lunes, 28 de enero de 2019
domingo, 27 de enero de 2019
Quilma, clip de 'Cinzas'
O venres pasado os amigos de Quilma publicaron o clip de 'Cinzas'.
É o tema de adianto do que será o seu primeiro traballo desta nova etapa, con Quique Barreiro e Victor Karallada entre os seus membros.
Xa tiñamos ganas de escoitar algo do que estaban a rematar no estudio.
O clip foi gravado e producido por Carlos Abal, así que é de visionado obragatorio, e por suposto, compartide.
viernes, 25 de enero de 2019
jueves, 24 de enero de 2019
Night Beats "Myth of a Man"
Novo álbum dos Night Beats.
"Myth of a Man" é a cuarta entrega dos de Seattle, e desta vez se deixaron en mans de Dan Auerbach (Black Keys) na producción. Despréndense dese lo-fi tan característico das anteriores entregas e aparece algunha peza que non sabes moi ben como encaixalo... pero en medio aparecen pezas 60s coma 'One thing', o fantástico beat de 'Eyes on me', ou 'Let me Guess', que debe ser a máis parecida aos seus dous anteriores traballos.
Non soan coma antes, pero seguro que lle sacades proveito.
NIGHT BEATS "Myth of a Man"
(Heavenly Recordings, 2019)
miércoles, 23 de enero de 2019
Ty Segall & Freedom Band "Love Fuzz'
Máis adiantos.
Dende as redes de Drag City Records veñen de lanzar o primeiro tema do novo álbum do incansable Ty Segall. Nunca hai comezo de ano sen novo traballo de Segall, aínda que para esta entrega termos que agardar ata o 29 de marzo.
O álbum é un directo asinado pola súa formación habitual, Ty Segall & Freedom Band, con oito temas gravados en The Teragram Ballroom de LA, e leva por título "Deforming Lobes".
Xa está dispoñible para reserva, e polo momento nos deixan 'Love Fuzz' de mostra, tema do "Twins" do 2012.
Escoitar 'Love Fuzz' no bandcamp.
lunes, 21 de enero de 2019
Ulomanía + Fonosaurios + Ghesgha
Os de Ulomanía Coop. adiantáronnos a semana pasada a súa alianza con Fonosaurios para o lanzamento do debut en vinilo dos Ghesgha, que nos prometen todo un viaxe cósmico metido nun 7''.
Será a octava referencia de Ulomanía e a primeira edición da axencia Fonosaurios. Unha gran nova, pronto máis info...
domingo, 20 de enero de 2019
The Jam ObSession
Aquí tedes un par de pezas do primeiro concerto do ano.
Estamos rematando o mes, e aínda tiñamos pendente compartir algo de material do show dos THE JAM OBSESSION do 4 de xaneiro.
Xuntáronse 8 dos nosos habituais para a ocasión, e o resultado foi estupendo, un repaso por tóda-las épocas do pop cun repertorio máis que sorprendente.
Gracias cracks, sodes moi grandes!
Aquí vos deixamos tres temas daquela noite: 'Uptown funk', 'Take me out' e 'Moonage Daydream'. Ademáis tamén podedes atopar no facebook un fragmento de 'Time Warp'.
Para o resto, xa sabedes, estivérades ali...
viernes, 18 de enero de 2019
The Beasts (of Bourbon) 'On my back'
Bombazo que vimos o mércores.
Dende Bang! Records lanzaban o clip promocional de 'On my Back' de The Beasts, ou o que queda dos míticos Beasts of Bourbon tralo pasamento de Spencer P. Jones o pasado verán.
A formación actual está formada por Tex Perkins, Kim Salmon, Boris Sudjovic, Charlie Owen e Tony Pola.
O seu novo álbum levará por título "Still Here", e polo momento non temos data de saída oficial, pero podemos facernos as gañas con 'On my back':
Dende Bang! Records lanzaban o clip promocional de 'On my Back' de The Beasts, ou o que queda dos míticos Beasts of Bourbon tralo pasamento de Spencer P. Jones o pasado verán.
A formación actual está formada por Tex Perkins, Kim Salmon, Boris Sudjovic, Charlie Owen e Tony Pola.
O seu novo álbum levará por título "Still Here", e polo momento non temos data de saída oficial, pero podemos facernos as gañas con 'On my back':
jueves, 17 de enero de 2019
Thee Blind Crows "Death Awaits us All"
Comezamos coas recomendacións deste 2019.
O primeiro que vos recomendamos é o novo álbum dos pontevedreses Thee Blind Crows, unha das propostas máis salvaxes do país nos últimos anos.
Ao seu blues-punk descontrolado, incorporan un baixo de forma permanente, e este "Death Awaits us All" é o seu primeiro traballo en formato trío, co que gañan aínda máis en contundencia se cabe.
Quedámonos coa velocidade de 'Loco Chamanes' e 'Canibal Beach', a rítmica de 'Please, destroy me' ou de 'House of 1.000.000 crows', as liñas de baixo de 'Three times no', ou os aires western de 'Death can't be wrong' e a despedida de 'Soledad'.
