viernes, 4 de septiembre de 2015

Motörhead "Bad Magic"

E antes da fin de semana, imos con outra recomendación, desta vez con un pouco de tralla, que xa tocaba.
Volve Lemmy Kilmister con novo álbum de Motörhead para conmemorar o 40 aniversario da banda. Eu son desos que pensan que con escoitar os seus cinco primeiros discos xa temos todo o seu repertorio, xiros e tics máis que rillados, de feito teño que confesar que o último disco de Motörhead ao que lle prestei atención foi ó "Bastards" cando chegou a miña casa alá por comezos dos anos 90s, pero eso non quita que por suposto estivera coma o máis incondicional no seu concerto do Sar de Santiago no 2002, e que a noticia de cada novo álbum me alegre por saber que sigue en plena forma (últimamente un pouco menos).
Este novo traballo chámase "Bad Magic" e polo menos encántame confirmar que segue a piñón fixo, e cos títulos dos temas que ata semella que xa os escoitaches centos de veces: 'Victory of Die', 'Evil Eye', 'Tell Who to kill'... ata o final con esa versión do 'Sympathy for the Devil' dos Stones, e a dúbida de si o 'Thunder and Lightining' é unha versión de Thin Lizzy, ou unha homenaxe.  
Puro Lemmy!! por moitos anos máis. Inconfundible. 

MOTÖRHEAD "Bad Magic"
(UDR, 2015)



No hay comentarios: