jueves, 21 de febrero de 2019

Rob "Funky Rob Way"

Noutras ocasións temos recomendado música de Ghana, sobre todo esos máxicos recopilatorios de "Ghana Soundz" publicados por Soundway Records.
Pero xa ía sendo hora de recuperar algún deses incríbles álbumes orixinais.
Hoxe imos con Rob Raindorf, un deses xenios africanos que na década dos 70s estiveron na vangarda musical sen que no primeiro mundo se enterese demasiada xente ata moito tempo despois.
A figura de Rob é unha das más sonadas das música ghanesa, aínda que dende moi novo foi membro da afamada Orchestre Poly Rythmo de Cotonou, en Benín.
Influenciado polo rhythm'n'blues e o funk norteamericano, o afrobeat de Fela Kuti e os rítmos vodun da súa terra, foi un dos máis salientables creadores do funk africano. A súa carreira como frontman foi breve, entre  1977 e 1981, pero nese tempo deixou tres lps máis que salientables. O seu primeiro deles foi este "Funky Rob Way", lanzado en 1977. Destaca a enerxía de 'Funky Rob way', o afrobeat de 'Boogie On' e 'More', a experimentación blaxploitation de 'Just one more time', ou o blues pausado de 'Forgive us all'. 
Unha auténtica xoia do seu tempo. O álbum foi reeditado por primeira vez en Europa polo selo xermano Analog Africa en 2011. Agora, o selo londinense Mr. Bongo o recupera de novo, desta vez cos deseños orixinais.
Abaixo tedes o audio completo desta marabilla.

ROB "Funky Rob Way"
(Essiebons, 1977 / Mr Bongo, 2019)



Nick Waterhouse 'Wreck The Rod'

A comezos de ano chegábanos o adianto do que será o cuarto álbum de Nick Waterhouse, un álbum homónimo que presentaba con 'Song for Winners'.
O álbum sae a primeira semana de marzo, e agora traenos o tema 'Wreck The Rod', acompañado de videoclip coa intervención de Danny Trejo como actor invitado. De feito o seu irmán é o realizador do clip.



miércoles, 20 de febrero de 2019

The Wedding Present "Marc Riley Sessions Vol.3"

Imos con outra banda de entre as nosas principais referencias.
Recentemente nos fixemos co último volume publicado das "Marc Riley Sessions" protagonizado por The Wedding Present.
Marc Riley é un dos críticos e locutores musicais máis recoñecidos da BBC dos últimos anos. Músico dende moi novo, pertenceu a unha das primeiras formacións de The Fall, e foi músico de estudio para bandas como Massive Attack, Pixies ou Happy Mondays, pero tamén foi frontman das súas propias bandas a comezos dos 80s. Dende 1990 traballa en diferentes programas musicais da BBC, e tra-lo pasamento do mítico John Peel, é un dos encargados de continuar co legado da gravación de sesións en directo.
Unha das súas bandas favoritas é The Wedding Present, como tamén o foran para John Peel. Son habituais das súas sesións na BBC6, e nos últimos anos estanse a publicar coa licencia da BBC e baixo o selo Hatch Records.
O "Volumen 1" publicouse en decembro do 2016, e recollía 11 temas gravados en sesións do 2007, 2008 e 2010. O segundo volume saíu a finais do 2017, con tres sesións entre os anos 2012 e 14.
A semana pasada lanzouse este "Marc Riley Sessions Volume 3", que recolle dúas sesións, na cara A unha do 4 de novembro do 2015, na que interpretan dous temas do seu último álbum de estudio "Going, Going..." do 2016, que no momento da gravación eran aínda inéditos. Ademáis, inclúen o tema '1000 Fahrenheit' do álbum "Valentina" do 2012, e a versión do tema de John Barry para a franquicia de James Bond 'You only live twice' que interpretou Nancy Sinatra para o filme de 1967.
Os temas da cara b foron gravados o 8 de setembro do 2016. De novo con pezas do "Going, Going...", como 'Rachel', 'Bear', 'Kill Devil Hills' e 'Santa Monica', e ademáis o tema 'Jumper Clown' de homenaxe ao propio locutor Marc Riley, que publicara como single en 1983 xunto cos Creepers.
Nada novo, pero son unha das nosas debilidades.

THE WEDDING PRESENT "Marc Riley Sessions Vol.3"
(BBC / Hatch Records, 2019)



Pavement "Crooked Rain, Crooked Rain"

Hoxe imos a recomendarvos un clasicazo das nosas vidas.
Os Pavement son un dos nosos referentes de sempre, unha banda clave da explosión alternativa dos 90s e da nosa adolescencia. En 1992 debutaron con "Slanted & Enchanted" un disco de pop ruidoso que segue a ser un imprescindible en calqueira colección que se precie. Segue gañando con cada escoita e con cada ano que pasa, igual que ocurre co "Crooked Rain, Crooked Rain" que vos recomendamos hoxe.
En 1994 tiñan a difícil reválida do segundo disco, unido a cambios na formación sobre a marcha. Pero Malkmus e Kannberg tiñan claro o que querían, un álbum máis luminoso e limpo, pero mantendo esas estructuras complexas, melodías que seguían a ser novedosas, e eses cambios de ritmo e intensidade que tan ben executaban. En resumen, "Crooked Rain, Crooked Rain" era máis emocional e menos visceral.
Ahí estaban 'Elevate me later', o descontrol de 'Unfair', a fantástica 'Gold Soundz', a tremenda 'Hit the Plane Down', e o éxitazo de 'Cut your hair', o máis preto que estiveron de ter un superéxito comercial.
Logo chegou o experimental "Wowee Zowee", e o éxito de "Brighten the Corners" e "Terror Twilight" antes de rematar a década, nos que volvían unha e outra vez as melodías de Crooked Rain.
25 anos desta xoia dos 90s. Un imprescindible.

PAVEMENT "Crooked Rain, Crooked Rain"
(Matador Recs., 1994)





martes, 19 de febrero de 2019

The Limboos 'Big Shot'


Outro adianto que nos amosan The Limboos do seu inminente terceiro disco .
"Baía" sae o 1 de marzo, e logo da tremenda 'Where did she go?', este fin de semana nos deixaron outro pildorazo, 'Big Shot'. 
Que ganas de telo xa na casa



lunes, 18 de febrero de 2019

Black Grooves + Escalenux

A próxima semana seguimos con máis programación: o venres 22 coa entrega mensual da serie Black Grooves, e o sábado 23 será o turno de Escalenux!
Non vo-lo perdades!


domingo, 17 de febrero de 2019

Budos Band 'Old Engine Oil'

Vai para 5 anos sen novidades dos Budos Band, e por fin aquí temos o adianto do seu próximo álbum, "V", coma sempre da man de Daptone Records, con saída prevista para abril. Polo momento só temos de mostra o fantástico tema 'Old Engine Oil', pero xa nos deixa con ganas de máis...



Bimba!

Bimba & GB3

viernes, 15 de febrero de 2019

Lote do "Galician Bizarre III"

Xa está na rúa o Galician Bizarre III. Unha nova entrega da mellor iniciativa musical do país. Nesta ocasión con 17 temas de tóda-las pelaxes que representan o que está a suceder no underground da música galega.
Xa temos no local o lote dos de Ulomanía Coop., así que, dende esta mesma noite xa podedes pasarvos a recoller as vosas reservas. E logo a ver se sobra algún para o resto. Qué gañas de poñelo a xirar...


MC5 "Kick Out the Jams"

Febreiro de 1969:  os xeniais MC5 lanzaban o seu incendiario debut: "Kick Out the Jams", un álbum gravado en directo no Grande Ballroom de Detroit durante dúas noites en novembro do 68, e que pasou directamente á historia.
Xa vo-lo recomendamos noutras ocasións, pero hoxe tocaba de novo.
Un imprescindible que cumpre 50 anos.

