miércoles, 28 de noviembre de 2018

Bauhaus "The Bela Session"

Os Bauhaus están de cheo coas celebracións do 40 anviersario da formación da banda de cara ao 2019, e ademaís da reedición de tódo-los seus traballos, a semana pasada lanzaron o ep "The Bela Session".
Trátase das primeiras sesións de estudio da banda, recuperadas por primeira vez nun lanzamento oficial e remasterizadas dende as gravacións orixinais, xa dende hai anos circulan copias pirata cun son bastante lamentable.
Nesta sesión se inclúe a primeira gravación do mítico 'Bela Lugosi's Dead', e o tema orixinal de 'Boys' que formarían o maxi single lanzado aquel 1979, aínda que o tema da cara b foi lanzado cunha versión diferente ao desta sesión.
Ademáis inclúen o tema 'Harry', adicado a Debby Harry con ritmos xamaicanos, e que xa incluíran no EP "Kick In The Eye (Searching For Satori E.P.)" de 1982. Completan a sesión dous temas inéditos máis: a rítmica 'Some Faces', e 'Bite My Hip', que tras varias sesións remataría mudando ata converterse na coñecida 'LAgartija Nick'.
A cuberta do lanzamento está realizada cun negativo da portada orixinal do "Bela Lugosi's Dead". 
Dispoñible dende a semana pasada, e polo momento a un precio estupendo.

BAUHAUS "The Bela Session EP"
(Leaving Records, 2018)



domingo, 25 de noviembre de 2018

Futuro Terror Vs Nave Nodriza

Video clip entre Futuro Terror e Nave Nodriza, un crossover entre 'Se encerró' dos alicantinos, e 'Qué importa?' dos coruñeses. 

jueves, 22 de noviembre de 2018

Charles Bradley "Black Velvet"

En setembro, cando se cumpría un ano do pasamento de Charles Bradley, dende Daptone Records publicaban o clip de 'I fell a change' e anunciaban o lanzamento dun álbum póstumo coincidindo coa data do seu 70 aniversario. 
E aquí temos "Black Velvet", dez temas gravados na última década e que por diversos motivos non se incluíron nos seus álbumes, e así debe entenderse. De feito só tres temas presentan unha mestura final, o resto están a medio rematar, ou sen a pista definitiva de voz.
Como curiosidade, Black Velvet foi un dos nomes cos que Bradley se presentaba artísticamente na súa etapa de imitador de James Brown.

CHARLES BRADLEY "Black Velvet"
(Daptone Records / Durham Records, 2018)



Outono Códax Fest: JP Bimeni

Terceira entrega desta edición do Outono Códax Festival.
O sábado 24, con Natty Congeroo e JP Bimeni & The Black Belts, na Sala Capitol.
Toda a info e entradas na web do Outono.



miércoles, 21 de noviembre de 2018

The Messthetics

E das orixes do que logo foi Fugazi, a unha das súas continuacións.
A comezos de ano, Bendan Canty e Joe Lally, batería e baixo dos míticos Fugazi, anunciaron o lanzamento dun novo proxecto. Trátase de The Messthetics, unha banda na que se acompañan da guitarra jazz de Anthony Pirog.
O álbum homónimo foi gravado a finais do 2017, e saiu en marzo deste ano. Aínda agora nos fixemos con el, pero sempre chegamos a tempo.
"The Messthetics Album" está composto por nove temas instrumentais, moitos deles con estructura de jazz e deixando liberdade a Pirog para a instrumentación, pero nos que tamén queda patente a pegada hardcore de Canty e Lally na rítmica de 'Quantum Path' ou 'Crowds and Power'.
Emocionante volver a escoitar a estos de novo.

The Messthetics "The Messthetics album"
(Dischord Records, 2018)



Minor Threat 2018

En 1985, os seminais Minor Threat lanzaron o seu último traballo discográfico. Tratábase do ep "Salad Days" (Dischord Recs.). A súa portada era unha unha foto da banda que se converteu en icónica, e como toda a súa música, quedou para sempre na memoria. 
A semana pasada, os catro membros da banda se reuniron para recrear a foto: Ian MacKaye, Brian Baker, Jeff Nelson e Lyle Preslar sentados no mesmo porche.
A foto foi subida ás redes por Baker, aínda que xa apuraron a indicarnos que non hai plans de reunión.




martes, 20 de noviembre de 2018

The Dandy Warhols 'Be Alright'

Os Dandy Warhols están de volta. A semana pasada lanzaron o clip de 'Be Alright', dispoñible en 360º e está protagonizado por Jessica Paré (Mad Men). 
O tema é o adianto do seu novo álbum "Why you so crazy", con saída prevista para comezos do 2019, e preparan xira para conmemora-los 25 anos da banda.



lunes, 19 de noviembre de 2018

Documental "Que suene la música"

A semana pasada estreouse, na web de El País, o documental "Que suene la música". Está dirixido por Javier Gómez Serrano, e narra a actividade cotiá dos selos independentes que forman a Unión Fonográfica Independiente (UFI) para conmemorar os 15 anos da agrupación.
Ver na web de El País: 



viernes, 16 de noviembre de 2018

"The Brooklyn Sessions"

Hai algún tempo que nos atopamos con estas Brooklyn Sessions, e esta semana voltamos a escoitalas case por casualidade, e ben paga a pena compartilas.
Co sinxelo nome de Brooklyn xuntáronse Adam Yauch dos Beastie Boys, e Tom Cushman, colaborador habitual da banda coas guitarras, ademáis de Daryl Jenifer de Bad Brains ao baixo, e o baterista Doug E. Beans dos Murphy's Law. Todos coincidiran en moitas datas da longa xira do Licensed to Ill dos Beastie Boys ao longo dos anos 86 e 87, e ahí naceu este proxecto.


