viernes, 11 de diciembre de 2015

Nadal Soul: THE JAM OBSESSION + Comomepós

Esta semana comezamos co NADAL SOUL 2015!!
O sábado (12 decembro) primeira xornada no RIF-ROCK, teremos en directo á superbanda THE JAM OBSESSION dende a media noite, e despois do concerto ,sesión de Comomepós dende a cabina.

THE JAM OBSESSION son outra volta de torca da banda da casa, e desta vez con tódo-los compoñentes dispoñibles para a ocasión, nunha especie de RifRocKerZ AllStars, xuntos para improvisar nesta noite especial do Nadal Soul. Teredes que achegarvos o sabado 12 para ve-lo resultado.

COMOMEPÓS é un dos máis habituais na nosa cabina, flipado polo funk psychodélico de George Clinton e compañía, pero coma sempre na súa sesión soará todo o que lle pete.

Ademáis coas promocións que nos ofrece COBESA, através da cervexa Super Bock e Summum Gin Premium. 
Planazo para o sábado, non vo-lo perdades!!



NADAL SOUL 2015! o programa completo
Aquí tedes o programa completo desta segunda edición do NADAL SOUL que organizamos entre o Café CONTINENTAL e o RIF-ROCK neste Nadal 2015.
Unha programación conxunta nos dous locais entre os días 12 e 26 de decembro, con catro concertos, con THE JAM OBSESSION, THE SHARKNADOOS (que farán dobrete) e NACHO PÉREZ Y LOS CHACALES, e media ducia de sesións adicadas á música negra a cargo de Comomepos, Chief Bromden, El Gran Íñigo, Munstaphà e Michi Calambres. Todo repartido en tres fins de semana. 
Ademáis, igual que na pasada edición, coa participación de COBESA a quenes agradecemos de novo a súa colaboración, a través das marcas SUPER BOCK e GIN SUMMUM, con precios especiais dos seus productos durante os concertos. 

Aquí tedes todo ordenado por días. 
*Os horarios dos concertos son en torno á media noite como se indica no cartel, e as sesións nos dous locais comezarán sempre despois dos concertos:

Sábado 12 dec.
RIF-ROCK: THE JAM OBSSESION + sesión Comomepos!

Venres 18 dec. 
RIF-ROCK: sesión Fuck'U Whiteys... Black Grooves (Munstaphà).

Sábado 19 dec. 
CONTINENTAL: THE SHARKNADOOS + sesión El Gran Íñigo!!
RIF-ROCK: sesión Chief Bromden!

Venres 25 dec. 
RIF-ROCK: THE SHARKNADOOS 

Sábado 26 dec. 
CONTINENTAL: NACHO PÉREZ Y LOS CHACALES + sesión Chief Bromden!
RIF-ROCK: sesión de Michi Calambres!

---> as bandas:
THE JAM OBSESSION son outra volta de torca da banda da casa, e desta vez con tódo-los compoñentes dispoñibles para a ocasión, nunha especie de RifRocKerZ AllStars, xuntos para improvisar nesta noite especial do Nadal Soul. Teredes que vir o sabado 12 polo Rif-Rock para ve-lo resultado.

THE SHARKNADOOS escollen o Nadal Soul para ofrecernos os seus dous últimos concertos antes dun parón obrigado ata o próximo verán. David Falcón, Rubén Iglesias e Jesús Caramés poñendo rhythm'n'blues, soul, blues, rock para a espectacular voz de Andrea Area. Farán dobrete con un concerto en cada local, o sábado 19 no Continental e o venres 25 no Rif-Rock, podedes escoller pero mellor que non vos perdades ningún.

NACHO PEREZ Y LOS CHACALES repiten no cartel coma o ano pasado. Power trío de blues e funk co guitarrista Nacho Pérez á cabeza. O sábado 26 no Continental.

---> os picadiscos:
Ademáis dos concertos, unha boa selección de música para tódo-los días, con sesións especiais a cargo de Comomepos de seguro que con moito funk psychodélico o sábado 12 no Rif-Rock; o venres 18 a entrega mensual do Rif-Rock da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves! con Munstaphá na cabina; o sábado 19 será o turno de El Gran Íñigo residente no Continental; o Chief Bromden fará dobrete coas súas sesións criollas de funk soul e blues, o sábado 19 no Rif-Rock e o sábado 26 no Continental. Por último Michi Calambres, o noso picadiscos favorito, será o encargado de poñer o fin de festa no Rif-Rock o sábado 26. 

Un programa ben completo, non atoparedes un plan mellor para este mes!!
E todo con entrada de balde. Non vo-lo perdades!!

No hay comentarios: