viernes, 31 de octubre de 2014

"No profanar el Sueño de los Muertos" de Jorge Grau

Mañán teremos na nosa cabina á Comomepos de volta tras case un ano exiliado, cunha sesión chea de psych e horror shock, en plan Unga-Bunga, que para eso está o día (aínda que xa sabedes que iso de Halloween está vetado no Rif-Rock). Pero aínda non vos explicamos o do cartel.

Esta sacado do poster promocional do filme No Profanar el Sueño de los Muertos de 1974, e dirixida por Jorge Grau. Tratábase dunha co-producción entre España e Italia (tamén británica en menor medida), polo seu título en italiano tamén foi coñecida coma Fin de Semana para los Muertos, ou polo título orixinal da cinta en inglés The Living Dead at Manchester Morgue, aínda que é un deses filmes que tivo ducias de montaxes distintas adaptadas para diferentes países e sempre cun título distinto.

A traxectoria cinematografica de Grau estivo máis ligada ó realismo, pero esta foi unha das súas incursións no cine fantástico e de terror, despois do relativo éxito de Ceremonia Sangrienta de 1972, inspirada na condesa de Bathory.

No Profanar el Sueño de los Muertos / The Living Dead at Manchester Morgue.
Spa-Ita-UK, 1974 Dir: Jorge Grau.



Gil Scott-Heron 'Me and the devil'


programación novembro 2014

Continuamos coa nosa programación, dende este fin de semana xa con todo o que nos queda de novembro por diante...



jueves, 30 de octubre de 2014

The Fall "Live: Uurop VIII-XII Places In Sun and Winter, Son"

A estas alturas xa nin vos vou explicar nada da miña obsesión por The Fall, así que ó asunto. Nos últimos tempos Mark E. Smith está un pouco preguiceiro á hora de publicar directos da súa inesgotable historia, logo da sobredose dos anos 2005 a 2007, solo chegaron dúas edicións máis no 2009 e 2013, así que mentres agardamos polo seu novo álbum de estudio (estos contan a parte) nada mellor que este novo directo con título tan rebuscado. "Live: Uurop VIII-XII Places In Sun and Winter, Son" é unha recopilación feita polo propio Mark E. Smith de temas recollidos en concertos das súas xiras entre os anos 2008 e 2012 por Europa, poucas anotacións, créditos ou pistas de cada peza, The Fall en estado puro!

THE FALL  "Live: Uurop VIII-XII Places In Sun and Winter, Son"
(Cherry Red Records, 2014)



Useless Eaters "Bleeding Moon"

Outra novidade recén saída este mes. O novo dos Useless Eaters.
Se vos gusta o lo-fi vaivos entsiasmar!! O proxecto comezou con Seth Sutton como solista, grabando temas na súa casa en Memphis, tras publicar varias demos e eps, comezou a incorporar xente á banda, ata o formato actual, e co que xa levan 5 Lps, unha ducia de eps e uns cantos recopilatorios. O seu segue sendo lo-fi de alto voltaxe, con melodías do punk clásico e moita velocidade, e con outro pe no rock psychodélico actual. Fantásticos!!

USELESS EATERS "Bleeding Moon"
(Castle Face Records, 2014)



descarga sesión do Chief Bromden

Aqui tedes unha hora da sesión do Chief Bromden do sábado pasado cando se fixo co mando da nosa cabina noutra entrega das Black Grooves!! 
Funk, rhythm'n'blues e algunha sorpresa polo medio... metédelle volume!!

CHIEF BROMDEN "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 25 outubro 2014 NSF#25)


miércoles, 29 de octubre de 2014

Nikki Hill


Se tedes o corpo golfo para esta noite de mércores e aínda non tedes plan, nada mellor que Nikki Hill na Sala Capitol de Santiago dentro do ciclo Club 1906.
Se vos costa decidirvos aquí tedes a súa actuación de comezos de ano nas Extended Play Sessions de Alternate Root TV.


"La Historia del Rock and Roll en 10 Canciones"

E outro libro máis que vos recomendamos esta semana. Un divertimento do xornalista Greil Marcus que leva por título "La Historia del Rock and Roll en 10 Canciones" (este sí é totalmente actual, publicado na súa edición orixinal en setembro deste ano por Yale University Press), e no que como o título dí escolle 10 cancións para traza-la historia do rock'n'roll através dos seus autores e dos grupos ou interpretes que as popularizaron más tarde, dende Buddy Holly ou Ben E. King ata Amy Winehouse, pasando polos Flaming Lips ou Joy Division.

Greil Marcus "La Historia del Rock en 10 Canciones"
(Editorial Contra, 2014)



Así o presentan na web da Editorial Contra:

En su último libro, Greil Marcus, quizá el crítico cultural más influyente de todos los tiempos, compone el que probablemente sea su ensayo más apasionado e intenso. Rehuyendo la historia oficial —la enciclopédica, la del Salón de la Fama del Rock, la de los grandes éxitos—, Marcus revive diez canciones fundamentales que, por su influencia y por cómo han resonado a lo largo de las décadas, han supuesto un hito de la música popular. Ensayando breves biografías de los autores de las canciones o las de aquellos que les pusieron voz, dejando que los sonidos evoquen y convoquen el eco que las canciones originales propulsaron, Marcus, a modo de caja de resonancia, trata de apresar la esencia misma de la canción pop: su cualidad perdurable y a la vez fugaz.

«Shake Some Action» de The Flamin’ Groovies, «Transmission» de Joy Division, «In the Still of the Nite» de Fred Parris y The Five Satins, luego retomada por The Slades; «All I Could Do Was Cry» de Etta James y, décadas después, cantada por Beyoncé; «Crying, Waiting, Hoping» de Buddy Holly, «Money (That’s What I Want)» de Barrett Strong, reinventada por los Beatles; «Money Changes Everything» de The Brains, años después reformulada por Cyndi Lauper; «This Magic Moment», escrita por Doc Pomus y Mort Shuman e inmortalizada por Ben E. King y The Drifters; la experimental «Guitar Drag» de Christian Marclay, «To Know Him Is to Love Him» de Phil Spector, que Amy Winehouse hizo suya casi cincuenta años después, configuran la particular historia del rock de Greil Marcus que, con su estilo vibrante, próximo a la spontaneous prose beatnik, da una nueva lección de literatura musical y demuestra por qué la música popular tiene una importancia capital en nuestra cultura.

martes, 28 de octubre de 2014

"La Verdadera Historia de Frank Zappa. Memorias"

Habitualmente nos queixamos do retraso na publicación de obras relacionadas coa música, considerando todo o mercado en castelán que hai no mundo, e nun caso coma este, tratándose dunha figura da talla de Frank Zappa aínda é menos comprensible. Estas memorias de Zappa son a súa autobiografía, coescrita xunto con Peter Occhiogrosso "The Real Frank Zappa Book" publicouse orixinalmente en 1989, por Poseidon Press, e con numerosas reedicións ata hoxe, tiveron que pasar 25 anos para a súa primeira edición en castelán. Alomenos aquí está, despois do 20 aniversario do seu pasamento, e a cargo de Malpaso Edicións, por fín!!. 
Puro delirio de Zappa en 350 páxinas!!

Frank Zappa & Peter Occhiogrosso 
"La Verdadera Historia de Frank Zappa, Memorias"
(Malpaso Eds., 2014)


Así o presentan na web de Malpaso Edicións:

Es «la verdadera historia» porque su autor lo emplea como ariete para demoler las fábulas pueriles que circulaban sobre su vida. Zappa nos cuenta el arranque, el nudo y el desenlace de su accidentada experiencia musical, narra a cuchillada limpia sus debates con el puritanismo censor y denuncia las patrañas que mandarines y mandamases arrojan sin descanso a la credulidad pública. Su agudo olfato detectó siempre el olor a boñiga.