Metéronse no estudio a finais de 1987, e de ahí saiu esta demo, con 15 temas que foi comprada por varios selos en diferentes momentos para a súa edición oficial, pero por diferentes motivos nunca se publicaron oficialmente.
Dende 1998 comezaron a compartirse pola rede e a día de hoxe tedes estas "Brooklyn Sessions" dispoñibles en numerosos sitios.
Un documento único dun supergrupo que nunca foi, pero do que nos quedan eses 46 minutos de diversión rock-punk-funk. De escoita obrigatoria.
Tedes a historia completa na web de FactMag.

"The Brooklyn Sessions" tracklist:
1. Woke Up This Morning
2. Flying High
3. Instrumental 1
4. Running Out of Time
5. Instrumental 2
6. Instrumental 3
7. Home
8. Goodbye
9. Down
10. I Don't Know (Ask for Gratitude)
11. I Don't Need You
12. Goodbye (Version 2.0)
13. Gone Crazy
14. I Don't Need You (Version 2.0)
15. I Don't Know (Ask for Gratitude) (Version 2.0)



jueves, 15 de noviembre de 2018

The Gypsy Souls

Aquí tedes, por fin, uns cantos vídeos do show dos Gypsy Souls do pasado 3 de novembro.
Xa tiñamos gañas de telos en directo e foron os encargados de inicala tempada de directos despois do verán, aínda que tardamos máis da conta en arrancar.
Aquí vos deixamos só tres temas, se queríades máis, xa sabedes, estivérades alí. 
Grazas Andrea e David, tremendos!! 
Un pracer tervos de volta.





miércoles, 14 de noviembre de 2018

Black Doldrums "Sad Paradise EP"

Outro dúo que vos recomendamos esta semana.
Black Doldrums son de Londres, e chegamos a eles vía Charlie dj. 
"Sad Paradise" é o seu flamante ep recén saído (en 12''), catro temas de psycodelia densa, de longos desenrolos e sobrados de potencia, con capas e capas de guitarra e unha batería que é unha auténtica tolemia. De mostra, escoitade con calma 'There is no eye' ou 'It's a Dandy Massacre'. E de paso metédelle unha escoita aos tres singles anteriores (a comezos de ano lanzaron o 7'' de "Those with a Rope around their neck"), e unha maqueta que lanzaron o ano pasado en cassette na que se inclúen versións previas dos temas deste ep. Temos traballo por diante con esta xente.

BLACK DOLDRUMS "Sad Paradise EP"
(Club AC30, 2018)



martes, 13 de noviembre de 2018

Los Retumbes

Primeiro single de Los Retumbes!! O dúo vasco é unha das propostas máis divertidas do momento. No verán os tivemos por aquí de xira, e a finais de setembro lanzaron este primeiro 7'' co selo Family Spree. Catro trallazos de garage punk sen concesións: 'Cansado De Esperar', 'Surfing Fukushima', 'Sin Amigos', e 'Smartphombie'. Guitarra e batería mínima son máis que suficientes para despregar todas esas historias delirantes. Recomendado!
Dispoñible no bandcamp de Family Spree.

LOS RETUMBES "Los Retumbes"
(Family Spree Recordings, 2018)



Stan Lee

Stan Lee
(1922 - 2018)



lunes, 12 de noviembre de 2018

The Mummies anuncian filme

Non sei se o mundo está preparado, pero The Mummies anunciaron a comezos de mes o lanzamento dun filme para o próximo ano. Esta dirixido por Jim Granato, e por suposto protagonizado pola propia banda. Impacientes estamos xa...



jueves, 8 de noviembre de 2018

Los Bengala 'Así nos va'

Novo clip de Los Bengala, co tema 'Así nos va' do seu lp "Año Selvático".


Outono Códax Fest: Marta Ren + Marem Ladson

Este fin de semana dúas novas citas do Outono Códax.
O venres 9 repìte visita Luke Wilson King coa súa banda, na sala Riquela. 
E o sábado 10 dobre entrega na Sala Capitol, co pop de Marem Ladson e o explosivo directo de Marta Ren & The Goovelvets.
Programación completa aquí.
Toda a info e entradas na web do Outono.



miércoles, 7 de noviembre de 2018

Mark Sultan "Let me out"

Máis novidades que nos chegaron este mes.
O novo de Mark Sultan trae bastantes novidades. En primeiro lugar pola súa chegada a Wick Records, o subselo de rock da escudería Daptone, e sobre todo polo xiro no seu son.
En "Let me Out" ofrécenos as súas melodías de sempre, pero desta vez sen ese son cacharreiro do seu proxecto one-man-band. Son 13 temas breves e directos moito máis limpos e próximos aos estándares do garage revival.
Non o deixedes pasar.

MARK SULTAN "Let me out"
(Wick Records, 2018)