martes, 9 de enero de 2018

5 videoclips do 2017

Moon Duo 'Cold Fear'
do "Occult Architecture Vol.1" (Sacred Bones Records)




War on Drugs 'Nothing to find'
do "A Deeper Understanding" (Atlantic)




The Shins 'Half a Million'
de "Heartworms" (Columbia / Aural Apothecary Records, 2017)




Flying Lotus 'Post Requisite'
(single independente)




General Elektriks "Different Blue"
(single independente)




*bonus:
Breakin' Bones 'Puerto Hurraco'
do EP "Pura Maldad!" (Ulomanía Coop.)




este sábado: Singles2017

Este sábado, Singles2017: Kurco e Munstaphà na cabina facendo o repaso do mellor do 2017, destripando os mellores singles, álbumes e bandas do ano. 


lunes, 8 de enero de 2018

Drama Queens en directo

Aínda tiñamos pendentes de subir material do último concerto do ano.
Aquí tedes uns cantos temas da jam de Nadal que nos ofreceron os Drama Queens o 30 de decembro. 
A big band montada para a ocasión estaba formada por:
Quique Barreiro: voz
David Falcón: guitarra, baixo e voz
Rubén Iglesias: baixo
Victor Karallada: guitarra, coros
Miguel Costas: piano, efectos e máis
Matías Leiro: guitarra e voz
Bruno Canario: batería e máis trebellos
E ademáis fóronse sumando:
Kevi Aragunde: guitarra e voz
Carlos Abal: guitarra
Noa Castro e Rubén Arenaz: voces

Sodes moi grandes cracks! unha ducia de temas tomados das súas bandas sonoras favoritas, sen apenas ensaios xuntos e algunha imporovisación máis, un concerto que xa é un clásico do Nadal. 


Deixámosvos cinco temas dos Drama Queens, e ademáis houbo sesión golfa, con Kevi Aragunde e Carlos Abal facendo uns cantos temas de Airas. 
Noutra ocasión subiremos algo diso, estivérades ali... Moitas gracias a todos!!

Aquí tedes os cinco temas en lista de reproducción:



viernes, 5 de enero de 2018

Half Japanese "Why Not?"

Os Half Japanese levan xa máis de 40 anos lanzando discos se pausa, e só tras un pequeno parón a comezos de século, agora están a vivir unha segunda xuventude aínda máis fructífera que a dos seus inicios. ADemáis semella que o inxenio de Jad Fair e o seu irmán segue intacto. Este "Why Not?" é outra mostra do seu estilo directo e naïf, pero que a pesar da súa apariencia sinxela, os seus temas sempre esconden moitas capas de son, e sobre todo moitas referencias a outras cousas. Arranca cos ritmo atropelados de 'The Future is Ours', e a intensa 'The Face' con ese son marca da casa, pero tamén podedes atopar o pop case infantil de 'Amazing', ou o punk old school de 'Demons of Doom' e o rockabilly macabro de 'Zombie Island Massacre'. Ademáis as instrumental 'Word to the Wise', e a experimental 'Spaceship to Mars' coma se foran a propia orquestra de Sun Ra. E as pezas 'Why Not?' e 'Why'd they do it?' que se complementan nos extremos do álbum. Outra xoia sen complexos dos Half Japanese, e ahí seguen case eternos sen que ninguén lles faga moito caso. Xa dispoñible en reservas, sae a próxima semana.

HALF JAPANESE "Why Not?"
(Fire Records, 2018)



Kings of the Beach "Goats"

Tardou moito en saír, pero por fin nos fixemos co novo 7'' dos Kings of the Beach. "Goats" é o seu último lanzamento, dous temas gravados con xente de The Parrots e Los Nastys, e editado por Triunvirato. Inclúe 'Goats' e 'Blisters on my Teeth' na cara b. Dous trallazos marca da casa que sirven de adianto do seu lp de debut que lanzará Ciudad Oasis nunhas semanas. Atentos...

KINGS OF THE BEACH "Goats"
(Triunvirato, 2017)



King Gizzard & The Lizard Wizard "Gumboot Soup"

Imos coas primeiras recomendacións do ano.
Xa temos o quinto álbum dos King Gizzard & The Lizard Wizard do 2017. Chegou polo pelos, o 30 de decembro publicouse no seu bandcamp, e aínda que a edición en vinilo non estará dispoñible ata dentro dun par de meses, cumpriron a promesa de cinco álbumes ao longo do ano, no que o fío de cada un xiraría en torno as posibilidades de instrumentos modificados, evolucionando estructuras de diferentes estilos musicais. O certo é que, o que conseguiron este ano foi unha auténtica pasada (además de regalar os masters do anterior para editar libremente), aínda que por separado ningún dos cinco álbumes sexa unha maravilla, pero de todos se aproveitan moitas cousas. De feito, estes 10 temas que compoñen "Gumboot Soup" semellan, polo estilístico, descartes dos anteriores, con temas moi próximos ao folk alucinado, outros evolucionados desde estructuras de free jazz, e outos que xa se pasan de voltas de metal, e aínda así, paréceme o máis aproveitable de todos os de este ano.

King Gizzard & The Lizard Wizard "Gumboot Soup"
(Flightless Records, 2017)



jueves, 4 de enero de 2018

Programación Xaneiro2018


Mellores momentos Rif-Rock 2017

Seguimos co resumo do 2017.
Sempre aproveitamos o de facer un pequeno repaso polos concertos e outras festas especiais do ano, para que tamén vós digades cal, ou cales, foron os mellores momentos de cada ano no Rif-Rock. 
Non foron tantos concertos coma o ano anterior (é imposible repetir iso), pero pensamos que tamén estará difícil a cousa. De algúns non temos moito material gráfico, ou aínda están pendentes de subir completos, pero con estas 9 propostas que deixamos aquí xa tedes bastante para escoller, pero poden ser outras, calqueira sesión, festa de Fin de Ano, o que queirades!.
Podedes votar nos comentarios desta entrada, ou através do facebook, por mail... ao voso gusto. Tedes sobre uns 10 días para facelo.
Ahí van unhas cantas propostas:

BREAKIN' BONES (18 de marzo 2017)
Estes non podían faltar. E o fixeron por partido dobre, pero en condicións moi diferentes. En marzo foron os protagonistas do primeiro concerto do ano no Rif-Rock e ademáis presentaban o novo lanzamento de Ulomanía Coop, "Pura Maldad" (Ulo-002), un vinilo de 7'' con catro trallazos marca da casa. Un show fantástico que nos ofreceron aquela noite. Lamentablemente foi dos últimos con esa formación.




OÚ SONT LES FEMMES? (programación especial marzo).
Non sei se algunha das sesións de marzo foi para vós das mellores do ano, pero seguro que a programación conxunta Où sont Les Femmes? foi outra vez do mellor do ano para moitos de vós, con cinco das nosas mellores amigas facéndose cargo da cabina ó longo de todo o mes, con cambios de última hora, e sesión sorpresa no última día.



DEAD WOOD (15 abril 2017)
O sábado de Semana Santa foi o turno dos Dead Wood coa formación completa, zanfoña incluída. Volvían ao Rif-Rock coa súa xira "Spirit Away Tour", que precisamente comezará na Noiteboa anterior (mellor momento do Rif-Rock 2016 por unanimidade), e ademáis xa nos presentaron novos temas. 
Moi pronto os teremos de volta.




LOS KING KONGS (18º Aniversario Rif-Rock, 8 xullo 2017)
O sábado 8 de xullo foi o prato forte do noso 18º Aniversario, co directo de Los King Kongs, banda para a ocasión que montaron entre Los Wavy Gravies, e o contrabaixo de Koko (Breakin' Bones e Pegas Negras). Dende aquel show xa quedaron todos integrados en Los Wavy Gravies. Concerto de moito nivel, cheo de clasicazos do rock'n'roll maís primitivo, sons de serie b, moito surf, garage e co revival de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, por suposto rematando con Michi Calambres no escenario para o tema de despedida. Animalada!!




9ª Festa do Bigote (6 agosto 2017)
Como cada ano, unha das festas máis grandes que se monta no Rif-Rock. Nesta ocasión con Sanni Cerviá de mestra de cerimonias e con Edu Charlín de PC Barbería facendo de padriño unha vez máis, e cos seus tremendos agasallos para os premiados. Nesta 9ª edición os gañadores foron Denis Pintos, Olalla Novas e Vitor Dominguez. Noraboa outra vez. O próximo ano máis.



TIM HOLEHOUSE (14 outubro 2017)
En outubro por fin tivemos a Tim Holehouse no Rif-Rock. Levábamos tempo con gañas de traelo, e ao fin apareceu a oportunidade de repetir cos de Ulomanía Coop. Gracias a Bosco dos Family Folks e ao Sheriff Lorre por facelo posible.
Concerto intenso e divertido como poucos que teñamos feito no local. Tim ofreceunos hora e vinte cos seus temas en acústico, adiantounos algún do seu próximo álbum, e ofreceunos unha chea historias super tolas con anécdotas das súas xiras polo mundo adiante. Por suposto, para rematar o seu hit 'Long Road to Nowhere'. Un tipo xenial, esperamos telo de volta na súa próxima visita. 



NUNES, un tributo aos AIRAS (4 novembro 2017)
Das cousas máis bonitas que tivemos xamáis, a homenaxe aos Airas. Era un segredo a voces, pero entre todos conseguimos que para os protagonistas fose unha sorpresa ata o final. Foi un enorme currazo de David Falcón, Quique Barreiro, Rubén Arenaz, Noa Castro, Matías Leiro, Cruz Alfonso, Bruno Canario, Xacobe Abal, Alberto Rial e Guadi Galego, sodes moi grandes!!, un concerto fantástico co que nos fixéchedes revivir momentos moi especiais, sobre todo a sorpresa que se levaron Kevi, Carlos, Sito e demáis membros da familia Airas.




BREAKIN' BONES (23 decembro 2017)
Polo Nadal volvían os Breakin' Bones. O seu concerto de retorno, con novas ganas, novos temas e nova formación. Presentaban Jorge Arenaz como novo contrabaixista, que lles aporta un son moi distinto o anterior. Foi o primeiro show que montamos da nosa programación especial de Nadal.




DRAMA QUEENS (30 decembro 2017)
Segundo concerto da programación de Nadal, e nova reinvención da big bang da casa. Nesta ocasión escolleron temas dos seus filmes favoritos, e despois do show, mini concerto sorpresa de Airas con Carlos Abal e Kevi Aragunde aos mandos. Unha noite tremenda!.





Tóda-las sesións do 2017

Seguimos co repaso do 2017. 
Unha revisión das sesións do ano, alomenos tóda-las que deixaron arquivos de descarga, que non foron nin a metade das que houbo. Aquí tedes 20 enlaces das case 50 que fixemos ao longo deste ano. Como vedes, comeza e remata coas sesións de Nadal de Calambres.
Aquí tedes tóda-las que compartimos no 2017:

Michi Calambres "Nadal Soul"
(30 decembro 2016)
Aínda quedaba unha sesión máis por compartir do ano anterior. Aquí tedes pouco máis dunha hora do que nos deixou Michi Calambres da súa sesión do 30 de decembro para poñer fin ó Nadal Soul 2016. Metédelle volume!!

"SINGLES2016" (Kurco & Munstaphà)
(14 xaneiro 2017)
Un clásico de cada ano. A selección con todo o mellor do ano anterior, logo dunha noite pelexando coas nosas listas. Dúas horas mesturadas por Kurco e Munstaphá con case 40 temas. Repasa todo o material na etiqueta Singles2016[ver entrada]

Fuck'U Whiteys... Black Grooves #47 
(27 xaneiro 2017)
Primeira entrega do ano da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! Aquí tedes unha hora e cuarto de sesión, con moito rhythm'n'blues, funk e soul, con un pouco de antes e moito de agora. Metédelle volume!.
[ver entrada]

Psych.Munstaphà "Trash!#18"
(10 febreiro 2017)
Aquí tedes algo máis dunha hora da primeira entrega de Trash deste ano. Moita da nosa basura preferida ben mesturada, algunha cousa vella, outras renovadas e a maioría pezas dos últimos anos.
[ver entrada]

GALELUWAH "Kraut" (feat. Ptooff!)
(17 febreiro 2017)
En febreiro estreábase outro álter-ego de Ptooff, alucinado polo kraut e a kosmische musik. Aquí tedes case unha hora da sesión de Galeluwah. Metédelle volume para escoitar as flautas en condicións...
[ver entrada]

MARINOCHA ÜBER ALLES #OSLF?
(4 marzo 2017)
Outro ano máis que organizamos no mes de marzo unha programación especial na nosa cabina co ciclo Où Sont Les Femmes?. Aquí tedes sobre media hora da sesión inaugural de Marinocha.
[ver entrada]
PAU PAU A GO-GÓ #OSLF?
(17 marzo 2017)
Máis do ciclo Où Sont Les Femmes?. O 17 de marzo foi o turno de PauPau para continua-la festa logo do concerto dos Breakin' Bones. Moito rockabilly e rhythm'n'blues. Metédelle volume ao máximo.
[ver entrada]
Psych.Munstaphà "Trash!#19"
(7 abril 2017)
Aquí tedes case unha hora doutra entrega da serie Trash! Moita da nosa basura preferida ben mesturada, algunha cousa vella, pero case toda de lanzamentos recentes.
[ver entrada]
Fuck'U Whiteys... Black Grooves #48 
(28 abril 2017)
Logo de dous meses sen sesións de música negra, volvimos con gañas con outra entrega da serie Black Grooves!! Aquí tedes algo máis de hora de material vello, case todo sacado do baúl... Metédelle volume!.
[ver entrada]

Fuck'U Whiteys... Black Grooves #49 
(26 maio 2017)
Nova entrega das Black Grooves!. Aquí tedes algo máis de unha hora da entrega do 26 de maio, todo con seleccións sobre os mellores álbumes dos últimos anos... Metédelle volume!.
[ver entrada]


Kurco SoundSystem "California Über Alles"
(17 xuño 2017)
Tivemos que agardar ata xuño para unha nova visita de Kurco á nosa cabina. En xuño ofreceunos unha sesión para revisar moitas bandas de California, de antes e de agora. CÜA!!
[ver entrada]


Michi Calambres "Sesión 18º Aniversario"
(8 xullo 2017)
Michi Calambres volveu ser o encargado de poñer o fin de festa do aniversario do Rif-Rock. Unha festaza tremenda. Aquí tedes a entrega especial de Calambres polo noso 18º Aniversario.
[ver entrada]


Escalenux "#2"
(15 xullo 2017)
En xullo volvía Escalenux á nosa cabina, o máis novo de tódo-los nosos convidados e a última esperanza do rock and roll. Aquí tedes uns tres cuartos de hora das súas seleccións para poñer ao máximo volume!
[ver entrada]

Kurco SoundSystem
(16 setembro 2017)
En setembro volveu Kurco a cabina. Aquí tedes sobre unha e cuarto que nos deixou da súa sesión, un tobogán de enerxía, dende os 90s ata cousas moi recentes. Metédelle volumen...
[ver entrada]