Aquí asistimos a disparatados encuentros con eminencias como Mick Jagger, Eric Clapton, Jimi Hendrix, John Wayne o Al Gore y su edificante esposa; presenciamos con deleite mirón las curiosas gimnasias sexuales de unas señoritas aficionadas a la carne roquera contemplamos las vergüenzas de unj uicio grotesco en los tribunales de la monarquía británica o de una estrafalaria inquisición en el Senado estadounidense; oímos sabios consejos para instruir a la infancia en el racionalismo escéptico y el higiénico rechazo de todos los dogmas eclesiásticos… Aquí se revientan los empalagosos cánones de la memoria pop para construir una reflexión ineludible sobre nuestro tiempo y nuestra necedad.

Movember 2014

Xa quedan poucos días para q comece Movember.
Entra na web, rexístrate en movember.com e participa!


jueves, 23 de octubre de 2014

BLACK FIRE! New Spirits!

Unha marabilla que nos chega estas semanas da man de Soul Jazz Records, e por partida dobre. A edición Black Fire! New Spirits! unha compilación de do jazz máis radical e revolucionario surxido nos USA entorno á década de 1960. 

Dende a súa división de libros lanzan un volume a todo luxo: "Black Fire! New Spirits! Images of a revolution. Radical Jazz USA 1960-75" (Soul Jazz Books, 2014) que recolle centos de fotografías impresionantes que capturan o radicalismo e a determinación dos artistas da vangarda do jazz na década de 1960 e comezos de 1970, dende a exploración musical de John Coltrane, ó compromiso social do Art Ensemble of Chicago ata a ciencia ficción de Sun Ra, todo plasmado en centos de imaxes e con ensaios que o contextualizan cos cambios sociais e políticos da década, ademáis de biografías de moitos dos protagonistas.
[< portada do libro]

E por suposto acompañan esta edición cun dos seus fantásticos recopilatorios con Archie Shepp, Creative Arts Ensemble, The Last Poets ou Yusef Lateef entre outros, ata 14 pezas que abarcan desta vez o período ampliado dende 1957 ata 1982. En dobre cd ou triple LP.

V.A. "BLACK FIRE! New Spirits! Radical revolutionary jazz in the USA 1957-82"
(Soul Jazz Records, 2014)


Undertown "Shelter"

A banda Undertown puxo fin ó seu percorrido hai case un ano, no momento no que nos estaban a adiantar temas do que sería o seu novo álbum "Shelter". Pero seguiron traballando no proxecto ata o final, e agora no-lo ofrecen coma despedida despois de tantos anos de traballo. Dende esta semana xa os podedes escoitar e mercar dende o seu bandcamp.

UNDERTOWN "Shelter"
(KSF, 2013)



miércoles, 22 de octubre de 2014

Thurston Moore "The Best Day"

Dende o parón dos Sonic Youth, seguimos coma tolos calquer lanzamento dos seus membros coma se necesitasemos encher un oco das nosas vidas. O que máis se aproxima ás veces é por suposto Thurston Moore, aínda que entre álbumes e eps de experimentos, desvaríos e exercicios de método, de vez en cando nos deixa un álbum coma este, no que retoma a liña do "Trees Outside the Academy" do 2007, con cancións e con tódo-los elementos que recoñecíamos do sonido dos Sonic Youth.
Onte viu a luz este "The Best Day" con diferentes portadas segundo a edición, aínda temos que darlle moitas escoitas, pero con temas como 'Speak to the Wild', 'The Best Day' ou 'Germs Burn' xa punta bastante alto.


THURSTON MOORE "The Best Day"
(Matador Records, 2014)



WOMEX 14 Santiago



IV Festival Kerouak


martes, 21 de octubre de 2014

descarga tRash Tra$h trAsH #11

Aquí tedes un pouco da sesión do pasado venres de Trash Trash Trash, basura mesturada de Munstaphá con 25 temas do rock psychodélico que máis nos gusta destes últimos anos.

Psych.Munstaphà "tRash Tra$h trAsH #11"
(sesión Rif-Rock 17 out.2014)
faite con trash#11 aquí.