Este ano xa non agardamos a que remate o verán para comezar a nosa nova tempada, despois da ponte desta semana, deixamos o horario/calendario de verán, e xa voltaremos ó noso horario habitual de fin de semana... así que non agardaremos máis para comezar coa nova programación. Para o primeiro fin de semana vos ofrecemos dúas propostas ben distintas e interesantes.
O Venres 23 teremos en directo ó ourensán DAVID R. VALEIRAS, que ven por suposto da man de Comomepos Produccións, a nosa cacharrería cultural favorita!!
"Chegado dende Ourense, David R. Valeiras ven coas súas dúas únicas armas: a súa guitarra e o seu kazoo (isto último está por ver...). De verborrea incontrolable e serio semblante, mostrará as súas múltiples caras a través do seu repertorio. E é que este fillo bastardo de Javier Krahe non se anda con rodeos".

Retorcido, incisivo e divertido. Se estivéchedes no seu concerto do ano pasado seguro que repetides, e senón, non vo-lo perdades!!
E por se fora pouco, ó remate do concerto, o productor Comomepos, tomará os mandos da cabina do Rif-Rock unha vez máis para ofrecernos unha das súas sesións ata o final da noite. Non se pode pedir máis para un venres!!

Lembrade, será o próximo Venres 23 de agosto, coma sempre dende as 23:30h. e con entrada libre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario