miércoles, 19 de mayo de 2010

O álbum da semana "Who Killed Sgt. Pepper?" de The Brian Jonestown Massacre.

Esta semana traiovos o novo traballo dunha das miñas bandas favoritas. The Brian Jonestown Massacre, que entre o seu último lp de 2008 ('My Bloody Underground') e este novo publicaron tres fantásticos EPs, que xa adiantaban cambios. Agora chega o turno de 'Who Killed Sgt. Pepper?', que inclúe varios temas deses tres eps, e nos que o seu particular xeito de entende-lo revivalismo sixtie e a psychodelia, toma agora novos tintes con programacións electrónicas... e a súa obsesión pola british invasion e flower power do seu San Francisco natal muda agora polos xogos de reprises do Sgt Peppers do Beatles, mentres segue profundizando na temática das enfermidades mentais e a suxestión colectiva. Non é o mesmo de sempre, pero está moi, pero que moi ben...

THE BRIAN JONESTOWN MASSACRE
"Who Killed Sgt. Pepper?"
(A.Records, 2010)


descargádeo no blog Aves Cantamañanas:


No hay comentarios: