miércoles, 14 de junio de 2017

Lamprea Explosiva "Brulio"


Xa temos aquí a cuarta referencia dos cracks de Pantera e Iribarne Producións. Trátase do 7'' de presentación dos LAMPREA EXPLOSIVA. Un dúo vigués que recrean a mellor tradicion do punk e do hardcore da vella escola.

"Brulio" é o seu primeiro traballo, temas en galego, con letras comprometidas e super divertidas, e además a toda hostia, como debe ser. Chegan a meter ata oito cortes no single incluído un intermedio antes do bonus track! Eu quédome con 'Kronstadt', 'Pemento', 'Ollomol' e 'Mayeusis', pero teredes que escoitalo todo con atención porque se te despistas xa te perdes a metade.

Atoparedes dúas edicións. Unha en vinilo vermello transparente de 250 copias numeradas, e coma sempre outra tirada especial de só 100 unidades en vinilo negro e cun (atención!!) ambientador para o coche incluído!! Tremendos!!

Dende a semana pasada xa os temos dispoñibles no Rif-Rock, así que apurade a facervos coa voa copia porque voan. 
Para máis info, envíos etc... escribide a panteraeiribarne@gmail.com.



martes, 13 de junio de 2017

Moon Duo "Occult Architecture, Vol.2"

A comezos de ano os Moon Duo lanzaban a primeira entrega de 'Occult Architecture', un álbum máis escuro do habitual na súa liña e con moitas referencias as bandas da dark wave dos 80s. 
O mes pasado lanzaron a continuación: "Occult Architecture, Vol.2" e nesta segunda entrega empregan tódo-los seus recursos para facer algo distinto, o primeiro presentouse como unha mazmorra, e este coma un palacio de cristal. Así a tormenta de kraut, shoegaze, space rock e psychodelia se emprega para facer un álbum optimista e luminoso, formando dous álbumes complementarios que deberían funcionar coma opostos perfectos.
'New Dawn' abre esta entrega con tódo-los elementos más recoñecibles da banda, densidade, melodías, capas, e dende aquí todo vai mudando. 'Mirror's Edge' un tema de base kraut, que se queda en bucle, e que parece incluso inspirada en moitas evolucións propias do Madchester máis festeiro.
'Sevens' e 'Lost in Light' son a propostas máis optimistas do álbum, con tódo-los elementos de sempre, pero con melodías máis amables e as harmonías moi fluídas, e uns coros para rematar o tema que son todo paz. Para rematar 'Crystal World', un instrumental de dez minutos que xoga coa rítmica e os sintes ambientais. 
Sempre quedamos con gañas de máis. Un álbum extrañamente relaxante.

MOON DUO "Occult Architecture, Vol.2"
(Sacred Bones, 2017)



lunes, 12 de junio de 2017

Escape-Ism: Ian Svenonius no Liceo Mutante

Recomendación urxente para esta mesta tarde!!
Ian Svenonius en directo no Liceo Mutante de Pontevedra.

Xa sabedes que Ian Svenonius é unha das nosas debilidades, coa súa longa traxectoria en bandas e proxectos coma Nation Of Ulysses, The Make-Up, Chain & The Gang, David Candy, Weird War ou Cupid Car Club, además da súa faceta de escritor que tamén vos recomendamos neste blog. 

Escape-Ism é a súa última proposta en solitario, co que propón un achegamento diferente ao rock baseado na voz, guitarra, caixas de ritmos e fuzz, unha pureza de forma moi lonxe do concepto típico de banda.

Esta será a súa única data en Galicia.
Ademáis completan o programa Rita Braga e a Nova Orquesta Mollabao.
Todo dende as 20:30h.


Travesti Afgano "Nos Vale Madre"

Xa temos o novo lp dos Travesti Afgano!
O seu segundo traballo é "Nos Vale Madre", e está publicado en colaboración de ata cinco selos: Mama Vynila, Pelgar, Discos Anormales, Producciones Esporádicas e a Droguería La Camelia de Portonovo. Sae oficialmente o próximo 23 de xuño, pero xa nos deixaron unha pequena remesa no Rif-Rock para que non quededes sen el, e a un precio de escándalo!! 
Nas próximas semanas xa vos faremos a reseña en condicións, pero podemos adiantarvos que toda a cara b é un auténtico espectaculo.
Mentres tanto, se podedes velos na xira de presentación, non vo-los perdades.


sábado, 10 de junio de 2017

Novedades Carminha 'Te Quiero Igual'

Novo tema dos Novedades Carminha, que continúa pola senda do baile.
'Te quiero igual' é un novo tema que supoñemos adianto de novo traballo, pero ata o momento non temos data prevista nen máis info.
Onte lanzaron o videoclip do tema coa intervención da actriz Alba Galocha.
Ahí o tedes:


viernes, 9 de junio de 2017

esta noite... Trash!


Los Wavy Gravies en directo

Recomendación para esta tarde-noite:
LOS WAVY GRAVIES, en directo na praza Alfredo Brañas dende as 21h.
Dentro do programa das xornadas BaskeTapas.
Chegan coa nova formación en triio, co Sheriff Lorre á guitarra e voces, Mr Bam Bam na batería e Koko BB ao contrabaixo! Non vo-los perdades!


jueves, 8 de junio de 2017

Espiño "I"

Alfonso Espiño é un clasico da escea compostelana, dende os anos 90s formando parte de Los Contrastes, os enormes Mega Purple Sex Toy Kit, Los Chavales e recentemente con Los Linces, ou outros proxectos en formato acústico, agora lanza un proxecto máis persoal, que foi medrando dende a proposta en solitario ata conformar un banda estable.

O debut de ESPIÑO chámase sinxelamente "I", un mini álbum, con seis temas propios, todos en galego nos que desprega a súa paixón polo beat e a psychodelia 60s, con complexos arranxos de vento e corda que aportan ese toque barroco que moi poucos saben compaxinar coas melodías pop.
Arranca con 'Rebobina', pura melodía, coros e todos eses arranxos que comentamos para entrar directamente en materia e sen preámbulos no seu universo sonoro, 'Sen dúbida Florinda' o sarcasmo máis enérxico do álbum, logo chega o momento máis pausado e íntimo de 'O dourado danzar', e os lisérxicos sete minutazos da onírica 'Louro' que continúan coa divertida e inquedante 'Ovnis sobre o Val do Dubra' na que relata un feito real dos anos 80. Para rematar con 'Engaiolante Enfeitizante', e deixarnos con gañas de máis.

O traballo é resultado do premio no certame do Galicia Creativa do ano pasado, coa producción de Alfonso e Espiño e Gerardo Amigo, acompañado por Alexandro González nos teclados, Brais Sánchez coas guitarra eléctricas, e Curro Marcos á batería, ademáis das colaboración de Álvaro Crego nos metais e Quim Fariña ós violíns. 
Polo momento só dispoñible nun fermoso digipak, pero sabemos que pronto sairá en vinilo con un tema extra moi especial. 
Recomendamos a entrevista en Mondosonoro publicada a semana pasada.
Mentres tanto, buscádeo en directo! Esta mesma noite tedes a ocasión na Sala Riquela de Compostela.

ESPIÑO "I"
(Fundación Autor, 2017)



miércoles, 7 de junio de 2017

programando...

Aínda que levamos uns cantos días moi ocupados, e sen actividade no blog, xa levamos días traballando no programa do noso 18º aniverario. 
A cousa está dificil pero xa temos as primeiras confirmacións, incluímos pistas...
Nas próximas semanas xa vos amosaremos todo tan pronto como sexa posible.


domingo, 4 de junio de 2017

King Gizzard & the Lizard Wizard: 'Chapter 3...'

Os King Gizzard & the Lizard Wizard prometeron cinco álbumes para este 2017, e a estas alturas de ano aínda agardamos polo segundo, pero sabemos do que son capaces... Xa temos o adianto do seguinte, que levará por título "Murder of the Universe" con data de saída o próximo 23 de xuño e será o seu décimo álbum de estudio. Trátase dun traballo conceptual con 21 temas divididos en tres capítulos, do que xa coñecemos o final, 'Chapter 3: Han-Tyumi & The Murder Of The Universe' con 13 minutos repartidos en 6 cortes. Faltan tres semanas...


sábado, 3 de junio de 2017

"Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band"

Nestes días moito se ten escrito do Sgt. Pepper's dos Beatles, lóxico cando un álbum desta repercursión cumpre 50 anos, un auténtico superventas no seu tempo e que coninuou sendoo case por sempre. 
Pero estas cuestións non o convirten nun gran álbum no musical, nin como temos visto nestes días nalgúns medios calificándoo coma o 'mellor album de rock da historia'. En realidade non é nin o mellor álbum dos Beatles daquel ano. En novembro lanzaban o "Magical Mystety Tour", un dobre ep no seu formato orixinal, de menor repercusión comercial no momento (pero que tamén foi un auténtico pelotazo, coma tódo-los seus discos), e considerado ás veces como unha obra menor por tratarse da banda sonora da película do mesmo nome, aínda que con temas igual de exitosos e, alomenos máis arriscado no musical, con tema instrumental incluído.

O aniversario do Sgt. Peppers deu para moitas parrafadas nestes días, así que ahí van unhas cantas opinións do asunto: O pop barroco da propia 'Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band' e a súa versión repise cara o final, xunto coa despedida de 'A Day in the Life' (sen dúbida a mellor peza do álbum) son o realmente salientable no musical. Porque por moi coñecidas que sexan 'Lucy in the sky with diamonds' ou 'With a little help from my friends' non as convirten en grandes cancións. Efectivas por suposto, xa que quedaron para sempre no imaxinario popular, pero moi alonxadas da sofisticación musical e da efervescencia de ideas da época. E menos ainda cando o que habitualmente se reivindica é a proposta transgresora da banda nesta época. Se falamos de 'Lovely Rita', 'When I'm Sixty-Four' ou 'Fixing a Hole' o que temos é unha colección de ñoñadas simplonas con dous efectos de producción e nada máis, en definitiva, un álbum moi frouxo. Ahí queda iso. É o que acontece cando un fenómeno se sobredimensiona, e termina por confundirse o éxito comercial dun producto coa súa calidade, máis aínda no seu contexto de 1967. A súa gran difusión e aceptación popular está fora de toda dúbida, así como a súa contribución fundamental á expansión do fenómeno POP por todo o planeta, pero eso non o convierte, nin tan sequera, nun dos mellores álbumes da banda de Liverpool. Así de sinxelo.

O que sí foi icónico deste álbum foi a súa portada. Un collage obra de Peter Blake que dende entón se converteu en eterno. Como se trata dunha portada dos Beatles, o marketing e a propaganda tamén se empeña en decir que é a primeira portada da historia da música que non reproduce unha sinxela foto do grupo e nada máis, o cal tampouco é certo. Tanto en 1966 coma moitos dos grandes álbumes lanzados a comezos do 67 se adiantaron a esas propostas estéticas. Álbumes icónicos coma os da Velvet Underground, Beach Boys, The 13th Floor Elevators ou os Grateful Dead entre outros se lanzaron á propostas estéticas da cultura pop, o swinging london e á psychodelia antes que os Beatles, pero o marketing é así, cando funciona dura máis de 50 anos.


Pero eso non resta importancia ao traballo de Blake, recoñecido artista pop dende os anos 50s, polos seus collages e as súas dianas. Pero o éxito do seu traballo para os Beatles comeuse para sempre todo o seu traballo, convertíndose nunha das portadas máis famosas da historia, e porque non, nunha das obras do deseño máis recoñecibles para a eternidade. A portada é un collage feito con fotos a tamaño real, na que acompañan aos Beatles figuras insignes da cultura da época e figuras relevantes da sociedade británica dun pasado recente. Ahí aparecen escritores coma Edgar Allan Poe, Oscar Wilde ou Lewis Carroll, actrices coma Shirley Temple ou Marilyn Monroe, e iconos recentes coma Karl Marx ou Sigmund Freud, tamén aparece Bob Dylan, e Stuart Sutcliffe (que formara parte da banda nos inicios), ademáis de Sir Robert Peel (influínte ministro británico do século XIX) e personalidades relevantes da filosofía como Aldous Huxley, o mistico hindú Sri Yukteswar Giri, ou o influínte ocultista Aleister Crowley. Ademáis de algúns famosos da época que se negaron a aparecer retratados, ou foron retirados segundo avanzaban as sesións, e incluso a lenda di que finalmente tamén retiraron as figuras de Gandhi, Hitler ou Xesuscristo.

A portada foi tan icónica que foi versionada en numerosas ocasións, a primeira xa o ao ano seguinte para a portada do sarcástico "We're Only in It for the Money" de Frank Zappa & The Mothers of Invention lanzado en marzo do 68. Pero a miña favorita é a realizada en 1989 polos Thee Mighty Caesars de Billy Childish, que servía de portada para o "John Lennon's Corpse Revisited". Pero esa xa é outra historia...


jueves, 1 de junio de 2017

A despedida de Wau y Los Arrrghs!!!

Os míticos Wau y Los Arrrghs!!! separánronse hai cousa de un ano logo dunha xira americana. Pero unha banda coma esa merecía unha despedida de outro nivel, na súa casa e con tódo-los seus amigos e incondicionais. A cita escollida foi o Surforama de Valencia o pasado 18 de maio.
Os de Slovenly Recordings montaron un pequeno video desa actuación para o recordo con 'Rey de Tablistas' (ver entrada aquí). Non sabemos se volverán algún día, oxalá!, pero alomenos nos queda a súa discografía e os seus delirantes concertos da mellor banda de garage do estado. 
E lembrade sempre, No se dice Adios, se dice a Link Wray...


Sab.17: Kurco Vs. Munstaphá


Ven.9: Trash!


miércoles, 31 de mayo de 2017

Atom Rhumba 'Automatically Updated'

Moito tempo pasou dende o 2010 cando os Atom Rhumba lanzaron o seu fantástico "Gargantuan Melee". Logo de anos de retiro volven a poñerse en marcha. 'Automatically Updated' é o adianto do que será o seu novo álbum, e manteñen todos esos elementos que tanto nos gustan e tan ben lles funcionaban: post-punk, funk e garage. Aínda non hai data de saída deste novo traballo, pero dende esta mesma semana xa están de xira con novo material


martes, 30 de mayo de 2017

Black Grooves#49

Aquí tedes algo máis de unha hora da entrega do vernes pasado da serie Black Grooves!! Todo con referencias dos últimos anos. Agora a darlle volume!

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 26 mai.2017)



lunes, 29 de mayo de 2017

[revival] demo de David Falcón

Máis revival antes de que remate maio...
Outro concerto que tivemos en maio do 2012 foi un dos últimos de David Falcón en solitario, logo xa embarcaría cos Radioactive Toy e posteriormente con The Sharknadoos. Para aquel concerto do 5 de maio do 2012 no Rif-Rock, encargámonos da edición da súa maqueta, cunha selección de seis temas dos que subía semanalmente ao seu blog naquela época, agora xa eliminado da rede. Por suposto, o cd foi un agasallo do local a tódo-los que se achegaron aquela noite.


Os temas eran:
01 All my Life
02 You'll never Know
03 Torn me apart
04 The Dream
05 Moving On
06 Maybe it's not too Late

Aínda podedes atopar esta demo en descarga directa (ver entrada con enlaces) e comprobar cómo soportan bastante ben o paso do tempo.
Tamén tedes o concerto completo aquí.
Cinco anos xa daquela maqueta, nós lembrámola con moito cariño.