martes, 28 de noviembre de 2017

Sharon Jones & The Dap-Kings "Soul of a Woman"

A semana pasada lanzouse un novo álbum de Sharon Jones con The Dap-Kings, "Soul of a Woman" e o seu traballo póstumo, e sae conicidindo co primeiro aniversario do seu pasamento. 
Os álbum bascula entre o soul máis desgarrador e temas de auténtico baile, combinando á perfección as súas dúas vertentes habituais. Arranca a tope de enerxía coas optimistas 'Matter of Time'  e 'Sail On!', e destaca o ritmo festeiro de 'Rumors' cuns xogos de percusións máis que interesantes. Entre os temas de maior intensidade, quédome con 'Just give me your time', 'Shearching for a new day' ou a enorme 'Girl (you got to forgive him)'. De despedida 'Call on God', o único tema que se inclúe no álbum composto pola propia Sharon Jones, e que escribira para o seu coro eclesiástico de gospel no que permaneceu aínda despois da fama. 
Según indican varias reseñas, os temas foron mudando segundo Bosco Mann avanzaba na producción. Os temas foron grabados cando a enfermidade de Jones estaba xa moi avanzada, e nun comezo pensaron en plantexar un álbum totalmente intenso e desgarrador. Co paso do tempo decidiron que esta despedida precisaba ser máis optimista, e así foi o resultado final. Unha auténtica marabilla, e seguro que hai máis material gardado pendente de sair.

SHARON JONES & THE DAP-KINGS "Soul of a Woman"
(Daptone Records, 2017)



No hay comentarios: