Tremendo show de RUFUS & LOS GUARROS: Jorge, Martin, Miguel e Oscar (que case non se lle ve ahí detrás), gracias por ser tan grandes e apuntarvos sempre a todo!!
E por suposto, a todos por vir nunha noite tan estupenda!!
E comezamos co programa especial que montamos para celebralo con todos.
Sábado 2 de Xullo 2016:
RUFUS Y LOS GUARROS en directo dende as 23:45h.
Rufus The Guarro é un vagabundo namorado da música de raíces. Nunhas das súas viaxes polo noroeste, tropezouse con dous mugrentos músicos ós que convidou a unirse á súa aventura. Así naceu o proxecto Rufus & Los Guarros, no que dan renda solta ó seu amor pola música tradicional norteamericana. Ás súas costas, membros de Los Wavy Gravies, Dead Wood, The Allnight Workers, Los Hijos Bastardos de Peter Lorre e un longo etc...
Non vos perdades a súa estrea no día do noso aniversario!!
E despois do concerto, o SHERIFF LORRE tomará os mandos dende a cabina para outra espectacular sesión entre o seu r'n'b troglodita e o revival máis elegante.
E a próxima semana máis, co directo de THE BOLTONS e as sesións de Ptooff! e dj Chan (aka ACME), consulta oprograma completo aquí.
O 7 de agosto celebraremos a 8ª edición da nosa Festa do Bigote!! Seguimos cos preparativos. Polo momento xa temos protagonista para o poster: o enorme Kurt Rambis, un dos maiores mitos estéticos dos 80s. Faltan 5 semanas...
GØGGS é o novo proxecto do incansable Ty Segall, acompañado polo seu compinche nos Fuzz Charles Moothart, e Chris Shaw dos Ex-Cult.
Son outro power trío no que tanto Segall coma Moothart se van encargando de case tódo-lo instrumentos no estudio, guitarras, baixo e batería que se van alternando en cada tema. Chris Saw encárgase das voces, e contan ademáis coa intervención dos colaboradores habituais de Segall: Denee Petracek e Mikal Cronin.
A finais do 2015 xa lanzaran o single de adianto "She Got Harder", no que se incluía o propio tema, que tamén abre este debut, e o tema exclusivo 'Billy is a Runnaway'. Este venres lanzan o seu álbum de debut: "GØGGS Lp". Un álbum moi potente, rápito e contundente, con guitarras chirriantes e unha sección rítmica que te voará a cabeza. Unha uténtica animalada.
Os Sonic Youth xa non existen, pero seguen tendo material gardado para rato, e cada vez está máis claro que van a seguir tirando do baúl.
Este mes publicouse "Spinhead Sessions 1986". Trátase de material grabado en 1986, xusto despois da publicación do "Evol", para a banda sonora do filme Made in USA (Ken Friedman, 1987).
Naquela banda sonora se incluían 23 cortes breves, tal e como se remataron para incluir no filme, e que non foron publicados ata 1995 por Rhino.
Neste Spinhead Sessions aparecen sete demos daquelas sesións, con temas que logo se foron cortando, ou directamente se descartaron por ser meros ensaios. Son pasaxes ambientais densos e punzantes, coma os 16 minutos de 'Ambient Guitar & Dreamy Theme', ou os 8 de 'High Mesa'. Só para moi completistas.
Onte cumpríronse 50 anos do lanzamento do primeiro álbum dos Mothers of Invention de Frank Zappa. Un dos primeiros traballos conceptuais da historia, e unha bofetada á toda a industria cultural norteamericana. Un álbum de avant-garde e rock psychodélico delirante, con doo-wop e rhythm'n'blues entre chistes e arranxos dunha orquesta de cámara.
Un auténtico éxito fora dos USA, alí costoulles máis dixerilo. Para Verve Records foi todo un reto económico e un risco profesional. Freak Out! foi unha renovación nos métodos de grabación (e moi costosos tamén) e todo un atrevimento, incluíndo moitos tacos, e referencias explicitas ás drogas que non eran habituais nas edicións dunha compañia tan potente como esa. Pero o resultado foi un dos mellores álbumes da historia. E ademáis incluía auténticos hits eternos coma 'Hungry Freak Daddy', 'Motherly Love', a miña favorita 'Any Way the Wind Blows' ou 'Trouble Every Day'. E só era o comezo da xigantesca carreira de Zappa e compañía. Xa vo-lo recomendamos noutras ocasións, pero hoxe tocaba de novo. Un imprescinble!!
"Ahora más que nunca Mr. Spock!" foi un dos lemas do PNV, na precampaña de Ibarretxe do 2009. Aquí tedes algunha nova desa campaña galáctica, na web de El Pais, e non vos perdades o video que inclúe.
Coma sempre en castelán, nin rastro de euskera... curioso, pero cartelazo mítico!! Aínda así, perderon o goberno despois de 30 anos.