jueves, 25 de octubre de 2018

Lamprea Explosiva "Cancións pra matar ao teu fascismo interior bailando"

Novo traballo dos Lamprea Explosiva.
"Cancións pra matar ao teu fascismo interior bailando" é un cassette editado por Caracol Negro con dez novos trallazos hardcore punk en oito minutos e medio que pasan voando. 
En tan pouco tampo teñen tempo a deixarnos melodías, ritmo e unhas letras descacharrantes, e coma sempre, cheas de verdades coma puños.
Dende o punk clásico de 'Fento' (a única que pasa do minuto) ou 'Vellos podridos', pezas melódicas e tan completas coma 'Xente Bonita', unha mostra de todo o que poden facer ne 43 segundos, a rítmica de 'Caracol', os cambios continuos de 'NBP', ou todo o que colle en 'Polo dereito á autodeterminación de toda a xente do planeta terra e contra o imperialismo e a globalización que exterminan a cultura e a identidade propia de milleiros de persoas', máis longo de ler que todo o que dura o cassette.
Polo momento dispoñible no seu bandcamp, e moi pronto en formato físico nos seus concertos.

LAMPREA EXPLOSIVA 
"Cancións pra matar ao teu fascismo interior bailando"
(Caracol Negro, 2018)




No hay comentarios: