martes, 24 de junio de 2014

The 13th Floor Elevators "Live Evolution Lost"

Despois de tóda-las edicións dos últimos anos, pensabamos que xa non quedaba nada máis por publicar dos texanos The 13th Floor Elevators, pois non era así. Tampouco atoparedes material novo, pero International Artists publicou a semana pasada esta caixa con un concerto no Houston Music Theatre do 18 de febreiro de 1967. A edición leva por título "Live Evolution Lost" e foi revisada por Paul Drummond e masterizada por Sonic Boom dos Spacemen 3. Dispoñible en 3 vinilos ou doble cd. E seguro que aínda no seguen sorprendendo con máis material.

THE 13th FLOOR ELEVATORS "Live Evolution Lost"
(International Artists Recs, 2014)



No hay comentarios: