viernes, 27 de diciembre de 2013

"Free Angela and All Political Prisoners" documental sobre Angela Davis

Xa que o cartel da sesión de hoxe das Black Grooves vai ilustrado coa mítica Angela Davis, ven perfecto recomendarvos o documental que este mesmo ano se estreou coa súa historia: Free Angela and All Political Prisoners de como unha xove profesora de UCLA e activista política se veu implicada nun secuestro, tiroteo, mortos... e pasar a estar na lista dos 10 máis buscados polo FBI nos tempos de Nixon. Unha figura imprescindible na loita dos dereitos civís da nación negra nos USA.
Ademáis, toda a banda sonora do documental está composto e seleccionado por Vernon Reid, de Living Colour. Non vo-lo perdades!!

Free Angela and All Political Prisoners.
dir: Shola Lynch
USA 2013, documental



No hay comentarios: