sábado, 31 de diciembre de 2022

FIN

Chegou o momento de parar esto. Sen tempo non foi, pero había que facelo dalgunha maneira. Logo de pechar o local mantivemos o blog para continuar movendo pola rede todo o que seguiamos a facer, edicións, pinchadas, recomendacións... Pandemia, restriccións e vagancia fixeron que ao tempo que lentamente retomábamos a actividade do noso grupo, isto foi quedando parado.
Seguimos con máis proxectos e marcha e con outras actividades que iniciaremos en breve, pero teredes que buscarnos por outras canles, aquí xa non ten sentido logo de tanto parón. Quede o blog de arquivo e de recordo de todo o que pasou no Rif-Rock entre xullo de 1999 e novembro do 2018. Saúde!!

viernes, 5 de agosto de 2022

XII FESTA DO BIGOTE!!!

💥💥💥 Volve a FESTA DO BIGOTE!!!💥💥💥

Logo dos últimos anos de encerro e enmascarados, os RifRockerz e a xente de Cambados(tk) recuperamos a solemne FESTA DA BIGOTE!!
Obviamente, co Rif-Rock pechado dende hai case 3 anos, desta vez contamos  con nova localización, será na Sala KRAZZY KRAY (rúa da Parra 9, Cambados.) Coma sempre se celebrará na última noite do Albariño, domingo 7 de agosto, e unha vez máis con Edu de PC Barbería como padriño de honra.
Mantemos o formato, tres categorías: bigote absoluto, bigote postizo e mellor disfraz.
As bases no noso facebook.
NON FALTEDES!!

domingo, 9 de enero de 2022

Os 10 de Calambres do 2021

Aquí vai a última lista.
As recomendacións de Calambres do 2021, estos son os seus 10 imprescindibles:

1 THE RECALLS "There is no End" (Bickerton Records)
2 Aaron Frazer  "Introducing" (Easy Eye Sounds)
3 Amyl & The Sniffers "Confort to me" (Rough Trade)
4 Les Grys Grys "To fall down" (Norton Recs)
5 Curtis Harding "If words were flowers" (Anti-)
6 The Routes "Mermerised" (Action Weekend Records, Bickerton Records)
7 The Bo Derek's "Inféctame Baby" (Family Spree)
8 Reigning Sound "A Little More Time with Reigning Sound" (Merge Records)
9 Nick Waterhouse "Promenade Blue" (Innovative Leisure)
10 John Paul Keith "The Rhythm Of The City" (Wild Honey Records)



Os 10 de PTOOFF do 2021

Outra!!
Aquí tedes os 10 que nos recomenda PTOOFF do 2021:

1 FLOATING POINTS & PHAROAH SANDERS "Promises" (Luaka Bop)
2 Skeggs "Rehearsal" (Loma Vista)
3 10.000 Russos "Superinertia" (Fuzz Club Records)
4 Amyl & The Sniffers "Confort to me" (Rough Trade)
5 Godspeed You! Black Emperor "G_d's Pee At State's End!" (Constellation Records)
6 Black Country, New Road "For The First Time" (Ninja Tune)
7 Trees Speak "Posthuman" (Soul Jazz Records)
8 Mini Skirt "Casino" (Mini Skirt self release)
9 The Heck "Heck Yeah!!" (Soundflat Records)
10 Lamprea Explosiva + Giusseppe + Bloque "Novo Feixismo Libertario" (Caracol Negro / Pafff... Bum Discos / Dr. La Camelia / Interruptor / Llorón / Hombre Montaña / Ulomanía Coop.)




miércoles, 5 de enero de 2022

Os 10 de Munstaphà do 2021

Outra máis.
Aquí van as recomendacións de Munstaphà do 2021:

1 THROTTLE ELEVATOR MUSIC "Final Floor" (Wide Hive Records)
2 Black Country, New Road "For The First Time" (Ninja Tune)
3 Sons of Kemet "Black to the future" (Impulse!)
4 The Routes "Mermerised" (Action Weekend Records, Bickerton Records)
5 The Shivas "Feels so Good // Feels so Bad" (Tender Loving Empire)
6 Nick Cave & Warren Ellis "Carnage" (Goliath Records)
7 Reigning Sound "A Little More Time with Reigning Sound" (Merge Records)
8 Teenage Fanclub "Endless Arcade" (Merge Records)
9 Together Pangea "DYE" (Nettwerk)
10 The Limiñanas & Laurent Garnier "De Película" (Barreto Music / Because Music)



Os 10 de Kurco do 2021

Máis recomendacións do 2021.
Aquí tedes os 10 de Kurco!

1 THE DESMONDS "Good Morning America" (The Desmonds)
2 Smirk "Smirk E.P." (Total Punk)
3 Magnetic Spacemen "Papoya Poya" (Goomah Music)
4 Acid Dad "Take it from the Dead" (Greenway Recs / The Reverberation Appr. Society)
5 Stöner "Stoners Rules" (Plaid Room Records)
6 Basement Spaceman "The Fire Set" (Rowdydisc)
7 Dinosaur Jr "Sweep it into Space" (Jagjaguwar)
8 Warish "Next to Pay" (Riding Easy Records)
9 Bala "Maleza" (Century Media Records)
10 The Lords of Altamont "Tune In Turn On Electrify" (Heavy Psych Sounds)



martes, 4 de enero de 2022

Os 10 de Escalenux do 2021

Aquí comezamos as recomendacións dos nosos habituais co mellor do 2021.
A primeira selección, a de Escalenux:

1. AL DOUM AND THE FARYDS "Feaky people" (Black Sweet Recs)
2. Amyl and The Sniffers "Comfort to me" (Rough Trade)
3. Bala "Maleza" (Century Media Records)
4. Curtis Harding "If words were flowers" (Anti-)
5. Floating Points & Pharoah Sanders "Promises" (Luaka Bop)
6. Goat "Headsoup (Rocket Recordings)
7. Holy Monitor "Southern Lights" (Blackspin Recs / Primitive Music)
8. Les Grys Grys "To fall down" (Norton Recs)
9. Sons of Kemet - black to the future (Impulse!)
10. The Shivas "Feels so Good // Feels so Bad (Tender Loving Empire)




sábado, 13 de febrero de 2021

Chick Corea

Armando Anthony Corea, a.k.a. Chick Corea.
(1941 - 2021)

foto Jan Person, 1969.

miércoles, 3 de febrero de 2021

Os 10 de Kurco do 2020

E aquí vai unha lista máis...
Os imprescindibles de Kurco do 2020:

1. Bob Mould "Blue Hearts" (Merge Records)
2. Thruston Moore "By the Fire" (Daydream Library)
3. Flat Worms "Antarctica" (G.O.D.)
4. Fuzz "III" (In the Red Records)
5. Arbouretum "Let It All In" (Thrill Jockey)
6. The Men "Mercy" (Sacred Bones Recs)
7. Fontaines DC "A Hero’s Death" (Partisan Recs)
8. IDLES "Ultra Mono" (Partisan Recs)
9. Belako "Plastic Drama" (BMG)
10. Quilma "Punto de Partida" (Xonix)





domingo, 24 de enero de 2021

Os 10 do GZ Canibal 2020

E aquí vai a última lista, e coma sempre, a máis importante de todas. 
A nosa selección do GZ Canibal do 2020. Este ano quedámonos con estes dez imprescindibles:

1. MOURA: "Moura" (Spinda Records)
2 The Manueles "The Manueles(Ulomanía Coop. / Fonosaurios / Sweet Grooves)
3. Gancho Sánches "Zaquín(autoeditado)
4. Los Wavy Gravies "Rufus is back in town" (Family Spree Recordings)
5. Playa Desmayo "Atardicidio" (Ulomanía Coop. / Pafff... Bum Discos / Sweet Grooves)
6. Youcanthide "Youcanthide" (Ciudad Oasis)
7. Bang 74 "Let It Drift" (KOTJ Records / H. Records / Snap Records)
8. Mentah "New Begining" (CGTH / Ferror / Pundonor / Sounds Like Sunday / Theia)
9. Cloaca "Vetido Tóxico" (Freeky Dicky / La Familia Revolución / Sweet Grooves)
10. Malraio "Demo" (autoeditado)


miércoles, 20 de enero de 2021

Os 10 de Munstaphá do 2020

Outra lista máis, aquí van os 10 seleccionados por Munstaphá do 2020:

1. The Dream Syndicate "The Universe Inside" (ANTI- Records)
2. The Budos Band "Long in the tooth" (Daptone Records)
3. Fontaines D.C. "A hero's death" (Partisan Records)
4. Makaya McCraven & Gil-Scott Heron "We’re New Again (A Reimagining By          Makaya McCraven)" (International Anthem Recording Co.)
5. Coriky "Coriky" (Dischord)
6. Green Seagull "Cloud Cover" (Mega Dodo)
7. The Chats "High Risk Behaviour" (Bargain Bin Records)
8. Guided by Voices "Mirrored Aztec" (Guided by Voices Inc.)
9. Futuro Terror "Sangre" (Discos Humeantes)
10. Idris Ackamoor And The Pyramids "Shaman!" (Strut Records)




martes, 19 de enero de 2021

Os 10 de Calambres do 2020

Aquí tedes os 10 imprescincibles do 2020 para Calambres:

1. THE REFLECTORS "First Impression" (Burger Records / Time for Action)
2. LIE DETECTORS "Long Play" (Folc Records)
3. JASON JOSUA & THE BEHOLDERS "Alegría y Tristeza" (Mango Hill Records)
4. MANDALAI LAMAS " Out of Time" (Dark Globe)
5. LOS WAVY GRAVIES "Rufus is back in town" (Family Spree Recs)
6. HOLY HIVE "Float back to you" (Big Crown Records)
7. GREEN SEAGULL "Cloud Cover" (Mega Dodo)
8. THE SPITS "VI" (Thriftstore Records)
9. MFC CHICKEN "Fast food and broken hearts"
10. THE HANGING STARS "A new kind of sky" (Crimson Crow)




jueves, 14 de enero de 2021

Os 10 de Escalenux do 2020

Máis listas.

Aquí tedes os 10 de Escalenux do 2020:

The Budos Band "Long in the tooth" (Daptone Records)
Causa Sui "Szabodelico" (El Paraiso Records)
Fontaines DC "A hero's death" (Partisan Records)
Frankie and the Witchfingers "Monsters eating people eating monsters" 
    (Greenway Records / The Reverberation Appreciation Society)
Futuro Terror "Sangre" (Discos Humeantes)
Idles "Ultra mono" (Partisan Records)
Moura "Moura" (Spinda Records)
Sei Still "Sei still" (Fuzz Club)
Slift "Ummon" (Vicious Circle / Stolen Body)
Sunflowers "Endless voyage" (Only Lovers Records)



Os 10 de Ptooff do 2020

Este ano non temos onde montar unha pinchada co mellor do ano pasado, pero non ides librarvos das nosas listas. 

Aquí tedes a primeira, os 10 de Ptooff do 2020.

Magick Brother & Mystic Sister "id" (Sound Effect / The John Colby Sect)
Slift "Ummon" (Vicious Circle / Stolen Body)
Protomartyr "Ultimate Success Today" (Domino)
Fontaines D.C. "A Hero's Death" (Partisan Records)
Coriky "Coriky" (Dischord)
Moura "Moura" (Spinda Recs)
Vinnum Sabbathi "Of Dimensions & Theories" (Stolen Body Recs)
Makaya McCraven & Gil-Scott Heron "We’re New Again (A Reimagining By Makaya McCraven)" (International Anthem Recording Co.)
Playa Desmayo "Atardicidio" (Ulomanía Coop. / Pafff... Bum Discos / Sweet Grooves)
Pigs Pigs Pigs Pigs Pigs Pigs Pigs Pigs "Viscerals" (Rocket Recordings)



viernes, 25 de diciembre de 2020

[Revival] A despedida dos Sharknadoos no 2015

Un pouco de revival.

Desta vez imos cinco anos atrás, cara o 25 de decembro do 2015, para lembrar un dos concertos da segunda edición do Nadal Soul, que durante varios anos organizamos xunto co Continental. 

Naquela ocasión The Sharknadoos facían doblete, un concerto en cada local, o sábado 19 no Conti, e o venres 25 no Rif-Rock. Paraban por unha tempada, e querían deixalo ben arriba. Finalmente foi a súa despedida, ou alomenos ata o día de hoxe. Sen dúbida un dos concertos maís petados de cantos fixemos no local nos nosos 20 anos de vida. Así se despide unha banda. Como os botamos de menos...

Aquí tedes o concerto completo:




lunes, 30 de noviembre de 2020

Un ano da despedida

Hoxe hai un ano que pechamos o Rif-Rock.

Para a maioría de vós foi unha sorpresa, e só para algúns era un pequeno segredo a voces que tiña que difundirse o menos posible. Tratábase de festexar o noso 20 anviersario, que estaba pendente de meses atrás, e coa banda favorita das nosas vidas. Tiña que ser unha festa da boas, e así foi. O feito de xuntar de novo a Los Hijos Bastardos de Peter Lorre xa foi todo un éxito, e comprobar a resposta da xente unha satisfacción enorme.

Se vos digo a verdade, para nós todo iso xa nos queda moi lonxe no tempo, aínda que case cada semana sempre hai quen nos escribe ou nos comenta pola rúa anécdotas ou recordos do local. 

Ao longo de todo este ano aínda non subimos nin a cuarta parte de todo o material que temos e que moitos nos fixéchedes chegar desa noite, pero o faremos pouco a pouco. Dende logo foi unha noite para non esquecer, e un final perfecto para 20 anos e 5 meses de facer sempre o que nos petou coa axuda dunha cantidade enorme de xente que sempre se prestou a colaborar connosco. Estar rodeado de tanto talento faino todo moito máis sinxelo.

Tampouco podemos esquecernos de tantas mostras de cariño naqueles días e nos meses seguintes, e que aínda seguen a chegarnos. Así que volvemos a darvos as grazas a todos. Pero para rematar a parrafada, gustaríanos perdirvos algo que dixen aquela noite. Apoiade aos que fan cousas distintas, sempre!!! E nestes tempos tan difíciles, a tódolos que poidades 

Volveremos a vernos nos bares!! Mentres tanto, coidádevos!



viernes, 27 de noviembre de 2020

Outono Codax Festival 2020

Poucas cousas, ou nada, se pode facer nestes tempos. Aínda así os valentes de Raiña Producións e A Reixa apostaron por unha nova edición do noso querido Outono Festival en Compostela. Coas restricións de movilidade non poderemos asistir tódolos que non nos perdimos ningunha das edicións, pero é o que hai.

Mañan comeza en Santiago, con actividades e concertos ata o 18 de decembro. En cabeza Josele Santiago acompañado polos Limboos, o fantástico Tito Ramírez, ou The Sey Sisters. Pero coma sempre hai moito máis, máis concertos, pinchadas e más actividades, entre as que destacan a presentación do disco perdido de Andrés do Barro, e libro sobre o mesmo a cargo de Fernando Fernández Rego.

Dende logo o noso aplauso e recoñecemento ao valor desta xente por sacar adiante un ano máis este festival con este cartelazo.

Toda a info e entradas na web do Outono.



sábado, 21 de noviembre de 2020

Quilma "Punto de partida"

Xa temos aquí o debut discográfico de Quilma.

"Primeiros Pasos" son nove temas propios da banda, gravados no KSF Studio coa produción de Victor Karallada. A edición en cd vai a cargo de Xonix Records.

Facédevos con el poñéndovos en contacto coa banda.



jueves, 17 de septiembre de 2020

Alerta Vermella!!

Volvemos das vacacións!

Xa vos contaremos máis de como seguiremos coa actividade do blog, pero para comezar queremos amosar o noso apoio a todo o sector da cultura, da noite, da música... artistas, programadores, técnicos, hostaleiros. Porque nós tamén fumos parte del, e dalgún xeito seguimos vinculados aínda que xa de outro modo. Precisamos eventos, e necesitamos que sigades a facelos, e que vos deixen...

Para hoxe mesmo hai convocadas concentracións no serán en Vigo e Compostela. Toda a info na web de Alerta Roja Eventos.



sábado, 1 de agosto de 2020

Redd Kross "Red Cross EP"

Outros que están a conmemorar os 40 anos de traxectoria son Redd Kross. 
Aínda que non o pareza a súa carreira é lonxeva coma poucas en bandas da súa xeracións, e é que os irmáns McDonald comezaron con 12 e 14 anos, e con certo éxito dende moi cedo. En 1980 publicaban o seu primeiro ep, este "Red Cross" homónimo, cando a banda aínda escribía así o seu nome.
Era un EP de seis temas, editado por Posh Boy Records, nunha primeira edición que nen tan sequera tiña portadas.
Ahí estaban 'Cover Band', 'Annette's Got the Hits', a mítica 'I hate my School', e na cara b 'Clorox Girls" -debaixo, estes dous temas en directo no 2007-, 'S & M Party', e 'Standing in Front of Poseur'.
Nalgunhas reedicións en cd de outros álbumes incluíronse estes temas, ou algunha demo destas sesións de 1979. Agora no 40 aniversario do seu lanzamento, Merge Records recupera este traballo, remasterizado, e incluíndo 5 demos descartadas daquelas sesións.

REDD KROSS "Red Cross EP"
(Posh Boy, 1980 / Merge Records, 2020)