viernes, 30 de diciembre de 2016

Nadal Soul: Black Ice Twice, Chief Bromden & Michi Calambres

Esta noite poñemos fin a outra edición do Nadal Soul, cun programa ben completo nos dous locais:

Venres 30 decembro:
· No CONTINENTAL estarán BLACK ICE TWICE en directo, e despois outra sesión criolla do Chief Bromden (leva días ameazando con moito boogaloo).
Todo dende amedianoite e coa colaboración de Cobesa, con promocións especiais de Super Bock e Gin Summum.

· No RIF-ROCK, ao remate do concerto do Continental, teremos na cabina ó noso gurú Michi Calambres, para o mellor fin de festa posible deste Nadal Soul!

Non vo-lo perdades!


No hay comentarios: