jueves, 9 de agosto de 2012

Fela Kuti 'Beasts of No Nation'

Mañán venres será a ocasión de rendirlle unha homenaxe ó descomunal Fela Kuti dende a cabina do Rif-Rock, pero desta vez non imos compartir un deses clásicos do afrobeat que tanto nos gustan, desta vez imos cara o final. Normalmente se identifica a última etapa da carreira de Fela Kuti, como un período menor no musical, e certamente coa xigantesca banda Egypt'80 tivo un certo retorno ó highlife da súa mocidade, con temas alongados de máis, que se facían eternos sen a rítmica dos anteriores Africa 70. Un Fela Kuti xa bastante enfermo, pero cada vez máis popular ó redor do mundo, aínda gardaba algún recurso. O seu maior éxito desta época foi sen dúbida a suite 'Beasts of No Nation' que era unha dura denuncia do apartheid na que acusaba directamente a Margaret Thatcher, Ronald Reagan e ó presidente sudafricano Pieter Willen Botha. Era 1989.



No hay comentarios: