martes, 14 de agosto de 2018

Union Carbide Prodctions "Live at CBGB New York 1988"

Os Union Carbide Productions foron unha das propostas máis rompedoras do rock dos anos 80s, con alquela mestura de psychodelia, garage e punk tan pouco habitual. Os suecos deixaron catro álbumes de rock psychodélico intachables, nunha carreira tan curta como brillante, que logo continuaron cos The Soundtrack of Our Lives. 
Ademáis dos seus álbumes oficiais, unha das máis destacadas coleccións piratas que circulou polo mercado foi a gravación do seu concerto no mítico CBGB de New York en 1988. O concerto foi recollido nuna cinta ou cartucho de 8 pistas, e pouco despois emitido nunha radio sueca (tedes o audio daquela emisión aquí). Aquela emisión de radio foi logo editada en bootlegs non oficiais. 

No tracklist inclúense temas do seu primeiro álbum "In the Air Tonight" de 1987, e o que xa eran adiantos do seguinte "Financially Dissatisfied, Philosophically Trying" de 1989.

1. Financial Declaration
2. Summer Holliday Camp
3. Ring My Bell
4. Maximum Dogbreath
5. Teenage Bankman
6. Cartoon Animal
7. Down On The Beach

Agora, 30 anos depois, aquelas gravacións foron restauradas e masterizadas no estudio no que traballaban habitualmente os UCP Matic Studios de Göteborg, e saen á luz en lp oficial da man do selo sueco Bengans Records. A data oficial de saída é o 24 de agosto, e xa está dispoñible en reserva.

No hay comentarios: