jueves, 29 de mayo de 2008

miércoles, 28 de mayo de 2008

La France au Go-Gó: Plastic Bertrand

Este persoaxe xa nos colle polos pelos, triunfou a finais dos 70, así que forzamos un pouco e o incluímos na sesión, ademáis era belga, e non francés, aínda que toda a súa carreira a desenrolou na Francia. Pero iso que era un persoaxa tremendo, para comezar, o seu tema máis coñecido Ça plan pour moi é unha versión do Jet Boy Jet Girl de Elton Morello, un tema de un ano antes que Bertrand tan só se encargou de cambiar a letra, e triunfou... tanto que logo chegou a participar en Eurovisión representando desta vez a Luxemburgo, e logo rematou adicándose a gravar discos de música tradicional turca e ukraína... tolo perdido... ahí tedes a versión e a orixinal:

Plastic Bertrand – Ça Plan pour Moi:

Elton Motello – Jet Boy Jet Girl:

martes, 27 de mayo de 2008

La France au Go-Gó: psych-garçons du garage-beat

E aquí tedes a algúns dos mellores.
Jacques Dutronc, o máis grande de todos, lástima que da primeira época hai poucos videos para escoller, e nótase moito que nas actuacións na tv rebaixaba moito os seus temas.
Ronnie Bird facendo unha tremenda versión do "I Can only give you Everything" dos Them! (na 1ª época con Van Morrison) que aquí titula "Chante (I only can give)" por suposto en francés. Logo un pouco de surf con Les Fantômes, e un pouco máis de beat con Les Misérables...

Jacques Dutronc – et Moi (live):

Ronnie Bird (Chante):

Les Fantômes 1961:

Les Misérables – Vivre avec toi:


La France au Go-Gó: Femmes de Paris

A entrada xa vai co mesmo título que os famosos recopilatorios:
De primeiro a máis grandes de todas Jacqueline Taïeb (ainda ca esta era orixinaria de Túnez) da que non atopei vídeos dos 60 que non foses baladas ñoñas, pero por sorte aquí está cos Hushpuppies no 2006 facendo unha versión do seu tema máis coñecido. Logo Sylvie Vartan facendo unha das moitas versións (que é o que se adicaba a facer) e logo en menage-a-trois con Petula Clark e Françoise Hardy (unha auténtica pena que destas hai poucos videos da época con temas dos bós...)

Jacqueline Taïeb + Hushpuppies (7 heures du matin - live):

Sylvie Vartan – Le Locomotion (1962):

Sylvie Vartan Francoise Hardy Petula Clark - 60s Medley:

Venres 30 dMaio. La France au Go-Gó!

I esta semana, aproveitando a entrada de Pierre Henry do domingo, comezamos un pequeno repaso polo que nos gusta de Francia nos 60 e nos 70: garage, beat, psycho algún toque de chançon e sobre todo moito ye-yé, que os gabachos o fixeron mellor que en ningún outro sitio.
Do xenial e máis grande Jacques Dutronc, a quen tan mal lle sentou o paso do tempo, do incombustible Johnny Halliday, o surf desquiciado dos Fantômes, o garage de Ronnie Bird, Les Chats Sauvages, Les Miserables, Thierry Vincent ou Les Terribles, o ye-yé máis divertido das damiselas parisinas coma Jacqueline Taïeb, Sylvie Vartan, Les Parisiennes, Charlotte Leslie... ou as ñoñas pero máis femosas ca o resto Brigitte Bardot e a insuperable Françoise Hardy...
LA FRANCE AU GO-GÓ
VENRES 30 dMAIO
La France au Go-Gó
c. Munstapha

lunes, 26 de mayo de 2008

Concertos pasados por auga

Ahí van imaxes de dous concertos pasados por auga...
o primeiro é un dos vídeos que kurco fixo no Festival do Norte o pasado 17 de maio, tremendo documento da piscina central do recinto, mentres ó fondo tocan Sons and Daughters.
O segundo é un documento do salvaxismo andaluz, que o pasado 9 de maio en Granada algúns asistentes ó espectáculo de Roger Waters masacraron ó porco voador que sempre sobrevoa os seus concertos, para logo convertilo en chuvasqueiro... unha pena:

Kurco – Sons and Daughters no Festival do Norte:

Roger Waters – Granada 9-5-2008:


domingo, 25 de mayo de 2008

Pierre Henry e Pierre Schaeffer en Libro de Notas. "De Ventrílocuos Impostores"


Onte, como cada día 24 de tódo-los meses, nova entrega da columna “De Ventrílocuos Impostores” en Libro de Notas. Desta vez facendo xustiza a un deses grandes pioneiros da música contemporánea, Pierre Henry e o seu inseparable Pierre Schaeffer, ou o que é o mesmo, falaremos de Música Concreta e Música electro acústica. Dous xenios imprescindibles para comprender a música tal e coma hoxe a coñecemos:

De los dos Pierres: Schaeffer e Henry:

“... dejando de lado las dos principales efemérides obituarias de este mes, Bob Marley e Ian Curtis (de los que mucho se ha vuelto a escribir), toca hacer justicia con alguna de esas figuras imprescindibles en el desarrollo de la música moderna y de los sonidos actuales: Pierre Henry y Pierre Schaeffer, dos genios franceses padres de la ‘música concreta’ y la ‘música electroacústica’ precedentes directos de la música electrónica, de las mezclas, de las bandas sonoras y de los actuales métodos de grabación.

Por la esencia de esta columna deberíamos centrar nuestra atención en Pierre Henry, por su acercamiento a la música pop y su más inmediata repercusión en la creación popular, pero su figura no puede comprenderse sin Pierre Schaeffer, que en cierto modo fue su mentor y uno de sus más estrechos colaboradores...”

Ver artigo completo:
http://librodenotas.com/deventrilocuosimpostores/13829/de-los-dos-pierres-schaffer-y-henry

e non olvides consultar a diario LdN:
http://www.librodenotas.com/

Pierre Henry – Psyché Rock (1967):

Pierre Henry en La Défense (Paris, 2007):

Pierre Schaeffer – Etude aus chemins de fer (1948)

Huit Etudes Schaefferiennes:

“De Ventílocuos Impostores” en LdN:

http://www.librodenotas.com/deventrilocuosimpostores/

jueves, 22 de mayo de 2008

Sab 24. RifRockerZ.DjSet: Peter Griffin vs Homer Simpson.


SÁBADO 24 dMAIO
RIF-ROCK PRESENTA
RIFROCKERZ.DjSet
na sesión máis friki do mundo!!!
FAMILY GUY vs THE SIMPSONS
KURCO SOUNDSYSTEM
VS
MUNSTAPHA

miércoles, 21 de mayo de 2008

Family Guy - Padre de Familia

Bueno como no Youtube parece que se adican a cancelar tódo-los videos que teñen contidos completos da serie, non hai forma de atopa-los mellores momentos, nin cando saen os Kiss, nin Alice Cooper, nen Ozzy nen nada diso... pois aquí vos deixo dúas recopilacións dos mellores momentos da serie e un resumo do capitulo especial 'Blue Harvest' sobre o Episodio IV de Star Wars, por se aínda non o tedes...
Ademáis na primeira das recopilacións aínda saen peter e pandilla disfrazados de Devo, de Slade, de Thin Lizzy, e o auténtico Gene Simmons dos Kiss, e ata saen os goonies, pa'morrer...

The Simpsons - Ramones Hey Ho, Let's Go!

RAMONES – Sheena is a Puk-Rocker:

RAMONES – Happy Birthday Burnsie!:

The Simpsons - Tributo ós Sex Pistols e Nirvana. Sadgasm & Billy Pistols e a Historia de Syd e Nancy.

Dous capítulos tremendos...

Homer inventa el Grunge (Sadgasm):

Sex Pistols : billy Pistols y la historia de Syd + Nancy:

lunes, 19 de mayo de 2008

The Homens - video clip de "Calamar"



Videoclip realizado por Roi Fernández e Isaac Cordal (Fundación Intemperie).
"Calamar" forma parte do álbum TRES (falcatruada '07)

+info en:

http://www.thehomens.com/

18 de maio. 28 anos sen Ian Curtis

Un domingo coma onte, pero en 1980, tamén en domingo Ian Curtis deu renda solta á estupidez máis grande que fixo na súa vida. Dende a nosa posición egoista quedamos sen saber que tería sido de Joy Division cos anos, pero tamén podemos seguir a desfrutar dunha banda incorrupta, breve, intensa, abrasiva e claustrofóbica, e así cando Ian Curtis puxo fin á sua vida un domingo coma onte hai 28 anos, asegurouse de que o seu legado e a súa fugaz carreira perdurase por sempre.

Como cada ano lembramos a Ian Curtis, sempre cunha sesión especial, e este ano no blog.
Aqui tedes unha selección de videos en directo, e o video-clip de Atmosphere.
Logo un dos artigos adicados ó 25 aniversario da morte de Ian Curtis naquel incunable que foi o Despregable nº2, alá polo 2005 (incunable de culto non sei de qué, pero de algo serve).

IAN CURTIS
(1956-18 dMaio 1980. Manchester)

(Live 9-15-1979) Transmission & She's Lost Control:

Love will Tear us apart:

Joy Division – Atmosphere (clip):

Shadowplay:

Ice Age:


Un dos artigos publicados no Fanzine Despregable nº2 (maio-xuño2005):

5 lustros sen Joy Division
...e a alongada sombra
de Ian Curtis

Por MFGhe2005

Conta a lenda que a mañá do domingo 18 de maio de 1980, Ian Curtis tivo a brillante idea de ver a película Stroszcek de Werner Herzog, e logo, mentres escoitaba The Idiot de Iggy Pop, escribiulle unha nota de despedida á súa muller, e aforcouse na cociña da súa casa en Manchester. Rematou con el a vida dunha das bandas máis creativas e influíntes de tódolos tempos. 25 anos despois, a súa lenda segue a crecer. Aquí tedes o relato da viaxe máis atrevida, curta e escura que ningunha outra banda se atreveu a facer xamais a través dos rincóns máis descoñecidos da música.

Esta terrorífica historia ten lugar en Manchester, a alternativa cultural británica fronte a cosmopolita e xigantesca capital, e tamén é a cidade que ciclicamente tende a marcar a pauta da música que logo se escoitará por todo o mundo. Dende o boom do nothern-soul, os derradeiros anos 70 esquecéranse de Manchester... unha cidade netamente industrial, esteticamente espantosa e con altísimas taxas de desemprego. Un caldo de cultivo perfecto para a revolución sonora que estaba a chegar... Primeiro foron THE BUZZCOCKS, e logo todo o demais. Eles organizaron os primeiros concertos punk na cidade, e gracias a eles a xuventude involucrouse en todo tipo de proxectos creativos (fanzines, bandas, clubs de música...). Desta xeración saíron bandas como THE FALL, A CERTAIN RATIO, e logo HAPPY MONDAYS... pero sobre todo foron os JOY DIVISION quen mellor reflexaron a lúgubre, claustrofóbica e opresora atmosfera da cidade. Logo, sen Curtis, os demais compoñentes crearon NEW ORDER, e a historia volveu a comezar... pero entorno á música de baile.

O nome da banda, o tomou Curtis da novela de Karol Cetinsky (Ka-Tzetnik 135633) sobre os campos de concentración nazis (“The House of Dolls”), na que a División da Alegría era a sección de mulleres prisioneiras encargadas de satisface-los praceres carnais dos oficiais do III Reich. O nome supuxo toda unha provocación, tendo en conta que o primeiro nome da banda fora WARSAW (demasiadas reminiscencias polacas... xa sabedes). Sen embargo as constantes provocacións non son a causa pola que os Joy División cambiaron o rumbo da historia. Facían unha música tan cerebral e racional coma experimental... ao contrario de moitas bandas da época, a intensa claustrofobia dos Joy Division non derivaba dun excesivo consumo de drogas, se non que era suficiente cos problemas psicolóxicos de Ian Curtis, derivados da epilepsia e da desestructuración mental que lle provocaba o tratamento. Outra das diferencias substanciais son, como non, as influencias que mamaron: Curtis, como a maioría dos mozos dos 70 era un gran fan de BOWIE, IGGY POP, da VELVET UNDERGROUND, etc... pero o que marcaba unha clara diferencia coas demais bandas era unha particular admiración pola escena kraut-rock e a electrónica alemana (KRAFTWERK, NEU!, CAN, FAUST). Outra das grandes diferencias: a súa total independencia (esencia fundamental de FACTORY Records). Gravaron dous LPs perfectos, cun deseño tan austero que nin sequera contiñan fotos da banda, comentarios, nin letras... toda unha homenaxe á música... pero sobre todo porque ningún dos dous albumes conten a maioría dos temas máis recoñecidos da banda, que se editaron exclusivamente como singles. Toda unha contraposición ó ideal romántico que rodea a lenda da banda: unha violenta posta en escena xunto coa escuridade dos textos, unha mestura que leva, irremediablemente, ó suicidio de Ian Curtis, e con el, a inmortalidade dunha banda, dun son particular, dun espírito irrepetible...

2 LPs: preguntas, angustia, poucas respostas e moitos, moitos singles...

UNKNOWN PLEASURES (1979, Factory Records)

Toda unha declaración xeracional de medos e frustracións. Ou como alguén dixo “...o máximo horror elevado a beleza...”. Disorder, Insight, Shadowplay... Toda a violencia do punk, letras angustiantes e unha voz profunda, xunto co son sintético da vangarda pop europea. Unha xoia producida por MARTIN HANNETT. Comezando con Disorder, non sabes moi ben que pode transmitir, se estados de ánimo depresivos ou a agradable sorpresa de estar ante un novo ritmo e un novo son que nunca antes coñeceras (..teño espírito, pero perdín o sentimento...). Continuas contradiccións. Múltiples reminiscencias literarias (The Day of the Lords), as miserias dunha xuventude sen futuro nunha noxenta cidade industrial, e a esquizofrenia, e a paranoia: She’s Lost Control, melodía hipnótica, percusión en falso, son baleiro... repetición continua (...she’s lost control again) e sobre todo esa sensación de estar ante unha obra irrepetible... Algunha vez tiveches a estraña sensación de estar escoitando o espacio baleiro? A batería en este tema pode levarte a onde ti queiras, ou mellor... a lugares que nin sabías que existisen... Imaxínaste correr e moverte sen ningún tipo de control nun espacio descoñecido? Sen saber o que hai diante de ti, nin detrás... a desesperación en estado puro... ademais, está esa voz, esa maldita voz... she’s lost control... i lost control again... ¿quen é o que perde o control agora?...
Ninguén pode transmitir esa sensación... imposible, ata que eles o fixeron.


CLOSER (1980, Factory Records)

Angustia, desesperación, suicidio… toda unha premonición gravada antes do fatal desenlace. Bipolaridade mental, paranoia. Atrocity Exhibition (“...pasen e vexan...”), Heart and Soul, Twenty Four Hours, Isolation… toda unha serie de respostas en clave para comprender o (sorprendente?) paso cara a inmortalidade definitiva. Este álbum editouse semanas despois do suicidio de Curtis, non houbo cambios, nin oportunismos, editouse tal e como estaba previsto. Concebido coma unha homenaxe a J.G.Ballard e a súa colección de relatos (editada en 1970, co mesmo título: Closer), resultou todo un exercicio estremecedor no ano 80. Cando o álbum saíu á rúa, quen cantaba era xa un poeta maldito. Unha vez morto seguía aí, gravado por sempre nun vinilo coa portada dunha lápida... non podía ser doutro xeito. CLOSER. Toda unha renovación do kraut-rock, os inventores do solwcore, e o adianto do novo orden que logo rebentaría as pistas de baile... Colony esnaquiza as ilusións de quen pretende prosperar na gran cidade industrial; A Means to an End , dende logo un tema pouco reivindicado na súa discografía... que na miña opinión é o tema clave para comprende-la evolución dende os escuros Joy división á luminosidade de New Order, mesturando nun mesmo tema aspectos rítmicos de Disorder, Digital, She’s Lost Control... rumbo ao que en 1981 rebentará o mercado mundial (Blue Monday, dos New Order segue a ser no século XXI o maxi-single máis vendido da historia da música).

Pero, vos preguntaredes... ¿Ónde están Digital, Transmisión, Dead Souls, Glass, Love Will Tear Us Apart... e outros moitos dos seus temas máis coñecidos? Respectando o legado da banda, ata anos despois, só se puideron gozar en singles: “An Ideal for a Living” EP (1978), “A Factory Sample” (ene1979), “Earcom2: Contradiction” (oct1979), “Transmission” (oct1979), “Licht Und Blindheit” (mar1980), “Komakino” Flexidisc (abr1980), e “Love Will Tear Us Apart” (abr1980), o último single que se converteu en todo un himno xeracional, e un epitafio redondo para o seu autor (e tamén é a incrustación que aparece na súa austera sepultura). Tamén se poderían incluír as moitas reedicións deste singles que seguiron a facerse ata os anos 90, incluíndo sempre algún tipo de material inédito moi interesante. Pero o filón do poeta maldito tiña que ser explotado por todo o alto, e o éxito posterior dos NEW ORDER (“ese grupo de pasado escuro...”) fíxoo inevitable. As compilacións sucedéronse, sempre deixando fora temas imprescindibles, como reclamo para novas (re)re-edicións... Still (1981), Substance (1988), Permanent (1995), Heart and Soul (Box Set 1997). E logo chegaron os directos... E o cine...

MFGhe2005
Publicado no
Fanzine Despregable nº2
Maio-Xuño 2005

LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE. No Woodstock - Portonovo

Isto é do pasado 3 de maio, no Woodstock, na festa de peche do local despois de moitos anos. Estiveron os Schizophrenic Housewifes, Telephones Rouges, The Phantom Keys e pecharon Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, con baixas na formación, como se pode ver aquí con Marky (dos Phantom) aporreando a bateria en Woolly Bully...

martes, 13 de mayo de 2008