MC5 "Kick out the Jams"
(Elektra, 1969)



jueves, 14 de febrero de 2019

"The Haçienda. Cómo no dirigir un club", por Peter Hook

Logo da sesión de Joy Division, seguimos con Peter Hook.
Onte lanzouse ao mercado a edición en castelán do seu libro "The Haçienda. How not to run a club", unha publicación orixinal do 2010 (Simon & Schuster Books), que agora saca a Editorial Contra.
Hook nos deixa a súa versión do Madchester máis frenético, aquel que se artellou entorno a Factory Records, e o clube The Haçienda (FAC51), unha auténtica revolución cultural e unha auténtica ruína.
Sobre o mesmo asunto hai xa moita literatura, sobre todo a obra e momorias do propio Tony Wilson, fundador do clube e do selo Factory, en "24 Hour Party People" no 2002, que ao ano seguinte levou ao cine Michael Winterbottom de forma delirante e maxistral. A de Hook, será outro punto de vista.
Esto é de lectura obragoria.

Peter Hook "The Haçienda. Cómo no dirigir un club"
(Editorial Contra, 2019)


Así o comezan presentando na web da Editorial Contra:
Tras el suicidio de Ian Curtis en 1980, los componentes de Joy Division se reagruparon para formar New Order, bajo el auspicio de su mánager, el carismático Rob Gretton. Durante las giras norteamericanas que cimentarían el éxito del grupo en EE.UU., descubrieron fascinados la emergente escena de clubs neoyorquina, con los míticos Danceteria y Paradise Garage a la cabeza. El excéntrico Tony Wilson, máximo responsable de Factory, el sello discográfico de Manchester que labró su éxito gracias, sobre todo, a Joy Division y New Order, decidió emprender con Gretton, arrastrando, de paso, a New Order, una ambiciosa reforma del International Marine Center para reconvertirlo en el que debía ser el club más elegante y sofisticado del mundo, a imagen y semejanza de los que habían visto en Nueva York. Para ello, contrataron al visionario arquitecto Ben Kelly, que transformó el espacio en una catedral de acero y cristal a la que llamaron The Haçienda, y que incluso recibió un número de referencia: FAC 51...



14 febr 1979, primeira Peel Session dos Joy Division


14 de febreiro de 1979. Hoxe hai 40 anos que a BBC1 retransmitía por primeira vez unha Peel Session protagonizada por Joy Division.
Logo do éxito, e a polémica do seu EP de debut "An Ideal for a Living" de xuño do 78, tiveron que esperar case medio ano para participar nas históricas sesións artelladas polo gran John Peel, quen formou posiblemente o maior arquivo musical do mundo entre 1967 e o 2004.
A sesión foi gravada o 31 de xaneiro de 1979, nos estudios Maida Vale da BBC, e retransmitida no programa de John Peel o 14 de febreiro. 
A sesión tiña catro temas: 'Exercise One', 'Insight', 'She’s Lost Control', e 'Transmission', interpretadas en 14 minutos.
A finais de ano volveron a gravar con Peel unha sesión que sería emitida o 10 de decembro do 79. Ahí estaban 'Love Will Tear Us Apart', '24 Hours', 'Colony', e 'The Sound Of Music'.
Ambas sesión foron lanzadas por separado polo selo Strange Fruit. A de febreiro en 1986, e a de decembro no 1987, e en 1990 nunha mesma edición en cd.
Aquí vos deixamos o audio daquela do 14 de febreiro do 79:



miércoles, 13 de febrero de 2019

Filthy Friends 'Last Chance County'


Máis adiantos. Os Filthy Friends é unha banda formada por Corin Tucker das Sleater-Kinney, e Peter Buck dos R.E.M., Minus 5 e moito máis. 
Na actualidade a banda a completan Kurt Bloch e Scott McCaughey tamén dos Minus 5, Bill Rieflin de King Crimson, e a baterista Linda Pitmon (en tóda-las bandas de Steve Wynn, Golden Smog, etc...).
Comezaron facendo un tributo a Bowie, pero ao pouco tempo comezaron a crear os seus propios temas. En 2017 lanzaban o seu primeiro single, e o seu debut en Lp "Invitation" (Kill Rock Stars), aínda que naquel álbum contaban con Bill Rieflin (Ministry) e Krist Novoselic (Nirvana) na sección rítmica.
Aquel primeiro álbum tiña moito de rock clásico, americana, etc... cun par de pildorazos de sons máis alternativos.
Agora veñen de lanzar 'Last Chance County' como adianto do seu novo álbum, "Emerald Valley", da man de Kill Rock Stars, e con saída prevista para maio, e que soa moito máis na onda das Sleater-Kinney. Veremos o resto...



Febreiro 2019

As datas que aínda quedan para este mes:
· Sáb.16: BIMBA!
· Ven.22: Black Grooves
· Sáb.23: ESCALENUX

E mentres xa estamos preparando o programa especial de marzo...


martes, 12 de febrero de 2019

Guided by Voices "Zeppelin over China"

Novo álbum do incansable Robert Pollard cos Guided by Voices.
No 2017 Pollard celebraba o lanzamento do seu álbum número 100 baixo calquera das súas marcas, lanzando o primeiro lp dobre da súa carreira ("August By Cake"), e parece que os formatos sinxelos xa se lle quedan pequenos. 
A finais de ano lanzou dous eps no bandcamp ("100 Dougs" e "Wine Cork Stonehenge") polo momento só en formato dixital, con 12 temas que ven poderían compoñer outro álbum, pero Pollard é así... sempre ten material de máis para publicar, e xa anuncia as dúas seguintes entregas. 
Polo momento comeza o ano con outro lp dobre, este "Zeppelin over China" son 32 temas. Só nos 8 cortes da cara A xa temos un resumo de casi tódolos seus rexistros, dende o power pop, o punk e a psychodelia -á súa maneira-, todo mesturado sen ningún tipo de complexo: 'Good morning Sir', 'Step of the Wave', ou a fantástica 'Carapace'. Na caras B e C segue un esquema similar pero basado no pop e nas melodías, incrementando as guitarras dende o dominio das acústicas de 'Jack Tell' e 'Bellicose Starling' ata a densidade de 'Think Be a Man' ou 'Jam Warsong'. E na última cara contrastan as enerxicas 'Where have you been all my life' ou 'Transpiring Anathema', coa nostalxia de 'My future in Barcelona' ou os arranxos de corda e piano en 'Enough is never at the End' ou 'Vertiginous Rafts'. 
Non o intentedes dunha soa sentada que pode resultar esgotador, pero coma sempre máis que recomendable.

GUIDED BY VOICES "Zeppelin over China"
(GbV Inc., 2019)



Freakland Festival

Se estades planeando escapada de Semana Santa, aquí tedes unha recomendación: o Freakland Festival de Ponferrada.
Nesta ocasión contan coa participación dos amigos Superser e Los Wavy Gravies, e xa postos a completar a cuota galega incluíde a Thee Blind Crows. 
Entre os cabezas atoparedes aos autralianos The Breadmakers, Muck & The Mires, The Peawees ou os Bronco Bullfrog.
Freakland Festival: 18-20 abril, Ponferrada.
Toda a info no seu facebook.


lunes, 11 de febrero de 2019

'Bela Lugosi's Dead' x Massive Attack

Os Massive Attack están de xira coa que celebran o XXI aniversario do seu exitoso "Mezzanine". A semana pasada soprendeunos ver como no seu concerto en Milán facían en directo unha versión do 'Bela Lugosi's Dead' dos Bauhaus.
Atopamos pola rede que é a segunda vez que inclúen nun directo , a anterior ocasión en 2013 en New York. Así de ben, aínda que curta, soaba esta semana:


domingo, 10 de febrero de 2019

Kings of the Beach 'Wasted/Young'

Novo clilp dos Kings of the Beach.
O venres pasado, na web El Patín estreaban o clip de 'Wasted/Young', un clásico das súas maquetas que incluiron no seu lp "Super Awkward, Fucking Awesome".