jueves, 20 de abril de 2017

The Optic Nerve "Lotta Nerve"

Sempre que estou moitos días de vacacións na casa aproveito para recuperar vinilos que levo demasiado tempo sen escoitar. Durante a semana santa foron moitos os que estiven recuperando, xa vos irei recomendando.
Un deses álbumes é o "Lotta Nerve" dos neoirquinos The Optic Nerve, unha banda chea de talento pero de carreira efímera na segunda metade dos anos 80. Formáronse en 1985, e adicáronse a recuperar algún dos sons máis puristas dos 60s, na órbita dos Byrds ou Bob Dylan na súa vertente folk, e dos Blues Magoos ou Strawberry Alarm Clock no garage e na psychodelia. Ahí estaban Tom Ward, ou Elan Portnoy e Ira Elliott que compaxinaban a banda cos Fuzztones. O purismo da súa proposta impideu que encaixara en ningún movimento da época, e disolvéronse a finais de 1988 tras publicar tan só dous 7'': "Ain't that a Man" no 1986 e "She's Leaving Yesterday Behind" no 1988, pero deixando moitas gravacións sen publicar.  
En 1994 o selo Get Hip reuniu os seus singles e recuperou outros masters de temas orixinais que nunca antes foran editados, o resultado foi este "Lotta Nerve" con 13 temas fantásticos que redescubriron a unha banda que xa non existía, aínda que claro, co éxito da edición volveron, pero esa historia xa é moito menos interesante. Ahí están os temas dos seus primeiros singles, comezando pola fantástica 'Ain't that a Man', pezas máis alucinadas coma 'What's She Trying To Do' e a miña favorita 'I See the Thuth'. Uns imprescindibles que non encaixaron na súa época.

THE OPTIC NERVE "Lotta Nerve"
(Get Hip Recordings, 1994)



No hay comentarios: