rock 2016, con menos participación que o ano anterior, pero desta vez por unanimidade. Os vencedores son DEAD WOOD, pola festa de presentación do seu single de debut "Spirit Away b/w CBA Blues" na sesión vermú de noiteboa (24 dec). Coa xente de Ulomanía Coop. e os patrocinadores que non o quixeron perder. 
Ben merecido, noraboa!!


Se queredes repasar unha breve reseña do concerto atoparédela nesta entrada (con moitos agradecementos), e aquí vai o concerto completo:



miércoles, 11 de enero de 2017

5 discos GZ Canibal 2016

E por último, e máis importante, os discos galegos.
Aquí tedes os nosos cinco discos favoritos do GZ Canibal do 2016.
Que non vos falté ningún!!

5_SR. ANIDO & SRA. ÁLVAREZ 
"18"
(DiscosPorno / Prenom / Grabaciones de Impacto, 2016)
Novo proxecto de Rafa Anido, desta vez acompañado por Javi Álvarez (do Dúo Cobra e Fluzo entre outros). Xuntos son Sr. Anido e Sra. Álvarez e o seu álbum "18" son 9 temas de punk, garage, electrónica e plasti-pop, todo xunto ou por separado. Un disco improbable no que empregan unha lista interminable de instrumentos, historias delirantes (de extraterrestres, boxeadores, e o 'Negro Teenager'), videoxogos e idiomas inventados. Ademáis cun envoltorio de luxo.



4_THEE BLIND CROWS 
"Back from the Cave"
(Grabaciones de Impacto/outros, 2016)
Thee Blind Crows son o dúo de blues punk máis potente do país, e con este 7'' de só catro temas fixéronse cun oco directamente na nosa lista. Son 4 temas contundentes, 'Like a Storm', 'Voodoo Rhythm', 'Mass of Muscles' e 'Do the Jungle', unha trituradora de blues, punk, garage e psychobilly a toda velocidade, e con só guitarra e batería. Lanzado entre catro selos: G. de Impacto, Ghost Highway Recordings, KOTJ Records e Pocket's Robots Records. Recomendadísimo!!



3_GUERRERA 
"Guerrera"
(Matapadre, 2016)
Outra entrega de stoner, psychodelia e desta vez con moitos máis matices que nunca. O seu terceiro álbum leva título homónimo e son 4 temas, un en cada cara do lp dobre: 'Arden Cruces Muertas', as dúas partes de 'Mecánica Certeza', os cortes de 'Calixe', e a experimentación de 'Abacuá'. Álbum moi ambiocioso e cun resultado excelente, longas progresións, ambientacións densas, e moita tormenta, cunha rítmica de escándalo. Para deixarse levar coa súa película.



2_NAVE NODRIZA 
"Apesta"
(Grabaciones de Impacto, 2016)
Dende A Coruña, con membros de Los Aspiradoras e dos SraSrSra. "Apesta" son 13 temas de garage punkarra a toda hostia, que non chegan ós 25 minutos, crudos, salvaxes e divertidos, con melodías moito máis coidadas do que parece, e todo coa producción de Mike Mariconda. 'Teletubbies', 'Alf', 'Mátalo', 'Bicicletas', 'La Modernidad', ou 'Fui yo', dificil escoller a miña favorita. Un dos pelotazos do garage punk deste ano.




1_FAMILY FOLKS 
"All the Lost Causes"
(Gaztelupeko Hotsak, 2016)
O noso favorito do GZ Canibal do 2016!!. O dúo vigués Family Folks, cos multi-instrumentistas Bosco Hill e Rubén Xuarez, aínda que habitualmente contan con moitos colaboradores (e cos irmáns López dos Dead Wood e Los Wavy Gravies, na sección rítmica dos seus directos). "All the Lost Causes" son 10 temas de folk, country, blues e moito máis, con xogos de voces fantásticos e un tremendo despregue instrumental, no álbum interveñen ata 15 músicos convidados para crear unha unha auténtica película de western, con 'Sea of Whiskey', 'Jack Frost Blues', 'Let it Rain' ou 'Yuigon', e pezas como a psychodelia orientalista de 'Song for wife and song' e os ritmos criollos de 'Bamboo (the river come down)'.  Unha  causa perdida para darlle voltas e máis voltas. Fantástico!!


5 discos do Black Grooves 2016

Máis listas.
Aquí tedes os nosos cinco imprescindibles do Black Grooves do 2016:

5_SHIRLEY DAVIS & THE SILVERBACKS
"Black Rose"
(Tucxone Records, 2016)
No mesmo ano vimos a explosión de Shirley Davis, novas terribles, e o seu resurxir. Xunto con The Silverbacks firmaron este discazo para o selo madrileño Tucxone Records. "Black Rose" son 10 temas de r'n'b e soul de alto voltaxe, cunha rítmica impecable, sección de metais tremenda e a voz omnipresente de Shirley Davis. 'Black Rose', 'Two Worlds', 'My Universe' ou 'Vanity' son temas que non poderás deixar de poñer unha e outra vez. 




4_MARTHA HIGH 
"Singing for the Good Times"
(Blind Faith Records, 2016)
Outra boa nova é a segunda xuventude de Martha High. En abril deste ano volveu con "Singing for the Good Times" da man do selo italiano Blind Faith Records, e aínda que o título remita a nostalxia, é un discazo de soul e funk pensado para estes tempos, cunha factura impecable, e cun equilibrio perfecto entre o soul máis sentido de 'I Am a Woman', 'Learn on Me' ou 'Singing this Song', ou o máis luminoso de 'Always worth the pain' e 'I can't hold on', o r'n'b e funk de 'Lovelight' e 'The Hardest working woman', ou a enorme peza case blaxploitation 'Fire shut in my bones'. E de despedida 'For the Good Times' para rematar ben arriba. 



3_MICHAEL KIWANUKA 
"Love and Hate"
(Polydor, 2016)
O seu exitoso debut era unha pastelada no que realmente a expresión relixiosa estaba por encima da musica. Pero "Love and Hate" é outra cousa, dez temas entre os que atoparedes referencias a moitos xéneros, centrado no funk, no soul e no jazz vocal, pero tamén con curiosas evolucións do rock. Comeza co enorme increscendo de 'Cold Little Heart', e segue 'Black Man in a White', 'Falling', 'Rule the World' ou 'The Final Frame' son outros dos temas que non vos podedes perder, pero sobre todo 'Love and Hate' e 'One more Night' nos que atoparedes moitas referencias a Curtis Mayfield ou Stevie Wonder. Brillante.



2_MARTA REN & THE GROOVELVETS 
"Stop Look Listen"
(Record Kicks, 2016)
Marta Ren & The Groovelvets son unha espectacular banda funk de Oporto, e logo de tres 7'' nos últimos anos, lanzaron este impresionante debut "Stop Look Listen". Soul intenso, moita base r'n'b e sobre todo funk explosivo, que inclúen as caras As dos anteriores, e engaden outros oito pelotazos, dende a inicial 'Don't Look', 'Release Me', 'I'm Not your Regular Woman', 'It's Today', o blues de 'I'm Coming Home', ou 'Let's Talk about the kids'... Auténtico pelotazo dende Portugal!!.



1_CHARLES BRADLEY 
"Changes"
(Dunham / Daptone Records, 2016)
Era un dos discos máis agardados da tempada, e aínda superou as espectativas. O novo traballo de Charles Bradley para Daptone Records leva por título "Changes" e inclúe o 7'' que lanzara xa no 2013 polo Record Store Day, que contiña o propio tema 'Changes', unha versión dos mesmísimos Black Sabbath en clave soul, con The Budos Band como banda de acompañamento, e con aquela portada que emulaba ó propio single dos de Osbourne e compañía, e na cara b aparecía a tremenda 'Ain't It a Sin' desta vez xunto con The Bullets, que tamén aparece no álbum. Ademáis destes dous temazos xa coñecidos, cousas moi espirituais como a inicial 'God Bless America', a intensidade habitual en 'Good to be Back Home', 'Ain't Gonna Give it Up' ou 'Crazy for your Love', e a contundencia política en 'Change for the World'. Insuperable!.



Os 5 de Marinocha do 2016:

E aquí tedes o Top 5 de Marinocha do 2016:

1 PJ HARVEY "The Hope Six Demolition Project" (Island Records)
2 CAR SEAT HEADREST "Teens of Denial" (Matador)
3 NICK CAVE & THE BAD SEEDS "Skeleton Tree" (Bad Seed Ltd.)
4 TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO "Salve Discordia" (Mushroom Pillow)
5 DAUGHTER "Not to Disappear" (4AD / Glassnote)


Os 10 de Kurco do 2016

Máis listas dos nosos habituais.
Aqui tedes os 10 de Kurco do 2016:

1. THEE OH SEES "A Weird Exits" (Castle Face Records)
2. P.J. HARVEY "The Hope Six Demolition Project" (Island Records)
3. NOVEDADES CARMINHA "Campeones del Mundo" (Ernie Records)
4. 1000mods "Repeated Exposure To..." (Ouga Booga Recordings)
5. TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO "Salve Discordia" (Mushroom Pillow)
6. BAND OF HORSES "Why Are You OK" (Interscope / American)
7. DAVID BOWIE "Blackstar" (Sony/Columbia)
8. PIXIES "Head Carrier" (Pixies Music)
9. VIOLENT FEMMES "We Can Do Anything" (Add It Up Productions)
10. THE ROLLING STONES "Blue & Lonesome" (Polydor, 2016)


martes, 10 de enero de 2017

Os 5 de Ptooff! do 2016

Outro que nos manda a súa lista.
Aquí tedes os 5 de Ptooff do 2016

1. PARQUET COURTS "Human Performance" (Rough Trade)
2. THE CLAYPOOL LENNON DELIRIUM "Monolith of Phobos" (ATO Records)
3. KING GIZZARD & THE LIZARD WIZARD "Nonagon Infinity" (Flightless Recs)
4. CHARLES BRADLEY "Changes" (Dunham/Daptone)
5. P.J. HARVEY "The Hope Six Demolition Project" (Island Records)


Os 10 de Michi Calambres do 2016

Seguimos coas listas do ano.
Aquí tedes os 10 de Michi Calambres do 2016:

1. NIGHT BEATS "Who sold my Generation" (Heavenly Records)
2. THE MURLOCS "Young Blindness" (Flightless Records)
3. MARTA REN & THE GROOVELVETS "Stop Look Listen" (Record Kicks)
4. THE MYSTERY LIGHTS "The Mystery Lights" (Wick Records / Daptone)
5. FAMILY FOLKS "All the Lost Causes" (Gaztelupeko Hotsak)
6. EBBOT LUNDBERG & The Indigo Children "For the Ages to Come" (Akashik Recs)
7. NICK WATERHOUSE "Never Twice" (Innovative Leiruse Records)
8. THE OLYMPIANS "The Olympians" (Daptone Records)
9. LEE FIELDS & THE EXPRESSIONS "Special Night" (Big Crown Records)
10. JACK OBLIVIAN AND THE SHEIKS "The Lone Ranger Love" (Mony Records)


Michi Calambres "Sesión Nadal Soul"

Aínda quedaba unha sesión máis por compartir do ano pasado. 
Aquí tedes pouco máis dunha hora do que nos deixou Michi Calambres da súa sesión do venres 30 de decembro para poñer fin ó Nadal Soul 2016. Metédelle volume!!

MICHI CALAMBRES "Sesión Nadal Soul 2016"
(sesión Rif-Rock 30 dec.2016)

lunes, 9 de enero de 2017

Victor Karallada na prensa de onte

Onte, domingo 8 de xaneiro, no Faro de Vigo publicaban un amplo artigo e entrevista con Victor Karallada sobre o KSF Estudio.
Aqui o tedes na edición dixital.


Sáb.14: Singles2016

Este sábado, Singles2016!!
Coma sempre Kurco e Munstaphà facendo o repaso do mellor do ano anterior, destripando os mellores singles, álbumes e bandas do ano.