jueves, 27 de septiembre de 2007

NEWRA


VENRES 5 de OUTUBRO 2007
Rif-Rock presenta... una nova sesión de NEWRA
sorprendente, coma sempre... que desta vez deixa de lado as máscaras de loitadores para que aprendades algo máis...

"Entre los diversos procedimientos situacionistas, la deriva se presenta como una técnica de paso ininterrumpido a través de ambientes diversos. El concepto de deriva está ligado indisolublemente al reconocimiento de efectos de naturaleza psicogeográfica, y a la afirmación de un comportamiento lúdico-constructivo, lo que la opone en todos los aspectos a las nociones clásicas de viaje y de paseo.
Una o varias personas que se abandonan a la deriva renuncian durante un tiempo más o menos largo a los motivos para desplazarse o actuar normales en las relaciones, trabajos y entretenimientos que les son propios, para dejarse llevar por las solicitaciones del terreno y los encuentros que a él corresponden. La parte aleatoria es menos determinante de lo que se cree: desde el punto de vista de la deriva, existe un relieve psicogeográfico de las ciudades, con corrientes constantes, puntos fijos y remolinos que hacen difícil el acceso o la salida a ciertas zonas."

Guu debord

jueves, 6 de septiembre de 2007

y + de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre


Desta vez imos a ser bós, e tamén para os que non estiveron, non os imos deixar con sabor de boca de un só tema, así que ahí tedes para todos a maqueta de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, 10 temas, carátulas e demáis..., seguramente os dez temas máis rápidos en ser gravados na historia do rock'n'roll...

martes, 4 de septiembre de 2007

LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE



Alucinante o concertos dos fillos de Lorre... Divertido, potente, elegante... dificil de xuntar todo isto en dúas horas de espectáculo, pero así foi... Os anos 50 das para moito, e ata para versionar temas dos 60 e 70 en clave fifties... Triunfaron 'Come On', 'Pills', 'Wooly Bully', 'El Monstruo', pero sobre todo dúas: 'Microscópico Bikini' e o rei do surf, versión spanish do 'King of the Surf' de Johnny Kannis... tremenda!!!!
Pouco a pouco iremos subindo máis fotos, e supoño que tamén a maqueta completa... ala, a estar atentos

martes, 28 de agosto de 2007

8 anos de RIF-ROCK (2ª parte)


SÁBADO 1 DE SETEMBRO

dende as 23:30h.
presentación case mundial da banda máis elegante e bizarra do momento:


LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE

Xa sabedes que non deberiades perder esta ocasión de velos, pero para ir abrindo boca ahí tedes un tema en exclusiva


"Microscópico Bikini"



RIFROCKERZ BLUESBAND


O primeiro dos concertos do 8ª aniversario do Rif-Rock tivo coma protagonistas á RIFROCKERZ BLUESBAND, como non, co mestre de cerimonias Paco Charlín ó baixo, Piti 'drumz' á batería e Sito Suárez á guitarra. Fixeron de todo, case máis en plan jamsession que outra cousa, pero sonou blues, funk, reagge, e sobre todo moito rock, todo prolongado ata que os artistas dixeron basta, para rematar cunha delirante versión do 'Woo Hoo' de 10 minutos, e con maior velocidade da que lle imprimen as xapas de The 5,6,7,8's... Non podía faltar Moncho (Sr. Núñez), que saltou coma un espontáneo a facerse forte detrás da batería no segundo dos pases...
Se non estuvéchedes por alí que vo-lo conten, e se non, a ver se vou publicando máis fotos máis adiante... e lembrade, este sábado máis...

miércoles, 8 de agosto de 2007

8 ANOS de RIF-ROCK

Dende o ano 99 do pasado século seguimos dando a brasa, e aquí seguimos coa nosa idea de como entender a música e como disfrutar dela nun local de copas... O pasado 2 de Xullo cumprimos 8 anos, pero por comodidade tanto para nós como para os convidados o deixamos para o final do verán, e así todos contentos...
Desta vez ofrecémosvos dúas propostas:

Venres 24 de Agosto, as 23:30h. poderedes/mos desfrutar dunha nova sesión da RIFROCKERZ BLUESBAND, Sito Suárez á guitarra, Piti Drumz á batería, e Paco Charlín dirixindo o invento dende o jazzbass... xa sabedes, incríbles versións instrumentais de todo tipo de temas, e coma sempre, de seguro que haberá algunha que outra sorpresa...

Sábado 1 de Setembro, ás 23:30h. Presentación case mundial dun novo proxecto paralelo: LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE, rock'n'roll bizarro, garage e rhythm'n'blues do suxo, pero de momento é sorpresa, sorpresa... pronto teredes máis nova deles...

Así que xa sabedes: Venres 24 de Agosto e Sábado 1 de Setembro, celebramos 8 anos de Rif-Rock con dous concertos únicos que non vos deberiades perder, tra-los concertos RIFROCKERZ.DjSet e moito máis...



miércoles, 27 de junio de 2007

JUANXXXII - FunkSoulRhythmn'Blues&Boogaloo


Sábado 30, de 00 a 4h.
JUANXXXII
vs.RIFROCKERZ
GrooveNite por todo o alto, adicada ó máis selecto da música negra dos 60 e os 70, FunkDrops, Deep Funk, Soul, Rhythm'n'Blues, Blaxpoitation, BeBop, Latin Jazz e Boogaloo... todo mesturado por JuanXXXII, e quizáis con algunha sorpresa máis...
Non vo-lo perdades!!!!

domingo, 17 de junio de 2007

New Rippers en Concerto


RifRockerz recomendan como competencia á nosa 'GROOVENITE' adicada ó funk, soul, rhythm'n'blues e boogaloo... todo un espectáculo en directo:
Sábado 30, as 12 da noite, no TNT de Ogrobe

concerto salvaxe dos
NEW RIPPERS
... e para que vos vaiades facendo as gañas, aquí tedes en primicia o enlace para descargarvos un corte da súa nova maqueta 'Live in Vigo' gravada en directo, e que será o adianto de algo moito máis grande... que o disfrutedes.
New Rippers- New Rippers Are Back!!!.mp3 (5.7 MB)

KURCO SOUND-SYSTEM



Sábado 16 de Xuño, nova sesión de Kurco, que ademáis tivo honra de estrear o novo equipo IMG do Rif (oito anos durou o anterior, vaia máquina!!!!), e con el nos presentou un novo volume so seu soundsystem. Dende sons épicos, doces e melodramáticos, a puto ruído (auténtico barullo)... entre ambos moito rock'n'roll, powerpop e afterpunkdance... e todo noviño do trinque recén saído. Os que estivéchedes alí xa sabedes como foi, e por cortesía do Dj podedes descargarvos o setlist principal da sesión no seguinte enlace: http://www.megaupload.com/?d=HOSGMKNW

desta vez, por cousas de tempo, teredes que conformarvos cos temas tal cual, en vindeiras ocasións estarán dispoñibles as auténticas mezclas da sesión... ala, así que a darlle as gracias a Kurco e todos a rajar do dj... Hang the DJ!!!!! (agora tamén podedes os que nin estivéchedes alí!!!)

viernes, 8 de junio de 2007

2 de Xuño: Tremendos D.J.Choeu + Casiopeo


Espectacular foi noite do sábado 2.
Estabades todos avisados, con pouca antelación, sí, pero avisados.
Os que estiveron xa o saben, e os que non pois só dicirvos que foi a noite máis friki dos case oito anos do local: "DJChoeu" tivo o detalle de convidar a Casiopeo coma teloneiro, e dende ahí todo foi surrealismo... Problemas técnicos e acoples nos amplis para tanto casio infantil e pedaleira de micrófono... así que o que tiña que ser un teloneiro á usanza do mestre Dj, terminou por converterse en sesións e actuacións ao vivo alternas... DJChoeu tocou tódo-los paus dos 80, punk, pop, electrónica, post punk... Nina Hagen, Devo, That Petrol Emotion e demáis... mentres casiopeo triunfou sobre todo con dous covers 'Gripe Aviar' (nuclear de aviador dro) e la abeja maya (el foi quen a matou, quedounos ben claro...). Creo que todos alucinamos bastante e o pasamos ben. Incluso os incondicionais dos artistas se sorprenderon... así que só darlle as gracias a Carlos, e sobre todo a Tomás, e os que non viñeron, pois a próxima vez estade atentos...

XUÑO2007

viernes, 25 de mayo de 2007

26 de Maio - Rifrockerz!!!!



Levamos xa tempo sen ofrecernos novas, pero desta vez sí que vai... quedaron atrás algunhas sesións propias sen comentar... máis que nada por ofrecervos tracklists e demáis, pero nesta ociasión era imprescindible retomar a actualidade. Aproveitaremos a Free Session dos RIFROCERZ.DjSet (isto é unha sesión libre na que cada un –cando lle apeteza- irá á súa puta bola sen guión previo...) para presentarvos ó últimos volume das series xenérios dos Rifrockerz Series, o nº 85, e tamén será a presentación oficial do anterior 84, que tivo tal honor, pero en fin... de seguro que soará... o Vol.85 é un compendio sen moita lóxica, coma sempre, pero de resultados excelentes (se intenta...): dende a nova psicodelia dos Deerhunter, Pop Levi ou The Ponys, a retornos ó rego coma o de BRMC, ou sinxelamente a presentación da volta dos Smashing Pumpkins (¿tarántula de qué? Ufffffff). Outras novidades coma o sorprendente novo traballo de Cake, os novos singles dos The Men, CSS, The View, ou o xenial Jay Reatard (punk en plan Warsaw, sónanvos?...). Tamén acabaredes por saber dunha vez por todas (esta sí) quénes son realmente os putos Arctic Monkeys... clásicos contemporáneos coma Paul Weller, The Fall e dinosaurios do garage coma Billy Chilldish ou os Fuzztones... Queredes algo máis cercano? Los Imposibles, os portugueses Plástica, os brasileiros (outros máis) Os Autoramas, un Iggy ‘spanish’ Pop... e... qué máis queredes a cambio de nada?

Inauguramos o blog coa programación de maio, este mes non ai concerto algún, pero coma sempre, será variado abondo para que non teñades tempo de aburrirvos:
Venres 11
Unha sesión adicada a toda esa música británica deste século que non está a ter a repercusión mediática de outras bandas que chegan a cansar... esta noite adicámola a unha mestura de powerpop, pub rock, psicodelia, revival garagero e punk...
Sábado 12
O turno habitual de Kurco, que el saberá o que vai a poñér...
Sábado 19
GROOVENIGHT: Juan XXXII vs RIFROCKERZ
Unha noite de ritmos negros (e semellantes)... por suposto soará funk, soul, rhythm'n'blues, boogaloo, latinjazz, bebop e moito máis
Sábado 26
Sesión libre de RifRockerz... sorpresa, sorpresa...!!!