PTOOFF! "Boomb!"
(23 setembro 2017)
Aínda queda algunha sesión máis sen compartir. 
Aquí tedes case unha hora da sesión de Ptooff do 23 de setembro: Boom!! Garage explosivo e psychodelia troglodita.
Black Grooves! #52
(20 outubro 2017)
Levabamos varias entregas de Black Grooves sen compartir, a #50 por que foi unha especie de greatest hits, e a #51 por que non tivemos tempo. Pero aquí tedes algo máis de unha hora da núm #52, todo con pezas de actualidade.
[ver entrada]

Psych.Munstaphà "Trash!#20"
(17 novembro 2017)
Aquí tedes algo máis dunha hora doutra entrega de Trash. Moita da nosa basura preferida, toda recente e ben mesturada.
[ver entrada]



Black Grooves! #53
(24 novembro 2017)
Número 53 e última entrega do ano da serie Black Grooves. Outra sesión con propostas dos últimos anos e moitos lanzamentos recentes.
[ver entrada]

Psych.Munstaphà "Trash!#21"
(15 decembro 2017)
Outra entrega de Trash. Moita da nosa basura preferida ben mesturada, toda sacada do baúl, rarezas, bandas de culto das que xa ninguen fala e algunha cousa que tiñamos esquecida durante moitos anos.
[ver entrada]

Michi Calambres "Nadal Rocks"
(22 decembro 2017)
A última sesión que subimos do 2017, pero non foi a última. Calambres abría a nosa programación especial de Nadal cunha descarga de garage punk, rock troglodita, e por suposto co rhytyhm'n'blues do máis elegante.
[ver entrada]





Tódo-los pósters do 2017


miércoles, 3 de enero de 2018

Singles2017

Dende mañán, e durante dúas semanas (ata a sesión do sábado 13), iremos publicando as nosas listas, seleccións e recomendacións do 2017, sexan de actividades no local, discos, vídeos, deseños ou de calquer outra cousa. 
Seguídeo todo na etiqueta Singles2017.


Drama Queens & Airas

Aquí tedes un par de temas da jam do sábado. 'Where is my mind', clasicazo da nosa adolescencia, polos Drama Queens. E na sesión golfa de despois, xunto con Carlos Abal e Kevi Aragunde facendo un par de temas dos Airas, aquí vos deixamos 'Roma'. A ver se a próxima semana subimos case todo o concerto.



Cuatro Fotos: as fotos de Fin de Ano 2017

Xa están subidas tóda-las fotos da festaza de Fin de Ano que unha vez máis nos montou Cuatro Fotos. Un millón de Gracias de novo, insuperable!! 
Ahí vai todo o que pasou diante desa cámara, xa é tarde para arrepentirse, agora a botar unhas boas risas outra vez!!
Todo na web de CuatroFotos, no álbum Fin de Ano Rif-Rock 2017
Buscádevos e compartide!!


martes, 2 de enero de 2018

Ven.26: Black Grooves!


Sáb.13: Singles2017

Outro clasicazo de cada mes de xaneiro: 
Kurco e Munstaphà facendo o repaso do mellor do ano anterior.
Singles2017!, destripando os mellores singles, álbumes e bandas do ano. 
Será o sábado 13 de xaneiro.
E durante estas dúas semanas publicaremos tóda-las nosas listas.


Sáb.6: Marinocha & Jomitallas

Este sábado, a primeira sesión do ano!!


lunes, 1 de enero de 2018

2018

Enorme fin de semana!! O venres co Chief Bromden, o sábado co directo dos DRAMA QUEENS, o mini show sorpresa dos AIRAS, a sesión do PTOOFF e os bonus tracks de Noa. E para rematar, a festaza que cada ano nos monta Cuatro Fotos para despedir o ano. Moitas gracias a todos. Feliz ano! Dende mañan, todos a polo 2018! 
E a próxima semana máis...