jueves, 7 de junio de 2018

Eli Paperboy Reed "Meets High & Mighty Brass Band"

Máis álbumes que vos recomendamos esta semana.
Hoxe imos co novo de Eli 'Paperboy' Reed, que tras varios traballos pouco afortunados, volve con moita forza. No 2008 debutou con aquel "Roll with You", acompañado por The True Loves, que o convertira nunha das sensacións do rhythm'n'blues e funk do momento, pero os seus seguintes discos fóronse apagando, máis centrado no soul máis insulso. No seu anterior traballo "My Way Home" (Yep Roc, 2016), volveu a un son moito máis cru, aínda que os temas non funcionaron demasiado.
Agora, de novo con Yep Roc, únese á banda de metais High and Mighty Brass Band para regravar temas dos seus primeiros traballos con outro ritmo ben distinto: 'Come and get it', 'Take my love with you' o 'The satisfier', ' I'm Gonna Getcha Back' 'Explosion', ou a frenética 'WooHoo', soan como auténticos cañonazos de ritmo. Ademáis inclúen unha versión de Beyoncé, e un novo tema, 'As I live to breathe'. Todo gravado en directo no estudio, cun resultado excelente. Xa veremos que camiño segue, pero desta vez, aínda que non teñamos material novo, acertou de pleno.

ELI 'PAPERBOY' REED "Meets High & Mighty Brass Band"
(Yep Roc Records, 2018)




No hay comentarios: