martes, 8 de marzo de 2016

Aina Roxx "Word on the Street EP"

Hoxe vos recomendamos unha cousa rara que atopamos por casualidade buscando outra cousa...
Aina Roxx, compositora, dj, pero sobre todo máis coñecida como cantante colaborando en ducias de proxectos, de soul, rock, garage, hip hop... o que sexa!. Comezamos a seguirlle a pista tra-la súa colaboración cos Healer Selecta, e pouco despois publicou o seu único traballo co seu nome. Trátase do Ep "Word on the Street" do 2012,  por suposto nada que ver co estilo do colectivo de Serrano-Fontova, . Son cinco temas de rock moi noventero, igual xa un pouco desfasado para cando o publicou, con moita base electrónica e d'n'b, pero sempre me encantou a voz desta muller. Seguro que a estas alturas non atopades este ep, pero interesante seguirlle a pista a Aina Roxx.

AiNA ROXX "Word On The Street EP"
(Fraxic Records, 2012)




No hay comentarios: