miércoles, 16 de junio de 2010

THE INNER SPACE en Mondo RifPOP!!!

A entrada anterior, era en realidade unha mera introducción para este breve repaso sobre a efímera existencia de THE INNER SPACE, a banda que en só un par de meses se convertiron nos xeniais e irrepetibles CAN, mentres que aquela enigmática banda (da que nin tan seguera os seus membros se adican a falar) se converteu nun lugar aínda máis misterioso de creación...
Así que o tiven que convertir nunha nova entrega de Mondo RifPOP!!!


Quen se fixou nos singles da entrada anterior, daria conta de que os dous primeiros non estaban firmados realmente por CAN. O primeiro deles é de THE INNER SPACE, e o segundo por IRMIN SCHMIDT & THE INNER SPACE PRODUCTION. Todo iso é a historia previa a CAN, así que aquí revisaremos un pouco desa excitante historia tan breve que tan só durou un par de meses na convulsa RFA de finais dos 60.
Sobre Can podedes botar un ollo nunha das entregas da columna De Ventrílocuos Impostores, de Libro de Notas, na primeira adicada ás vías do KrautRock de Can e Neu!, pero tamén axuda a contextualiza-lo momento a segunda entrega, aínda que esté centrada en Amon Düül e Guru Guru. Porque antes de todo iso... foi The Inner Space.
The Inner Space é unha banda misteriosa, rodeada de lendas como poucas outras. Logo reencarnados en CAN, unha das máis grandes bandas da historia da música e das máis influíntes do século XX. Sen embargo, a historia previa á formación de CAN é tan escura e transgresora, ou máis que toda a súa obra posterior. De cómo unha banda se convirte nun lugar. 
De feito, co paso dos anos nada sabemos daqueles míticos Inner Space, agás que a band estaba formada polos catro instrumentistas de CAN: Irmin Schmidt, Holger Czukay, Michael Karoli y Liebezeit Kaki, e somentes duraron en activo un par de meses, ata a incorporación de Malcolm Mooney como vocalista. Desde enton The Inner Space convirteuse no nome do seu estudio de gravación, situado nun castelo en Schloss Nörvenich, nas aforas de Colonia, facendo crecer a lenda sobre The Inner Space, unha misteriosa banda transformada agora nun misterioso lugar, no que todo era posible e dende o que se modificou o concepto da música que veu despois. Daquel lúgubre espacio saíu en primeiro lugar aquel fantástico “Monster Movie” de 1969, xa firmado por CAN, pero antes diso houbo dous traballos firmados polos enigmáticos The Inner Space. Son dous escuros 7 pulgadas, case imposibles de conseguir hoxe en día, do que as poucas copias dispoñibles no mercado superan os 300€.

O primeiro deles é atribuído a Irmin Schmidt and The Inner Space Production, e non é outra que a banda sonora do Kamasutra: Kamasutra Vollendung Der Liebe, de Kobi Jaeger, de 1969 era un filme que evidenciaba un novo despertar da RFA, actualmente se calificaría como cine erótico, aínda que iba un pouco máis alá, pero toda unha revolución da época. Puro cine de serie b con distribución case comercial, coas estrelas Bruno Dietrich e Barbara Schöne, que mesturando imaxes da milenaria cultura hindú coa contemporaneidade alemana, ten pretensións didácticas sobre o despertar sexual dunha sociedade que por fin se podía sacudir os fantasmas de dúas guerras. 





Schmidt xa compusera máis bso, pero nesta ocasión ten máis relevancia, polo tipo de filme e por estar totalmente pensado para cada escena, nalgúns casos, case de xeito fotograma a fotograma. O son é moito máis hippie, do tipo dos primeiros traballos de Amon Düül, moita flauta, elementos acústicos e ritmos moi suaves. Coma veremos, e igual que no seguinte caso, somentes se publicou un single de 7’’ con dous temas: o tántrico e hipnótico instrumental de ‘Kamasutra’, e na cara b o pop épico e fraternal de ‘Nightingale’, totalmente na onda flower power de San Francisco da mesma época. E igual que no seguinte caso, recentemente reeditouse a totalidade da bso:
Irmin Schmidt and The Inner Space – Kamasutra Vollendung Der Liebe (Crippled Dick Hot Wax 2010), aínda que esta xa se podía atopar en edicións moi cutres, igual que a peli, que podedes atopala na web cun pouco de insistencia, pero sen moito esforzo, no caso de que vos pique a curiosidade.

Pero a auténtica xoia chegou despois, o mes seguinte, ou ás dúas semanas, ou cecais, foi antes, ninguén o recorda, e quenes sí o saben mantéñense en absoluto silencia, pero dende entón convertiuse nun deses incunables que moitos recordan, pero ninguén posúe. Falamos da única gravación e publicación coñecida dos THE INNER SPACE firmada como tal. 







“Agilok and Bubblo” foi o 7’’ que contiña os dous temas que os efímeros The Inner Space compuxeron para o filme do mesmo nome, Agilok & Bubblo, creada e dirixida polo non menos enigmático director Peter F. Scheneider en 1968. Era unha cinta problemática, unha sátira sobre a política, a violencia e a sociedade, nun momento de paréntese entre os idolatrados Adenauer e Brandt. Un filme problemático nun momento complicado. E iso a covertiu nunha obra case prohibida, que nin tan sequera podemos considerar de culto, posto que hoxe en día non atoparedes máis referencias a ela que polo noso single protagonista, e a súa recente reedición. Por suposto eu non tampouco vin xamais a peli, pero sí algunhas imaxes en documentais do underground xermano da época, e dende logo era unha especie de bikini girls with machine guns, aínda que máis literalmente como a cantaban os New Rippers... chicas desnudas con metralletas, en plan musical descerebrado e surrealista.

Pero volvamos ós Inner Space. No seu momento só se editou o 7’’ xa mencionado, que contiña dous temas, na cara a ‘Aggilok & Blubblo’ e na b ‘Kamera Song’, dous temas totalmente influenciados pola primeira Velvet Underground, coa súa propia Nico particular incluida. A nova sociedade que estaba a crecer dende as cloacas da RFA estaba a xestar novas imaxes, novo cine, e por suposto nova música. Estes dous temas son un dos principais pistoletazos de saída. Sen embargo xa adiantamos que The Inner Space compuxeron o completo da banda sonora do filme de Scheneider, que nunca antes foran publicadas... ata agora. 
Tiveron que pasar máis de 40 anos de silencio, e que tivera que ser un selo de Barcelona quen tivera as pelotas de recuperar todo aquel material, arranxalo e finalmente darllo a coñecer ó mundo enteiro. Estes atrevidos foron Wah Wah Records Supersonic Sounds, e agora con todo merecimento o mundo enteiro ponse ós seus pes. Xa levan tempo reeditando moito material do kraut rock xermano dos 60 e 70, moitos deles inéditos dende a súa edición orixinal, e un deses casos, e aínda ampliado é o caso que nos ocupa. Ademáis preséntano en dúas edicións. A edición en vinilo, con tódo-los temas da BSO orixinal (lembrade, nunca antes publicada) e a edición en cd, que inclúe dous bonus tracks inéditos que aportan case 30 munutos máis de auténtica kosmische musik!!! En calqueira caso, nesta colección alucinaredes cos temas pop coma nunca lle imaxinaríades os (logo) membros de CAN, ademáis de todos esos pasaxes ou exercicios sónicos que reproducián directamente as ensinanzas de Stockhausen, e dous cortes (‘Flop Pop’ e ‘Apokalypse’) que xa nos adiantan a esencia do kraut-rock que viria despois.

Aquí tedes o tema principal 'Aggilok & Bubblo' e o adianto kraut de 'Apokalypse':

Con todo isto espero que vos entraran as gañas de desfrutar destas xoias ocultas reeditadas. E a ver se vo-las ofrezco nas seguintes entradas.

Saúde RifPOPerZ!!!!

No hay comentarios: