viernes, 14 de abril de 2017

Dead Wood "Spirit Away b/w CBA Blues"

A estas alturas non nos podemos crer que quede algún despistado sen coñecer o debut dos DEAD WOOD con Ulomanía Coop. Pero por se acaso, ahí vai outra crónica desta pequena xoia.

DEAD WOOD
"Spirit Away b/w C.B.A. Blues"
(Ulomanía Coop., 2017)

Logo da ano e medio rodando, chega o esperado debut dos Dead Wood.  Un single en vinilo de sete pulgadas con "Spirit Away b/w C.B.A. Blues", nunha edición limitada de 250 copias numeradas, que ademáis foi a primeira referencia do selo Ulomanía Coop. 
Son só dous temas que sirven de mostra da vesatilidade da banda sen perder o seu son característico, coa voz e guitarras acústicas do Sheriff Lorre, as percusións delirantes de Mr Bam Bam, e o salvaxe facer coas cordas de Breo Gun e Doble M. 
Na cara A 'Spirit Away', como expoñente dunha das principais liñas da banda, deixándose levar pola música de raiz nortemaricana máis primitiva. É a busca do espiritu dos devanceiros, perdido co paso dos anos e as xeracións, polo afastamento do contacto directo entre home e natureza, de ahí profundidade dos coros, e a rica sección de cordas, con guitarras acústicas,  banjo e baixo, que se solapan unhas a outras e se ceden o protagonismo continuamente.
Na cara b, 'CBA Blues', unha rareza da banda, unha peza de blues urxente, cruda e sinxela, que nos leva aos antecedentes maís garaxeiros da banda, e que fala de outra das súas debilidades, o básquet. Unha road movie que, por suposto, é outra historia de perdedores. Por 'CBA blues' se coñecía aos xogadores da liga estadounidense CBA, a máis antiga do mundo, pero sempre unha liga menor á sombra doutras competicións, sendo a máis espectacular e a máis innovadora, os equipos percorrían miles de kilómetros para xogar ante un puñado de espectadores por soldos mínimos. De ahí o ritmo de tobogán que pode lembrar a frat rock e o hot rod, todo enriquecido co slide de Doble M e a armónica de Michi Calambres.
Todo gravado no KSF Estudio da Illa de Arousa coa produción de Victor "Karallada" García, e lanzado coa ilustración e deseños de Rubén Suárez.
E isto só é o comezo de todo o que nos teñen que amosar, o primeiro do moito material que se publicará nos próximos meses en distintos formatos. Atentos! 

The Black Lips 'Squatting in Heaven'

Xa levabamos tempo con gañas de material novo dos Black Lips. E por fín aquí temos o primeiro adianto do  seu próximo álbum "Satan's graffiti or God's art?" (Vice Music) con saída para o 5 de maio. O tema 'Squatting in Heaven' para que nos vaiamos preparando para o que parece outra volta de torca e deixarnos con gañas de máis.


jueves, 13 de abril de 2017

Os Breakin' Bones en El Sótano de Radio 3

Esta semana soaron os BREAKIN' BONES en El Sótano de Radio 3
O pasado martes (11 de abril) Diego RJ enganchou a sección de Perrotti coas novidades pinchando o tema 'Straight to Hell' do seu ep "Pura Maldad" e sonou coma unha auténtica apisonadora. 
Escoitádeo completo, pero se non tedes tempo, están no min. 38:40.
Outra vez as referencias de Ulomanía Coop colándose no noso programa de radio favorito, a ver se repiten pronto.



miércoles, 12 de abril de 2017

esta semana de mércores a sábado!!

Nestes días de Semana Santa, aproveitamos as vacacións para abrir de mércores a sábado! Dende esta mesma noite PartiAllNite cos RifRocKerZ na cabina.
E o sábado rematamos a semana cos Dead Wood en directo.
Non vo-lo perdades!!


The Clash "The Clash"

O fin de semana pasada cumpríanse 40 anos do lanzamento dun dos álbumes fundamentais para o punk británico e todo o que veu despois. The Clash debutaban cun álbum homónimo. Joe Strummer e Mick Jones en plena forma, lanzando trallazos de punk combativo combinado co pop e o rock dos 50s, e introducindo todos eses sons xamaicanos a ritmo de ska e reggae. Era outra cousa distinta a todo o anterior, e todo o que aínda tiñan que amosarnos...
Un álbum que comeza con 'Janie Jones', 'Whtie Riot', a versión punk reggae party do 'Police & Thieves' de Lee Scratch Perry, e a miña favorita da banda 'London's Burning'. E só era o comezo. Un imprescindible.

THE CLASH "The Clash"
(CBS Records, 1977)




martes, 11 de abril de 2017

Bala "Lume"

Hai un mes que saiu o segundo largo de Bala e aínda non vo-lo recomendamos!
Se vos gustou o seu debut "Human Flesh", este "Lume" é a súa confirmación e vai moito máis alá. Máis contundente, máis intenso e máis rápido. Son nove temas con 25 minutos de pura tralla, que abren con 'Colmillos' que te pode boar a cabeza na primeira escoita, baixan volocidade en aumentan ritmo en 'Upside Down' e 'Omertá', para volver con 'Vitamina' a toda velocidade, a contundencia de 'Luces' e rematan ben contundentes con 'Flapper' 'Vives' e 'Humo' sen dar un só momento de tregua. 
Recomendado, pero con coidado que queima.
Podedes mercalo e escoitalo completo no bandcamp de Matapadre.

BALA "Lume"
(Matapadre, 2017)



lunes, 10 de abril de 2017

Sáb.15: DEAD WOOD en directo

Esta semana volven DEAD WOOD ao Rif-Rock! 
Continúa a súa xira Spirit Away Tour, presentando o seu single "Spirit Away b/w CBA Blues" lanzado por Ulomanía Coop. 
Será este sábado 15 de abril. Non vo-lo perdades!!


jueves, 6 de abril de 2017

Guided by Voices "August by Cake"

Novo álbum dos Guided by Voices!! Un trallo tremendo co que conmemoran o 30º aniversario dende o seu comezo, pero que ademáis fai o álbum número 100 composto polo incansable Robert Pollard! 
Por iso este "August by Cake" non podía ser un álbum máis. Trátase do primeiro álbum dobre da carreira do Pollard, con 32 temas e máis de 70 minutos de duración. Polo contido, o de sempre, xa sabedes, power pop intenso, temas a medio facer, lo-fi, melodías perfectas, e cando lle mete ben de guitarras roza a perfección. Ou os amas ou non podes con eles, pero desta vez parece que selle adicaron tempo para facer un auténtico discazo, dos máis rítimicos e guitarreiros da súa carreira. Por non tolear demasiado cos temas recoméndovos tres para comezar 'Absent the Man', 'Escape to Phoenix' e 'Sudden Fiction'.
A única pega que lle podo poñer: a portada, beben para celebralo, aínda que a min gustaríame máis un collage coma os de toda a vida da banda. O resto fantástico. Noraboa Pollard & cía!! Un discazo.
Sae mañán mesmo.

GUIDED BY VOICES "August by Cake"
(Guided by Voices Inc., 2017)



Flamin' Groovies 'Slow Death'

Temazo para este fin de semana. 
Sempre está ben recuperar este 'Slow Death' dos Flamin' Groovies, pero ademáis con este vídeo aínda máis.
'Slow Death' foi composta por Roy Loney e Cyril Jordan en 1971, logo da publicación do fantástico "Teenage Head" (Kama Sutra, 1971), pero aquel mesmo ano Loney abnadonou a banda, sendo sustituído por Chris Wilson na guitarra e voces. Os Flamin' Groovies tiveron un parón importante, e non publicaron ningún álbum máis ata o "Shake Some Action" (Sire Recs) en 1976, agás dous singles que lanzou United Artists en 1972 cando a banda apenas tiña actividade e con aqueles temas que estaban gravados e aínda non viran a luz. Ahí estaba 'Slow Death' que se publicou nun 7'' xunto con 'Tallahassie Lassie'.

En realidade o recuperamos, porque esta semana publicouse na web Dangerous Minds un audio do 'Slow Death' en directo en San Francisco de 1971, interpretado aínda por Roy Loney (audio soundcloud aquí), ademáis do video en directo na TV xa con Wilson no seu lugar. Dous documentos fantásticos.


miércoles, 5 de abril de 2017

Los Wavy Gravies

E máis recomendacións.
LOS WAVY GRAVIES estarán en directo en Vigo, o sábado 8 de abril en La Pecera dende as 22:30h. Unha sesión dobre que comeza en horario de tarde cos Family Folks. Un planazo se estades por Vigo.


Isi Vaamonde & Sito Suárez

Recomendación para este fin de semana.
Isi Vaamonde en directo, acompañado por Sito Suárez nas guitarras, e algunha sorpresa maís. Este venres 7 de abril no Pub Brothers. 23:30h.
O poster sobre foto de Julián Callejo.


The Limboos "Limbootica"

Xa está aquí o novo traballo de The Limboos! un auténtico discazo que que supera con creces as espectativas. "Limbootica" (Penniman Records) saíu o mes pasado, e son once novos temas desa trituradora de rhythm'n'blues que xa é marca da casa, ao que engaden toques de swing, boogaloo, calypso e un pouco máis de rock para conseguir esa mestura explosiva de baile, con nova formación respecto ao anterior e coa produción de Mike Mariconda.
Abre coa enorme 'I don't buy it' que xa fora o adianto do álbum, e tamén inclúen 'I'm a fool', que xa aparecera como cara b do seu 7'' do ano pasado (con 'I need your Lovin' na cara A), 'Been whole a lot of time' é outro pelotazo que segue a mesma liña de coros blues e case gospel, as instrumentais 'Crazy Rhumba' ou 'Rough Trip', ademáis de temas enfocados directametne a movelas cadeiras coma 'Calypso Drunk', 'Danzón#13', '(Uh Huh) No Business Next To Mine', e cara o final 'No troubles' en plan clasicazo de blues, e para rematar 'Lies' para deixarnos con gañas de máis ata a seguinte entrega.
Podedes escoitalo completo no seu bandcamp, pero mellor que vos fagades co voso exemplar xa, porque voan. Menudo discazo, recomendación obrigada!!


THE LIMBOOS "Limbootica"
(Penniman Records, 2017)



martes, 4 de abril de 2017

Programación Abril2017

Aquí tedes a programación completa do Rif-Rock para este mes de abril:

· Venres 7 abr: Trash!
· Sábado 15 abr: DEAD WOOD en directo 23:45h.
· Sábado 22 abr: PTOOFF! 
· Venres 28 abr: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!

Ademáis en Samana Santa, estaremos de mércores a sábado co horario habitual. 
Non vo-lo perdades!!


Ven.28: Black Grooves!


Sáb.22: Ptooff!

En abril teremos nova sesión de Ptooff na nosa cabina.
Escolleu a obra "Neon Door" de Gavin Turk para ilustra-lo poster, nós nin idea de por donde van os tiros. Teredes que vir para comprobalo.


Sab.15: DEAD WOOD en directo

Este mes volven DEAD WOOD ao Rif-Rock! na súa xira Spirit Away Tour, presentando o seu single "Spirit Away b/w CBA Blues" publicado por Ulomanía Coop. 
Será o sábado 15 de abril, en plenas vacacións de semana santa. 
Non vo-lo perdades!!


Ven.7: Trash!


lunes, 3 de abril de 2017

Lonnie Brooks

Lonnie Brooks (Lee Baker Jr.)
1933 - 2017

foto: Kirk West Photography

Où Sont Les Femmes? 2017


Coa sesión sorpresa do venres pasado damos por rematado co material desta edición de Où Sont Les Femmes? na que houbo cancelacións de última hora, cambios de data e bonus tracks, na que finalmente participaron cinco das nosas mellores amigas para facerse cargo da selección musical do Rif-Rock durante todo o mes de marzo: Marinocha, Bimba Pop, Pau Pau a Go-Gó!, Reckless Daughter e RoccoDj.
Podedes ir repasando o material, posters, fotos e as dúas sesións que polo momento nos enviaron, seguindo a etiqueta Où Sont Les Femmes?.
Se queredes ir directamente ás sesións, aquí tedes a de Marinocha do 4 de marzo, e a de Pau Pau a GoGó! do sábado 18, se aparece algunha máis actualizaremos
Todo un pracer organizar programácións coma esta.
Moitas grazas ás protagonistas. O próximo ano máis!.