viernes, 31 de marzo de 2017
jueves, 30 de marzo de 2017
Thurston Moore 'Smoke of Dreams'
Adianto do novo álbum de Thurston Moore. Parece que desta vez toca un álbum con cancións, e non só de experimentación. O tema titúlase 'Smoke of Dreams' e é o video clip de adianto de "Rock'n'Roll Consciousness" con saída prevista para o 28 de abril.
Un tanto convencional, pero a mín xa me deixa con gañas de máis.
Wire "Silver/Lead"
Os Wire cumpren 40 anos de carreira, e nada mellor que facelo con novo álbum.
Queda lonxe a época na que eran a banda máis infuente do underground, aquela banda que sempre ía un paso por diante de todos, con aquela triloxía inicial na que adiantaron todo o que pasaría despois: "Pink Flag" do 77, "Chairs Missing" do 78 e "154" do 79. Nesta terceira etapa da banda, dende a súa reunión co cambio de século estan a facer o camiño inverso, comezaron máis duros ca nunca, explorando o rock industrial máis experimental, e co paso dos discos van simplificando todo volvendo aos inicios, aínda que a premisa é facer pop, non ser a vangarda do art-punk. Agora xa non teñen que sorprender a ninguén, só facer o que lles peta.
"Silver/Lead" é o seu 15º álbum de estudio, de total actualidade televisiva, prata ou plomo. Presenta dúas partes marcadas do disco, coma en anteriores entregas, comeza coa etérea 'Playing Hard for the fishes' case a modo de intro, e segue co enérxico 'Short Elevated Period' e o pop luminoso de 'Diamonds in Cups', ou o traqueteo de 'This Time'. "Silver/Lead" discurre enfrontando esas dúas facetas da banda unha e outra vez, con enormes pistas de guitarras en moitas capas, percusión minimalista e a voz de Colin Newman que parece buscar a melodía pop perfecta.
Sempre solventes cumprindo á perfección co que se propoñan.
Dende este venres 31 na rúa.
Sempre solventes cumprindo á perfección co que se propoñan.
Dende este venres 31 na rúa.
WIRE "Silver/Lead"
(Pink Flag, 2017)
Black Joe Lewis & The Honeybears "Backlash"
Novo traballo de Black Joe Lewis, que volve con The Honeybears, logo do parón que supuxo o potente "Electric Slave" do 2013. Moitos anos sen material novo, pero aquí está de volta coa mesma fórmula de sempre blues, soul, funk e garage, con cambios de ritmo imposibles, e ese equilibrio perfecto co que manexa a velocidade, a intensidade e as pausas ao seu antollo, e esa forma de berrar...
Arranca co pelotazo de 'Flash Eyed', todo un hit marca da casa, pasease por territorios máis soul e funk en 'Global', 'Nature's Natural', 'Wasted', ou as orquestacións da enorme 'Lips of Loser', o blues de 'PTP', ou o garage rock mais decidido de 'Freakin' Out' ou as máis contundentes 'Shadow People' ou 'Prison'.
Coma tódo-los seus traballos, soan irregulares na primeira escoita, pero co paso do tempo quedamos enganchados, sempre pasa. Recomendado.
BLACK JOE LEWIS & THE HONEYBEARS "Backlash"
(Black Joe Lewis LLC, 2017)
miércoles, 29 de marzo de 2017
15 abr: DEAD WOOD en directo
Este mes os DEAD WOOD comezaron co Spirit Away Tour, a xira de presentación do seu single "Spirit Away b/w CBA Blues" publicado por Ulomanía Coop.
Por suposto xa temos data para o seu show no Rif-Rock.
Será o sábado 15 de abril, en plenas vacacións de semana santa.
Non vo-lo perdades!!
Por suposto xa temos data para o seu show no Rif-Rock.
Será o sábado 15 de abril, en plenas vacacións de semana santa.
Non vo-lo perdades!!
martes, 28 de marzo de 2017
Discos de Ulomanía en Rock Therapy Radio
Máis novas de Ulomanía.
Na entrega desta semana do programa THE LOST REFUGE da emisora online Rock Therapy Radio de León, presentaron as dúas referencias de Ulomanía Coop.
Soaron tres temas do "Pura Maldad" dos Breakin' Bones ('Puerto Hurraco', 'La Piel del Diablo' e 'Brian the Brain', e os dous temas do single de Dead Wood 'Spirit Away' e 'CBA Blues'.
Soan apatires do minuto 33, pero mellor que lle metades unha escoita ao programa completo.
Podedes escoitalo e descargalo no ivoox.
E tamén seguilos no seu facebook.
Este venres sesión sorpresa #OSLF?
O noso ciclo Où Sont Les Femmes? chega ao seu fin.
Logo de todo o mes coas sesións das nosas amigas dende a cabina, este venres 31 teremos un bonus con sesión sorpresa. Non vo-lo perdades.
Logo de todo o mes coas sesións das nosas amigas dende a cabina, este venres 31 teremos un bonus con sesión sorpresa. Non vo-lo perdades.
lunes, 27 de marzo de 2017
Ulomanía Coop na prensa
No último número do xornal A Nova Peneira inclúen unha ampla entrevista cos cabezas pensantes de Ulomanía Coop.
Aquí tedes unha captura, para ve-la imaxe ampiada picade aquí.
Aquí tedes unha captura, para ve-la imaxe ampiada picade aquí.
Tamén dispoñible na versión online aquí (saé na páxina 54).
domingo, 26 de marzo de 2017
sábado, 25 de marzo de 2017
viernes, 24 de marzo de 2017
The Jesus and Mary Chain "Damage and Joy"
Case 20 anos despois volven os irmáns Reid con The Jesus and Mary Chain.
Pasaron moitos anos dende aquel debut "Psychocandy" de 1985 que cambiou o rumbo de todo o que estaba a pasar, pero a abrasión pura pasou rápidamente ao ruído contido e comercial con melodías abertamente pop. ATa o "Munki", último álbum de estudio que publicaron en 1998.
Agora publican "Damage and Joy", 13 novos temas que seguen a mesma liña donde o deixaron, ademáis de 'All Things Pass' unha nova versión do 'All Things must pass' que incluíron no recopilatorio do 2010 "Upside Down" e logo lanzaron como single no 2012. A maioría dos temas son realmente descartes dos seus últimos discos, por suposto gravados de novo, aídna que algunhas seguen soando igual, coma 'Song for a Secret' coa colaboración de Isobell Campbell.
Abre 'Amputation' coma un auténtico cañonazo marca da casa, ou o ritmo saturado de 'Get on Home', ou 'Facing up to the facts' que te devolve directamente a comezos dos anos 90.
Nada novo por suposto, pero sempre é un gustazo volver a escoitalos.
THE JESUS AND MARY CHAIN "Damage and Joy"
(Artificial Plastic / Warner, 2017)
jueves, 23 de marzo de 2017
Ghesgha
Ao fin temos audios dunha das bandas máis prometedoras da comarca.
Ghesgha presentan a súa primeira maqueta (anteriormente chamados Killing Floor) gravada o ano pasado e que remataron a comezos deste 2017.
Un cuarteto de rock psychodélico instrumental ao máis puro estilo da Hendrix Experience, Cream ou os primeiros Pink Floyd. Polo momento só temos un adianto desa maqueta, os oito minutazos de 'Eterno Retorno'. Metédelle volume.
Este venres 31, presentan o seu traballo no Encontro de Barrantes. Recomendado.
Sesión de PauPauAGo-Gó! OSLF?
Aquí tedes case tres cuartos de hora da sesión de Pau Pau a Go-Gó! do ciclo Où Sont Les Femmes? do sábado pasado para continuar a festa logo do concerto dos Breakin' Bones. Moito rockabilly e rhythm'n'blues. Metédelle volume!.
Pau Pau a Go-Gó! "OSLF?"
(sesión Rif-Rock 18 marzo 2017)
faite coa sesión de Pau aquí!!
miércoles, 22 de marzo de 2017
cambio de data: Sáb.25 RECKLESS DAUGHTER
[AVISO]
Cambios na programación deste fin de semana.
No ciclo Où Sont Les Femmes? este fin de semana tiñamos programadas dúas sesións: o vernes con Reckless Daughter e o sábado con Nani Gonzáles.
Por un imprevisto temos que aprazar a sesión de Nani Gonzáles deste sábado, unha mágoa, pero xa vos avisaremos da nova data.
Así que aproveitamos para mudar a sesión de RECKLESS DAUGHTER de día. que será o sábado 25.
DON JUAN'S RECKLESS DAUGHTER é outra historia de Noa Castro que se reinventa coas súas músicas do mundo, jazz, bossa, soul, funk...
Sábado 25 de marzo. Non vo-lo perdades!!
Breakin' Bones!! concerto completo (18 mar.2017)
Impresionante o show dos BREAKIN' BONES do sábado!! Xa tiñamos gañas de telos de volta polo Rif-Rock despois de aprazalo en decembro, pero pagou a pena esperar porque ademáis os tivemos presentando o seu novo traballo "Pura Maldad", editado polo selo da casa Ulomanía Coop.
Un show espectacular, más rápidos e potentes ca nunca. Hora e pouco de intenso e divertido psychobilly, con ducias de covers retorcidos, dende clasicazos dos 50s, himnos mod, e inverosímiles temas dos 80, ademáis por suposto dos seus propios temas incluídos en "Pura Maldad" e no cd "Maldita Sea!". Un pracer volver a telos en Cambados, e unha vez máis agradecerlles a Koko, Santi e Dani por prestarse a todo esto! E gracias tamén a Paula PauPauAGo-Gó, polas horas de sesión que nos deixou despois do concerto, fantástica coma sempre, e aos socios de Ulomanía por montalo todo.
Unha noite estupenda. Gracias a todos por vir!
Xa tedes case todo o concerto subido, faltan tres ou catro temas, pero como se di nestes casos: estivérades ali. Atoparedes todo na nosa canle de youtube, e neste blog repartido nas entradas anteriores (pt1 - pt2 - pt3 - pt4) ou todo seguido en lista de reproducción:
martes, 21 de marzo de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














