jueves, 7 de enero de 2016

10 discos 2015 (x Munstaphà)

Aquí tedes a lista de álbumes do 2015 de Munstaphá.
Os que máis me gustaron, por que foron os que máis pinchamos no Rif-Rock, por que me parecen os mellores, ou algún por que si!!. 
Seguro que vós tedes outros, así que comentade!!
Desta vez foi moito máis sinxelo que en anos anteriores, nin vos comentarei dos que se quedaron foro, e cun top 3 moi claro dende hai meses, e dos outros podedes poñelos na orde que prefirades.

Así que ahí vai a nosa lista cos 10 mellores álbumes do 2015:

10_KURT VILE 
"B'lieve I'm Goin Down..."
(Matador Recs, 2015)
Kurt Vile é un deses xenios que non deixa de crear cancións perfectas. O único problema da súa carreira en solitario é que entrega álbumes demasiado longos, que se perden con temas insustanciais, pero este "B'lieve I'm Goin Down..." é moito máis completo. Revisionismo folk, cun ollo en Dylan, Young ou Drake para o formal, pero moito máis divertido no contido. Tamén máis limpio que o anterior, máis rico en matices, e cunhas melodías que se supera, unha vez máis.



9_VIET CONG 
"Viet Cong
(Flemish Eye/Jagjaguwar, 2015)
Das grandes sorpresas do ano. Unha banda que reúne a persoaxes pouco fiables polo seu pasado pero que no 2015 entregaron un álbum que é un dos grandes pelotazos do ano. Viet Cong son post-rock, post-punk, art-rock, punk psychodélico... todas esas etiquetas que a día de hoxe xa non din nada concreto de tan mal usadas que están, así que mellor escoitádeo sen parar ata que vos quede claro. Ritmo, ruído e melodías, tan válidos para a pista de baile coma un atque de furia. 




8_DEAD GHOSTS 
"Love and Death and All The Rest"
(Burger Records, 2015)
Posiblemente os canadienses Dead Ghosts se colaron na miña lista coa lei do mínimo esforzo. Chegan con máis do mesmo que en anteriores entregas: garage psych, toques de country escuro, surf, e pop de baixa fidelidade, unha fórmula que lles funciona realmente ben, e con cada entrega a seguen a perfeccionar. Dende as máis animadas 'Rat Race', 'Waste my time' e 'All in a Row' ata as máis perezosas 'Drink it dry' ou 'Living in my Mind'. Máis do mesmo, pero cada vez mellor.




7_MYSTIC BRAVES 
"Days of Yesteryear"
(Mystic Braves, 2015)
"Days of Yesteryear" é outra inmersión nos sons máis sixties dos californianos, e con cada entrega van afinando máis a cousa. Pop Pychodélico de baixa fidelidade, todo melodía, toques garageros, toques surf, coma en anteriores ocasións, pero aínda máis acertados. A súa popularidade crece pero eles seguen autoeditándose, e para esta ocasión contaron co respaldo de Rob Campanella (guitarrista dos Brian Jonestown Massacre) que os teletransporta directamente a 1967, e ahí vos soarán por momentos coma ós primeiros Electric Prunes, incluso os 13th Floor Elevators, ou as melodías dos Zombies. Con cada escoita podería recomendarvos tres ou catro temas diferentes, ata completar os 10 do álbum.




6_THEE OH SEES 
"Mutilator Defeated at Last"
(Castle Face Records, 2015)
Marchan e volven con tanta facilidade coa que sacan outro álbum case perfecto. Unha vez que Dwyer deu coa fórmula axeitada para Thee Oh Sees non se deteñen. Tra-lo pèlotazo que diron co "Floating Coffin'" e o vértigo de continuídade de "Drop" volveron neste 2015 con "Mutilator Defeated as Last", outro discazo marca da casa, coa espectacular 'Web', kraut de altura como en 'Lupine Ossuary', cañonazos como 'Whithered Hand' e 'Rogue Planet', a pausa acústica de 'Holy Smoke' ou a intensidade de 'Sticky Hulks' ou 'Palace Doctor'. Uns imprescindibles destes tempos.



5_JACCO GARDNER 
"Hypnophobia"
(Polyvinyl / Full Time Hobby, 2015)
Sen dúbida o disco máis bonito do ano: o segundo álbum do holandés Jacco Gardner "Hypnophobia" coa mirada sempre posta en The Byrds, Left Banke, Syd Barrett ou Soft Machine, entre o folk e a psychodelia dos 60s. Unha continuidade perfecta do anterior "Cabinet of Curiosities", limpo, luminoso e brillante, no que unha vez máis Gardner se encarga de tódo-los instrumentos (creo que de todo menos da percusión) ademáis da producción, e os deseños a cargo de Julian House. Impecable por dentro e por fora. Pura fantasía.




4_TITUS ANDRONICUS 
"The Most Lamentable Tragedy"
(Merge Records, 2015)
Unha das auténticas animaladas do ano, e podemos decir que á cuarta foi a vencida. Sobre T.A. sempre citan as influencias entre Neutral Milk Hotel e Pulp, o que engadiría todo o pop e o punk dos 90s condensado nun só álbum. Un dos discazos do ano, por bó e por tamaño, son 29 temas en máis de 90 minutos, que presentan a modo conceptual en 5 actos, con moitos interludios de poucos segundos, e pezas enormes, de pop orquestal, rock acústico, punk acelerado e rock de melodías perfectas para corear coma himnos. Inclúen covers de Daniel Johnston, de Shane MacGowan (dos Pogues, víchedes que puxo dentes novos??), e tonadas tradicionais. Se che contan todo isto antes de escoitalo ata da pereza poñerse con el. Sen dúbida dos álbumes máis ambiciosos do ano, podía saír cara ou cruz, desta vez saiulles perfecto.




3_DESTROYER 
"Poison Season"
(Merge/Poison Season, 2015)
Outro canadiense que se mete na nosa lista. Lembro perfectamente o primeiro álbum que merquei de Dan Bejar, foi o "City of Daughter" do 98, mal asesorado, pensando que era outra cousa... pero dende entón non puiden deixar de seguilo, e con este "Poison Season" tiven unha das maiores alegrías do ano. Un álbum tremendo que revisita tóda-las súas influencias, pop de altura, con tódo-los rexistros e instrumentos posibles. 'Dream Lover' ou 'Midnight meet the Rain' dos mellores temas do ano.




2_FUZZ 
"Fuzz II"
(In the Red Records, 2015)
As espectativas eran altas, e Fuzz superáronse, ademáis sen grandes traballos deste ano de Ty Segall en solitario, necesitabamos algo así. "Fuzz II" é outra entrega de hard rock alucinado, inspirado directamente en bandas coma coma Blue Cheer, High Tide, Groundhogs ou os primeiros Black Sabbath. 14 temas para un álbum dobre, 'Time Collapse II/The 7th Terror', 'Rat Race' e 'Pollinate' son só algunhas das pezas imprescindibles desta auténtica animalada. Impresionantes outra vez!!




1_MONOPHONICS 
"Sound of Sinning"
(Transistor Sound Records, 2015)
O gran descubrimento do ano. "Sound of Sinning" é o segundo álbum dos Monophonics (o primeiro tampouco lle queda atrás), e dende hai meses o teño situado no número#1 do 2015 sen que nengún outro chegara para movelo deste posto. Recollen a mellor tradición sixtie de San Francisco mesturando o pop psychodélico máis brillante dos 60s coa rítmica e voces do soul e do funk, e funciona á perfección. Once temas de estructura pop ás que lle engaden capas e capas de soul, funk, e rhythm'n'blues. Defínense coma soul psychodélico, chamádelle como queirades, e claro, tamén podería ir ó primeiro posto da lista que publicaremos do Black Grooves, pero non imos abusar. O discazo do ano sen ningunha dúbida!!




No hay comentarios: