Sempre agardando por esas datas sinaladas nas que poidemos ver en directo a grandes nomes da música, e ás veces semella que se contraprograman a posta... Esta semana por exemplo, en Santiago ocorre dúas veces: na fin de semana coinciden o sábado a segunda xornada do Music Way, coa primeira das entregas do Outono Capitol Rock Festival, que é certo que igual non comparten moito público, pero tamén hai quen se apunta a todo...
Pero o máis duro é comprender coma o xoves 27 de setembro coinciden na mesma cidade dous concertos distintos con dous dos grandes nomes da música americana dos últimos 30 anos... The Jayhawks cos súa formación orixinal (Louris & Olson) contra Howe Gelb dos Giant Sand. Os dous shows xuntos farían un cartelazo envexable, pero non vai ser, haberá quen axuste os horarios para picar nos dous, pero o normal é que teñamos que escoller. Ahí van unhas pistas:
HOWE GELB
Xoves 27 de setembro, Zona 'C', Santiago 21:00h.
Continúa o ciclo Íntimo e Acústico cun dos seus pratos fortes. Howe Gelb chega a Santiago para presentarnos o último disco da súa banda Giant Sand, chamado "Tucson" (Fire Records, 2012) e que se presenta coma unha ópera country-rock. Gelb foi un dos renovadores de todo aquelo que se deu en chamar o novo country alternativo, aínda que con Giant Sand sempre foi moito máis ca iso e case sempre estivo o marxe desas corrententes. O seu anterior traballo en solitario, firmado coma Howe Gelb xunto con Raimundo Amador e amigos foi tran arriscado coma complicado de dixerir, pero nesta ocasión retoma o nome da súa banda orixinal, aínda "Tucson" se publica como Giant Giant Sand, e xa me ten mellor pinta. Como eu aínda nunca tiven a ocasión de ver a Gelb en directo, creo que me vou a decantar por esta opción:
THE JAYHAWKS
Xoves 27 de setembro, Sala Capitol, Santiago 22:00h.
The Jayhawks chegan da man do ciclo Galicia Importa, coa súa formación orixinal, para presentarnos o seu álbum do ano pasado "Mockingbird Time" (Rounder Recs, 2011) que supuxo a reunión de Gary Louris con Mark Olson, e de seguro que no repertorio haberá moitos dos clásicos que os convertiron nun dos estandartes do Americana, ademáis tendo en conta que tamén teñen unha antoloxia prublicada hai pouco, seguro que se dan unha boa homenaxe a sí mesmos. Aquí os tedes a comezos de mes:
No hay comentarios:
Publicar un comentario