lunes, 29 de septiembre de 2014

Ian Svenonius "Estrategias sobrenaturales para montar un grupo de rock"

Se seguides este blog, xa sabedes da nosa devoción por Ian Svenonius, en calqueira das súas facetas. Pero desta vez non vos recomendamos outro dos seus discos, senón o seu último libro "Estrategias sobrenaturales para montar un grupo de rock", publicado orixinalmente o ano pasado ("Supernatural Strategies for Making a Rock'n'Roll Group" Akashic Books, 2013) e estamos encantados de que xa se publique por aquí da man de Blackie Books.

No seu debut discográfico cos Nation of Ulysses, Svenonius xa nos propoñía un manifesto de 13 puntos para destruir América ("13-Point program to destroy America" Dischord Recs, 1991) inspirado no Programa dos 10 Puntos do Black Panther Party. Tamén podemos recuperar o seu anterior libro "The Psychic Soviet" (Drag city Press, 2006) que recopilaba moitos dos seus artigos dispersos en diferentes medios, e no que xa nos presentaba a dualidade marxista entre o stalinismo industrial dos Beatles e o maoísmo agrario dos Rolling Stones. 

Mentres agardamos polo seguinte álbum de calqueira dos seus proxectos, nos chega este "Estrategias sobrenaturales para montar un grupo de rock", un novo manifesto dividido en dúas partes. Na primeira fai un repaso pola historia do rock, ríndose de tódo-los mitos e cunha chea de anécdotas coas que denuncia unha vez máis o absurdo da industria, dende ese punto de vista da política de bloques da Guerra Fría, resulta brillante!!. Na segunda parte na se mete no programa didáctico do asunto, dende como facer fotos promocionais, ata os dobles sentidos das letras e da vestimenta. E para rematar un repaso á escena indie actual... puro delirio, botaredes horas sen parar de rir. Sen dúbida do máis entretido en moito tempo.
E por suposto Svenonius non se puido resistir a compoñer un tema promocional.
Ver o libro na web de Blackie Books.

Ian Svenonius "Estrategias sobrenaturales para montar un grupo de rock"
(Blackie Books, 2014)


No hay comentarios: