jueves, 29 de junio de 2017

Warm Soda "I don't wanna grow up"

Hai un par de meses anunciouse a retirada dunha das bandas máis interesantes dos últimos anos. Matthew Melton, o frontman dos Warm Soda anunciaban a disolución da banda, para adicarse a outros proxectos, pero entregando un último traballo de despedida: "I don't wanna grow up". Outra xoia de power pop garagero, desenfadado e sen ningún tipo de complexos. Coma sempre, temas divertidos de dous minutos escasos, baixo, batería e moitas guitarras sempre ao servicio das melodías.
Unha mágoa este final, pero xa lles gustaría a moitos poder despedirse desta maneira. 'Don't Stop Now', 'Tell me your story' ou 'This changes everything' que xa quedan para a historia. De paso xa recomendamos que vos fagades cos seus catro álbumes e o puñado de singles que deixan. 

WARM SODA "I don't wanna grow up"
(Castle Face Records, 2017)



No hay comentarios: