martes, 1 de abril de 2014

Sáb 5: Marinocha Über Alles

E comezamos o repaso de todo o noso programa para o mes de abril2014. Para comezar nada mellor que outra entrega das Über Alles de Marinocha!!
Non vo-lo perdades!! este mesmo sábado na cabina do Rif-Rock.


lunes, 31 de marzo de 2014

"Cuando Ríes" a historia de Los Contentos

Dende o pasado fin de semana xa podedes facervos con este libro imprescindible. Fernando Fernández Rego (LaFonoteca) e Piti Sanz (membro da banda) puxéronse máns á obra para poñer en orde a historia de Los Contentos, banda fundamental (por non decir única) no revival do garage sixtie galego, unha formación fora de tempo e lugar, os de Lugo nunca foron suficientemente recoñecidos, uns pioneiros máis reivindicados que coñecidos en realidade, e xa ía sendo hora.
"Cuando Ríes. Los Contentos (Unos Malditos Pioneros del Garage)" fai un repaso desta fermosa historia de finais dos 80, case todo en formato entrevista e cheo de anécdotas, ademáis de unha escolma da herdanza que deixaron, e antes de todo iso o prólogo de Tosar. Pero ademáis, como material extra para completar o pack, o cd Unknown Pirate: Live! cun directo rescatado de vellos cassettes e nunca publicado. E todo por só 15€ así que non sei a que esperades.

Fernando Fernández Rego & Piti Sanz
"Cuándo Ríes. Los Contentos (Unos Malditos Pioneros del Garage)"
(Xonix Records, 2014)



domingo, 30 de marzo de 2014

Camisetas Chief Bromden!!

Xa había moito tempo que non sacábamos unha tirada limitada de camisetas no Rif-Rock, e xa tocaba. Desta vez foi o merchandising oficial para unha nova sesión do Chief Bromdem... por suposto esgotáronse demasiado rápido!!


jueves, 27 de marzo de 2014

19 abril: JALEO VS. RUFO (2º asalto)

Seguimos adiantándovos programación do próximo mes. 
Apuntade: o 19 de abril, o Sábado de Semana Santa, é a data escollida para o Segundo Asalto do combate JALEO VS RUFO na cabina do Rif-Rock.
Vai a ser tremendo, non vo-lo perdades!!


miércoles, 26 de marzo de 2014

Nick Waterhouse "Holly"

Co concerto de mañán de Nick Waterhouse en Compostela, xa nos deixa fácil o de escoller ó álbum da semana. "Holly" é o seu segundo álbum, despois do "Time's All Gone" do 2012 que xa nos deixara alucinados, e desta vez nos deixa outra colección de rhythm'n'blues e soul brillante. Cunha rítmica impecable, ventos e coros, e con Waterhouse á voz e guitarra en estado de gracia. 10 temazos nun só álbum! e si no "Time's All Gone" despregaba unha variedade de recursos tremenda, neste aínda se supera trascendendo tempo e estilos. Aínda é máis impresionante do que esperaba, imprescindible!!

NICK WATERHOUSE "Holly"
(Innovative Leisure Recs/V2 , 2014)


Nick Waterhouse en Compostela

Un concertos que máis tempo levábamos agardando!! 
Mañán Nick Waterhouse en Compostela, recomendado!


martes, 25 de marzo de 2014

descarga sesión do Sheriff Lorre

Aquí tedes un mixtape de uns 40 minutos da sesión do sábado pasado que nos deixou o Sheriff Lorre para compartir con todos vós. Rock N'Soul! 
A ver se volve pronto!!

SHERIFF LORRE "Rock N'Soul"
(sesión Rif-Rock 22 marzo 2014)
descarga sesión do SheriffLorre aquí.


Sáb. 5 abril: Marinocha Über Alles!

Seguimos completando a programación para o próximo mes de abril, e para comezar nada mellor que outra sesión de Marinocha!! que xa lle tocaba. 
Será o Sábado 5 de abril, Über Alles!! 


lunes, 24 de marzo de 2014

Memorias de Neil Young: El Sueño de un Hippie

Este xoves (27 de marzo) estará dispoñible o volume coas memorias de Neil Young en castelán. Publicado na súa versión orixinal a finais do 2012 (Waging Heavy Peace: A Hippie Dream) "El Sueño de un Hippie" é a autobiografia imperfecta de Neil Young que se decidiu a escribir tras unha xira de reunión con Buffalo Springfield, e que agora por fin nos chega da man de Malpaso Ediciones. 
Son vivencias e recordos sen orden preciso, coma se chegaran soas unha tras outra, sen criterio nin secuencia, pero completas e persoais... que recolle en máis de 400 páxinas, aínda que poden parecer escasas para unha das figuras máis grandes da historia do rock.

NEIL YOUNG "EL Sueño de un Hippie, Memorias de Neil Young"
(Malpaso Eds, 2014)


Se vos interesa xa o podedes ir encargando na web de Malpaso Edicións:
Infancia esteparia, sueño californiano, Buffalo Springfield, Crosby y sus colegas, Crazy Horse… Ácidos, copas, escándalos, mujeres, acordes inextinguibles, desacuerdos… Regresos, vueltas y revueltas… Ésas son las claridades, ¿pero qué hay detrás o debajo de las sombras?Neil Young es una leyenda en ejercicio, una figura insoslayable del canon roquero desde los ya lejanos sesenta y además un enigma. Al menos hasta ahora. Porque el muy esquivo sujeto, aquejado tal vez de una brusca simpatía, decidió cierta mañana mostrarnos el sanctasanctórum de sus recuerdos e intimidades. Ese improbable experimento confesional es este libro: una voz cantante escrita de puño y letra (no hay fantasmas por medio) que nos presenta el calidoscópico panorama de una vida y una música ejecutadas hasta la médula, que nos conduce desde las nieves de Ontario a los edenes hawaianos pasando por las calles alucinadas de Los Ángeles en los albores de la gran turbulencia. Estamos, pues, ante el «relato definitivo» (tópico por una vez justificado) de un viaje obstinadamente inenarrable o, como afirma un crítico sin duda perspicaz, ante «la historia del rocanrol abierta en canal, en primera persona y en presente de indicativo».

viernes, 21 de marzo de 2014

mañán sábado... SHERIFF LORRE!!

Mañán será unha noite moi especial no Rif-Rock: volve o SHERIFF LORRE á nosa cabina!! Seguro que moitos preferiades que se achegara cos bártulos para ofrecernos un deses espectaculares shows en directo ós que nos ten acostumado, pero eso para outro día... Mañán o teremos ós mandos da selección musical cunha sesión allnighter: Rock N'Soul!! Non vo-lo perdades!


jueves, 20 de marzo de 2014

Pardo "Waitin' to the Other Side"


En outubro do ano pasado xa vos presentamos o novo álbum de Nestor R. Pardo (con bandas á súa espalda como The Allnight Workers, Northwest Pickers ou The Loveless Cousins). Neste proxecto amósanos a súa parte más folk agarrándose ás súas propias composicións e cambiando por completo respecto ós seus anteriores traballos.

Chámase sinxelamente Pardo, e daquela compartíamos un adianto do que será o seu primeiro disco "Waitin' for the Other Side", e agora ó fin ten portada definitiva, e o que é aínda máis importante, data de saída: será o 3 de abril, e ademáis o altoparedes en plataformas e distribuidoras dixitais.
A ver se pronto o temos novamente no Rif-Rock para que nos presente todos estes novos temas en directo!!
http://pardoacoustic.blogspot.com.es/
http://pardoh.bandcamp.com/

PARDO "Waitin' to the Other Side"
(autoed., 2014)




miércoles, 19 de marzo de 2014

Breakin' Bones en Compostela

Os Breakin' Bones levan o que vai de 2014 a un ritmo frenético, mentres buscamos unha data para o seu próximo show no Rif-Rock non paran nin un só fin de semana de pasear o seu psychobilly polo mundo adiante.
Este fin de semana si estades por Compostela, non vos perdades o show que ofrecerán este sábado (22 de marzo) no Ambigú, dende as 22:30h.!!

ACTUALIZADO 21 MARZO: coa cancelación de toda a programación dos locales pertencentes á A.C. Cidade Vella de Compostela supoñemos que o concerto dos Breakin' Bones se aprazará ata novo aviso, unha auténtica mágoa.


The Sharknados na Sala Moon

Recomendación para mañán mesmo si estades por Compostela:


martes, 18 de marzo de 2014

Johnny Cash "Out Among the Stars"

Sony e Columbia anuncian a bombo e platillo o lanzamento dun álbum perdido de Johnny Cash. "Out among the Stars" son 12 temas (con algún extra nas edicións dixitais) grabados en 1981 logo das sesións do álbum "The Baron" coa producción de Billy Sherrill, e ampliados con diferentes arranxos realizados en 1984. Estos temas levaban 30 anos no caixón posto que foi nesa época cando Cash rompeu a súa relación con Columbia para relanzar a súa carreira en American Records, e agora lanzan eses temas através de Legacy, xunto cuns cantos retoques e engadidos para a ocasión. Máis da metade son temas do propio Cash, e ademáis unhas cantas versións como a fantástica 'I'm Moving On' de Hank Snow, que aquí fai xunto con Waylon Jennings. 
Sae o próximo martes 25, e polo que puidemos escoitar ten boa pinta...

JOHNNY CASH "Out Among the Stars"
(Legacy, 2014)




o que queda en marzo...

Lembrade o que aínda nos queda da programación de marzo2014 no Rif-Rock


lunes, 17 de marzo de 2014

Novedades Carminha "Juventud Infinita"

Xa falamos aquí en varias ocasións sobre adiantos do novo álbum dos Novedades Carminha, e por fin dende a semana pasada aquí o tedes: "Juventud Infinita" completo no seu bandcamp. Ademáis video clip e moitas datas da xira...

NOVEDADES CARMINHA "Juventud Infinita"
(Ernie, 2014)



Scott Asheton

SCOTT ASHETON
(1949 - 2014)