Discazo de alto voltaxe para comezar o ano, e todo nunha edición ben coidada.
Xa dispoñible no bandcamp de Folc Records e Thee Blind Crows.
E onte mesmo estrearon o clip de Loco Chamanes na web de Mondosonoro.
E onte mesmo estrearon o clip de Loco Chamanes na web de Mondosonoro.
THEE BLIND CROWS "Death Awaits Us All"
(Folc Records, 2019)
miércoles, 16 de enero de 2019
Adianto de Nick Waterhouse
Nick Waterhouse xa está de volta.
Logo dos seus fantásticos tres primeiros álbumes, xa ten lista unha nova entrega, que levará por título sinxelamente "Nick Waterhouse", e con saída prevista para comezos de marzo da man de Innovative Leisure.
Polo momento temos o adianto da fantástica 'Song for Winners'.
martes, 15 de enero de 2019
The Limboos 'Where did She go?'
The Limboos acaban de lanzar esta mañá o clip de presentación do que será o seu terceiro álbum. "Baía" sae o 1 de marzo, da man de Penniman Records, e polo momento temos de adianto este trallazo de rhythmn'n'blues: "Where did She go?'.
O clip dirixido por Ángel Nájera.
lunes, 14 de enero de 2019
Singles2018
O resumo das nosas seleccións do 2018.
Este ano con menos categorías, por mor do pouco tempo dispoñible, pero tamén, non o imos negar, porque non foi un ano que nos deixara grandes álbumes.
O 2018 foi un ano con moitos temas que nunca esqueceremos, e moitos 7'' que chegaron ás nosas mans, pero álbumes realmente salientables poucos ou ningún. Nin sequera fixemos a selección habitual da mellor portada, foi grave o asunto...
Seguídeo todo na etiqueta Singles2018. A nosa selección de clips; as listas dos picadiscos habituais, a de Kurco, a de Calambres, a de Munstaphá, a de Ptooff e a de Escalenux; e as nosas seleccións específicas de cada ano, a de Black Grooves, e o noso top 10 do GZ Canibal.
Repasádeo todo.
Os 10 de Escalenux do 2018
Aínda quedaba unha última lista.
Aquí tedes os 10 favoritos de Escalenux do 2018, sen ningún tipo de orden:
Aquí tedes os 10 favoritos de Escalenux do 2018, sen ningún tipo de orden:
Minami Deutsch "With Dim Light" (Guruguru Brain)
Basanta "Colorama" (C4Music)
Wooden Shjips "V" (Thrill Jockey)
Slift "La Planète Inexplorée" (Howlin' Banana Recs)
Kikagaku Moyo "Masana Temples" (Guruguru Brain)
Sunflowers "Castle Spell" (Stolen Body Recs)
Orb "The Space Between" (Flightless Records/ATO)
Kings of the Beach "Super Awkward, Fucking Awesome" (Ciudad Oasis)
Astrodome "II" (Yah Yah Yeah)
King Buffalo "Longing to be the mountain" (Stickman Recs)
sábado, 12 de enero de 2019
viernes, 11 de enero de 2019
Os 10 do GZ Canibal 2018
Última lista, e como sempre, a máis importante de todas.
A nosa selección do GZ Canibal do 2018:
1. BASANTA "Colorama" (C4Music)
2. Kings of the Beach "Super Awkward, Fucking Awesome" (Ciudad Oasis)
3. Mega Purple Sex Toy Kit "Good Vibrators" (Rocktopus Tea Party)
4. Marem Ladson "Marem Ladson" (Mont Ventoux)
5. Los Wavy Gravies "Kings of the Underground" (Family Spree)
6. Family Folks "The Anvil Sea" (Gaztelupeko Hotsak)
7. Lamprea Explosiva "Cancións pra matar ao teu fascismo interior bailando"
(Caracol Negro)
8. Juzz "Juzz" (Autoeditado)
9. Mequetrefe "Infraground" (Camila Records)
10. Superser "Superser" (Ulomanía Coop, Sweet Grooves, Pafff Bum e outros)
A nosa selección do GZ Canibal do 2018:
1. BASANTA "Colorama" (C4Music)
2. Kings of the Beach "Super Awkward, Fucking Awesome" (Ciudad Oasis)
3. Mega Purple Sex Toy Kit "Good Vibrators" (Rocktopus Tea Party)
4. Marem Ladson "Marem Ladson" (Mont Ventoux)
5. Los Wavy Gravies "Kings of the Underground" (Family Spree)
6. Family Folks "The Anvil Sea" (Gaztelupeko Hotsak)
7. Lamprea Explosiva "Cancións pra matar ao teu fascismo interior bailando"
(Caracol Negro)
8. Juzz "Juzz" (Autoeditado)
9. Mequetrefe "Infraground" (Camila Records)
10. Superser "Superser" (Ulomanía Coop, Sweet Grooves, Pafff Bum e outros)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















