lunes, 5 de diciembre de 2016

Purple Weekend 2016

Un ano máis a recomendación obrigada por estas datas. 
O Purple Weekend de León, esta semana do 7 ao 10 de decembro, con James Hunter, The Woggles, Mark & The Spies ou os Mystic Braves.
Toda a info, entradas e demáis na web do Purple Weekend.


viernes, 2 de diciembre de 2016

Primeiros títulos de Catro Ventos Editora

En outubro presentábamosvos a Editora Catro Ventos, un proxecto tan comprometido coma necesario.
Dende este mesmo fin de semana xa podedes facervos no Rif-Rock coas súas primeiras edicións. Os títulos dispoñobles son Transición Ecolóxica, traducción ao galego da obra colectiva de Aurore Lalucq, Philippe Frémeaux e Wojtek Kalinowski; e A Ruta dos Refuxiados, un volume de producción propia que amosa o traballo de cinco fotoxornalistas galegos que amosa unha visión da ruta moi diferenta á ofrecida polas canles oficiais.
Seguídeos no seu facebook, e na súa web Catroventos.gal.


The Rolling Stones "Blue and Lonesome"

Nunca me interesaron nen o máis mínimo ningún dos lanzanmentos dos Rolling Stones que me tocaron vivir, de feito abúrrenme bastante tódo-los seus discos dende os 70s en diante (exactamente dende que meteron o logotipo da lingua, agás o "Exile on Main Street"), pero cada vez doulle máis voltas aos seus discos e 7'' dos 60s. Por eso o anuncio do novo álbum de volta as súas orixes levantoume a curiosidade.
Hoxe mesmo sae este "Blue and Lonesome". Richard xa advertira hai meses que ía ter moito Chicago blues, e así é. Son doce versións de blues, práctimente como facían nos seus primeiros traballos cando tiñan só 20 anos, e aquí está o seu tributo a Willie Dixon, Howlin' Wolf, Memphis Slim, Magic Sam ou Eddie Taylor. Todo gravado a comezos de ano nos British Grove Studios (propiedade de Mark Knoffler) e coa colaboración de Eric Clapton en dous temas.
Quedou atrás a pureza do 64 e o seu descaro. Os temas igual pedían un tempo diferente, e incluso menos elaboración, que parece que non pero teñen moita. E aínda así será o álbum dos Rolling dos últimos 40 anos que maís veces escoite en moito tempo. Logo está o tema das portadas horribles, pero xa hai moitos anos que non teñen solución.

THE ROLLING STONES "Blue and Lonesome"
(Polydor, 2016)



jueves, 1 de diciembre de 2016

Blues Magoos "Psychedelic Lollipop"

A finais de novembro o debut dos neoiorquinos Blues Magoos cumpría 50 anos!! "Psychedelic Lollipop" foi un dos álbumes que marcou unha época e unha tendencia no tempo. Foron, despois dos 13th Floor Elevators, o seguintes en incluir o termo psychedelic nunha portada de rock, e principais referentes efímeros do garage psych na costa este a mediados dos 60s.
Comezaron como banda de high school no 64 e tras varios cambios de nome debutaron en longo con este álbum en 1966, cando o guitarrista Emil “Peppy” Theilhelm aínda tiña 16 anos. O peso dos seus temas o levaban Gilbert, Espósito e Scala, autores do seu hit eterno '(We Ain't Got) Nothin' Yet' que abría este álbum, ademáis de 'Love Seems Doomed', 'Sometimes I Think About' e 'One by One' que eran os catro temas propios aínda que con brillantes melodías pop se perdían no seu intento de soar a baladas. Logo seis versións ácidas de clásicos do rhythm'n'blues coma o 'I'll go Crazy' de James Brown, ou de blues como a mítica 'Tobacco Road' de John Loudermilk, os xogos de voces de 'Gotta Get Away' ou a fantástica 'She's Coming Home' de Roger Atkins para pechar o álbum. 
O seu seguinte traballo "Eclectric Comic Book" aínda mantivo certo recoñecemento, pero a banda foise diluíndo nuns sons que nada tiñas que ver co seu éxito Nothin' Yet. Aínda así, este é un imprescindible.

BLUES MAGOOS "Psychedelic Lollipop"
(Mercury / Fontana, 1966)



Sáb.10: Bimba POP!

A próxima semana, volve Bimba POP á nosa cabina!! 
Sábado 10 decembro. Non vo-lo perdades.


miércoles, 30 de noviembre de 2016

James Rhodes "Instrumental"

Este libro non vo-lo recomendamos no seu momento por que tardamos en rematalo, e logo xa se pasou... pero Rhodes está de novo de actualidade.
James Rhodes é un compositor, concertista de piano, e comentarista de música clásica. Está considerado coma un dos renovadores da clásica, e un dos maiores talentos da súa xeración. A comezos do 2015, con só 40 anos, publica un libro de memorias "Instrumental", relatando os abusos sexuais que sufríu na súa infancia e tódo-los problemas que na súa vida derivan deses terribles feitos: trastornos físicos e mentais, adiccións, problemas para relacionarse, internamento en psiquiátricos... e finalmente, cómo a música foi a súa vía de curación.
Nun primeiro momento un xuiz prohibe a distribución, o cal non fixo máis que aumentala expectación pola obra. Finalmente, en novembro o supremo británico fallou ao seu favor e "Instrumental" veu a luz, e directamente convertíuse en superventas en todo o mundo.
Ao final de entrada tedes unha interesante entrevista para 'Página Dos' de TVE, e esta semana, estará con Jorde Évole en Salvados.

JAMES RHODES "Instrumental. Memorias de música, medicina y locura".
(Blackie Books, 2015)


Así o presentan na web de Blackie Books:
James Rhodes es uno de los más eminentes concertistas de piano de la actualidad y un gran renovador de la música clásica. Ha protagonizado documentales para la BBC y Channel 4, escribe en The Guardian y ofrece recitales en todo el mundo. «Instrumental» son sus memorias, que vieron la luz en Reino Unido después de que el Tribunal Supremo levantara el veto que pesaba sobre la obra. Todo un tributo apasionado al poder terapéutico de la música y que aborda cuestiones fascinantes sobre cómo funciona la música clásica y sobre cómo y por qué puede cambiar nuestras vidas.  
«El fenómeo editorial del año.» Mail On Sunday
«Este libro es un milagro.» The Guardian
«Alguien que ha sufrido lo que él ha sufrido, y que ha luchado tanto contra las consecuencias de su sufrimiento, tiene derecho a contárselo al mundo. Por eso permitimos la publicación de este libro.» Veredicto del juez del Supremo, Lord Toulson.


'Unestable Killer' por Emérita Méndez (Isi Vaamonde)

Aqui tedes a fantástica peza coa que participou Emérita Méndez na pasada edición do Artefacto Salnés, que este ano levaba por título Cancioneiro
A obra de Emérita está adicada o tema 'Unestable Killer' de Isi Vaamonde, unha marvilla de tema, e por suposto de cadro. O que máis me gustou de toda a expo.


sábado, 26 de noviembre de 2016

Black Grooves Vol.46

Aquí tedes unha hora e quarto da sesión de onte mesmo da entrega núm#46 da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! Metédelle volume!.

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 25 nov.2016)



jueves, 24 de noviembre de 2016

Michael Kiwanuka "Love and Hate"

Un dos álbumes de música negra da tempada é o novo traballo do británico Michael Kiwanuka. Catro anos depois do seu exitoso "Home Again" volve con moitos cambios. O seu debut era un álbum fondamente espiritual, no que realmente a expresión relixiosa estaba por encima da musica. Nesta ocasión evoluciona moito a súa mensaxe, por momentos incluso positiva e alegre, con máis peso na temática social, e a parte músical experimenta tamén un cambio sustancial. 
"Love and Hate" son dez temas entre os que atoparedes referencias a moitos xéneros, nesta ocasión moito máis centrado no funk, no soul e no jazz vocal, pero tamén con curiosas evolucións do rock, un traballo moito máis rico que a pastelada do álbum anterior. Comeza dun xeito brillante, coa enorme 'Cold Little Heart' e os seus dez minutos de increscendo, e segue 'Black Man in a White' o single de presentación que xa adiantara a comezos de ano. 'Falling', 'Rule the World' ou 'The Final Frame' son outros dos temas que non vos podedes perder, pero sobre todo 'Love and Hate' e 'One more Night' nos que atoparedes moitas referencias a Curtis Mayfield ou Stevie Wonder.
Esto vai para discazo!!

MICHAEL KIWANUKA "Love and Hate"
(Polydor, 2016)



The Olympians "The Olympians"

Nova banda que nos presentan dende Daptone Records.
The Olympians son unha selección de músicos da escudería, con membros dos Dap-Kings que acompañaban a Sharon Jones, dos Expresions ou dos Menahan Street Band, ademáis de outros músicos fora da compañia coma o trompetista Michael Leonhart, e todos comandados por Toby Pazner. 
The Olympians practican un soft-funk instrumental, con tóda-las seccións de instrumentos que son puro delirio, todas teñen o seu momento de protagonismo, e uns arranxos que pensarás que estás oíndo música doutros tempos. 
Unha delicia de álbum.

THE OLYMPIANS "The Olympians"
(Daptone Records, 2016)



Thee Oh Sees "An Odd Entrances"

Novo traballo dos Thee Oh Sees, terceiro xa este ano. "An Odd Entrances" é unha continuación do anterior "A Weird Exits". Os seus temas foron gravados nas mesmas sesións, pero para esta entrega reservaron as pezas máis calmadas, máis influenciadas polo kraut que polo garage e o pop psychodélico habitual. 
Son seis temas, a metade instrumentais, e o resto prácticamente susurrados, sobre todo en 'You will find it here' coa voz moi apagada sobre os seus bestias desenrolos, a dozura pouco habitual de 'The Poem' ou no sinxelo exercicio de 'At the End on the Stars'. Segue co kraut de 'Jammed Exit', unha continuación do 'Jammed Entrance' do álbum anterior, 'Unwrap the Fiend pt.1' devólvennos á rítmica máis habitual da banda (a parte parte 2 aparecía no anterior tamén), pero moito máis relaxada e limpa, e para rematar a experimentación máis ruidista de 'Nervous Tech'.
A propia banda o presentou coma unha espcie de apéndice de "A Weird Exits", así que así debedemos escoitalo. E mentres, xa con gañas do seguinte.

THEE OH SEES "An Odd Entrances"
(Castle Face Records, 2016)



miércoles, 23 de noviembre de 2016

Guerrera "Guerrera"

A semana pasada lanzouse o novo traballo de Guerrera, outra entrega de stoner, psychodelia e desta vez con moitos máis matices que nunca. 
O seu terceiro álbum leva título homónimo e son 4 temas, un en cada cara do lp dobre: 'Arden Cruces Muertas', as dúas partes de 'Mecánica Certeza' (Verdad invertida e Caravaca), 'Calixe' dividido en tres cortes Area-Sangue-Néboa, e a experimentación de 'Abacuá' para rematar. Un álbum moi ambiocioso e cun resultado excelente, longas progresións, ambientacións densas, e moita tormenta, cunha sección rítmica de escándalo. Para escoitar de tirón e deixarse levar coa súa película.
Podedes escoitalo, mercalo e descargalo no bandcamp de Matapadre.

GUERRERA "Guerrera"
(Matapadre, 2016)




martes, 22 de noviembre de 2016

Oh! Ayatollah 'Mi Re La'

Os composteláns Oh! Ayatollah publicaron o seu primeiro ep en abril deste ano. "Cancións por se non te quere xa" son cinco temas de power pop punkarra, que podedes escoitar e descargar no seu bandcamp.
Agora lanzan o seu primeiro clip, co tema 'Mi Re La', aquí tedes o resultado:


Cassettes do Trash#17

Asi comezaba a sesión Trash!#17 do venres pasado. 
Logo xa foi imposible seguir, outro día continuaremos... Trash!!


lunes, 21 de noviembre de 2016

[Revival 2011]: JAZZ STANDARDS WORKSHOP!

Comezamos a semana cunha de Revival:
En novembro do 2011 comezamos cun pequeno ciclo de jazz: as Jazzerz Series do Rif-Rock. Nesta entrada tedes a presentación do ciclo na prensa. 

Para inaugura-las xornadas contamos co directo dos JAZZ STANDARDS WORKSHOP!, un trío formado polo compostelán Valentín Caamaño á guitarra, Alberto Ríal ao contrabaixo, e o mestre Paco Charlín á batería, naquela ocasión camuflado como Nilrahc Satrop para aporrear ben a gusto os tambores. Pasóuno mellor que ninguén aquela noite, iso seguro...
Os JSW ofrecéronnos dous pases con moitos temas, na lista de reproducción só recollimos nove pezas. Unha maravilla.
Foi o 18 de novembro do 2011. 
Cinco anos xa...


domingo, 20 de noviembre de 2016

ULO-001

De entre os miles e miles de discos que temos, agora xa podemos presumir do exemplar máis especial de todos: a nosa copia do test pressing da primeira referencia de Ulomanía Coop. ULO-001. Unha xoia!